20 dic. 2007


Camisas de cobra (Bieito Iglesias en ECG 20 dec.)
Imaxe: Adoracíón dos pastores, de Murillo.

Na modernidade líquida que diagnostican certos pensadores actuais, os individuos debemos ser flexibles, elásticos, cambiantes e virachaquetas, cunha identidade moldeada en plastilina capaz de afacerse a un mundo mutante de ritmo vertixinoso. Todos e calquera un dos que lapexamos no fluído moderno, podemos adoptar como divisa esta declaración do romancista brasileiro Rubem Fonseca: "Eu son unha persoa totalmente consumida polo presente". Así as cousas, a memoria comunal vólvese un estorbo e as lembranzas particulares tórnanse pelicas resecas abandonadas polas cobras que rexuvenecen trocando de coira cada primavera. Ese desexo de refundarse e renacer outro alcanza proporcións apoteósicas cada fin de ano, cando a xente ve a posibilidade de renovarse co auxilio da loteria ou coa soa axuda do propósito de emenda.
Os festexos de Aninovo encaixan perfectamente na tendencia hodierna á muda constante, non tanto a Noiteboa, minada pola disolución da familia tradicional e pola escaseza de nenos (un Nadal sen ferreñas nin pequenos é case inconcibible). Moitos arrenegan do arborico iluminado, do belén napolitano e do bacallau con verdura para tocar a chanca por roteiros turísticos, coa pretensión de vencer a monotonía do tempo cíclico e do espazo familiar. Mal saben que o mercado global disolveu a autonomía e calidade dos lugares ("A puxanza da homoxeneización é a artillería pesada que esbarrúa tódalas murallas de China". Guy Debord).
Será mellor apañar musgo e introducir na casa -no Nacemento- a xeometría dos valados; será ben cantar os Reis, aloumiñar os parentes e acordarse dos agasallos que ilusionaron a nosa nenice: do camión, da bicicleta ou do tomiño con aventuras de James Bond. O raparigo que sobrevive en nós aínda apampa diante dun Misterio entalado entre boi e burra, entre pallas.

13 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

A mín todo eso dame arrepíos: eu aínda non tirei pola vía da neve, dos cruceiros ou dunha noite no Casino de Póvoa. Pero apampar diante dun belén, por moi napolitano que mo poñan, pois vai ser que non.

XDC dijo...

(Cantéiche os réis
cabeza pelada
cantéiche os réis
e non me deches nada).


Ises piteliños
que andan aí fagendo
trai Pepe tantiños
pra quentar ó nenoooo

O Pepe tizaba
a Virxe soplaba
e o neno có lume
xa non lles chorabaaaa

(Lembranzas da aldea, en tempos de Natal...)

XDC dijo...

Qué angustia tiveron que sentir os primeiros homes ó comprobar que os días se iban facendo cada vez máis pequenos , máis pequenos,ameazando con desaparecer por completo e deixar ó mundo nas máns das tenebras,perpetuas e frías.

XDC dijo...

É por certo, Marcos.Lembre que non era unha burra, senón unha mula.

XDC dijo...

A ver, ide pedindo o que queirades, que dentro de dous días cómprovos o que queirades. Que non sexan libros, que se vos vai secar o cerebro.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Se BI di burra é que é burra. Fixo: ou van ter máis razón os catro evanxeos que non comentan có Bieito?

XDC dijo...

Pois tamén tén razón,Arume. Xa coñecen a historia de EDGAR CAYCE, que tiña revelaciós acerca de tantas cousas do pasado. O Bieito xa lle fai a competencia.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Despois desa enmenda súa, mirei o asunto polo gúguel e atopei que hai polémica sobre se era mula ou asno/burra. Tal vez o doble sentido deste último aconsellou evitar a ambigüidade propoñendo o nome dun animal estéril.

XDC dijo...

Aiquí hai POEMAS NAVIDEÑOS. Os autores, non teñen nada que facer, comparados con nós.

XDC dijo...

- Señora Santa Ana,
¿por qué llora el Niño?
-Por una manzana
que se le ha perdido.

-No llore por una,
yo le daré dos:
una para el Niño
y otra para vos


Qué cousas

Felisindo dijo...

A arte como unha arma? A arte como o reflexo de adoptar a postura correcta en todo? A arte como o advogado das cousas boas? Quen che ensinou todo isto? Quen che ensinou que a arte consiste en eslogans? Quen che ensinou que a arte está ao servizo do povo? A arte está ao servizo da arte e, do contrario, non existe arte que mereza a atención de ninguén. Cual é o motivo para escreber literatura seria? O motivo para escreber literatura seria é escreber literatura seria. Queres rebelarte contra a sociedade? Direiche como debes facelo: escrebe ben. Queres abrazar unha causa perdida? Entón non loites pola clase traballadora. Queres unha causa perdida pola que loitar? Entón loita pola palabra. Non a palabra ampulosa, non a palabra inspiradora, non a palabra a favor disto e en contra daquilo, non a palabra que anuncia ao respeitábel que és unha persoa maravillosa, admirábel, compasiva, que está acarón dos oprimidos. Non, loita pola palabra que di ás poucas persoas cultas condenadas a viver en... que estás acarón do mundo! Embaza o mundo con palabras. Nada ten un efeito mais sinistro na arte que o desexo dun artista de demostrar o bon que é. A terríbel tentación do idealismo! Tes que dominar o teu idealismo, tes que conseguir un dominio estético de todo o que te impulsa a escreber en primeiro lugar: a tua indignación, a tua política, a tua pesadume, o teu amor!

Philip Roth

Xohan da Coba dijo...

Vou ver se o que nazo de novo son eu (Se non sodes coma nenos recén nados non entraredes na Républica dos Ceos).
EScollede tamén vos os vosos

Propósitos da enmenda pró 2008

Xohan da Coba dijo...

Cál era o arte cargado de pasado? Ah! non era arte, que era parte! Ah! Non era parte, que era xuez. O que non séi é se era xuez de naranza ou xuez de limón.

(Glups. Desculpen, teño resaca).