2 dic 2007


CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL
1987: DIARIO SEN DATAS

(Imaxes: portadas de dous libros daquel ano e da película "Divinas Palabras", de García Sánchez, rodada en Galicia)

No eido da narrativa, o 1987 foi un ano fecundo e con valores indiscutibles. Podemos salientar obras como Os mortos daquel verán, de Carlos Casares, unha achega do ourensán ó subxénero da guerra civil, cunha aposta no modelo de escrita ousada e ambiciosa; Arnoia, Arnoia e Bretaña, Esmeraldina, dúas obras clave da narrativa de unha achega do ourensán ó subxénero da guerra civil, cunha aposta no modelo de escrita ousada e ambiciosa; e dúas obras clave da narrativa de Xosé Luís Méndez Ferrín, concibidas como relatos xuvenís pero moi vinculadas ó persoal imaxinario do universo literario ferriniano; Contra morte e amor, novela intimista de Marina Mayoral; Tempo novo, de Xosé Neira Vilas; O ano do cometa, de Xosé Bernárdez Vilar, premio Xerais no ano anterior; Irmán Rei Artur, de premio Xerais no ano anterior; de Carlos G. Reigosa, outra reviravolta sobre a materia de Bretaña; Doncos, o pacífico, de Xoán Ignacio Taibo, que coincide coa anterior no tema artúrico; Foumán, de Xosé Cid Cabido; Land Rover, de de Suso de Toro, unha incursión no mundo marxinal dos arrabaldes; Detrás do silencio, de Xosé M. Martínez Oca (premio Casado Nieto); e Longo voo do paxaro, de Fermín Bouza. Na narrativa xuvenil aparecían obras como O globo máxico, de Andrés García Vilariño (premio Barco de Vapor 1987); A chave das noces, unha das obras máis populares de Xabier P. Docampo, un dos creadores máis potentes da narrativa xuvenil; e Viaxe a Illa Redonda, de un dos creadores máis potentes da narrativa xuvenil; e de Helena Villar, que tamén mereceu un Barco de Vapor. Palmira González Boullosa gañaba o segundo premio Merlín con A princesa e o enigma de Kian e na colección Xabarín aparecían, ademais do libro de Carlos Reigosa, títulos de M. Tournier, J.M. G. Le Clézio e Italo Calvino (Marcovaldo).

Quizais non se poida incluír na narrativa, pero, fóra de xéneros, está ese magnífico ensaio autobiográfico de Antón Tovar titulado Diario sen datas, unha peza excepcional na súa fondura nas letras galegas. O Premio Xerais, resolto nese ano na vila de Baiona, gañábao Xosé Ramón Pena coa novela Para despois do Adeus. Recuperábase ademais, no ano que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas, unha escolma de textos e descrición da vida e obra de Francisca Herrera Garrido, preparada por Carlos Casares e publicada pola Real Academia Galega.
(...) (...) Tampouco foi mal ano para este cronista pois daquela saía o seu primeiro libro, A prensa en Ourense e a súa provincia, publicado pola Deputación ourensá e con limiar de Ramón Villares Paz.

(Nota: como a versión dixital do artigo sae hoxe un pouco "traspapelada", prefiro poñer o artigo enteiro en COMENTARIOS).

9 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. 1987: DIARIO SEN DATAS
Marcos Valcárcel
No eido da narrativa o 1987 foi un ano fecundo e con valores indiscutibles. Podemos salientar obras como Os mortos daquel verán, de Carlos Casares, unha achega do ourensán ó subxénero da guerra civil, cunha aposta no modelo de escrita ousada e ambiciosa; Arnoia, Arnoia e Bretaña, Esmeraldina, dúas obras clave da narrativa de Xosé Luís Méndez Ferrín, concibidas como relatos xuvenís pero moi vinculadas ó persoal imaxinario do universo literario ferriniano;
Contra morte e amor, novela intimista de Marina Mayoral; Tempo novo, de Xosé Neira Vilas; O ano do cometa, de Xosé Bernárdez Vilar, premio Xerais no ano anterior; Irmán Rei Artur, de Carlos G. Reigosa, outra reviravolta sobre a materia de Bretaña; Doncos, o pacífico, de Xoán Ignacio Taibo, que coincide coa anterior no tema artúrico; Foumán, de Xosé Cid Cabido; Land Rover, de Suso de Toro, unha incursión no mundo marxinal dos arrabaldes; Detrás do silencio, de Xosé M. Martínez Oca (premio Casado Nieto); e Longo voo do paxaro, de Fermín Bouza. Na narrativa xuvenil aparecían obras como O globo máxico, de Andrés García Vilariño (premio Barco de Vapor 1987); A chave das noces, unha das obras máis populares de Xabier P. Docampo, un dos creadores máis potentes da narrativa xuvenil; e Viaxe a Illa Redonda, de Helena Villar, que tamén mereceu un Barco de Vapor. Palmira González Boullosa gasñaba o segundo premio Merlín con A princesa e o enigma de Kian e na colección Xabarín aparecían, ademais do libro citado de Carlos Reigosa, títulos de M. Tournier, J.M. G. Le Clézio e Italo Calvino (Marcovaldo).
Quizais non se poida incluír na narrativa, pero, fóra de xéneros, está ese magnífico ensaio autobiográfico de Antón Tovar titulado Diario sen datas, unha peza excepcional na súa fondura nas letras galegas. O Premio Xerais, fallado nese ano na vila de Baiona, gañábao Xosé Ramón Pena coa novela Para despois do Adeus. Recuperábase ademais, no ano que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas, unha escolma de textos e semblanza da vida e obra de Francisca Herrera Garrido, preparada por Carlos Casares e publicada pola Real Academia Galega.
O abano de obras no territorio da poesía é aínda máis amplo e nese 1987 estreáronse como poetas, con cadanseu libro, autores como Antón Dobao, Ana Romaní e Antón Lopo. Subliñemos títulos como Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra, editado pola Deputación de Lugo; O tempo da espreita, segundo poemario de Xosé Luís Franco Grande, vinte anos despois de darse a coñecer como poeta; Palabra de mar, de Ana Romaní; Sucios e desexados, primeiro poemario do poeta e xornalista Antón Rodríguez López (Antón Lopo), e libro finalista do Premio Leliadoura; Mar do fin da terra, de Cesáreo Sánchez Iglesias; Desde o teito da noite, primeiro poemario de Antón Dobao; Luminoso lugar de abatimento, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo; A boca violeta e Lugo blues, achega culturalista á súa cidade, de Claudio Rodríguez Fer; Mohicania, o terceiro poemario de Manuel Rivas; Entre auga e fogo. Cantos da terra posuída, de Miguel Anxo Fernán-Vello; Anos de viaxe, recolleita da poesía de Xavier R. Baixeras dende 1981; Matria de Sombra, de Xesús Rábade Paredes; Solaina de auséncia, de Xulio López Valcárcel; Pabellón habitado, segundo poemario de Fernández Naval; Os aposentos silenciados, finalista do Esquío, de Xavier Rodríguez Barrio; Restauración dos días, de Manuel Álvarez Torneiro, e O canto da terra, de Xavier Seoane. Ademais, Román Raña gañaba o premio Esquío con Da muda primavera (o libro sairía un ano despois) e Manuel Forcadela gañaba o premio Leliadoura con O varredor de outono, naquel ano en que aparecía ademais o Dicionario Xerais da Lingua.
2. DICIONARIO DO TEATRO.
O Centro Dramático Galego tivo en 1987 en escea montaxes como A pousadeira, de Carlos Goldoni, dirixida por Xan Cejudo; As tres irmás, de Antón Chékhov, dirixida por Xosé M. Rabón; Almas perdidas, comedia de antiheroes de Xosé Cermeño, dirixida por Santiago Montenegro; Da Vinci levaba razón, do xenio surrealista Roland Topor, tamén dirixida por Xoán Cejudo, e Don Gaiferos, de Kukas, coproducida por Cachirulo e o CDG. Teatro do Malbarate representaba, con Mabel Rivera e Marisa Soto, Xogos de damas, de Anxo R. Ballesteros, dirixida por Eduardo Alonso.
Na literatura dramática, deixemos constancia da aparición do Dicionario do Teatro Galego (1671-1985), obra de Manuel Lourenzo e Francisco Pillado, publicada por Sotelo Blanco; Núñez Singala era premiada na Mostra de Cangas do Morrazo e publicábanse obras como Defensa de Helena, de M. Lourenzo e A vinga, de Riveiro Loureiro.
No campo do ensaio e a investigación, abondaban as biografías. Como o magnífico traballo que Luis Rei Núñez realizou sobre Rafael Dieste (A travesía dun século) ou as de X.Torres Regueiro sobre Xoán Vicente Viqueira e a de Carlos Sixirei sobre Alfredo Somoza. Miguel Anxo Araúxo publicaba os seus Escritos cristiáns; Modesto Hermida, o seu estudo sobre as revistas literarias da República e saía a Escolma de textos con Galiza ao fondo, de Xosé Núñez Búa. Barreiro Fernández sacaba unha Historia de la ciudad de La Coruña; Isaac Díaz Pardo, o seu Galicia Hoy, e Filgueira Valverde o seu IV Adral (Castelao na lembranza). Aparecían tamén La fuerza pública en la Universidad de Santiago, de Carballo Calero; Gondomar y los católicos ingleses, de L. Tobío, e Galicia en los siglos XIV y XV, de J. García Oro. Na prensa cultural falábase tamén de A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani, aparecida meses antes.

3. VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Morrían en 1987 catro figuras relevantes da nosa cultura:
Valentín Paz Andrade, Ramiro Illa Couto, Florencio Delgado Gurriarán e Xosé Otero Espasandín, os dous últimos nomes do exilio en México e nos Estados Unidos. O Pedrón de Ouro distinguía ó Patronato da Cultura Galega de Montevideo e a Méndez Ferrín. O Premio Trasalba era para Ramón Martínez López e os Premios da Crítica, de riscos reivindicativos, axuntaban a Suso de Toro, X.C. Bermejo Barrera, Vicente Almazán, Enrique Macías, Nova Escola Galega e Manuel Rivas (polo seu programa na TVG). Fundábase o premio literario Ánxel Fole e en Ourense celebrábase, co apoio da Deputación, o I Congreso de Estudosos da Gaita.
Amancio Prada presentaba na illa de San Simón o seu disco A dama e o cabaleiro, con poemas de Cunqueiro, e nacían a Asociación Galega de Compositores, o Clube Nacionalista Alén Nós e o Consello da Xuventude de Galicia. Tamén xornais e revistas como a celtista Ith; a económica Análise empresarial; a cultural O mono da tinta, e O Xistral, esta en Barakaldo. Tamén na emigración aparecían Lúa Nova, da A.C. Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat; Santurce, da Casa de Galicia desta vila vasca; e Punto de Unión, da Hermandad Gallega de Venezuela. Luzes de Galiza editaba o seu número 5-6, cun monográfico dedicado a Luís Seoane.
Movíase tamén o mundo do cine, pois nese ano rodábanse catro películas en Galicia. Entre elas, El bosque animado, de José Luís Cuerda, e as Divinas Palabras de Valle-Inclán, con direción de José Luís García Sánchez; as outras eran Redondela, de Pedro Costa e Espérame en el cielo, de A. Mercero. Estreábase ademais Gallego, película cubana producida polo ICAIC e dirixida por Manuel Octavio Gómez segundo a novela de Miguel Barnet. Tampouco foi mal ano para este cronista pois daquela saía o seu primeiro libro, A prensa en Ourense e a súa provincia, publicado pola Deputación ourensá e con limiar de Ramón Villares Paz.

Marcos Valcárcel López dijo...

Qué soíños se quedaron desta vez os CEN ANOS, sen comentarios!! Non me digan que non teñen nada que dicir dos libros que aquí se citan, por exemplo?

Anónimo dijo...

Pero Ramón Villares non publicara xa "A Historia " daquela,en Galaxia? Boeno,igual foi algo despóis.

Anónimo dijo...

Pois non. Aiquí dí en 1984:

Pinchar

Anónimo dijo...

Ops,perdón. Referíase a vostede. Villares era o do prólogo. Perdón,perdón.

Anónimo dijo...

Eu, o que veño de lembrar era que naquel ano, aínda se escribían cartas ás mozas é ós amigos . E lembréino porque eu intercambiaba cartas daquela cún dos autores nomeados. Manda carallo a quen se lle conte, nesta época de teléfonos móviles. Cartas comentando libros. Cartas privadas coas que tratabas de impresionar polo xeito de escribir coma se foran publicaciós. Sobor de todo se eran rapazas as destinatarias. Outro mundo, aquel.

Ás veces chegan cartas que non son facturas

Marcos Valcárcel López dijo...

Si,o que citaba era o meu propio libro. A Historia, de Villares era do 84 e non sei se o citei entón porque non podía citar, por falla de espazo, todos os títulos, tantos, da Biblioteca Básica da Cultura Galega. Pero sairá no 2004 coa nova edición da HISTORIA DE GALICIA, de Galaxia, que reelabora, amplia, reforma e mellora aquel libro de 20 anos antes.

Anónimo dijo...

"La fuerza pública en la Universidad de Santiago", de Carballo Calero (?!)

De Ricardo Carvalho Calero hai unha interesantísima novela que non menciona, publicada no ano 1987, e que xa leva unha chea de edicións ( non como a meirande das que menciona, que non pasaron da primeira): Scórpio. En 1950, redactara a primeira novela en galego publicada despois da guerra civil: A gente da barreira.

Carvalho Calero foi un dos poucos galeguistas históricos coherente coas súas ideas nacionalistas, malia non militar en ningunha organización política despois dos anos da postguerra. Con todo, alí onde estivo (Ferrol, Lugo, Compostela) animou os rapaces galeguistas co seu exemplo. Aí están os libros de conversas, as entrevistas gravadas e os programas de televisión que o poden atestemuñar.

Ninguén coma el, nos anos escuros, traballou tanto sobre a literatura e a lingua galega. A súa obra adquire aínda máis valor se temos en conta que foi un pioneiro nestes campos, ermos daquela de estudosos.

Nos últimos anos, foi marxinado polas autoridades académicas (o seu departamento, incluídos os seus discípulos) e xunteiras. O motivo foi a defensa que fixo da alternativa reintegracionista para o galego culto.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non sei o por qué dese interrogante-admiración, mr. Swan. "La fuerza pública en la Universidad de Stago." foi a reedición dun folleto-panfleto de Carballo Calero, dos anos da República, cando el andaba na FUE, creo que saiu en Ediciós do Castro. Esquecín citar, si, o Scórpio de RCC, de 1987, novela polifónica que lera no seu día e que ten opinións críticas moi variadas: algunhas entusiastas, outras o contrario. Por certo, o personaxe principal, retratado de forma tan haxiográfica, parécese moito a RCC, non?