24 dic 2007


Galicia e Portugal, de A. Baamonde (El País 24 dec.)

(Quizais hoxe non sexa xornada axeitada para os debates políticos, pero quería deixar aquí constancia deste artigo de A. Baamonde, interesante en varios aspectos. Vai ilustrado con outra imaxe de Pablo Auladell).

Pero esos dos proyectos vienen del pasado. Ahora tenemos un Gobierno que se ameniza a si mismo con disensiones internas, generalmente dictadas por la competencia electoral, pero que no da muestras de un gran pulso político. El problema no es el PSdeG o el BNG, sino que los unos o los otros tengan algo que decirnos, serio y solvente, acerca de nuestro futuro. La política urbanística y el Banco de Tierras han sido quizás los dos ámbitos en los que el bipartito ha tenido más fuelle y es de agradecer que haya convocado oposiciones en sectores como el sanitario o la CRTVG necesitados de una cierta clarificación.
Pero se echa en falta una política de democratización del país -medios de comunicación, Ley de Cajas-, un plan de Centros de Investigación (¡y atención al diseño, por Dios!: para las conservas, la moda y los muebles) y, por supuesto, mayor énfasis en relación a la Euroregión. La discusión en curso acerca de las áreas metropolitanas sólo tiene sentido en un marco más amplio de debate sobre los elementos de sinergia y de conflicto de intereses con el Norte de Portugal. Basta con mirar el mapa, como hacen las autoridades europeas, para saberlo.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Sarille: "Vexo unha Galiza cun 10% de galego-falantes"

Entrevista en:
www.radiofusion.eu

Anónimo dijo...

Non estou de acordo: eu véxoa cun 30-35%.

Anónimo dijo...

Pois eu, nun futuro, non a vexo, nin a escoito, nin a leo. Nin esa nin ningunha outra.

Anónimo dijo...

Concordo con Baamonde, en especial con dous parágrafos que considero moi afortunados e que reproduzo de novo aquí.

E gustariame que alguén se atrevese a atarlle o rabo a esa mosca!

**********

O sea que poseer un Estado no es el bálsamo de Fierabrás. No quiero decir con ello que el tener un Estado propio esté bien o mal, porque eso es asunto, en última instancia, de teología política, y yo no me cuento entre los que juzgan que todo en la vida es cálculo racional.

**********

Tampoco son los límites de la autonomía, a día de hoy, los que introducen el más fuerte corsé para el futuro de Galicia. Ni la Cidade da Cultura, ni el puerto exterior de A Coruña fueron ideados en Madrid. Manuel Fraga y Francisco Vázquez, los dos políticos gallegos más significados de los últimos 20 años, son los responsables de uno y otro proyecto. También, por supuesto, quienes les votamos. En una democracia, todos somos responsables de nuestros actos.

Xaime dijo...

Apicultor, estábame saíndo unha animalada, da que a bon seguro tería que arrepentirme e enxagua-la boca e non tiña lapsus tecleae ningún; nestas festas que todo é harmonía non me vou a arriscar.

Anónimo dijo...

Non se preocupe, don Xaime, que os días de Nadal son axeitados para dicir animaladas... por iso da burra e da vaca no pesebre, xa sabe.

Anónimo dijo...

Baamonde debe saber do que fala, pero dame que o deseño en conservas ou en moda (e os correspondientes clústers ou planes de organización empresarial en torno a estos sectores básicos da economía galega) non é precisamente das peores cousas deste país. Esa é a impresión que eu teño.

Anónimo dijo...

Eu supoño que a referencia debe ser irónica. Xa se sabe que hai moito papanatismo con iso do deseño e da moda.

Pasouse, sen solución de continuidade, das chanclas, do zurrón de tea de saco e das mantas zamoranas aos traxes de tecido mixto, aos edredóns nórdicos e ás carteiras en bandoleira con anagrama ben visible. E iso, quéirase que non, apapahostia de moito coidado.

Anónimo dijo...

Bieito Lobeira, gran historiador e patriota, ilustrando coa súa retórica parda o pobo galego.

¡Manda carallo, que este hipócrita e ignorante viva do que lle pagamos os galegos!


MÁRTIRES GALEGOS

Os procesos de dominación política e expoliación económica padecidos por moitos pobos –entre eles, obviamente, o noso- teñen algúns elementos en común. Recrudecidos nalgúns casos, aliviados noutros, en función das parámetros concretos nos que se fundamenta en cada caso: fortaleza da metrópole, espazo temporal de dependencia, rol económico e relacións sociais que del se derivan, e moitas outras variábeis. Mais hai tamén en todos eles un ámbito psico-ideolóxico, relativo á percepción que o pobo dominado ten de si mesmo e do extranxeiro invasor, que resulta absolutamente relevante, ben para manter a dependencia, ou ben, de se superar, para construir unha resposta colectiva liberadora.

Indo agora ao caso galego. Ademais de decapitación política, expolio económico secular, ou ataque á nosa lingua e cultura, por certo sempre baixo forma e métodos agresivamente coloniais, fixéronnos crer, historicamente, que non eramos nada, que non valíamos para nada, que somos un pobo inútil e que sempre o fomos, e que só poderemos cegar a algo, individualmente, se renunciamos ao propio e nos aderimos ao foráneo.

Neste esquema, moi valioso e funcional para a metrópole española, ten un lugar fundamental a historia. Ou se se prefire, a censura histórica, a súa manipulación e falsificación. Aos galegos e galegas non só nos roubaron a riqueza da base material, produtiva, da nosa Terra. Non. Roubáronnos tamén a historia. A nosa historia. Para que non sexamos nada, nin aspiremos a selo por nós mesmos.

Daí a importancia de pór en valor o que fomos, e o que podemos chegar a ser. Daí a importancia de lembrar e reivindicar aos nosos mártires, para pór en evidencia que o proceso de dominación política de Galiza, ao longo da historia, non contou coa resignación nin coa entrega voluntaria dos galegos. Non houbo capitulación previa: Os galegos estiveron prestos ao combate cando foi preciso. E durante séculos houbo galegos e galegas que morreron, que foron asasinados por defenderen a súa Patria.

A dependencia de Galiza, desde a súa xénese, foi un proceso violento. Castela enviou tropas castelás e mercenarias para submeter Galiza á altura de 1480. E encontráronse con resistencia activa, violentamente reprimida. E xa no século XX abría o franquismo a súa aciaga etapa na Galiza fusilando ou paseando patriotas como Alexandre Bóveda, en 1936. Fechábase en 1975, e ainda nos seus estertores tiña suficiente carraxe antigalega como para asasinar ao militante da UPG Moncho Reboiras.

Galiza tamén ten mártires, porque ten historia. E non, precisamente unha historia de docilidade e de obediencia submisa ao invasor. Tamén temos os nosos herois, como calquer outro pobo. E moito lles debemos. Galegas e galegos de ben nunca poderemos esquecer estes patriotas. Son o noso exemplo.


PARDO DE CELA

17 de Decembro de 1483. Hai hoxe, exactamente, 524 anos. Na Praza Maior de Mondoñedo era executado polas tropas castelás baixo mando do capitán Luis de Mudarra, o mariscal Pero Pardo de Cela, símbolo da rebeldía galega face á política asimilista de Castela e dos Reis Católicos sobre Galiza. Xunto a el, eran tamén executados os seus guerreiros máis leais: Pero de Miranda Saavedra e Castro (seu propio fillo), García Rodrígues, e Bartolomé de Baamonde.

Tráxico final, que ten a súa explicación máis imediata na Real Cédula asinada en Toledo polos Reis Católicos o 3 de Agosto de 1480, pola que envía a Galiza a Fernando de Acuña como Xusticieiro Maior, o licenciado Garci López de Chinchilla como Alcalde Maior, e Luis de Mudarra como capitán dun continxente militar castelán de varios centos de xinetes e dun número indeterminado de guerreiros de infantaría a pé. O obxectivo político-militar, eliminar por calquera método calquera caste de oposición na Galiza ao proxecto imperialista impulsado polos Reis Católicos, que daría pé ao nascimento do Estado español.

Previamente, outra Real Cédula (18 de Febreiro de 1478) instaura a “Santa Hermandad” na Galiza como auténtica policía política ao servizo de Castela. Dirixe este corpo Antonio de Paz e o licenciado Fernando Gómez de Tordehumos. O descontento social xerado pola violencia, a crueldade e os castigos infrinxidos pola Santa Hermandad está documentado. Entre outras razóns, pola implantación de duros impostos (18.000 maravedís por cada cen veciños) para manter economicamente o propio corpo represivo. O historiador aragonés Zurita descrebe o despregue da Santa Hermandad na Galiza “contra la voluntad de todo aquel reyno, estando todos en resistencia”. E non oculta o obxectivo final: “pregonar desde el Miño hasta la mar hacer al Rey y a la Reina Señores de aquel Reyno”.

A resposta galega a este proceso nasce, nunha primeira fase, cun acordo político entre a nobreza galega, de apoio mútuo en caso de agresión, mais que lamentabelmente -para o futuro da Galiza- non perdurou. Na segunda fase, co enfrontamento armado directo, liderado no sul por Pero Álvarez de Soutomaior (con conexións con Portugal), e no norte co mariscal Pardo de Cela.

Pardo de Cela resistiu un cerco de entre dous a tres anos (depende das fontes) no inexpugnábel castelo da Frouseira. En calquera caso, o asedio foi longo e cruento, con numerosos mortos, tanto polo bando galego como polo castelán. A imposibilidade de conquista da Frouseira levou ao mando castelán a empregar o método da traizón, perfeitamente documentada, e que efectivamente levou ao mariscal a ser finalmente preso polo inimigo.

Morto Pardo de Cela, o combate continuou, neste caso co protagonismo dunha muller: Constanza de Castro, filla do mariscal. Ela é quen de dirixir un grupo de guerreiros galegos leais e de manter as hostilidades contra as tropas castelás. Despois dun tempo é finalmente cercada no castelo de Vilaxoán (a famosa Torre da Cal da Loba, ainda en pé, no concello de Cospeito, na Terra Chá). Resiste durante once meses o cerco militar, e non se rende. Morre, probabelmente envelenada pola auga podre do alxibe, mais non se rende. Quen si pacta a súa capitulación após a morte de Constanza é o seu home, Fernán Ares de Saavedra, que salva a súa vida comprometéndose a servir aos Reis Católicos na guerra de Granada.

En 1487, xa “pacificado” o Reino de Galiza, visitaban o noso país os Reis Católicos. Había 110 anos que un monarca castelán non pisaba terra galega. E ficaba xa definitivamente aberto o camiño que posteriormente se definiría, sen eufemismos, “Doma y Castración del Reino de Galicia”. As consecuencias prácticas ficaban ben á vista: 150 castelos, torres e fortalezas derrubadas, imposición do sistema castelán de pesos e medidas, proibición de reunións numerosas (mesmo en vodas e bautizos), estado represivo controlado pola Santa Hermandad, substitución lingüística, bula papal a bispos de Ávila, Segovia, Córdoba e León con dereitos sobre os mosteiros galegos; expulsión e/ou eliminación dunha parte importante das clases dirixentes, nobiliarias e eclesiásticas. En definitiva, fin da existencia do Reino de Galiza como espazo con dimensión e dialéctica política de seu, ficando dominado militarmente e inserido politicamente baixo dependencia de Castela/España.

Este proceso histórico, chave para interpretar o desenvolvemento posterior, foi conveniente e intencionadamente ocultado polos vencedores. Os galegos non podíamos ser conscientes do noso propio pasado, e moito menos dos seus episodios heroicos. E roubáronnos a historia. Obviamente, recoñecer que o proceso de construción do Estado (“moderno”) español se fundamentou na violencia, na represión, na asimilación e na negación de Galiza, bota abaixo boa parte dos tópicos existentes sobre España e, sobretodo, no que ten a ver coa suposta “resignación natural” de galegas e galegos. Aquí o que houbo foi imposición durante 500 anos, non “convivencia harmónica”. E ainda así Galiza, o seu idioma, os seus sinais de identidade cultural, a súa singularidade, continúan a estar vivos e a seren reivindicados cinco séculos despois. Iso é o sorprendente.

A data do 17 de Decembro estivo a piques de ser institucionalizada polo nacionalismo galego como Día da Patria Galega, en homenaxe a esa Galiza rebelde que non se rendeu á dominación castelá. En lembranza tamén de Constanza de Castro e desa Frouseira que nunca puideron conquistar as tropas castelás, convertida desde aquela en símbolo de resistencia e liberdade para o pobo galego. Tomemos boa nota e actuemos en consecuencia.

Anónimo dijo...

¿Onde podo facerme con este documento? ¡É fantástico! Un texto extraordinario. A narración nacionalista perfecta: unha mistura dificilmente mellorable de ignorancia, audacia, anacronismos, invencións, desdén polo rigor conceptual e afirmacións que aparecen como desvelamentos dunha historia ocultada, roubada polos imperialistas. Todo isto posto ao servizo dunha interpretación entre heroica e victimista da "nación", en cuxa historia futura ha merecer Bieito Lobeira, sen dúbida, un lugar a carón polo menos do propio Pardo de Cela.

¿Sería "O gran historiador" tan amable de poñer aquí o libro, revista ou xornal onde aparece este modélico texto nacionalista? Agradézollo anticipadamente.

Anónimo dijo...

Están en
www.gznación.com
e son dous artigos diferentes:
Mártires Galegos
e Pardo de Cela.

Anónimo dijo...

É unha clara manobra para usurparlle a vostede, amigo Leituga I, lexitimidade dinástica. Está documentado que il maresciallo Pardo de Cela era italiano, de Castiglione della Pescaia. E que chegou a Galicia por una donna angelicata de Mondoñedo. Todo o relato épico posterior está totalmente inventado.

Xaime dijo...

Leituga fágalle caso o Arumes que de italianos sabe un güevo, aínda que no de Pardo de Cela non sei, non sei....

Anónimo dijo...

En efecto, eses dous textos son perfectos, redondos, e marcan un antes e un despois na historiografía galega.

Hai que lle estar eternamente agradecidos ao grande Bieito Lobeira, cuxa erudición impagable e densidade conceptual sen par son un cume da nosa historia patria.

Amigo Leituga 1, pódeos encontrar no propio blog do Lobeira, ao que se pode acceder a través de www.gznación.com, tal como sinala o anónimo anterior.

Mentres Lobeira se dedicaba a redactar un texto tan preclaro sobre Pardo de Cela, Quintana ía do ganchete da ministra Salgado nun clima cordial e de colaboración mútua. Fontes ben solventes informan que non falaron do "exemplo" do gran señor Pardo de Cela ou de Moncho Reboiras, senón de cousas moito máis banais e intranscendentes, como o traspaso de nove transferencias e a financiación subseguinte.

Quizais todo se poida explicar porque estamos no Día dos Santos Inocentes: Lobeira for President xa!

Anónimo dijo...

Do mesmo xeito que falabamos noutro post dos distintos modelos de edicións literarias, hai que convir en que tamén hai historiografías pro academicos e outras para a divulgación e propaganda fidei. Haberá que conciliar ambas perspectivas e, por suposto, deslindar ambos campos. O problema xorde cando o historiador de fin de semana eleva a categoría universal ocurrencias para elevar o ánimo da tropa. É lícito, sempre e cando non usurpe ao profisional o seu terreo e sempre cando indique na caixa dos seus medicamentos a posoloxía precisa e, por suposto, as contraindicacións.

Anónimo dijo...

A min o que máis me fascina é a audacia e a seguridade coas que Lobeira "desvela" a Verdade histórica sobre España y sus colonias.
E qué dicir dos seus coñecementos sobre Pardo de Cela. Parece como se viñera de tomar unhas copas con el antonte á noite. E, de súpeto, atopáronse cos Reis Católicos, que xa daquela eran do PP, e tiveron unha medio bronca.

Anónimo dijo...

Absolutamente fascinante a pruma do Lobeira. Concordo con vostede, amigo Leituga 1.

Anónimo dijo...

Se eu escribise a Historia, faría pasar ós Reis católicos pola miña aldea na súa única viaxe a Galiza. Aloxaríanse nunha casa casa vella perto da miña, e alí conspirarían en segredo cós irmandiños.
Se eu escribise a Historia, o Monte Medulio sería tamén o monte da miña infanza, sen dúbidas.

Anónimo dijo...

O máis curioso, aínda que non sei se é moi relevante, é que estas historias para non durmir van callando en certas capas da poboación. Hai pouco escoitei na Radio Galega algúns ointes que chamaban e daban por feito que, efectivamente, Galicia fora un Reino independente e pouco menos que feliz ata que chegaron de España os Reis Católicos, invadírono, quitaron a independencia e impuxeron o castelán. E así ata hoxe mesmiño.

Anónimo dijo...

As mentiras históriacas parecen non ser exclusivas de Galiza:

Mentiras

Anónimo dijo...

Claro que non son exclusivas de Galicia, amigo Da Coba. Abonda con lembrar a historia de España que vostede e mais eu estudamos de cativos. O que eu me pregunto é se merece a pena, a estas alturas, seguir facendo da Historia unha ciencia auxiliar do Nacionalismo, sexa este cal sexa. Seguramente iso é bo para o nacionalismo, pero malo para a nación.

Anónimo dijo...

Un punto de vista meu.