30 dic. 2007

Imos ter que crer no fado...



só un ano despois ou pouco máis da morte do seu fillo, tamén pintor.

O noso pésame a toda a súa familia, con especial agarimo para os seus irmáns Antonio e Carlos Quesada, tamén dous artistas excepcionais, cada un no seu campo, ademais de amigos.
En homenaxe ó artista vai tamén o cartel que fixo para a Asociación de Amigos da República no 2001, que me pasa XLC.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Falar das bondades de Xaime Quessada á hora do seu pasamento é moi doado.
Ao igual que lembro un Xaime Quessada que tan pronto se lle pediu a súa desinteresada colaboración para que creara o cartaz coa que a asociación ourensá Amigos da República puidera anunciar a Festa da República no 2001 púxose mans á obra e entregou o traballo que adxunto, tamén lembro outro Xaime Quessada intransixente nunha cea en 1990, co gallo da clausura dun ciclo de conferencias -perspectivas culturais- que organizamos dende o Clube Cultural Alexandre Bóveda cando estaba a dar os seus primeiros pasos. Naquela cea, cando estaba a piques de rematar, os comentarios de Quessada fixeron que un a un foramos abandonando o lugar (J.L. LLamas, Marcos Valcárcel, Miguel Ángel Pérez, eu...), quedando só o artista.
Aquilo entendo que foi un feito puntual, xa que tamén foi un contertulio interesante -e ameno- noutras moitos ocasións, como foi na cea homenaxe que no 2000 Amigos da República organizmos na honra de Luis Taboada Camoeiras.
Como todos os seres humanos, Xaime Quessada tivo as súas luces e sombras, pros e contras, pero ben certo é que quedará para sempre na historia cultural deste país.
Dende eiquí o meu pesar a súa viúva e á familia Quesada.
XOSÉ LOIS CARRIÓN.

apicultor dijo...

Un personaxe moi especial, como persoa e como artista, coas súas arroutadas e coas súas xenerosidades. Ás veces contraditorio, ás veces atrabiliario, solidario moitas veces, sobre todo nos difíciles tempos do franquismo e na transición.

Excepcionalmente dotado para o debuxo e a pintura, a súa obra ten parte alimenticia e parte de xenialidade, pero sempre profesional, creativo e traballador infatigable. Por esta razón, en efecto, quedará na historia cultural do país, como di o amigo Carrión. Como escritor non cheguei a lerlle nada, ámbito este no que, penso, foi pouco recoñecido.

Vaia desde aquí o meu pésame a súa familia e aos seus amigos, que son moitos.

Xaime dijo...

En Lugo deixa bos amigos e algunha que outra débeda, que xa está saldada, xaora.

Xohan da Coba dijo...

Coma moitos artistas xeniáis, era difícil no trato persoal. Os amigos que andaban con él agoantábanlle todo. Pero caso de que houbera outro tipo de xente ó seu arredor, en eventos sociáis, era fácil que fixeran " mutis por o foro" pouco a pouco. Non se pode tér todo na vida, Xenialidade e "don de xentes".
Os seus "diálogos" eran case sempre monólogos. pPero adoitaba a ser interesante o que decía. Tamén lembrarán que sempre decía que era "inmortal", e que decidira él mesmo selo.

Xohan da Coba dijo...

Tamén pintarara gratuitamente o cartaz dunhas das últimas "Xornadas do Ensino" , non lembro se as do 2005 ou as do 2006. Un fermoso cartaz. Millán Picouto tén un , se non tiróu con él.

XDC dijo...

O orixinal téno Pepe Paz, claro.

Xohan da Coba dijo...

A mín quédame o recordo dos seus aplausos e das súas cálidas verbas de agradecemento tras convencerme de que tocara "Ne me quitte pas" , nunha noite "de viño e cordas" (como dí o XM Glz), con outros dous amigos.

Xohan da Coba dijo...

A mín quédame o recordo dos seus aplausos e das súas cálidas verbas de agradecemento tras convencerme de que tocara "Ne me quitte pas" , nunha noite "de viño e cordas" (como dí o XM Glz), con outros dous amigos.

Xaime dijo...

Témblalle o pulso, Da Coba, espero que non a púa.

Leituga 1 dijo...

Laméntoo moito. Era un bo tipo. Deixa unha fundación feita e xa ben establecida, que leva o nome do fillo e á que pensaba adscribir o seu patrimonio pictórico. As miñas condolencias á súa familia e amigos.

Isildur dijo...

Mala noticia para rematar o ano. Non tiven o pracer de o tratar persoalmente, pero sempre fun un grande amante da súa arte, tanto pola súa calidade estética como polo seu sentido do compromiso crítico e intelixente. O meu máis sincero pésame para a súa familia e amigos.

Anónimo dijo...

buy bactrim without prescription buy bactrim f buy bactrim buy bactrim es online without prescription buy bactrim online buy bactrim without a prescription overnight
[url=http://bactrim.eventbrite.com/]buy bactrim online [/url]
glucophage and pregnancy glucophage side effects glucophage medicine glucophage odor cause side effects of glucophage glucophage side effect taking glucophage with birth control pills
[url=http://takeglucophage.eventbrite.com/]alcohol glucophage [/url]
prostate cancer resistance to proscar proscar ejaculate proscar for hairloss canine proscar msd proscar generic proscar cheap proscar online
[url=http://proscar.eventbrite.com/]flomax proscar research [/url]
levitra dosage buy levitra levitra medicine free levitra trial canada in levitra anti impotence impotence
[url=http://virb.com/yalevi]temporary impotence [/url]
-------------------------------------------------------------------
[url=http://fotak.ru/stats.php?r=asuvasnasolaina.blogspot.com]my blog[/url]