31 dic. 2007


A SALA RESERVADA DO PRADO
La Región 31 decembro 2007


A visita do Rei. “La habitación prohibida correspondía a una torre, la del norte-este. Estaba a oscuras. Tanteando, halló una ventana y la abrió. La habitación carecía de muebles, pero de las paredes colgaban cuadros. Cuando sus ojos se habituaron a la luz escasa, pudo ver que en todos ellos había mujeres desnudas, solas o en compañía. Se hallaba ante las mitologías que su abuelo había coleccionado, y que solo podían contemplarse con un permiso especial de la curia toledana, firmado de puño y letra del primado: privilegio de éste que el Gran Inquisidor le discutía, y que, como pleito de los que jamás se resuelven, se hallaba en Roma hacía lustros. Por fortuna, el otro rey, su padre, jamás había penetrado en aquel lugar pues de lo contrario el pleito lo habría zanjado el fuego.
- Los teólogos más sutiles, Majestad, tienen dudas de que su abuelo, el Gran Rey, se haya salvado, sólo por haber gastado en estas porquerías el dinero del pueblo”.
Así se conta, na novela de Torrente Ballester “Crónica del rey pasmado”, a visita do Rei de España á sala reservada onde se gardaban as pinturas eróticas e mitolóxicas ocultas por motivos morais. Torrente imaxina en tal situación a Felipe IV que un día pide tamén ver a súa muller espida co tremendo escándalo que iso desata na Corte. Pero o certo é que Felipe II e os seus sucesores tiveron esa cámara reservada, unha habitación privada, onde eles podían contemplar, en total soidade, tales marabillas. Tiziano escríbelle a Felipe II unha carta en 1554 informándolle de que lle envía á súa “Venus e Adonis” para ese camerino. De Felipe IV consta que se retiraba a ese lugar “despois de comer”. E alí estaban aquelas xoias de Tiziano, Durero, Tintoretto, Veronés ou Annibale Carracci, que se conservan hoxe no Prado: tamén “As tres gracias” e “O xuízo de París”, de Rubens ou “Hipomenes e Atalanta” de Guido Reni. Entre elas, obras cargadas de gran erotismo simbólico baixo pretextos relixiosos: “Susana e os Vellos” de Tintoretto ou “Lot e as súas fillas”, de Francisco Furini.

Carlos III. Que pasaría pola cabeza do Rei, contemplando tanta sensualidade, tal desbordamento de paixóns, tal esplendor dos sentidos? É difícil sabelo pero imaxinamos que aumentaría ese pracer a idea da total soidade, da transgresión da norma nunha sociedade puritana e ultracatólica, na cal o Rei se erguía como paradigma moralizante. Pero os Austrias, por fortuna, preferiron gardar aquelas pinturas. E tamén os Borbóns aínda que en 1762 Carlos III mandou queimar algúns dos cadros de espidos: por sorte o pintor Mengs e o marqués de Esquilache evitaron a queima, ocultando de novo as obras. Na galería da sala reservada chegarían tamén, no seu momento as dúas “Majas” de Goya, vestida e espida, pintadas arredor de 1800. Trinta e oito anos despois a Sala Reservada desaparecía e as pinturas eróticas que a integraban pasaban ás salas das escolas nacionais dos seus autores. Ninguén puido nunca contemplalas coa suprema liberdade e privacidade daqueles monarcas dun Reino tan católico e exemplar.
(Nas imaxes, a “Dánae” de Tiziano, 1553; "Dama que ensina o peito", de Tintoretto, e "Susana e os vellos", do mesmo artista).

7 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Feliz 2008, señor Valcarcel. Ainda que se deixe ver pouco ou nada polo bar de Peggy Sue eu son lectora habitual das súas sesudas charlas.
Moitos bicos.

arume dos piñeiros dijo...

Os cadros que reuniu Felipe II, sobre todo, para enaltecer o seu imperio como un mecenas humanista, eran de moi distintos xéneros, segundo a sala para a que foran destinados. Así o perpetuaron os seguintes austrias para ornar as paredes do alcázar ou do Palacio del Buen Retiro. O ano pasado o Prado organizou unha fantástica exposición coa recreación do Salón de Reinos daquel palacio para o que reuniron co seu programa completo e a ubicación exacta os cadros que representaban as victorias dos Austria.
Sería moi interesante, primeiro, descubrir como estaban colgados os cadros eróticos nos dormitorios reais e, despois, organizar unha exposición para contemplalos todos xuntos, coa emanación sexual para a que foron dispostos. O Felipe II tiña fama de piadoso, pero no leito do pracer fiaba máis dos cadros que o entonaban ca da natureza que o seu Deus puxera entre as pernas que dominaban naquel momento (un dicir) o universo mundo.

X dijo...

Feliz 2008.

Etxe dijo...

Ben, pois isto foi o que deu de si o 2007. Ao carallo con el.

FLIZ O8 e SS. x todos

Xoan a Coba dijo...

Sábese de algún rei homosexual, que tivera nos seus aposentos cadros de desnudos másculos?

Anónimo dijo...

un artigo realmente bo
saúdos
Yoli

X dijo...

Volvín hoxe para ler o post, e doulle a razón a Yoli, un artigo realmente bo. Saúdos.