18 dic 2007


Unha fobia de cine
Pan por Pan martes 18 decembro
No mundo do cine teño moitas filias, pero moi poucas fobias: case ningún director ou actor me produce un noxo inexorable. Agás unha: Chuck Norris. Basta verlle o careto a este tipiño para cambiar de cadea. Resúltame insoportable e dubido moito de que poida ser considerado actor: poucas cousas tan insulsas se poden ver nunha pantalla. Buster Keaton, a quen lle chamaban “cara de pao”, dáballe mil voltas en expresividade sen mover unha cella. Leo agora que, segundo a xornalista Yolanda Monge (El País), o tal Chuck Norris apoia nos Estados Unidos a un candidato ultraconservador, Mike Huckabee, quen nega a teoría da evolución e anuncia cousas como esta: “Esta é a miña política contra a inmigración ilegal: Chuck Norrris”. O actor pasa polas películas dando puñadas sen parar. Se o tal Huckabee chegase a gañar, xa sabemos que os seus partidarios teñen un gusto cinéfilo infumable.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Con Chuck Norris de modelo ranger eu tamén negaría a teoría da evolución.

Xaime dijo...

Aínda que lle moleste o anfitrión pola comparanza, polo que lle pido perdón por anticipado, que diferencia hai entre o que dí o tolo ianqui ese e o que dí ETA, no seu último comunicado.

David Paz Nóvoa dijo...

Un amigo meu, xornalista, di que non houbo xamais Ano de Dalí ou Ano de Picasso, que todos os anos son Ano Chuck Norris pola cantidade de horas que lle adican na caixa tonta a este señor durante os 365 días do ano. Estou de acordo con el. Así que "2008: Ano Chuck Norris (again)".

Anónimo dijo...

10 feitos sobre Chuck Norris

- As pistolas non matan a Chuck Norris. É Chuck Norris o que mata a xente.
- Non hai teoría da evolución, senón unha lista de animais que Chuck Norris permite que vivan.
- Chuck Norris non dorme. Agarda.
- O principal producto que exporta Chuck Norris é a Dor.
- Chuck Norris non ten queixo debaixo da barba. O único que ten é outro puño.
- Chuck Norris ten dúas velocidades. Camiña, e mata.
- As principais causa de falecemento nos Estados Unidos son: 1. Os ataques ao corazón; 2. Chuck; 3. O cancro.
- Chuck Norris conduce un carro dos xelados cuberto de calaveras humanas.
- Chuck Norris é o meu mellor Amigo.
- Chuck Norris non vai cazar... CHUCK NORRIS VAI MATAR

Anónimo dijo...

E vostedes como pronuncian: chuc o chac?

Anónimo dijo...

"maiquel daglas" (fillo) pero "kirk duglas" (pai)

Anónimo dijo...

Os valores "Chuck Norris" son prácticamente os do "Far West". Imaxino que resucitan mitos e arquetipos profundamente arraigados no pobo americano desde a época dos pioneiros. Época sen estados e sin léis. Queñes viaxaban a aquelas fronteiras eran fundamentalmente homes: testosterona por todas partes. Lembrarán aquela escea de "A lenda da cidade sen nome" onde, ó non haber leis matrimoniáis, o home "casábase" coa muller rexistrándoa coma se fose unha mina na que só podía "cavar" él.

ESTE ERA O MARIDO

Lula Fortune dijo...

Eu tiven un compañeiro de traballo que se parecía. O chamábamos "Chuco".
A min, ainda me da máis noxo Steven Segal.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

fermoso, didáctico, e sobre todo xeneroso, e dou fe que para nada aburrido
saúdos
Yoli