29 ene 2008


Capa. Pan por Pan 29 xaneiro.

Escoito nun informativo que se descobren en México tres mil cincocentas fotos de Robert Capa, un dos máis grandes da fotografía mundial, que contou a nosa guerra civil dende a súa cámara. A realidade é así de caprichosa e arbitraria: especialistas que levan anos a estudar as fotos de Capa terán que reiniciar agora os seus estudos. Aínda andamos a esculcar cousas sobre a Gioconda (confírmase que era Lisa Gherardini, esposa de Francesco do Giocondo, mercador de Florencia) ou a estudar os aparellos científicos e tecnolóxicos que soñou e deseñou Leonardo: algúns ata poden chegar a funcionar. En cambio, a emoción dun poeta medieval ou dun artista renacentista segue tan viva como no momento en que naceu. Por exemplo, nestes versos de Pero Meogo: “Levou-s´a louçana, / levou-s´a velida;/ vai lavar cabelos/ na fontana fría,/ leda dos amores,/ dos amores leda”.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Teño lido en algures que certas fotos de Capa sobre a guerra civil española,concretamente esta a morte dun miliciano en Cerro Muriano(Córdoba) non eran auténticas, senón unha montaxe. Non sei se importa moito este feito porque se o pretendido era facernos vivir o dramatismo do momento, certo que o conseguiu, mais por curiosidade, saben vostedes algo disto?

Anónimo dijo...

Parece ser que si. Non é o único exemplo. As primeiras fotografías de soldados mortos na guerra civil norteamericana, por exemplo. Os fotógrafos movían os cadáveres de xeito que puidesen conseguir os efectos máis interesantes. Outro exemplo é a foto na que os marines (?) norteamericanos erguen a súa bandeira durante a segunda guerra mundial.
A mesma sensación de "preparación" percíboa no documental de Robert J. Flaherty "El hombre de Arán", sobre a vida nunha comunidade de pescadores da illa irlandesa de Arán. OU despois de ver o documental "Las Hurdes, tierra sin pan" de Luis Buñuel".
Outro exemplo famoso é o de "El hombre y la tierra"...

Anónimo dijo...

E está a famosa foto "Le baiser" de Robert Doisneau: o fotógrafo contratou os servizos dunha parella de mozos para "representar" o bico de dous namorados nunha rúa de París

Anónimo dijo...

Moitas grazas Sr.Swann pola súa información ,e celebro lelo de novo , que paréceme que dun tempo esta parte non se prodigaba moito.

Anónimo dijo...

Parece ser que non é falsa a foto de Robert Capa: El Miliciano.

Anónimo dijo...

O Miliciano chamábase Federico Borrell.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Hai un intento, ao meu xuízo, de sembrar dúbidas sistemáticas sobre o labor dos fotógrafos nas guerras. Parece razonable que se faga en cada caso, pero neste concreto de Capa houbo quen, tras as dúbidas, quixo afirmar que todas as fotografías da guerra desde o bando republicano non eran máis ca propaganda e engaño universais. Unha foto (ou varias) pode estar trucada (non parece este o caso), pero non pode servir de coartada para negar a guerra ou as mortes que nunca poden ser trucadas.

Anónimo dijo...

Un dos "argumentos" -non o único- que usaban os negacionistas do Holocausto durante os anos sesenta e comezos dos setenta era negar a autenticidade das fotos existentes: fixérannas os Aliados, e en particular o Exército Vermello, e dicían que estaban trucadas, posto que a maioría das coñecidas entón foran feitas cando a liberación dos campos.

Pero desde os anos setenta até hoxe foron aparecendo centos e centos de fotos feitas polos propios soldados alemáns, polo exército nazi e mesmo polos propios presos. E non había dúbida ningunha: un xenocidio en toda regra, non só nos campos con métodos industriais, senón tamén fóra deles dun xeito máis pedestre. Mesmo moitas fotos foron documentadas e identificadas á perfección.

Hai que ter moito coidado e non facer afirmacións á lixeira sobre un tema tan delicado e sensible.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Vostede, amigo Apicultor, que coñece ben o tema, tamén dirá o mesmo sobre a guera civil española, onde os revisionistas volven con estas mesmas armas e con Robert Capa como principal enemigo?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A portada de mañán/hoxe de EL PAíS pode ser moi ilustrativa sobre este tema.

Anónimo dijo...

Xa teñen canción pró post. Con armonía de jazz e todo.Mon a Lisa.

Anónimo dijo...

Non crea, Arume. Non lle estou moi ao tanto -directamente, refírome- da literatura revisionista sobre a guerra civil (Moa e cia.). Máis ca nada por falta de tempo.

Supoño que a Capa lle teñen dedicado máis dun artigo de prensa poñéndoo a caer dun burro. Ora, non teño nada claro que un dos seus eixos sexa arremeter contra a fotografía da guerra civil. Supoño.

Quizais por aquí poida haber que o informe mellor ca min.

Anónimo dijo...

Xavier Camps tenía quince años cuando, en compañía de unos amigos, se encaramó a la cabina de un avión alemán en los Jardinets de Gràcia, en la Barcelona de 1939. Robert Capa inmortalizó ese momento y Camps, 69 años después, se ha reconocido tras ver publicada la fotografía en un periódico.

"Cuando vi la imagen pensé: ¡Pero si soy yo, que estaba encima de un avión que derribaron! Me acuerdo de la foto porque estoy prácticamente igual a como era entonces", ha explicado hoy Camps, que, pese a sus 84 años, recuerda cada detalle de esa tarde en que pudo ver de cerca los restos de un avión militar expuesto en Gracia.

Era invierno y en la Barcelona de la Guerra Civil no había muchos entretenimientos para los más jóvenes, pues "no había colegio, ni cine ni teatro", así que la presencia, en plena calle, de la cabina de un avión alemán derribado en el frente atrajo la atención de la mayoría de los vecinos del barrio.

Xavier Camps, que entonces tenía unos quince años, acudió a los Jardinets junto con "siete u ocho amigos", a la espera de poder introducirse en la carlinga del avión y comprobar si, como se imaginaban, había en ella "ametralladoras, balas o bombas".

Repeinado con la raya al lado y vestido con pantalones largos y un abrigo, Camps y un compañero se subieron a lo alto de la cabina y esperaron, ansiosos, a que salieran otros chicos de la carlinga para poder entrar ellos.

Fue esa la instantánea que tomó Robert Capa, el cronista gráfico que difundió en todo el mundo la Guerra Civil española, y que, junto a otras 3.000 imágenes, ha sido descubierta en tres maletines ocultos en México por la cineasta Trisha Ziff, sesenta años después de que el mítico reportero captara con su cámara el ambiente de aquella tarde de invierno.

Algunas de las fotografías, que ya están preservadas en el Centro Internacional de Fotografía de Nueva York, han sido publicadas por "El Periódico de Cataluña", que ahora intenta buscar a los protagonistas de estas imágenes, como Camps.

"No me di cuenta de que hicieron una foto, pero en cuanto la vi en el diario la recordé, en parte por los carteles de guerra que había junto al avión", explica este anciano de pelo cano y baja estatura, que sigue viviendo en Gracia, donde, de vez en cuando, se ve con algunos de los niños que le acompañaban ese día.

Casi setenta años después, Xavier Camps ha podido revivir ese instante de su infancia gracias a una memoria prodigiosa y a un físico que, pese a las arrugas de la edad, le delata como ese chaval expectante que, encaramado a lo alto de la carlinga, esperaba su turno para adentrarse en un bombardero alemán.