14 ene 2008


FRAGA. O ENSINO. UN MUNDO MULTIPOLAR
La Región 14 xaneiro

Fraga. En televisión, concretamente en Telecinco, Fraga insiste nas súas coñecidas teses a favor do franquismo e afirma que a etapa de Franco sentou as bases para unha España con máis orde. Nada novo. Vivimos tempos de desmemoria: nun debate na televisión local un político do PP di que non hai ninguén no seu partido que se beneficiase do franquismo. Será logo que Fraga Iribarne, ministro de Franco, non existiu como tal? A historia avaliará a súa figura política pero, ata a chegada da democracia, vai encontrar máis sombras que luces. Velaí o Fraga (e o seu ministerio) que censuraba libros: tamén “Los miedos”, de Blanco Amor, e revistas que non eran “rojas” nin separatistas, dende o diario “Madrid” ata algunhas cristiás ou demócratas de todo tipo: a biografía “Fraga, retrato de un fascista” (2001), de Gustavo Luca, está chea de saborosas anécdotas e datos obxectivos que non teñen desperdicio.

O ensino. No concello de Arteixo, os IES de Sabón e Pastoriza están de sorte. Hai uns días a Fundación Amancio Ortega entregaba 160 ordenadores portátiles ós seus alumnos, facendo así que o da Pastoriza sexa o primeiro e único centro de España que conta cun terminal propio para cada estudante. Deixo aquí a idea por se algún empresario ourensán “se contaxia”, aínda que sexa cun plan menos ambicioso. As novas tecnoloxías están aí e ofrecen múltiples posibilidades para reformar e mellorar as metodoloxías educativas. Nunca substituirán ó profesor, non se trata diso: pola contra, o profesor terá que esforzarse máis nese camiño didáctico e a sociedade e as autoridades educativas deberían recoñecelo. Dixen moitas veces que o 90 por cento do éxito educativo está nas mans dos profesores: aínda que, cun portátil cada alumno, as cousas serían máis doadas e os alumnos poderían abrirse a un mundo cheo de potencialidades. Pero un mundo no que é necesario ter os guías axeitados: os profesores poden cumprir un papel fundamental, sen dúbida.

Un mundo multipolar. Presentouse o informe 2007 do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (http://www.igadi.org/) e vexo que é optimista: unha memoria dun equipo de expertos, dirixido por Xulio Rios, afirma que as mudanzas en marcha permiten albiscar unha nova etapa na escena internacional na que a procura do compromiso e o recurso á diplomacia tenderán a desprazar a confrontación e o uso da forza militar como vías para abordar os problemas mundiais. Nese mundo multipolar, Rusia recupera parte do seu peso internacional, China está nun rebulir das súas relacións exteriores e América Latina viver un valioso proceso de integración supraestatal. Sería tamén moi positiva, nesa liña, a consolidación da democracia en África e a posible vitoria dos demócratas nas próximas eleccións de Estados Unidos, que favorecería unha política menos agresiva e militarista. Oxala teñan razón os amigos do IGADI. Aínda que as portadas dos diarios sexan a cotío abondo máis pesimistas.

102 comentarios:

Anónimo dijo...

Anécdota pra historiadores.

Alemania, anos 60. A un barracón dos suministrados polas empresas a emigrantes españóis chega un alto funcionario español, acompañado do seu séquito. Quere comprobar as condiciós de habitabilidade nas que viven os seus compatriotas traballadores. Visita os dormitorios. Levanta a roupa das camas. Comproba as condiciós de iluminación, etc. Un secretario toma nota de todo. Diríxese ás cociñas. Nun dos fogós, un xove trata de fritir un ovo. Nunca tal cousa debéu facer antes, porque vota o ovo no aceite frío. O alto funcionario dille: "Pero home, pero home, espera que che digo cómo se fai...", e axúdalle.
Mal imaxinaba ese funcionario que acababa de gañar o voto fiel e permanente durante anos daquel rapaz, cando, pasados o tempo, a Democracia chegara a España i él se convertira nun líder político. Porque, cando a comitiva saéu do barracón, o rapaz preguntóu ós compañeiros polo nome daquel señor. Respondéronlle: Manuel Fraga.

Anónimo dijo...

Entre os múltiples defectos de Fraga nunca estivo o de ser un estirado.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para XOÁN DA COBA:
O sentido desa pintada ácrata ("La reina y yo no votamos. El rey") pretendía, como é lóxico, reclamar a abstención. Ainda que tamén chamaba a atención, iso seguro.
Por certo, agardo que non abandone o seu heterónimo literario XDC.

Marcos Valcárcel López dijo...

O certo é que non vivimos no mellor dos mundos posibles. A anécdota que contou RAF noutro fío, sobre a censura (corrección política), dun poema de Manuel María, fíxome reflexionar. E outro sucedido semellante que me atinxe a min mesmo, e que non podo contar, o mesmo. En fin...

Anónimo dijo...

Conte, conte, que queda entre nós.

Anónimo dijo...

Firmo eu tamén debaixo de Arume d.p.

Anónimo dijo...

O paisaniño no extranxeiro que é obxecto das atencións dun político, no futuro unha grande personalidade.

Unha atención que dura uns momentos e que paralisa as potencialidades racionalizadoras do paisaniño, otorgándolle para sempre o seu voto.

Dame noxo esa mentalidade serbil.

Di moito da agudeza adaptativa do politico e di tamén moito das limitacións dos nosos paisanos.

Anónimo dijo...

E ti Anónimo, en cambio, es a racionalidade personificada e un exemplo de mentalidade libre. ¡Anda xa, a outro can con ese óso!
(E aprende ortografía, que servil é con v, ¡agudo!)

Anónimo dijo...

Parece que lle rozou señor XDC.
Estamos a falar do paisaniño, non de min.
Imaxe de noxo, serbil, suave, e remiso como dicía Cunqueiro.

Un pobre galeguiño, semianalfabeto de letras e mundo por Alemania. Unha criatura que se conforma con ben pouco, unha palmadiña do señor e xa é feliz. Un criado.

Anónimo dijo...

O anónimo tén razón no que dí, ó meu entender. Qué lle quere. Xa dixen que era un mero dato curioso pra historiadores. O paisaniño era un dos miles e galegos con historias similares. O voto "interveñido"por calquer carallada: o asfaltado dun camiño, o choio de tres meses do fillo, o contedor da basura perto da porta. Caralladas. Pero non menos caralladas que: votar incondicionalmente a un partido porque tén unha bonita estreliña na bandeira, á marxe do que logo fagan os seus dirixentes. Votar a un político polo que DI que pensa, e non polo que de feito fai. Etc. Caralladas de diferente tipo, pero caralladas.
Por certo. O paisaniño era meu pai. E, sí: só sabía ler, escribir e as "catro reglas". Seu pai morrera do "mal da vía" sendo moi novo. As cousas son así. Sen máis.

Lula Fortune dijo...

Xa poden os rapaces de Pastoriza mirar para o ecran porque o que teñen arredor é relamente deprimente. Non vin sitio máis inhuman para vivir, cheo de industrias contaminantes e naves xigantescas.
Un saudo.

Anónimo dijo...

Bravo, da Coba!!!

E o paisaniño tamén é o galeguiño (funcionario da Facenda Pública) que entrega notificacións de embargo en barrios que son o HORROR, como 'La Mina' (Sant Adrià del Besòs - Catalunya). E entrégaas el porque os de alá non o queren facer. E fan ben, qué cº.

E o paisaniño tamén é o 'niño bonito' que vén despotricando contra a estresante vida de alá, e falando de lo rica que está 'la tortilla de la abuela'... O malo é que vivir como galegos significa que nos teñan que ir esperar ao aeroporto, porque temos que gañar a vida fóra, malia a riquísima tortilla, que non chega para todos.

E o paisaniño tamén é ese cuxo corazón se pára porque o tenente de alcalde non o saúda á saída dun funeral. E aínda se pregunta qué é o que faría mal, el que sempre votou polos nosos, el e a súa familia...

Maldito nevoeiro...

Cos meus cumprimentos, da Coba.-

Anónimo dijo...

Ese paisaniño vota a quen lle sae do nabo. Ten os seus motivos para facelo. Do mesmo xeito que os demais teñen os seus motivos para votar a outros. Ese paisaniño ten dereito a votar a quen lle saia do nabo e a ter as súas propias razóns para facelo, gusten ou non. Por outra banda, tamén hai outros paisaniños igualiños ca el que votan ao PSOE e ao BNG, porque teñen os seus motivos. Preguntade en Vilagarcía ou Allariz. ¡Xa está ben de tanta prepotencia!

Anónimo dijo...

¿Non será cousa xa de deixar de falar de Fraga e de Franco?

Anónimo dijo...

A min paréceme moi razonable, e mesmo diría que bastante sabia, contemplada desde certo punto de vista, a fidelidade electoral do pai de XDC a Fraga a partir daquel encontro. O pai de XDC escolleu o concreto, o real, a verdade dun home que lle botou unha man e lle ensinou a fritir un ovo, que non é pouca cousa, en vez de escoller unha abstración ideolóxica ou un programa electoral que, estou seguro, nin sequera le o Anónimo que vai de cociencia guai de Guailiza.
En realidade, o pai de XDC nunca lle votou ao PP, votoulle a un home que o axudou e que se chamaba Manuel Fraga.
E, efectivamente, "servil" é con "v". Seguir poñéndoo con "b" despois da correción indica unha contumacia que vai máis alá da ortografía.

Xaime dijo...

O mesmo de respetable é votarlle a Fraga, como aquel que vota contra Fraga.

Anónimo dijo...

Evidentemente todos os que fixeron transicións políticas en Europa viñeron de dentro dos sistemas.
Chámense Suáerez ou Fraga, Chámese Gorbachov ou Yeltsin, Chámese Spínola ou Otelo Saraiva de Carallo, ou Karamanlis o grego... en fin, que hai que ser un pouco xeneroso.

Anónimo dijo...

Xaora: xenerosos, comprensivos e respectuosos. Un home é igual ca outro, da mesma maneira que cada voto vale exclusivamente por un no momento da contaxe.

Ora ben, leccións ningunha. E hai quen se empeña en non parar de dalas.

Por certo, jlb, non me parece que o maior Otelo Saraiva procedese do salazarismo; por certo que a segunda parte do apelido deixouna mal escrita: quero crer que non sería aposta.

Anónimo dijo...

E postos a votar, a ver, señores, gáñense un votante, convénzanme a quen debo votar o 9 de marzo.

Anónimo dijo...

Otero Saraiva do Carallo.
Así, por que si.
Otelo era militar.
Otelo era militar ao servizo do Estado Salazarista.
Otelo ingresou no exército, con uso de razón, e participou nas guerras coloniais de Angola (1961 a 63) e na de Guiné entre 1970 e 73. Despois tivo a fase positiva do MFA e do glorioso 25 de abril... E logo en vez de entregarlle o goberno ao pobo, con aquela farsa de COPCON e liderando un sector radical e alucinado pretendeu oporse á democracia, para o que chegou a constituir un grupo terrorista, o FP-25 que entre 1980 e 1987 matou a 18 persoas.
Otelo evolucionou do salazarismo ao esquerdismo infantil e perigoso. Menos mal que veu Soares -e a influencia USA e Europea- e meteron ao país onde debía estar.
Chega de mitos. Duns e doutros.
As últimas declaracións de Fraga só son as dun vello chocho. Sen maís.

Anónimo dijo...

Vaia, qué cousas máis interesantes escriben vostedes mentras ún se emborracha con bó viño,come bó queixo, bó xamón, caldiño quente e... allos en...conserva?
Primum edere, deinde blogare...XDD

Anónimo dijo...

Por certo, Apicultor. É vostede un pillín, pillín...Saúdos.

Anónimo dijo...

A novidade en Ourense, señor das abellas, será o partidiño da Rosa Díez. Se cadra vai algún amigo seu, alto e bo mozo na lista... pero a preeminencia dos dereitos do individuo sobre os colectivos, aínda que idea liberalmente seductora, non é banderín suficiente para lle pedir o voto a ninguén. Ademais ao saber que vai o Marichalar, navegante y empresario, dá certo noxo. Pero en fin, haberá que sacar ao amigo Fidalgo. Como dicía onte o Pachi: é máis fácil para o PSOE sacar 4 mil votos máis que para o BNG 40 mil. Polo tanto, colla aire, aprete o cu e vaia votar nos socialistas.

Anónimo dijo...

A durmir, oh.
Que se non mañá non renden.

Anónimo dijo...

Dëgg la. ma ngi nelawyi. Ba suba ak jàmm. Suba beneen fan la. Fannaaleen bu baax-a-baxx.

(É verdade. Hasta mañán. Mañán é outro día. Pasen boa noite).

Anónimo dijo...

Pois, jlb, á marxe de experiencias previas e actuacións posteriores, coido que o 25 de Abril lle debe algo a Otelo Saraiva de Carvalho; por ende, a biografía política de Mário Soares tamén.

Con todo, ese non é o caso. Fixen unha pregunta, obtiven unha resposta e afástome; por estética.

Eleccións: o "é máis posible que" de Pachi equivale a certo "lo que se discute aquí" de Blanco. Eu tamén pensaba así (sen votalos, iso si) hai quince anos; desde aquela, foron posibles tantas cousas que penso doutra maneira, en termos perfectamente posibilistas. Pero non verei de convencelo, Apicultor, nin retoricamente; máis adiante igual falamos, se te(ñe)n interese e non é pantomima (sen segundas, e con todo o respecto).

Anónimo dijo...

Suwen Extrujem Bajemm. Como dí XDC

Anónimo dijo...

Cando a acción política qedou subsumida na mercadotecnia, producíuse un cambio fundamental nas formas de persuasión politicas.:
As mensaxes deixáronse de dirixir as mentes dos cidadáns, para orientarse, como na publicística a súa emocionalidade.

Dirixirse a mente implicaba
1)unha descripción da realidade económica, social, politica e cultural
2)Unha evaluación de situación, contrastada cuns valores xustificados
3)Finalmente obrigaba a elavoración dunha extratexia para a superación dos males detectados e activar os medios necesarios que permitisen albiscar un futuro mellor

A elevoración e recepción desas mensaxes non é doada, hai ideas, elementos absractos, pensamento, e unha grande parte da poboación non estaría e situación de discernir as mensaxes, nin moitos menos advertir as diferencias entre diferentes propostas. Habería que incluir como unha tarefa importante da politica, a continua formación politica dos cidadáns, liberandolle tempo e medios para este fin

Demasiados problemas!

Coa incorparación das tecnicas de mercadotecnia das sociedades de consumo de masas solvéntase este problema. Ponse no mercado electoral un producto que compense a desiquilibrada emocionalidade dos votantes , movilizandoos para que acudan a votar.
Así é como os politicos deixaron de apelar as ideas, as abstraccións, ao pensamento, para persuadir aos seus potenciais votantes e puxeronse a ensinar a fritir ovos, a facer exconxuros en Palomares, ou a pedir gotas de patriotismo españolista.Así é como se adequiren as novas fidelidades electoriasi, tan razonabeis, saibas e concretas. Así o importante non é votar unha proposta autoritaria, represiva da liberdade, votar a unha españa negra, ou votar por un estado republicano, multinacional afirmado seriamente nos valores liberais, non, o importante, é a opción concreta, renegar de abstraccións entregarse electoralmente ao home que ensinou a fritir un ovo.. Curiosamente estas formas paternalistas da politica, que consideran aos cidadáns pouco menos que subnormais, veñen presentándose como o culmen dos nosos tempos, o cúmio da postmodernidade.

O peor, é que na maioría das democraciás occidentais, pasaron por procesos de modernización, e as ultimas artes das sociedades de masas, chegan en boa parte dixeridas, non é o noso caso. En Galiza a modernidade apenas se albiscou e convive unha mentalidade premoderna como a do “paisaniño” con actitudes de indolencia esceticismo- autista-bromista- posmoderno. Un Sandwich, nada saludabel para o noso pais.

Xaime dijo...

Estimada Anónima nacionalista, a realidade non lle é tan retorcida como qué eu voto a quen me peta, pero xa sabe que hai xente para todo.
De todos elle moi posmoderno o que pasa a escasas 500 millas o leste, no que lle poden pegar un tiro a calquera que exprese a súa opinión libremente.

Anónimo dijo...

"Cada quen vota o que lle peta", non hai mais ciencia nin filosofía, clausurense univervidades estudos, estudosos e libros, votense a fogueira, total para o que sirben ante está fulxente sentencia.

Non entendo a que ser refire ao relaciónar liberdade de exprexión, posmodernidade e as 5OO millas. Que ten que ver o que sucede en Euzkadi, coa postmodernidade e co dicía eu no post anterior. Ou é que teño que entener que vostede demoniza a todo nacionalismo?

Xaime dijo...

Como é intelixente polo que observo, terá que concluír conmigo que non todos os nacionalismos son iguais, son parecidos.
E tamén deducir que a sociedade basca, con unha renta per capita, case dez puntos por riba da media da U.E., sen paro contable,ca media de titulados universitarios máis outa de España, cos millores salarios do país, onde xa andan polo terceiro idioma no BAC é unha sociedade posmoderna.
Pois moitos dos bascos e bascas cambiarían algo desto por vivir en liberdade, que non-a teñen e non tela significa non poder facer coma mín, votarlle a quén me peta.
Teña boa noite, e non se enfade muller que xa sabe como son as cousas.

Anónimo dijo...

Pois eu non teño nin p*** idea de a quén vou votar. Se vivira en Lugo, votaría polo Xaime, se se presentase. Véndome miserablemente por unha botella de viño francés. Patético.

Anónimo dijo...

Sota, Cabalo ou Rei.

Anónimo dijo...

Tanta Universidade para botar un rollete libresco, petulante e obvio, con ínfulas de perdonavidas e cheo de faltas de ortografía. E, ao final, para non enteder nada da vida... Ti si que es posmoderna, carallo. Polo menos da Hunibersidade Posmoderna.

Anónimo dijo...

Vale Leituga, pero non tocaches nin un dos meus argumentos.
Eu en cambio entrei no celme dos teus.
A diferencia si qe é obvia.
E por suposto que son postmoderna, e moderna, e premoderna,pero sempre coa miña modesta capacidade racional mediando.
Non se preocupe polas miñas faltas de ortograría, teño a man xa varios manuais de corrección para ilos usando, se así me perdona a vida.

E comprenda que teño que defender o pais, xa verán cando Francisco Rodriguez, remate de aterrar no pais e me nomee ao frente dun cargo na sombra: Imaxe e propaganda. Van vostedes intelectualillos a alucinar!

Xaime o que está a sueceder en Euzkadi, requeriría un tratamento distanciado, anlítico e con graves doses de imparcialidade. Xustamente o contrario do que se está a dar.

Anónimo dijo...

A Anónima quedou danada despois da andanada do Leituga. Nótase.

Anónimo dijo...

Pois claro, unha está centrada no tema e de supeto danche caña porque es negra, muller ou tes faltaS de ortografía.

Directamente amin iso non me dana, porqe reflexa a incapacidade de respostar con argumentos consistentes como os qe eu utilicei, pero sei que fan mella en outras persoas e eso si que me dana.

É unha pena porque en vez de elevar o nível do debate, tira de ridiculas bromas e tópicos, nnha situación que non era eso o que precisaba. Imaxinense a un bromista facendo o ridiculo ante unha verdadeira traxedia.

Pero en fin, bós entendedores hai por todas partes, e hai tanto por facer?

Anónimo dijo...

Máis que chamarse "Anonima" Nacionalista, debería chamarse "Anomia" Nacionalista. Non cre?

Anónimo dijo...

E porque non "Momia Nacionalista". Ainda que como momia e todo, paréceme que lles vai a tirar do intelecto aos antinacionalistas que pululan por aquí.

Anónimo dijo...

Estimada nónima Nacionalista:

Non se cabree, muller, aprenda a encaixar. Este é un blog de xente maiormente madura, rabuda e experimentada, gustosa por veces de meterlle o dente a algo novo e morder fondo; meterlle o dente, quero dicir, a discursos non necesariamente a xente nova: rabudos si, non vellos verdes de momento, quero supor.

Pídolle que persista; vaia aprendendo das fintas dialécticas aínda que lle parezan pura retórica; vaia practicando a paciencia, ben sabe que tipo de virtude dicían que era. A min gustaríame seguila lendo.

Iso si, se non é moito transtorno escriba máis a modo (mira quen foi falar, pero en fin): a ortografía, ergo intelixibilidade, sen dúbida mellorará.

Asina un Nónimo Nacionalista (Nomio tamén, espero).

Anónimo dijo...

É indignante como están a tratar a Anónima Nacionalista. Primeiro Leituga, fai unhas afirmacións que é incapaz de manter dialecticamente, síntese e impotente e sae como unha besta emprendendoa coa ortografía, a formación da mentada, ou aspectos completamente demagóxicos como que non sabe da vida.

A continuación veñen os insultos do Apicultor e de Jimy de Rairo, e X.M. Gonzalez consolando...de que? se dialecticamente os únicos argumentos foron os dela, os eruptos de Leituga e todolos flatos do resto.

Solidarízome con esta loitadora que non se arruga ante esta lea de antinacionalistas viscerais, nacionalistas renegados e
adoradores do poder.

NOn estas soa
non estamos soas.

Anónimo dijo...

Ben, sen saber onde debo colocarme (hai tres opcións, e ben me gustaba concretar), digamos que eu non consolo. Pero vaia, a Anónima dirá se se sente consolada ou, máis ben, interpelada.

Se quere ela. Oki, acougue algo.

Marcos Valcárcel López dijo...

"Antinacionalistas viscerais, nacionalistas renegados e
adoradores do poder".
Vaia definición, Oki !! De verdade cre que nos coñece vostede ben?

Anónimo dijo...

Haxa paz, señoras e señores!

Póñolles para todos e todas esta fermosa e sinxela canción que andei a escoitar e a transcribir por motivos paterno-filiais:

O Progreso

Xaime dijo...

Sras. ou srtas. anónimas nacionalistas: Xa saben e se nón, dígollelo que eu estou da súa parte. O resto, Marcos, Apicultor, Arume, Saavedra, Leituga I, Xohan da Coba e compañía, sonlles todos unhos antinacionalistas viscerais, nacionalistas renegados e
adoradores do poder. Ata aí íamos chegar.
Por certo cando Paco Rodríguez chegue e plante os seus reales, fálenlle de mín, sonlles instruído, non demasiado agraciado, bó conversador, bó comedor e millor bebedor, e se teñen algunha dúbida de que sempre obedezo, pregúntenllo a miña muller.

Anónimo dijo...

Pandilla de señoritos ourensáns con ínfulas de intelectuais a la page en nómina que se poñen nervosos cando unha Anónima lles leva a contraria...é ó novo señoritismo progre do século XXI...e despois falan de Risco...!

Anónimo dijo...

A min isto das faltas de ortografía lémbrame o escrito dun nacionalista español( falo de memoria pero penso que era Dámaso Alonso) quen comentaba sobre os intelectais galegos que se atrevían a escribir ensaio filosófico na nosa lingua e non en castelán e comentaba as posibles faltas na alma deste ousado ensaísta. Facer fincapé nas faltas de ortografía e non nos argumentos paréceme unha mala defensa, desviando a atención sobre o que non é relevante porque non hai argumentos, pero os/as que lemos o blog de Marcos non somos tan fáciles de distraer. Anónima nacionalista pode ter faltas de ortografía na escrita, tamén Xoán da Coba e algún máis pero non as teñen na alma. Hai que discutir con argumentos, e sempre será mellor a racionalidade que a irracionalide.

Anónimo dijo...

Pois coido que non era o fiero Dámaso.

Anónimo dijo...

É Dámaso frenético.

Que mal se me dá iso da intertextualidade!

Anónimo dijo...

Velaí lles vai o poema. De Hijos de la ira, naturalmente.


MONSTRUOS

Todos los días rezo esta oración
al levantarme:

Oh Dios,
no me atormentes más.
Dime qué significan
estos espantos que me rodean.
Cercado estoy de monstruos
que mudamente me preguntan
igual, igual que yo les interrogo a ellos.
Que tal vez te preguntan,
lo mismo que yo en vano perturbo
l silencio de tu invariable noche
con mi desgarradora interrogación.
Bajo la penumbra de las estrellas
y bajo la terrible tiniebla de la luz solar,
me acechan ojos enemigos,
formas grotescas me vigilan,
colores hirientes lazos me están tendiendo:
¡son monstruos,
estoy cercado de monstruos!
No me devoran.
Devoran mi reposo anhelado,
me hacen ser una angustia que se desarrolla a sí misma,
me hacen hombre,
monstruo entre monstruos.

No, ninguno tan horrible
como este Dámaso frenético,
como este amarillo ciempiés que hacia ti clama con todos sus tentáculos enloquecidos,
como esta bestia inmediata
transfundida en una angustia fluyente,
no, ninguno tan monstruoso
como esta alimaña que brama hacia ti,
como esta desgarrada incógnita
que ahora te increpa con gemidos articulados,
que ahora te dice:
«Oh Dios,
no me atormentes más,
dime qué significan
estos monstruos que me rodean
y este espanto íntimo que hacia ti gime en la noche”.

Anónimo dijo...

Viva o debate e morran as descalificacións! Que frorezan as frores da controversia, con b ou con v!

Anónimo dijo...

Pois eu téñolle unha tendencia clara a denomizar a idea do nacionalimo. Abertamente e sen compelxos. Hai nacionalistas de varias castes, claro. A maioría, seguramente, benintencionados... Pero, o problema é que todas son malas ou acaban sendo malas. Esa cousa do Samir Amin do nacionalista revolucionario fronte ao nacionalista opresor, etc. son caralladas. El tamaño no importa. Ao final, o mamífero territorial que mexa nos cantos das pardes e que levamos todos dentro, acaba por botarlle a culpa de todo ao portugués do carallo, ó mouro de merda ou o madrileño estepario, sempre con moita máis facilidade que mirarse no espello e ver as propias limitacions. O hutu colle o machete e mata o tutsi, o Sadam bombardea ao kurdo, o señorito vasco cre que arregla o mundo derrubando un edifico cuns pobres sudacas dentro, ou o madriles conta chistes de cataláns.
O señorito burgués do maio do 68 tiráballe pedras ao fillo do campesino arruinado que se metía policía... ¿U-lo pobo?
No imperio austro-hungaro convivían varias nacións e axeitábanse máis ou menos todos ben.En Rusia, moitos alemáns do Volga chegaron a altos cargos no imperio. O Imperio Otomano era plural e cagárona cando inventaron a nación Turca e eliminaron a Armenios, Kurdos e... gregos, que aínda fixeron un progrom en Estambul en 1955. A China dos imperadores non tiña poblemas cos curas medievais do Tibet... Ata a 1º guerra mundial, sen maior problema.
Despois co auxe do estado nacional, e da primeira GM todo qeudou escarallado. O mundo de Centro europa vivía entrefrebado de veciños xudeus, polacos, checos, húngaros, alemáns, todos revoltos e en paz... Pero.. empezaron mal. Logo na segunda GM, peor.Agora a limpeza étnica -sempre conta o individuo- moveu millóns de seres humanos duns sitios para outros. Agora esta terra, non se chama sábrego ou lameiro, chámase Polonia e ti, alemán fillo dunha puta, marcha para alemaña... Pero eu son de aquí, coma ti, como o xudeo... ¿Que nos pasa?
Ollo que os maís coherentes nesto da nación -só nacer con cousas comúns- son os que non se sinten existentes senón como parte dun todo... Por iso, non lles molesta morrer polo ben do resto... Como cortar unha uña. Síntense as uñas que crava a nación no agresor e queda nel doendo. Chámanse suicidas, covardes etarras cantaríns, m-l tigres tamís, donos da heroína da India ou narcosecuestradores de nenos ou FARC. A idea da preeminencia do grupo sobre o individuo, sobre todo nestes tempos, é mala e corrompe a esencia da liberdade. Que só existe en tanto que persoas.
Que eu saiba e botando contas, o nacionalismo nunca arreglou nada. Porque é como o alcoholismo. Os españois nacionalistas sempre queren unha España máis Grande, Grandísima... máis unida unidísima... Ou outros queren unha Galicia máis libre, libérrima e máis independente... Que lle fagamos un foxo e o enchamos de crocodilos... Nin uns nin outros coñecen "teitos" de desexos. Precísase máis dose.ç
Falemos da xente, non das entelequias, das persoas, dos obxectos xurídicos de dereito. A alma do país... Os sentimentos colectivos... Vivamos como galegos... Votemos como galegos... Paparruchas. Teño dereito a escoller a noiva e a identidade.

Anónimo dijo...

De calquera maneira, non me digan que queda mal unha pinguiña de erudición. Heino dicir máis veces, aínda que que sexa posfazado por diletante (alén da parte que me toque da diatriba tripartita). E como, ademais, esta casualmente sabíaa, direilles que o españolista aludido foi Juan Aparicio, referíndose aos que poñían idea en verbo galego, aló polos 50 ou 60: "faltas de ortografía en la pluma y en el alma".

Hijos de la ira, extraordinario; grazas, Apicultor. Dámaso Alonso, por certo, prologou Barco sin luces, de Pimentel, estaba relacionado coa ría de Ribadeo (Castropol?) e interesouse nalgún momento por tema lingüístico galego.

Anónimo dijo...

Primeira vez que leo que nos imperios centrais e orientais se convivía sen problemas; entendo implícito que o hexemonismo, en si, nin é nin xera problema.

O do nacionalismo igual a alcoholismo si que é ocorrente; que non solucionou ningún problema, drástico.

O problema vai ser definir problema. Pero tanto ten, o tempo apura.

Anónimo dijo...

¿Aceptar que a cultura xermana era máis importante no mundo que a maxiar; ou que Turca estaba máis estendida que a kurda; ou que, efectivamente, os alemáns do Volga vivían en depedencia dos Rusos, ou incluso que Marilín Monroe é maís guapa ca min ou que Etó xoga ao fubol mellor ca vostede, é un problema especial a parte de para quen defenda un igualitarismo radical?
As nacións, como calquera outra construción intelectual, inaprensible, opinable, soñable... pode ser marabillosa ou diabólica.
Mesmo pode facer entolecer aos individuos polo amor e o desexo.

Anónimo dijo...

Eu non fixen nada. Que me rexistren. E teño coartada: non son de Ourense.

Anónimo dijo...

Pois debe ser o único.

Anónimo dijo...

Non imos ter moito futuro no diálogo, vde. e mais eu: encóntroo demasiado perentorio e taxativo; alén de apremiante e fragmentario.

Direille, logo, que hexemonía e subordinación (como conceptos asociados) poden cambiar de suxeito e obxecto; na mudanza de tales eventualidades adoita xogar a vontade do mencionado e respectivo suxeito, individual ou -desculpe- colectivo. Que, aparentemente, non tiñan complexo os nacionalistas búlgaros baixo dominio turco; e, xaora, eu mesmo carezo del.

Direille, tamén, que ou me trata con outra consideración ou vai quedar só co micrófono, o palco e quen teña por ben escoitalo.

Anónimo dijo...

Para o estimado sr./sra./srta./srto./ Un da contra.
Os seus argumentos son irrefutábeis, e mostra un dominio absoluto da ciencia histórica, mais só un pequeno apuntamento.
Eu, fóra de que intelectualmente non estea á súa altura, tamén podo expresarme, pois non??

Eu xa deixei de ser nacionalista hai tempo. É dicir, que me nego a ser catalagado como nacionalista galego por parte dun {nacionalista} español. Por que???
Porque son "nacionalmente" galego, son "nacional" de Galiza, que é a miña nación, a miña patria, o meu país, e espero que algún día sexa o meu estado. O termo nacionalista foi creado desde o centralismo xacobinista francés, cando se decataron aterrorizados de que as pequenas comunidades, territorios e nacións xermanas querían tornarse unha soa nación.

E considero acertado o nome do partido dos nacionais bretóns.
Partido NACIONAL da Bretaña.

E supoño que terei todo o dereito do mundo a autoconsiderarme nacional de Galiza e recusar absolutamente argumentos mesetarios 'etic e 'centrífugos que me alcuman pexorativamente de separatista e nacionalista (é dicir, terrorista, segundo o seu esquema psíquico)-

Sen acritude, sr. Un da Contra.
Cos meus cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Un urra por Julio Medela.

Anónimo dijo...

NO día de hoxe, reunidos e constituído este poder transitorio ante a persistente situación de vacio de poder. Declaramos:

1 Que queda abolida a Monarquía de Leituga One

2 Que queda proclamada a República.

VIVA A REPUBLICA

Anónimo dijo...

Vaia merda de república: non sabe nin puntuar nin poñer baleiro. Aprenda, señora, e non faga o ridi.

Anónimo dijo...

O señor anónimo desculpará, mais a expresión "Vaia merda", non é galega. É un calco do castelán. A expresión nosa sería "Que merda".
Dígollo, porque parece que está moi preocupado coa ortografía da señora que argüidamente deu Vivas á República.
E grallas ortográficas témolas todos. Eu sonlle campión niso.
E lembre, señor anónimo: "Vaia" non serve, en galego, para enfatizar nada.
Respectuosos cumprimentos.-

Xaime dijo...

D. Júlio, a mín pareceme que o Comunicado Urxente elle de coña, e sospeito quén o fixo.
En todo caso está ben recibir leccións de ortografía e sintaxe que nos veñen ben a todos, a mín o primeiriño que non estudei galego

Anónimo dijo...

Non me importa que me expulsen do trono, que me derroquen e mesmo que me abran proceso e executen.
Iso si, esixo que todos eses expedientes estean exentos de faltas de ortografía, criminal atentado contra o decoro lingüístico e a expresión escrita que só tolero en XDC e en Jimy de Rairo, non tanto por arbitrario favoritismo ou colegueo camándula como porque as súas atractivas personalidades blogueiras son capaces de facerme esquecer a súa incuria ortográfica.

Á anónima nacionalista pídolle desculpas se se sentiu ofendida -que non creo- polo meu desplante. Recoñezo que fun groseiro. Pero lémbrolle que as faltas de ortografía en persoas que pretenden discursear por escrito sobre cultura, ideoloxía, filosofías políticas e cousas polo estilo constitúen indicios graves, e habitualmente fehacientes, de escaso amor pola lectura, trato superficial e descoidado coas palabras e neglixencia estética.

Anónimo dijo...

Vitoria por KO ao segundo asalto.

Un golpe demoledor ao fígado tumbou a contrincante:

"... as faltas de ortografía en persoas que pretenden discursear por escrito sobre cultura, ideoloxía, filosofías políticas e cousas polo estilo constitúen indicios graves, e habitualmente fehacientes, de escaso amor pola lectura, trato superficial e descoidado coas palabras e neglixencia estética".

Anónimo dijo...

Eolo, por si non o saben, é o bufón do Monarca derrocado. Está asustado e cínguese aos mantos do seu señor, na súa crise, o pobre non sabe facer uso da súa liberdade. Unha triste victima do despostismo.
Eolo, redímete, cidadán Eolo, es libre!, e se non o queres ser que te acolla o señor na súa casa como criado, os bufóns están agora mal vistos.

Anónimo dijo...

Que ignorancia!

Todo o mundo sabe que eu, Eolo, son dunha rexa e nobre estirpe de deuses e reis, e fundador de reinos e cidades. Tómeseme como fillo de Helén, como fillo de Poseidón ou como fillo de Hípotes, a miña xinea delóngase no tempo: fun rei de Eólida, ou fundador das illas Eolias, ou, sen máis, o Señor dos Ventos que axudou a Odiseo a chegar a Ítaca.

Amei e fun amado por moitas mulleres, como Enareta, á que lle fixen moitos vástagos, ou como Melapina, a filla do centauro Quirón.

Tómense na xenealoxía que se queira, eu sei ben o que é un servo ou un bufón: téñoos a eito. Mesmo algúns, na súa ignorancia, veñen rederme pleitesía coas súas avesas palabras.

Anónimo dijo...

E que unha persoa que descalifique a outra polas grallas ortográficas, e que tamén cometa, sen se decatar, grallas flagrantes...

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Chegou o listo do "pueblo".

Anónimo dijo...

Ao pobre Eolo, ablandáronselle os miolos, pensa que polo nome...meu deus pobriño.

Anónimo dijo...

Beña, morra o conto. Escrivan como queiran, ke a min tanto me ten, se lles digo a berdade.
O caso é entenderse, disfrutar e non facerlle mal a ninguén.

Anónimo dijo...

E voulle reñer logo eu a vde., Leituga: a próxima vez, poña fidedigno, en vez de fehaciente, non sendo que sexa castelanismo motivado, verbi gratia, en parodia xurídica ou leguleiesca.

Se é o caso desta volta, réñame vde. a min; fágao tamén cando cometa as miñas grallas, que obviamente hainas. Porque leva ben razón: o decoro é o decoro.

Reciban saúdo, que eu volvo ás miñas hortas.

Anónimo dijo...

Eu non volvo a escribir aquí, por se me poñen faltas de ortografía. Créanme. O que digo é fidedigno.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sería fidefacente, como en italiano.

Anónimo dijo...

Tíñalle ganas, eh, Saavedra?

Anónimo dijo...

Para atrevemento o meu.O que non terán rido coas miñas pobrísimas ( a Deus grazas escasas intervencións).Mañá, a primeira hora, hei mercar un diccionario de sinónimos xa que "O fidedigno en vez de fehaciente, posfazado por diletante, e grallas varias" causáronme tal impacto que ainda estou coa boca aberta.Canto me queda por aprender!

Anónimo dijo...

Acepto as disculpas e súmome a petición de concordia entre contertulios tan divertidos.

Anónimo dijo...

Nada, dende hoxe xa non lle rifo máis a ninguén polas faltas de ortografía, que non quero que se acomplexen nin se avinagren nin se apouviguen nin se inhiban.
Nin tampouco utilizarei nunca máis esa arma como golpe (un pouco baixo, é certo) en ningún debate.

Anónimo dijo...

A culpa toda foi de Marcos ao por o careto de Fraga encabezando o fio.
SUBLIMINAL

Anónimo dijo...

Prefiro abeirar o decoro a pasar por estirado.
En fin...

Anónimo dijo...

Pois eu vouvos "pór finos" ós que cometades fallas de ortografía. En total sintonía coa costume deste país, no que os non saben dinlle o que teñen que facer ós que saben.

Anónimo dijo...

E que segundo os manuais de galego administrativo, o sinónimo de 'fehaciente' é 'que fai fe'.

En español, 'fehaciente' e 'fidedigno' non son sinónimos absolutos.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Que fefacente e fidedignamente fan flus.
Non fun taxativo, fun excesivemente "Toxoactivo" que é como rañar cun toxo arnal para aloumiñar. Cómpre descanso.

Anónimo dijo...

A considerar que a sinonimia non existe. Por definición. Pero, xa digo, a considerar. Dar fe e ser digno de fe son cousas distintas, en efecto. Dou fe.

Anónimo dijo...

A que, Apicultor?

En efecto, como di o Medela, en español fidedigno e fehaciente manteñen sinonimia só parcial e contextual. Entendo que a correspondente relación semántica podería dar lugar a habilitar o termo primeiro, no léxico xurídico galego, para cubrir todo o campo semántico. As vantaxes lingüísticas enténdoas claras: evitaríase unha horrible cacofonía (*fefacente), implantación custosa dun novo cultismo (o moito máis aceptable, por coherente, *fidefacente) ou incómoda necesidade de utilizar sempre unha fórmula analítica ("que fai fe"); é posible, xaora, que a necesidade de precisión xurídica e xudicial inviabilice a implementación que propoño como posible.

Digamos, para remate, que o VOLG non rexistra nin *fefacente nin *fidefacente. Que o moi escaso dicionario da RAG inclúe

fidedigno -aadx. Que é digno de fe, que merece creto. As noticias procedían de fontes de información fidedignas. CF. veraz. As súas traduccións son sempre fidedignas.

E que só coñezo unha fonte lexicográfica que para o esp. fehaciente indique o gal. fidedigno: O Diccionario Xerais Castelán-Galego de usos, frases e sinónimos, xaora non normativo, pero si moi operativo e útil; refírome, cando menos, á 1ª edición, do 1990, e de aí a ortografía desactualizada -arestora incorrecta- que presenta a primeira palabra do título, hoxe Dicionario.

Espero non ter sido causa de interrupción abrupta para este debate.

Anónimo dijo...

Pois eu propoño (alerta, pois, o Observatorio de neoloxismos que me consta le este blog) fidefacente. Que o vaian rexistrando e que o leven ao VOLGA para que discurra.

Anónimo dijo...

Iso, que a fehaciencia discorra dignamente polo VOLGA, con toda fidefacenticidade. E nós que o vexamos.

Xaime dijo...

Imos ver, e sin ningún ánimo máis que o ilustrativo, a diferencia xurídica entre fidedigno e fehaciente e que unha ter que ser unha persoa e outra unha cousa ou una acción.
Só pode ser fidedigno unha testemuña, e nunha pode ser fehaciente. Do mesmo modo só pode ser fehaciente un documento ou unha compravenda.
Bos días a todos.

Anónimo dijo...

Loxicamente, non lle discuto nada ao Xaime en termos xurídicos. Ora ben, lingüisticamente un documento tamén pode ser digno de fe ou confianza; máis ben o contido do documento, por estimarse fidedigno quen o dixo: metonimicamente, logo, o documento.

Pero pódese seguir especulando; que sempre é útil, sobre todo se axuda en termos de planificación, segundo di o Arume.

Ora que desculpen os molestos, se os houber.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o anónimo que me botou a culpa: Pois si, toda a culpa foi miña por poñer esa foto de FRAGA nesa portada. Pero quería poñela nalgún sitio e noutros ó mellor non me deixan. Alguén viu esa portada, dun libro que xa saiu hai anos, reproducida nalgún xornal?

Anónimo dijo...

Tamén habería que advertir que o post do amigo Saavedra amosaba a foto de Manuel María e acabou falándose de Naomí Campbell. Toma subliminal.

Marcos Valcárcel López dijo...

DE MANUEL MARIA A NAOMI CAMPBELL, como di Arume. Supoño que iso é o bo dos blogs: son como ríos que non hai quen os conduza, van por onde lles peta e cando rebordan ata cambian o curso. Non hai xeito de endereitar un debate de forma ortodoxa porque cadaquén pode encontrarlles unha relación oculta que nos leva a outro lugar.
Lémbrame unha sección de retratos literarios que fixera hai bastantes anos en EL PAIS o escritor JUAN MARSÉ: buscaba relacións inéditas entre os personaxes e sucedía iso, ó cabo Naomi Campbell tiña algo que ver co Manuel María.

Anónimo dijo...

Para os que sempre falan dos mesetarios: vai esta nota de Manuel Rivas hoxe:
"Contrasta esta actitude co estilo tan sereno e respectuoso do conselleiro de Educación da Junta de Castilla-León, Juan José Mateos, que vén de ratificar o convenio para a incorporación do galego en todo o itinerario escolar na bisbarra do Bierzo. Coido que acae o exemplo, pois forma parte dun goberno autonómico conservador. Escoiteino falar este mércores, co gallo do acto a prol da lingua da asociación Xarmenta, co teatro de Ponferrada ateigado de xente, e o que el fixo foi un discurso da intelixencia e de defensa da diversidade. No Bierzo, que é parte administrativa de Castilla-León, pasouse en seis anos de 25 estudantes de galego a máis de 1.000 na actualidade."

Anónimo dijo...

O galego como idioma de Castela e León. E vai no Estatuto.
Artículo 5. La lengua castellana y el resto del patrimonio
lingüístico de la Comunidad.
1. El castellano forma parte del acervo histórico y
cultural más valioso de la Comunidad, extendido a todo
el territorio nacional y a muchos otros Estados. La
Junta de Castilla y León fomentará el uso correcto del
castellano en los ámbitos educativo, administrativo y
cultural.
Así mismo, promoverá su aprendizaje en el ámbito
internacional especialmente en colaboración con las
Universidades de la Comunidad, para lo cual podrá
adoptar las medidas que considere oportunas.
2. El leonés será objeto de protección específica
por parte de las instituciones por su particular valor dentro
del patrimonio lingüístico de la Comunidad. Su protección,
uso y promoción serán objeto de regulación.
3. Gozará de respeto y protección la lengua gallega
en los lugares en que habitualmente se utilice.

Anónimo dijo...

Estirado e sen coroa.

Anónimo dijo...

A situación legal da lingua galega é incomparablemente mellor na comunidade de Castilla-León ca no Principado de Asturias, onde, por outra banda, ten moitos mñais falantes e en xeral probablemente moita máis vitalidade no uso e transmisión; igual este dato é relevante.

Porén, ata o de agora a administración castelán-leonesa amosouse máis permisiva ca fomentadora. É de agradecer, probablemente, que cargos da devandita administracion autonómica estean en actos das asociacións galegófonas; con todo, Arume: sabe vde., seguro, se o aludido é mesetario ou máis ben, por exemplo, paramés?

Anónimo dijo...

Pois de Burgos mesmo, según se mire pola internete: meseta atenuada en forma de veiga do Arlanza. O que aínda é máis meritorio.

Sobre Asturias, a polémica, como ben sabe o amigo Saavedra doutros foros, élles ben grande. E parece non estar nin comezada. Aínda ven á miña memoria unha reportaxe que puxo Cabrafanada no seu blog onde nun bar (non recordo de que lugar) un home, falando en galego (ou eso me pareceu), despotricaba contra Galicia, o Bloque (co seu correspondiente adxectivo bloqueiros) e todo o que cheirase cara o oeste. Ou as palabras do presidente da Academia da Llingua asturiana o ínclito García Arias repetindo aquel aforismo boskoviano para o caso: la frontera ye la frontera.

Anónimo dijo...

Agradezámoslle logo ao burgalés, aínda non sendo Pero Garcia.

Anónimo dijo...

EL GENERAL PIZARRO Y EL MAQUIS TUROLENSE
Ante el creciente auge de la actividad guerrillera antifranquista en la
provincia de Teruel, el régimen designó el 28 de julio de 1947 al general Manuel
Pizarro Cenjor gobernador civil de la misma. Pizarro llegó a Teruel con el
mandato expreso de Franco de sofocar el movimiento guerrillero, al igual que ya
había hecho antes en las provincias de León y Granada. De este modo, Pizarro
asumió plenos poderes civiles y militares ya que, además de Gobernador Civil y
Jefe Provincial del Movimiento, cargo que ocupó hasta 1954, era también Jefe de
la V Región de la Guardia Civil.
Manuel Pizarro, estrecho colaborador del Franco, razón por la cual se
vanagloriaba de ser de los pocos que podían llamar con familiaridad (y en su
presencia) “Paco” al dictador, tuvo un carácter duro, autoritario e implacable.
Recuerdo que me contaron como, en cierta ocasión, Pizarro ordenó a un
funcionario de un municipio de la sierra de Cucalón que se comiese en su
presencia un ejemplar del Boletín Oficial de la Provincia dado que el
general-gobernador le reprochaba haber incumplido una de sus disposiciones en
él publicadas.

Pero mucho mas duro fue Pizarro en la lucha contra el maquis. Unos meses antes
de su nombramiento como Gobernador de Teruel, el régimen había aprobado el
Decreto-Ley de Represión del Bandidaje y del Terrorismo (18-IV-1947).
Recordemos también que una Circular de la Dirección General de Seguridad
(11-III-1947) prohibía expresamente utilizar el término de “guerrilla” o
“guerrillero”, ordenando que se emplease el de “bandolerismo” o “bandolero”.
Estas circunstancias van a ser utilizadas por Pizarro para, investido de plenos
poderes, y tras militarizar todo el territorio provincial considerándolo “zona
de guerra”, iniciar lo que Mercedes Yusta define como “una guerra personal
contra el maquis”, a los que el general llamaba despectivamente “forajidos”.

Pizarro que, en su “cruzada” particular contó con el apoyo de numerosos
contingentes de la Guardia Civil, y, también de la Policía Armada, voluntarios
de Falange y somatenistas, intentó controlar los refugios naturales de la
guerrilla, esto es, las serranías. Para ello, ordenó el desalojo de todas las
masías para así cortar el apoyo y los suministros al maquis, utilizó nuevas
tácticas de contraguerrilla (guardias disfrazados de maquis que roban y
torturan indiscriminadamente) y de “tierra quemada” (quema de cosechas) para
así minar los apoyos civiles al maquis. Igualmente, bajo su mandato se vivió
una situación de auténtico terror entre la población sospechosa de simpatizar
con la guerrilla utilizando métodos de enorme dureza: las palizas, los
fusilamientos simulados para lograr confesiones, el envenenamiento de víveres o
la implacable aplicación de represalias y de la fatídica “ley de fugas”, fueron
frecuentes. Además, como testigos mudos de tanto sufrimiento, ahí quedaron
nuevas fosas comunes, como las existentes en Alcalá de la Selva, Mora, Monroyo,
Civán y otros lugares de triste recuerdo.

La ofensiva de Pizarro se inició el 9 de agosto de 1947 con el ataque, mediante
un bombardeo con morteros y el posterior incendio del pinar en que se
refugiaban, del campamento guerrillero de La Cerollera, en el que tenía su base
de operaciones el Sector 17 del AGLA al mando de Angel Fuertes (“Antonio”). Unos
meses más tarde, el 18 de diciembre, la Guardia Civil asaltó el campamento del
maquis en Monte Camarracho, cercano a Cabra de Mora y, dos días después, el
objetivo fue el campamento-escuela del Sector 11 del AGLA de monte Rodeno,
situado en el término de Valdecuenca.

Aunque en 1948 tuvo lugar la llamada “ofensiva de primavera” del AGLA, ésta se
hallaba muy debilitada por la acción represiva de Pizarro. No obstante, el
maquis mantuvo una cierta actividad hasta finales de 1949, fecha en la cual
murió cerca de Alcañiz Pelegrín Pérez (“Ricardo”), máximo responsable del AGLA,
y el 7 de noviembre era asaltado el importante campamento de Santa Cruz de Moya,
localidad conquense convertida en la actualidad en un auténtico memorial de la
lucha guerrillera antifranquista.

Nuestra provincia de Teruel, que tanto sufrió durante la guerra civil, así como
con la represión de posguerra y el período del maquis, donde la huella del
general-gobernador Pizarro quedó marcada a sangre y fuego, tiene todavía una
deuda pendiente con todos aquellos tenaces combatientes antifranquistas, con
aquellos guerrilleros, unos conocidos, otros anónimos, con todos los enlaces
civiles que, en circunstancias bien difíciles apoyaron su lucha por intentar
abrir nuevos horizontes de libertad y de progreso social para España. En este
sentido, además de iniciativas personales, familiares y asociativas, resulta
importante destacar el marco legal que, pese a sus limitaciones en otros
aspectos, abre la nueva Ley de la Memoria Histórica. También es justo destacar
algunas iniciativas de instituciones municipales, comarcales o autonómicas para
recuperar con dignidad esta página de nuestra historia turolense. En este
sentido, diversas actuaciones del Programa “Amarga Memoria” del Gobierno de
Aragón han asumido este deber cívico y moral y han abierto horizontes nuevos
en lo referente al compromiso institucional con este amargo capítulo de nuestra
historia colectiva que durante tanto tiempo pretendió ocultarnos (o tergiversar)
la derecha sociológica y política.


José Ramón Villanueva Herrero

(Diario de Teruel, 11 enero 2008)

Anónimo dijo...

100 é demasiado decimal. Poñamos un primo.

Anónimo dijo...

O 89 e o 107, os máis próximos.