29 feb. 2008


Ciumes (Brincadeira. Vía Lula Fortune)

Seica houbo ciumes no equipo contrario. O seu departamento de Promoción quere poñer as cousas en claro: velaí os teñen.

58 comentarios:

Leituga 1 dijo...

Identifico a Pepiño Blanco, a ZP e a Rubalcaba. Pero aos outros dous non. ¿Quen son?

Anónimo dijo...

solbes

Etxe dijo...

E Bono.
Clica na foto, que amplía

Anónimo dijo...

Tirado de LVG:

El BNG es la única fuerza nacionalista que sube y resiste la polarización del voto. (...)

La tensión electoral entre el PP y el PSOE, los propios debates electorales, así como la movilización electoral hacia un voto útil para evitar o promover un cambio político a nivel estatal tiene un efecto negativo sobre los partidos minoritarios, especialmente las fuerzas nacionalistas. La encuesta de Sondaxe refleja la bajada de todo el arco parlamentario con ideario identitario, a excepción del Bloque Nacionalista Galego, que es el único que sube y logra resistir la polarización de voto que se prevé el 9-M. (...)

El BNG sube en estimación de voto a pesar de que un 14,3% de los electores que votaron a este partido en el 2004 entrarán en la dinámica del voto útil y pasarán a reforzar el resultado electoral del PSOE. Dentro de la formación que lidera Anxo Quintana hay un importante sector de indecisos (14,3%) y, curiosamente, el Bloque crecerá en exclusiva por abstencionistas del 2004 que esta vez se decantan por el nacionalismo gallego (0,8%). La encuesta de Sondaxe no detecta votos al BNG entre las personas que ejercerán por primera vez su derecho al sufragio.

En todo el Estado, el 19,6% de los nuevos votantes son indecisos y es probable que una parte de ellos terminen votando al BNG.

El partido de Quintana concentra buena parte de sus apoyos en la franja de edad entre los 18 y los 34 años y son más hombres que mujeres los que optan por una fuerza que en las pasadas elecciones generales logró dos escaños.

arume dos piñeiros dijo...

A enquisa da Voz de Galicia ten o seguinte universo:
Non votan nin ausentes nin emigrantes. E fan 1300 entrevistas. Selección proporcional por comunidades autónomas y tamaño de habitat, selección aleatoria de hogares sobre listados telefónicos. Selección de individuos mediante un sistema de cuotas cruzadas de fénero, edad, y ocupación proporcionales al censo de cada comunidad. Eles din que hai un 95,5 % de fiabilidade
Saen 26 persoas por provincia de promedio. En Galicia, con 100 persoas quitan resultados. A ciencia estadística avanza unha barbaridade.

marcel swann dijo...

Con permiso dos contertulios:

Dúas verdades incómodas das que ninguén fala nestas elecións, e menos certa esquerda acomplexada.

1.-"España lidera el consumo de hachís, cocaína y drogas de diseño en la UE. Un informe del Departamento de Estado norteamericano revela que uno de cada cinco europeos que toman cocaína de forma regular son españoles."

2.- Desde a aprobación da lei (coladero) do aborto de 1985, deixaron de nacer en España 1 millón de nenos. No ano 2006 superouse a cifra de 100,000 abortos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Marcel: Os seus dados son incuestionábeis.

Agora ben: Pensa vostede que o Departamento de Estado dos USA e a DEA ten boa disposición propagandística cara ao Reino de España e sobre todo, de Zapatero???
A loxística das ideas é a que gaña as guerras. Contra Francia, Inglaterra e Alemaña nada han de dicir, perda coidado.

Estou de acordo con vostede no tema do aborto. Algunha cousa non bate no certo cando hai tanto aborto e tantos pais (lexión) que van ao estranxeiro para adoptaren nenos.

E tamén non estou de acordo coa política que seguiron contra un matrimonio de Lobeira que abortou, foron denunciados e case lles aplican o garrote vil (na decada de60).

E non estou nada, pero nada de acordo co tándem Rouco & Cañizares polo seu histerismo manierista en contra do aborto, lei da que abusou en grao sumo a pseudo dereita {lati-minifundiaria} españolista e antiliberal.

Saúdos, cabaleiro Swann.-

apicultor dijo...

Esas dúas "verdades incómodas" son perigosas e máis que discutibles.

A respecto do informe do Dpto. de Estado norteamericano, eu dubidaría en principio do seu contido, na liña apuntada por Medela.

Verbo do segundo non vexo ningún problema: a "necesidade" de invertir a tendencia ao envellecemento da poboación non debería facerse a costa de impedir un lexítimo dereito das mulleres. Non entendo a expresión de "coladero": as mulleres que abortan non o fan por vicio ou perversidade, senón por pura necesidade.

marcel swann dijo...

A planificación familiar (uso de preservativos, púlula, etc) paréceme un dereito. O que non me parece un dereito é o aborto que, por certo, deciden practicar moitas mulleres (parellas) non sempre por pura necesidade.

Que haxa cada ano 100.000 abortos en Hespaña debía facer reflexionar a alguén: mesmo aos que están a favor da "interrupción do embarazo".

apicultor dijo...

Lamentablemente teño que dicir que amosa vostede unha chea de prexuízos que coinciden plenamente coas posturas reaccionarias, dereitistas, sexistas e vaticanistas, ao negar sen máis o dereito ao aborto ás mulleres e ao afirmar que estas non sempre o fan por pura necesidade.

Estaría ben que explicara en que se basea para afirmar todo iso con tanta rotundidade, se quixer.

marcel swann dijo...

Lamentablemente opino de xeito distinto de vostede. Son coherente á hora de defender a vida en todos os casos, denuncio unha lei que non se está a cumprir e permítome facer un comentario politicamente incorrecto sobre algunhas actitudes moi propias da sociedade actual, e todo desde unha postura de esquerdas.

apicultor dijo...

Lamentablemente, teño que informarlle que estar en contra da extensión de dereitos non é ser de esquerdas. É ser de dereitas: aquí e en Pernambuco.

marcel swann dijo...

Se alguén en concreto tivese o patrimonio da marca "esquerda", ou houbese un "manual para militantes da esquerda" no que se recollese a súa afirmación, daquela eu non sería desa esquerda.
Pero haille moitas pólas. Máis ben é certa esquerda a que non é coherente.

apicultor dijo...

Home, iso recóllese en multitude de escritos de teoría e filosofía política, non en ningún manual.

Desde logo, unha esquerda que estea en contra do aborto e dos dereitos das mulleres, e a prol de valores conservadores, non a hai en ningún país civilizado. Tamén pode ollar os seus programas para cerciorase disto.

Daquela, se vostede non é de esquerdas, tampouco pasa nada.

Doniña dijo...

Srs : Non lle é cousa de esquerdas nen dereitas, máis ben de sentidiño común. Fundamental o respecto ás liberdades e dereitos das persoas, pero urxe revisar a Lei do aborto. Polo famoso suposto terceiro, ese do perigo físico e psíquico da embarazada, fixeron o agosto, e barbaridades moi bárbaras, nas clínicas ilegais de Cataluña. Da arrepío pensar que se poida abortar a partires da semana vintecatro de xestación.Iso ata pode ter outro nome.
A Lei de prazos, que moito cacaraxeron se ía imprantar, é ben máis máis razoable, e situacións coma as citadas non chegarían a producirse. A partires de aí, que cada quen sexa libre de decidir o que ha facer ou deixar de facer.

Doniña dijo...

Cacarexaron (ando ás presas para variar).

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Srta. Doniña: Foi vostede a Lobeira para visitar a miña avoa??

Saúdos.-

Doniña dijo...

Ainda non puiden Sr.Medela, perda coidado que o terei ó tanto do que pase. De momento, en previsión de que teña que facerlle o mandado dos papeis, xa averiguei por onde cae tráfico, en Ourense ( non coñezo demasiado por alá ). Ó saber que está por riba da tenda dun modisto de sona, agudizou axiña o meu sentido da orientación. Vostede xa sabe, a mandar.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Querida Doniña: Que alegría volver saber de vostede!

Xa estou a vela, entrando no bar de Lobeira, glamurosa, mais non "chica cosmopolitan"; distante, mais non fría; elegante, mais non estridente, bonita, máis non "barbie style"; cun bo coche, mais de cor discreta; estouna a ver a preguntar onde é a casa de Concha Medela.

"Allí, señora, no la ve, le es la primera casa a la derecha, al pie de la capilla, si, allí, espere, voy cuanda usted... Y luego usted conoce al Julio?? Igual la abuela le está a dormir la siesta".

Espero que compre vostede a vontade en Adolfo Domínguez. Recoméndolle tamén o outlet da mesma marca en Allariz.

Pída os papeis da transferencia do coche á miña avoa. Ela tenllos preparados nunha carpeta, no chineiro da galería.

En tráfico pregunte pola Marinita (a nora da Blasinda).

É vostede un sol, Doniña.
Beixo a súa man, señorita.

Leituga 1 dijo...

Claro que o terceiro suposto da lei do aborto é un "coladeiro", como di con desfortunada expresión o señor Swann. Un "coladeiro" é un sitio, un atallo polo que a xente se "cola" cando se trata de facer algo que se desexa moito: ver un espectáculo, acceder a algo bo... Creo que non é o caso do aborto, que ninguén practica como deporte nin con lixeireza, pois nunca deixa de ser unha experiencia traumática.

Pero se é un "coladeiro" é porque cando se promulgou esta lei saíron á rúa, animados pola Igrexa Católica e por Alianza Popular, miles de cidadáns acusando de asasino ao goberno. Mesmo repertiron polos colexios uns videos macabros e manipulados que aínda circulan hoxe. Talvez con excesiva prudencia, o goberno do PSOE, que tiña maioría absoluta, decidiu "descrispar" a situación moderando a proposta socialista sobre o aborto. Isto é o que provoca que se bote man do terceiro suposto para todos os casos de embarazos non desexados.

Como eu nunca quedei embarazado nin penso quedar de aquí á fin dos meus días, sigo solidarizándome coas mulleres que, desde que eu era noviño, pedían "aborto libre, gratuíto e con cargo á Seguridade Social". Porque as que quedan embarazadas e, polo tanto, as que deciden se queren abortar ou non, son elas e non nós.

Agardo que esta próxima lexislatura sirva para ampliar a lei que regula o aborto, que os médicos sen prexuízos relixiosos poidan practicalo con normalidade na Sanidade Pública e que se acaben os negocietes montados arredor deste asunto.

marcel swann dijo...

Eu o que agardo é máis e mellor educación sexual (se hai 100.000 abortos cada ano é que algo non funciona ben na nosa sociedade) e moitas máis axudas ás nais.

(Por certo, doulles as grazas por non empregar o eufemístico "interrupción do embarazo".

Di vostede, leituga, que é "experiencia traumática". Vaia! Desde cando un dereito "libre e gratuito" é traumático? Iso como hai que interpretalo? En todo caso, polo que se bota de ver, seralles menos traumático que traer o neno ou nena ao mundo, non?

Por certo, estamos a falar de nenos e nenas que, segundo as súas teorías, non teñen dereitos. Pero claro, como son "non-natos", os pobriños non se poden queixar.

Coherencia, amiguiños, coherencia.

Xoan da Coba dijo...

Marcel Swann, estóu totalmente de acordo con vostede. En cada época histórica,hai tipos de xente aos que se despreza, aos que a lei non considera "suficientemente humáns", e pra os que a sociedade diseña "sistemas de eliminación". Sobran exemplos: extranxeiros loitando nos circos de Roma, mulleres molestas convertidas en bruxas no Medioevo, subnormáis ,unha carga pra os pais, abandoados á súa sorte por estaren "endemoniados", e sempre, sempre,os nenos pequenos, considerados sempre pola lei como non-persoas. A edade á que acadaron a condición humana plena foi baixando có hasta seren os fetos, que son os nenos inocentes que "estorban" aos adultos na sociedade de hoxe.

Xaime dijo...

Todos vostedes teñen parte de razón. Por unha parte é incuestionable o dereito da muller a abortar cando o seu embarazo ou a súa maternidade non é desexada, pero creo que Swann introduce un tema que tamén e para pensar. Como é que unha sociedade que se está envellezendo pola falla de nacimentos, soporta un índice de abortos brutal, sobor de todo cando os embarazos son de mulleres en idade de ser nais e algunhas veces incluso menores de idade. Algo pasa nesta nosa sociedade que funciona mal, que nos atrapa na liviandad, na superficialidade e na falla de principios, que se amosan cando non se toman medidas profilácticas para evitar os embarazos e cando se prescinde da defensa dun ente futuro, non nacido, sin dereito subxetivo algún pero certamente suxeto de dereitos recoñecido no noso ordenamento. O millor non é como Xoan da Coba manifesta que lle tocara nesta era, prescindir dos defensa dos fetos, pero estamos pasando por diante dun problema como si nada, cando provoca eivas importantes na sociedade e nas psiques de moitas mulleres.

Xoan da Coba dijo...

Non estóu falando do que é legal ou non é legal. Tamén eran legales as atrocidades doutras épocas das que falaba.
Non reclamo unha "volta atrás" nos dereitos das mulleres, senón unha "volta adiante" nos deberes do Estado,que debería considerar o dereito (meramente filosófico, non recoñecido pola lei actual) do ser humano concebido a seguir vivindo, e tomar as medidas oportunas . Non debería ser difícil, habendo como hai nenos no terceiro mundo que son concebidos ex-profeso pra vender no primeiro.
En calquer conflicto de dereitos priva o dereito á vida.

Os problemas psicolóxicos das mulleres, gravísimos e vitalicios, derivados do aborto, son consecuencia de que a nosa mente non foi precisamente dideñada polo ordeamento xurídico vixente.

Xoan da Coba dijo...

Posiblemente, as leis abortistas sexan machistas. Os nenos non deliberadamente concebidos,adoitan a seren considerados unha carga polos pais, non polas nais. A éstas, convénceas a posteriori a presión social, de xeito diferente en cada época. Nesta, "masculinizando" a súa psique.

Leituga 1 dijo...

A miña discrepancia con Swann e con XDC é de principio: eles chámanlle "nenos" e "seres humanos" ao que para min non é máis que un óvulo fecundado por un espermatozoide. A miña idea do que é unha "persoa", un "neno", un "ser humano" non chega tan alá. Ou non queda tan acá.

XDC dijo...

Cuestión de definición foi sempre. E todos nós non somos máis que vulgares cachos de carne, si queremos velo así.

Un feto non é consciente de que morre, dicen, e non sufre. Tampouco quen está durmindo e recibe un balazo na cabeza. Si a condición é que non sufra dor, podemos anestesiar aos condenados a morte. Pero os condenados a morte sufren pola consciencia da súa morte!. Podemos eliminarlles logo químicamente esa conciencia.En realidade, é infinitamente máis indigno.Pero podemos liquidar, anestesiados, aos toliños dos psiquiátricos que, en base a deficiencia mentáis, non teñen conciencia da morte.

A fecundación dun óvulo pode verse coma un proceso biolóxico primitivo, sen importancia, ou pode verse como a creación dun ser humano, o momento máxico no que o "todo" se convirte nalgo que non é "a suma das partes".
Pero nos somos homes e discutimos sobre o tema coma mera cuestión intelectual. Nunca entenderemos á muller que sufre en silencio na suposta data de cumpleanos do seu fillo, ou imaxina cómo sería xogando cós seus outros fillos, nados noutras circunstancias. Ou cando o problema coyuntural que lle impidíu parir o fillo perda importanza có paso do tempo e quede só un permanente senso de culpa, que non pode exteriorizar, porque todo o entorno social lle dice que "fixo ben". Só poderá desfogarse con amigas íntimas, frecuentemente con experiencias similares. Nos días duros nos que, como nunca entederemos os homes, lle asalte a idea de que ao fin e ao cabo, a súa "vida social" era menos importante que a Vida do seu fillo.

O machismo doutras épocas consistía en abandoar á muller soa có fillo, prohibíndolle que abortase por motivos relixiosos. O machismo da nosa época consiste en obligala a abortar porque xa non está ben visto abandoala, e o fillo cáusalle un problema ao seu pai, un home.

Este é un caso no que os socialistas, paradóxicamente, adoitan a poñerse en contra do máis débil. Basta imaxinar, sixelamente, que non é persoa en realidade. Disculpa psicolóxica moi frecuente na Historia. Basta convencerse de que os xudios non son xente, e xa está...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, Da Coba.

Xoan da Coba dijo...

Milagro que ninguén argumente o da "forma humana". Deformaciós patolóxicas foron sempre motivo de exclusión social, cando non motivo de condena a morte. Pero a esférica forma primixenia tén ben pouco de patolóxico!.

E non teño nada que ver nin con foros de familia, nin có PP, nin coa Igrexa, nin con epíscopes. Son un "free-lance" que trata de pensar sozinho.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, Da Coba, máis outra vez.

Xaime dijo...

Neste tema, que é de conciencia, cada un debera falar do tema como pensa, sin cortapisas e librarse de apariencias e velos.
Pero reconoñeceran conmigo, e vostede o primeiro Xoan que as posicións son dificilmente abandoadas, por iso é millor dulcifica-las posturas xa que nestes temas pásase a defensa numantina que acaba personalizándose e subxectivizándose todo e por non discutir abandoase o intercambio de pareceres.

Doniña dijo...

Se cadra, o exemplo de S.Ramón "nonato e santo" axúdalle a situar o tema ( é broma, que ben sei que este asunto é esbaradizo e moi polémico.)

Xoan da Coba dijo...

Don Xaime: Este é un dos temas nos que penso moi diferente hoxe de como o facía fai vinte ou vintecinco anos. Eu éralle pro-abortista,etc,etc. E parecíanme reaccionarios os que non o eran. Pero hoxe son "puta arrepentida" nese tema. E non vou especificar qué vivencias concretas e abstractas me fixeron cambiar de opinión.

arume dos piñeiros dijo...

San Ramón Nonato
Religioso, Cardenal. Patrón de las parturientas.
Ramón significa: "protegido por la divinidad" (Ra=divinidad. Mon=protegido)
Fiesta: 31 de agosto

Se carece de documentación fidedigna sobre los detalles de la vida San Ramón. He aquí lo que hemos podido recoger de la narración de Alban Butler y otras fuentes.

San Ramón nació de familia noble en Portell, cerca de Barcelona, España en el año 1200. Recibió el sobrenombre de non natus (no nacido), porque su madre murió en el parto antes de que el niño viese la luz. Con el permiso de su padre, el santo ingresó en la orden de los Mercedarios, que acababa de fundarse. San Pedro Nolasco, el fundador, recibió la profesión de Ramón en Barcelona.

Progresó tan rápidamente en virtud que, dos o tres años después de profesar, sucedió a San Pedro Nolasco en el cargo de "redentor o rescatador de cautivos". Enviado al norte de Africa con una suma considerable de dinero, Ramón rescató en Argel a numerosos esclavos. Cuando se le acabó el dinero, se ofreció como rehén por la libertad de ciertos prisioneros cuya situación era desesperada y cuya fe se hallaba en grave peligro. Pero el sacrificio de San Ramón no hizo más que exasperar a los infieles, quienes le trataron con terrible crueldad. Sin embargo, el magistrado principal, temiendo que si el santo moría no se pudiese obtener la suma estipulada por la libertad de los prisioneros a los que representaba, dio orden de que se le tratase más humanamente. Con ello, el santo pudo salir a la calle, lo que aprovechó para confortar y alentar a los cristianos y hasta llegó a convertir y bautizar a algunos mahometanos. Al saberlo, el gobernador le condenó a morir empalado, pero quienes estaban interesados en cobrar la suma del rescate consiguieron que se le conmutase la pena de muerte por la de flagelación. San Ramón no perdió por ello el valor, sino que prosiguió la tarea de auxiliar a cuantos se hallaban en peligro, sin dejar escapar la menor ocasión de ayudarlos.

San Ramón encaró dos grandes dificultades. No tenía ya un solo centavo para rescatar cautivos y predicar el cristianismo a los musulmanes equivalía a la pena de muerte. Pero nada lo detuvo ante el llamado del Señor. Conciente del martirio inminente, volvió a instruir y exhortar tanto a los cristianos como a los infieles. El gobernador, enfurecido ante tal audacia, ordenó que se azotase al santo en todas las esquinas de la ciudad y que se le perforasen los labios con un hierro candente. Mandó ponerle en la boca un candado, cuya llave guardaba él mismo y sólo la daba al carcelero a la hora de las comidas. En esa angustiosa situación pasó San Ramón ocho meses, hasta que San Pedro Nolasco pudo finalmente enviar algunos miembros de su orden a rescatarle. San Ramón hubiese querido quedarse para asistir a los esclavos en Africa, sin embargo, obedeció la orden de su superior y pidió a Dios que aceptase sus lágrimas, ya que no le había considerado digno de derramar su sangre por las almas de sus prójimos.

A su vuelta a España, en 1239, fue nombrado cardenal por Gregorio IX, pero permaneció tan indiferente a ese honor que no había buscado, que no cambió ni sus vestidos, ni su pobre celda del convento de Barcelona, ni su manera de vivir. El Papa le llamó más tarde a Roma. San Ramón obedeció, pero emprendió el viaje como el religioso más humilde. Dios dispuso que sólo llegase hasta Cardona, a unos diez kilómetros de Barcelona, donde le sorprendió una violenta fiebre que le llevó a la tumba. El santo tenía aproximadamente treinta y seis años cuando murió el 31 de agosto de 1240. Cardona pronto se transformó en meta de peregrinaciones. Fue sepultado en la capilla de San Nicolas de Portell.

El Papa Alejandro VII lo incluyó en el Martirologio Romano en 1657.

San Ramón Nonato es el patrono de las parturientas y las parteras debido a las circunstancias de su nacimiento.

La comisión nombrada por el Papa Benedicto XIV propuso suprimir del calendario general la fiesta de San Ramón por la dificultad de encontrar documentos fidedignos sobre su vida.

Xaime dijo...

Meu Querido Xohan da Coba: Xustamente cando redactei o comentario anterior era por que entendía que hoxe non pensas igual que antes pero moita xente pensa o mismo, ou aparenta pensa-lo mismo, por que é politicamente correcto e mesmo comprometedor.
Eu non cambiei por que nunca o tiven claro, pero sempre me molestou moito que só se observara e defendera a postura dunha parte, e non se tivera en conta o outro.
Vostede non é nesta cuestión unha arrepentida, senón unha que ten moita vida que cambia. Boa noite.

lourixe dijo...

O traumático non é abortar, o traumático é tomar a decisión, a favor ou en contra, con todas as consecuencias. E nunca será suficiente a axuda para afrontar esta situación. A maternidade segue a ser considerada un misterio sagrado e non un acto voluntario.

marccel swann dijo...

Eu neste tema estou con san Ramón Nonato. É máis, se volvera nacer, esixiría que me chamasen Ramón ou Moncho, e non esta piltrafa de nome silvo-pastoril que levo, "Marcel"

Moito mellor o Nonato que o san Antonio de Padua, aínda que din que este último é a-de-vogado das causas perdidas, e que causa máis perdida ca un pode haber?

Leituga 1 dijo...

Polo que dá a entender, amigo XDC, parece que foron as súas experiencias persoais as que determinaron o seu cambio de punto de vista sobre este asunto. Para min iso é moi respetable, case nin hai que dicilo. Pero eu tamén vivín moi de perto situacións dese tipo e creo que non son en absoluto xeralizables os sentimentos que vostede atribúe ás mulleres que pasan pola experiencia do aborto. E, desde logo, tampouco coincido na dicotomía que vostede parece suxerir: home/intelecto - muller/sentimento. E isto non llo digo por suposta "corrección política", da que prescindo habitualmente coa mesma alegría que da heterodoxia forzosa, senón por pura experiencia persoal.
E dada a variedade case infinita das experiencias e dos sentimentos individuais, seguramente a clave dunha discusión racional sobre o aborto estaría no concepto de "persona".

Medela dijo...

Estimado sr. Arume: Leva vostede un marabilloso, sonoro e eufónico nome.
Acho que debía vostede imprimir uns cartóns de visita (se é que non os ten) desta maneira:

Ilmo. Sr. Marcel Swann

Dr. Enxeñeiro en Verbenas Aplicadas.


(Non se me enfade, é unha brincadeira)

Medela dijo...

Desculpen Arume e Swann:
Quixen dicir Estimado sr. Swann, na anteiror mensaxe.

Este meu subconsciente anda como a carabina de Ambrosio.

Xoan da Coba dijo...

Non foron experiencias concretas amigo Leituga1, senón a experiencia xeral da vida no seu conxunto. As experiencias concretas case nunca cambean o xeito abstracto de pensar: pra eso está a doble moral ou a hipocresía, como queira chamarlle.

O concepto de persoa é a "nae do año", claro que sí. Eu penso hoxe que un óvulo fecundado é unha "persoa". Moi pequeniña?, tamen son pequenos os ananos. Que non ten forma humán? O que non ten é a forma adulta. E moitos adultos adultos tampouco teñen a forma "standard".

E ante o dereito a vida dunha persoa (unha vez aceptada como tal) os outros dereitos das outras persoas son secundarios.

Pero só digo o que penso, non é o meu estilo facer proselitismo.

Doniña dijo...

Un óvulo fecundado non merece, para min, consideración de persoa. Si creo que poida chegar a selo porque posúe o material xenético que compre para facelo. Pero tamén é verdade que, do mesmo xeito que se pode convertir en persoa, non son poucas as veces que de forma espontánea e natural non o fai.Como en debates deste tipo é difícil acadar consenso o mellor é que prevalezan os dictames da conciencia de cada quen.Reciba, pois, Sr.da Coba os meus respectos.
D.Marcel, S.Antonio é incomparable, único, e santiño da miña devoción polas innumerables veces que, véndome en apuros, solicitei a súa intercesión e case sempre fun correspondida.Iso si, eu cumpro , pido pero vou coa esmoliña por diante, que se ben din del que é interesado ainda o son máis eu en ter as contas ó día.

medela dijo...

Estimada srta. Doniña: Un favorciño lle pido. Se vai a Lobeira, onda a miña avoa, fálelle o que quixer de San Antoniño, mais do primeiro parágrafo, por favor llo pido...
Saúdos.

XDC dijo...

Se as persoas somos algo, é procesos. Unha persoa nunca está "feita". Se ten xa o material xenético, e o proceso individualizador está en marcha, pra mín xa ten "identidade" , palabra que tanto gusta neste blog. É o único momento con senso profundo de formación da identidade,si é que hai algún. Aspectos de tamaño e forma son "meramente sensoriáis", non intelectuáis. Considerar "persoa" a quen foi xa parido, porque podemos velo,é tamen confundir o sensorial có intelectual. E, se hai que romper cordós umbilicáis pra ser persoas, entón non o somos ninguén.
Por outro lado, é moi doado razoar do lado do gañador. Pero é razoamento viciado.
A noción de "persoa" cambia dunha xente a outra. Pra algúns, queñes matan a outros non son "persoas", e por eso poden ser tranquilamente condeadas a morte.

Doniña dijo...

Sr.da Coba, reciba de novo os meus respectos, máis coido que o seu último parágrafo non se axusta moito o que falamos.

Sr.Medela, perda coidado, vostede pensa que, figurando xa, en letras góticas, na primeira páxina da miña axenda a máxima da avoa Concha: " A xente quere xente" e compartindo afección por S.Antonio non nos imos entender? Claro que si!. O malo é que non dou atopado momento para ir alá.

XDC dijo...

Claro que é outro tema, Doniña. Pero é ben canso discutir cun ianqui que cho argumenta convencido, porque é o razoamento "políticamente correcto" , socialmente abafante,no seu estado de orixe.

Meus respectos tamén para vostede, que xa deben supoñerse, como o valor militar. E non esqueza que temos que botar un baile nalgunha verbena, chegado o vrao. Ou subir ás voladoras. Ou ás "cadeas" do tiovivo, pra que nos den voltas. E non vale agarrarse á do outro.

medela dijo...

Quero subir ás voladoras Chabaud co Da Coba.

E botar un bailable coa Doniña.

Doniña dijo...

Iso está feito. Ademais entre peza e peza heino invitar a uns barquillos.Moito me gustaba, cando era nena, ver como xiraba a ruleta. O Sr.Medela pode informarnos se andan barquilleiros pola romaría do Viso, sendo así podemos quedar alá.

medela dijo...

Grazas, señorita.
Sería moi honorábel poder celebrar a xuntanza cibernético-solaina no Viso. Pode estar segura de que é un monumento á romaxe tal e como aquí se están a describir.
Sabe? É o mito de Ulises adaptado ás nosas necesidades. Haille cíclopes, circes, homes tornados porcos, regresos, chegadas, saídas, persoas perdidas. E o bo do tema é que está comprimido todo nun día.
Haille, Doniña, barquillos, ruleta, voladoras (as xenuínas), cochitos eléctricos, tiro, auto- bares, venta de rosquillas e xoguetes para os nenos, tómbola, pulpo á feira, carne á grella e ao caldeiro, orquestra, nenos que se chaman Joshua do Monte e Indiana Jones do Forno, paisanos tal e como os describe Swann, poeira, aparcamento difícil, heavys, pijos, aldeáticos, ieiés, mulleres de dubidosa reputación, beatas de peor reputación aínda, coxos, rapazas que parecen saídas dun cadro de Botticelli,cegos, mancos, paralíticos, sidáticos, ionquis, borrachos, consumidores habituais de cigarros modernos, misa, procesión, outra misa, outra procesión técnica de grao medio, retornados de Suíza, Alemaña, Andorra, Barcelona, Brasil, Caracas, Eibar, Karakalpakstan, concurso de tiro ao prato, concurso de baile, pelexas, insultos, liortas, beixos, procreación entre fentos, anticonceptivos eficaces e máis outros que non o son tanto, antigas mozas, antigos mozos, ollares de esguello, ritmo sabrosón, la zarzamora, AC-DC, empanada de zamburiñas e de carne, cabrito, año, costeletón, ensaladilla, tortilla de pataca, purrela en botella de gaseosa la Pitusa, la Sandianesa, Troitiña, Troncoso, Carbónicas Rodríguez, gasosas Vispo, angustia, trastorno bipolar, tensión descompensada, kas de limón, cubatas de Veterano, de Beefeater, de Larios, mesmo de Bombay, botellíns (media non hai), pasotas, ex-desertores da lexión francesa e española, ex-proxenetas que tiran do carro da virxe na procesión, ex-madames que levan o pendón de Hijas de María, audis, mercedes, ibizas, land rover, furgonas de toda a pelaxe, motos norton e triumph e mesmo derbis obreiras cun sacho atravesado...

Ah, e un português.

Doniña dijo...

Decididamente conte conmigo, supoño que o Sr.da Coba tamén estará dacordo, ademais non me podo perder a procesión coas ex-madames levando o pendón de hijas de María.Pídalle a Virxe do Viso que lle conserve esa mente prodixiosa que tanto nos fai disfrutar.Xa lin dúas veces o seu relato, cómpreme para sacarlle todo o zume.É un pracer. Mañá toca madrugar así que boas noites.

arume dos piñeiros dijo...

Lobeira: o umbilicus mundi. Convén colocar alí o monolito d'As uvas na solaina. Coa Banda Unión musical de Valadares tocando Brisas de Málaga (verbigracia) e as voladoras de Chabaud cortando o ar en honor aos infinitos fíos deste blog. Hai que falar, pero xa, coas autoridades impertinentes: queda vostede, amigo Medela, encargado de tan fausto homenaxe.
Non ha faltar un paquete de Record, nobelado baixo a manga do seu niki blanco, amigo Medela.

medela dijo...

A sensibilidade de Doniña e Arume, de Da Coba e Apicultor, de Swann e González, de Xaime e Jimi, Beria e a Sociedade dos Anónimos fanme chorar.

Falo co sr. abade don Atilano para reservar pendón para a amiga Doniña.

Arume, a expresión poética e naturalista das voladoras a cortar o ar e o mazo de Record baixo o niki branco non o supera Rossellini.
Xúrollo pola sagrada memoria dos meus devanceiros de Lobeira: Non o supera Keats.

Vou durmir. Ufffffffffffffffffff.

XDC dijo...

Eu, o vehículo máis curioso que vin na miña vida, foi unha especie de triciclo acionado coas mans que manexaba un home con parálisis nas pernas, na romería do Monte Faro. Tíñao todo cheo de fotos de mulleres espidas sacadas de revistas porno.

XDC dijo...

Xa me esquecía, Medela: déume saúdos pra vostede un candidato ao Senado amigo seu.

arume dos piñeiros dijo...

Atopei esta xoia polo internete: un clásico das verbenas do que tamén falei: A carátula de Palomita pechugona de Os Breogáns

XDC dijo...

Iba o James Bond a carón do Medela nun avión a S.Francisco*,cando chegóu a hospedeira de voo ofrecéndolles de beber. Pide o Axente 007: "Gin, Dry-Gin" (Pron:"LLin, Drái-LLín"). O Medela, pra non ser menos, solicita:"Llin, Bote-Llín".

*Please, don´t call it Frisco!("Por favor, non lle chame Frisco", recomendación que adoitan facer a quen visite esa cidade).

XDC dijo...

Meu Deus, Medela, fíxome lembrar vostede...

Volviamos da verbena dunha aldea próxima, rapazolos e rapazolas xuntos, polo monte,nunha noite sen lúa. Ibamos todos collidos da man, pra non perdernos,lóxicamente alternando rapaces e rapazas, que no eramos parvos. O que iba diante, buscaba o camiño ás apalpadelas. Nun momento dado, caemos todos por un terraplén, unhos porriba dos outros. O dolor das arrebuñadas foi compensado por o contacto quentiño e fugaz con diversas partes do corpo da rapaza que iba diante de mín, mentras rodábamos aos boleirós por entre os toxos. Mesmo houbo algún bico "acidental".

Santiago Chiva, Granada dijo...

Hola, este es un video subtitulado en gallego para sensibilizar sobre la importancia de los hijos para la sociedad: http://es.youtube.com/watch?v=zlf2couJpfE

Un saludo,
Santiago Chiva
http://opinionciudadano.blogspot.com/