15 feb 2008


Obama. (Pan por Pan venres 15 febreiro)

Son os Estados Unidos un país racista? A priori, a resposta negativa é obvia: todos coñecemos políticos de primeira fila, actores, empresarios de color. Ou afroamericanos, como din tamén por alí. Agora mesmo Obama, o aspirante demócrata, está a ser imparable nos seus resultados, poñendo en dúbida a candidatura de Hillary Clinton. Recolle grandes apoios en estados diferentes, de ideoloxías e razas tamén diversas. Con todo, a xente popular dos barrios negros de Washington, marcados pola pobreza, a violencia e a segregación, dubida sobre as súas posibilidades. En “La Vanguardia” un votante de color di que o votarán os mozos, pero non os vellos traballadores, de máis de 60 anos, que son racistas e o serán ata que morran. Outro aínda é máis pesimista e declara que antes de chegar á Casa Blanca poden matalo: “Aquí mataron a todos os líderes negros. É a nosa traxedia”.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Que malos agoiros, señor Valcárcel! Agardemos que non se fagan realidade. Tampouco é que EE.UU estea "condenado" a matar a canto líder negro xurda. A etapa de Luther King, e quizais tamén a dos magnicidios e os asasinatos de presidentes, seguramente pasou xa á historia. Non tanto porque falten toliños dispostos a facelo como polos grandes avances nas técnicas de seguridade.

Anónimo dijo...

Moito me temo que un presidente negro nos EE.UU. tardarán en velo os meus ollos. Ojallá me equivoque. Significaría que moitas cousas cambearon pra o "Uncle Sam (U.S.)"

Anónimo dijo...

Será máis doado que un presidente catalán na Moncloa. Dígoo por que miremos para nós tamén.

Anónimo dijo...

Se miramos para nós as conclusións póden ser tremendas.Poño un exemplo: unha amiga estudante en Madrid presenciou como ,no interior do Metro , un home foi increpado por falar catalán polo móbil por varios viaxeiros e ao saír incluso foi agredido.

Anónimo dijo...

No da fala, penso que sí , que temos entre nos moito racismo.
Odio encluso:"Catalans de merda"/y al mismo tiempo, el gallego nodebía ser obligatorio........( sacado de grupo futbolero)
¿Somos e non somos........?

Xaime dijo...

Como xa comentei non blog irmán, Obama a bon seguro será o candidato elexido polos demócratas americanos, que sempre presentan e cooptan o máis progre e o que máis encadila os propios votantes do partido, pero con un candidato decente dos republicanos, coido que non ten nada que facer.
Na miña opinión Hillary en cambio podería atraer o voto indeciso nas presidenciais que de ningunha maneira irá para Obama.
D. Xoán, por certo, sabe a lenda de UNCLE SAN ?. Bueno, que lle vou contar a vostede que non saiba.

Anónimo dijo...

Non sei se coincidirá coa que sabe vostede:
Durante a primeira guerra mundial, un soldado americano algo "corto de luces" preguntaba continuamente se lle chegara algúnha carta ou paquete do seu tío Sam. Un día chegaron unhos paquetes de munición coas siglas "U.S."(United States).O intendente díxolle: Aiquí tés o que che manda o teu tío, non ves?. U.S.: "Uncle Sam". E o fulano, todo contento, cargóu as cartucheras da munición que lle mandaba o seu "tío".

Xaime dijo...

Como bos imperialistas os ianquis tomaron partido na guerra de Méjico, e pasaban a fronteira de Texas axuda militar de matute como axuda humanitaria cas iniciais de U.S., de aí que o Tío Sam sexa famoso o longo do Río Grande que é como se menta a bicha.
A bon seguro que a súa versión e a máis sólida pero a miña e máis bonita. Teña un boa fin de semana. Eu vou pro Salnés.
O licor café está boisimo, entre outras cousas, e as pastas de Alariz xa mas liquidaron, que hai moito lambón na miña casa.

Anónimo dijo...

Imaxino que metín a pata e non era obviamente a Gran Guerra, senón posiblemente esa colaboración na de México ou a de Secesión. Estaba lendo unha cousa sobre a "First World War" e debéuseme ir a mente pra aí.

Anónimo dijo...

Buf. Según a internet,a cousa ven xa da guerra de 1812!.

Anónimo dijo...

Postura fetén do antimperialista coma deus manda:

Dá igual Obama, que Hillary ou que Bush, como tamén daría igual entre Kennedy ou Nixon. Todos son lacaios das grandes multinacionais capitalistas e todos fan a mesma política exterior tendente ao asoballamento imperialista dos pobos e das nacións que loitan pola súa emancipación.

Anónimo dijo...

Si, Apicultor, ten vostede razón. Mais repare nun pequeno pormenor: Oswald matou a Kennedy porque non parecía DEMASIADO horrendo...

Saúdos, cabaleiro.

Anónimo dijo...

O retrouso de que os EE.UU. non son unha democracia e que son un pobo imperialista por principio xa é coñecido. E deturpa a realidade. É unha democracia mellorábel e perfectíbel, como case todas, e certamente hai aspectos da política exterior dos EE.UU. no pasado e na presente (pero non sempre nin con todas as administracións: A ver quen tería vencido a II GM sen eles, pois a URSS sóa non tería aturado!) máis que discutíbeis. Pero eu tampouco non penso que calquera líder de cór sexa, por definición, hoxe coma onte, susceptíbel de rematar coma Luther King. Obama é negro (deixémonos de eufemismos), pero a medias: é mulato. Non é exactamente un afroamericano clásico, senón un fillo de inmigrante keniano e norteamericana branca, encarnación de que o soño americano é posíbel, criado en Hawaii entre outros sitios, e fogueado nos bairros de Chicago, con conexións relixiosas e inzado de nacionalismo norteamericano. Foxe na súa campaña da etiqueta do "black power", malia non poder impedir ser asociado aos afroamericanos, claro está. E dá que pensar a súa capacidade para atraer unha parte de voto republicano, que non ten Hillary. Cál é o problema desta última? O seu apelido. Se un sistema democrático, mellor ou peor, dura tanto tempo coma o norteamericano, é porque hai unha cultura política sedimentada que o sustenta. E dar o voto a Hillary semella a moitos votantes darllo de novo a Bill Clinton, a un expresidente que esgotou os seus mandatos constitucionais. Non é así, pero hai unha asociación inevitábel da Sra. Clinton co Sr. Clinton e co pasado. E Hillary non ten unha mensaxe ilusionante coma Obama: vende experiencia, a idea de que "algo xa sabemos disto" e a súa capacidade para impulsar políticas de acordo cos republicanos, que é o que fixo como congresista. Se Hillary non fose Clinton de apelido, tería máis posibilidades. A miña predición é que gañará Obama -os demócratas non quererán chegar á súa convención divididos, e os superdelegados acabarán por forzar a Hillary a botar a toalla; esta non aceitará ser vicepresidenta, pero quen sabe...-, e talvez gañe as eleccións á presidencia. Mais o seu será un pouco coma o New Labour de Blair: decepcionará. Pero bon: cantos votarán a ZP, ou ao BNG, malia sentírense decepcionados?

Anónimo dijo...

É que decepcionar, ao final, acaba decepcionando todo, sobre todo se se parte da atribución á política e aos políticos de propiedades case taumatúrxicas. A decepción é a consecuencia dunhas expectaivas pouco razonables, case ilimitadas, que un partido político só pode soster cando é pouco menos que marxinal. A medida que van tendo que lidiar coa vida real das sociedades, cos intereses enfrontados e entralazados, coa complexidade das cousas, os políticos vanse facendo inevitablemente máis realistas e máis prácticos.
¿Quere isto dicir, como indica a "vox populi", que todos osn iguais? A min paréceme evidente que non e, polo tanto, non creo indiferente que en EE.UU goberne Obama ou goberne un republicano neocon.

Anónimo dijo...

Video Obama.

Anónimo dijo...

Non está mal a idea dese video, con fragmentos dun discurso musicados. A ver se o copia o Quin. Ou o Touriño. Ou o Feijóo.