Membro de honra. Pan por Pan martes 25 marzoA Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo celebrará hoxe no Liceo un acto no que nomeará membro de honor a José Carlos Martínez-Pedrayo y García, actual presidente desta gran casa cultural. A xornada contará cunha magnífica conferencia sobre “Ourense, universo literario”, de Ramón Villares, que preside o Consello da Cultura Galega. Dende hai algúns anos veño colaborando co Liceo e dirixindo a súa Sección de Literatura, precisamente por convite do señor Pedrayo, pero a amizade mutua que nos profesamos non vai impedir que hoxe manifeste aquí a miña satisfacción por este merecido recoñecemento. Pedrayo leva moitos anos servindo á cultura na nosa cidade: sempre dende posicións xenerosas de diálogo, tolerancia e liberdade. Por iso, creo que todos os que compartimos esa perspectiva cultural tamén estamos de noraboa.
AXENDA. MARTES 25 MARZO. Os antigos alumnos da Universidade de Vigo nomea membro de honra ao presidente do Liceo ourensán (nota La Voz de Galicia, 18-III-08) A Asociación de Amigos e Antigos Alumnos dá Universidade de Vigo nomeará membro de honra a José Carlos Martínez-Pedrayo e García, presidente do Liceo Recreo Ourensán, o próximo día 25. ás 20.00 horas iniciarase o acto coa lectura do acordo do nomeamento e a actuación dun grupo de harpas celtas. Como invitado especial para a xornada estará presente Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, que pronunciará unha conferencia sobre
Ourense, un universo literario. Tras a charla de Villares terá lugar o momento máis emotivo da xornada, coa entrega da distinción que recoñece a José Carlos Martínez-Pedrayo e García como membro de honra da asociación. O presidente do colectivo, José María Franco, tomará entón a palabra para xustificar este recoñecemento. Tras el falará o homenaxeado e, finalmente, pechará o acto un novo momento musical protagonizado polas harpas celtas.
3 comentarios:
Tendo en conta que a Universidade de Vigo naceu en 1990 e que, porén, a primeira promoción debe andar polo 1995, sempre me chamou a idade dos chamados antigos alumnos da uvigo. Non arrancara a Universidade e xa había antigos alumnos. Eso si que é celeridade.
Supoño que a Asociación será sobre todo de AMIGOS da Universidade de Vigo e aberta ós ANTIGOS ALUMNOS cando estes sexan moitos máis.
Parabéns a Pedrayo. Alégrome moito dese recoñecemento.
Publicar un comentario