27 mar. 2008
















Día Mundial da Poesía no Liceo de Ourense (fotos José Luís Troitiña)



Saiu todo de marabilla. Alumnos e alumnas, profes, etc. encantados.
(P.S.: engadín imaxe da mesa redonda das 20 h. sobre Pimentel e A. Alcaraz, con Delfín Caseiro e o poeta Víctor Campio como ponentes).

46 comentarios:

XDC dijo...

O que toma o café coa man esquerda é o fillo de López Cid? Xabier, creo.

marcos valcarcel dijo...

Todos os que saen nestas fotos son alumnos/as meus e compañeiros do Instituto. Xabier leva dous anos no centro, como profesor de Historia: é certo que nesta foto aseméllase moito á imaxe que eu tiña do seu pai, José Luís López Cid. Xa saberá, XDC, porque vostede todo o sabe, que é un dos maiores andaríns do país: non hai recuncho da nosa xeografía que non coñeza con detalle.

Anónimo dijo...

¡El gran Víctor Campio Pereira González en las fotografías!

marcos valcarcel dijo...

Realmente gran poeta VÍCTOR CAMPIO. Moi cedo poderán vostedes contar cunha ampla escolma da súa obra, da man do PEN Clube galego.

Anónimo dijo...

Sinto poñerme "tocapelotas". Pero se a entrada de non lembro quien di que son alumnos/as meus, debería dicir meus/miñas. É o problema de non querer utilizar en sentido neutro algunhas verbas; se seguimos a puntualizar así, imos atopar problemas cada dúas liñas. O idioma é machista e hai que limpialo de esas cousas pero as veces caemos en consideracións excesivamente sutís. Penso. E posiblemnete erro, claro.

furabolos dijo...

Esa moda non ten futuro ningún. É fruto ou fruta dos fantasmas ou fantasmos do noso tempo. Parecerános ridícula ou ridículo dentro dunhos poucos anos, ou annadas (o francés diferencia "an" de "année). A "economía da linguaxe" ocuparáse de eliminala ou eliminalo. Eu son unha persoa ou persoo que me sinto incómoda ou incómodo con esa actitude intervencionista ou intervencionisto arrogante do políticamente correcto ou correcta non desenrolo da língua. Remata un ou unha por caer no ridículo ou ridícula.

XDC dijo...

O outra día, dirixíndome a un grupo de persoas (en castelán) empreguéi a expresión "todos" ,e unha rapaza díxome, enfadada :" E todas!". COmo ámiña edade xa non estou pra chorradas, díxenlle: "aprende a falar castelán, e déixame en paz". Ela chamóume machista. Eu, volvínlle repetir que aprendera a falar castelán.

Anónimo dijo...

Ohhh! atinadísima resposta. Que machiño!

Anónimo dijo...

Quizáis foi máis atinada a resposta dela, se che parece, chamándome machista de xeito totalmente inxustifucado.Pero deso non dis nada tí.

XDC

Anónimo dijo...

Quizáis foi máis atinada a resposta dela, se che parece, chamándome machista de xeito totalmente inxustifucado.Pero deso non dis nada tí.

XDC

XDC dijo...

Non sei qué pasa que non me aceptaba o alias.

Salomón dijo...

Orad, hermanos pecadores, la oración que Jesucristo escribió y cuyos derechos de autor cobran sus descedientes ocultos, el "Sang-Rial",por eso todos quieren saber donde están para ventilarles la "pasta":

Padre nuestro, que estás en el cielo,
santificado sea tu Nombre;
venga a nosotras y nosotros tu reino;
hágase tu voluntad en la tierra como en el cielo.
Danos hoy nuestro pan de cada día;
perdona nuestras ofensas,
como también nosotros y nosotras perdonamos a los que nos ofenden;
no nos dejes caer en la tentación,
y líbranos del mal.

XDC dijo...

O outro día fun ver aos meus pais.Perdón, ao meu pai e á miña nae. Tamén estuven có meu abó e coa miña abóa. E cós méus irmáos e irmás. E cós meus tíos e tías. Falamos cós veciños e veciñas que estaban facendo a matanza do porco ou da porca, e invitáronos a comer con eles e elas. Os rapaces e rapazas estavan no patio xogando cós cas e coas cadelas, e cos gatos e gatas. Todos e todas escomenzaron despóis a xogar a policías e ladrós e ladroas. Logo faléi cun velliño que me contóu que os rusos e rusas eran moi listos e listas, porque descubriran cousas que non sabían os americanos e as americanas.

XDC dijo...

Logo visitéi a unhos amigos e amigas,acompañado pola miña "pastora alemana", e quedaron todos e todas asombrados e asombradas da cantidade de saltós e saltoas que podía atrapar entre a herba. Saltóu ao regato e salpicóunos, e salpicóunas, a todos ,e todas eles ,e elas, pra mollalos ,e mollalas. É unha cadela moi lista.

XDC dijo...

E logo fun ver unha película do home-muller invisible ( que é blanco- negro-caucásico). Porque, si é invisible, non é home nin muller nin ten raza : é unha abstracción concreta (sic). Gustóume moito a coluna sonora, como din os italianos e italianas.


Coa boa tarde que está e a miña persoa facendo a parva aiquí coa ordenadora entre catro paredes. Vou disfrutar de toda a variedade espectral de radiaciós, visibles e invisibles, da estrela máis próxima á Terra, e pasear á beira da pricipal corriente acuífera da Galiza, á que se lle adican fermosas poesías noutra zona desta Web. Fun quén de empregar só verbas femeninas nesta parte da escrita! Son unha eminencia!. Anque tuven que inventar o de "variedade espectral".Mágoa.

marcos valcarcel dijo...

Contundente, XDC, nestas tres últimas mensaxes.

Anónimo dijo...

Pois eu non lle atopo a graza a ridiculizar levando as cousas a un extremo de esaxeracióno que é de sentido común, as mulleres teñen dereito a ser visibles tamén na linguaxe.

XDC dijo...

Eso. Catro expresiós forzadas pra lavarmos a conciencia, e imos tomar unhos mencias aos viños. Resolto o problema da muller, no que nos atañe. O equivalente á "confesión" relixiosa. Pronúncianse as "verbas máxicas", elexidas mediante discusión bizantina, e rematóuse o problema.

Corrector/a de xénero dijo...

Salomón, esquecécheste de titular o novo Pai Noso. Ten que se chamar Pai noso e Nai nosa. O contrario é sexismo ¿Por que un Deus masculino? O xusto é que sexa masculino e fiminino. E se alguén protesta, neutro.

Xoan da Cova dijo...

Tes toda a razón.Pois logo @ai nos@. Xa estamos escollendo un fonema pra o "@". E tén que ser vocálico, pra podelo usar nas dúas verbas,i en todalas situaciós, como tod@s. E non pode parecerse a un "a" nin a un "o", con fortes connotaciós de xénero no galego. Algo entre "i", que soa femenino e "u" que soa masculino. Polo menos prás miñas sinestesias. O¨"u" francés ou o "ü" alemán?. Fagan as súas propostas.E que non poidera evolucionar lingüísticamente ao "o" ou o "a", que estaríamos na mesma!!.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba, como sempre, elegante, retranqueiro, experiente na vida, mas non hastiado. Extremamente intelixente, nunca ofensivo. Moi galego, absolutamente universal.

É un dos meus espectros favoritos, un dos que me guían, de inicio laberinticamente, por fin, WELCOME TO ITACA//BEMVINDOS.

Saúdos.
P.D. Acho de menos a acción directa do sr. Leituga One.

XDC dijo...

Ou sexa, que Itaca é toda a zona exterior do laberinto!
Coñece un algoritmo pra salir dun laberinto,señor Medela?. No momento de entrar, pegue a súa man dereita ao borde dereito da porta, e non a despegue máis. Pode comprobar que, si chega a un "cul de sac", sinxelamente, mantén a man pegada pra dar a volta. Sempre se sale. É un vello problema dunha rama da matemática chamada Topoloxía. A regla é valida pra ós laberintos usuáis, en dúas dimensiós. Ten un equivalente nos laberintos tridimensinales.Non é doada de explicar pero é algo así como "manteña a dextroxiridade o levoxiridade dos xiros". EN todo caso, pídalle a Kyra que teña conta do extremo dun fío no exterior e vostede anúdese có outro extremo. E non teña medo: o Minotauro está moito máis asustado que vostede, e moito máis desesparado por sair do laberinto. Se se atopa có espectro de Borges e lle pregunta a vostede se lle leva unha carta, dígalle que se confunde cun persoaxe de outro autor. Deus que rollo...corto.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Desculpe, Da Coba, importaríase de continuar co tema Kyra/Ariadna e o argüidamente asustado Minotauro???

Non corte. Non é 'rollo' ningún.

Porfa, continúe.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

*{Pída os papeis da transferencia do coche á miña avoa. Ela tenllos preparados nunha carpeta, no chineiro da galería.

En tráfico pregunte pola Marinita (a nora da Blandina).

É vostede un sol, Doniña.
Beixo a súa man, señorita.}

*{Igual vai por aí unha señora que se chama Doniña, que é de Ourense, preguntando por min. Non se alarme, abuela, foi profesora miña e élle ben boa muller, de bo corazón e sentimientos, que sempre se preocupou polos antigos alumnos. Podía darlle os papeles do coche á señora Doniña para que mos levara a Orense, a Tráfico, onda a Marinita, a nora da Blandina, pero bueno, tanto ten, xa falarei nas vacacións co Avelino da funeraria para arranxar o do seguro e máis o cambio de nombre do coche. Non diga nada logo á señora Doniña caso que se presente nas Quintas.}


Marinita (Marina Secundina Álvarez Graña),é natural de Valladolid de los Bimbiles, Río Muni, provincia de Guinea (actual Bimvili, Mbini, República de Guinea Ecuatorial), filla de Secundino Álvarez, natural de Senderiz (San Xes, Lobeira) e de Castora Graña, natural de Parada do Monte, Lobeira.

Marinita é auxiliar administrativa nivel 17, destinada na xefatura provincial de Tráfico de Ourense.

Vde. é de Lobeira e vai a Ourense???
Alí está Marinita.

Ten calquera problema ou dificultade de índole administrativa...? Marinita.

Está na lista da espera para ser operado no hospital e non o dan chamado...? Marinita.

Regresaba vostede dun casamento potlatch en Casa Conde da Merca e meteuse astuta e confiadamente pola estrada vella de Celanova e xusto no entroncamento coa N-540 foi parado polos motoristas de tráfico e case incinera o etilómetro...? Marinita.

Problemas no rexistro da propiedade, notaría, avogado, funeraria, ITV...? Marinita.

Está no punto de enlouquecer porque non dá trocado a matrícula do VW escarabello Sidi Ifni 0679 pola nova, pola europea...? Marinita.

Precisa un podólogo...? Marinita.

Quere comprar unha casa vella en Amoeiro para a restaurar e un dos herdeiros está missing no Brasil e o rexistrador da propiedade inicia un expediente que pode demorar cincuenta anos...? Marinita.

Non dá encontrado sentido á vida...? Marinita.

O seu fillo suspende cinco materias, mesmo galego...? Marinita.

O distrito electoral de Bande non dá encontrado persoa ningunha co graduado escolar para a presidencia da mesa de Parada do Monte...? Marinita.

Está vostede desesperada, señora, porque o coche do seu home foi detectado no parking do club Venus, fóronlle co conto e non sabe con quen se ha desafogar...? Marinita.

Foi vostede multado por Consumo, da Xunta, por non ofrecer pescada de segundo prato no menú, na mala hora en que se presentou a inspectora, que espetou 6.000 euros sen tan sequera pestanexar...? Marinita.

Ten que meter avogado e quere saír de Ourense, porque o problema é delicado e ela coñece o mellor, un de Lugo, un tal don Xaime que disque mesmo gañou un preito ao Rouco Varela...? Marinita.

Pode ser que no noso país sexa descoñecido o estado civil, a idade, o recordo e perspectiva de voto e/ou o domicilio exacto de alguén...? Ese alguén é Marinita.

Encóntranse dous de Lobeira en Ourense. Un deles pregunta ao outro: E logo para onde é que vas?
Resposta automática, innecesariamente poliédrica: Onda a Marinita.

E o mellor de todo: A señora é razoabelmente atractiva, educada, sempre, sempre, sempre sorrí e o primeiro que fai cando ve un de Lobeira no traballo é preguntarlle:
QUE PRECISAS, VECIÑO?

Marinita tamén camiña todas as tardes, dúas horiñas ben cumpridas, ata a Chavasqueira. Renunciou, hai tempo, á nacionalidade ecuatoguineana.


MARINITA

Xoan da Coba dijo...

Leo aínda agora o seu comentario, "Drug Moi" Medela, recén chegado de cear nese Restaurán a carón da ponte de Vilaboa, na Ziralla, e xa se me cortóu o "fío de plata", ese que din que prende a ialma có corpo nas viaxes astráis, neste caso o argumento có meu cerebro.
Falaba de que vostede se ata a Kyra.Vaia váiseme a idea á lembranza dun do meu pobo que atóu a unha vaca pra que non lle escapara, i escapóulle igual con él de arrastro. Menos mal que, no canto de atarse, o que fixera realmente fora envolverse na corda. Foi xirando e desenvolvéndose coma se fora un peón. A vaca escapóu. É probable que tamén se mancara. Cando unha vaca, ou un cabalo, ou un burro corren coa corda arrastro, trépana e tropezan.
Ao que iba. Vostede átase á Kyra. Na ligua wolof, significaría que casaba con ela. Usan o mesmo verbo ("takk") pra ambas cousas. Curioso: non usan a mesma verba pra significar casarse o home ou a muller. O home "átase" e a muller "dase".
Ao que iba. Vostede átase á corda, e Kyra ten conta da corda fora do laberinto. A corda ten unha lonxitude potencialmente infinita. Non se sabe cuán grande pode chegar a ser o laberinto.E dixen "potencialmente" infinita. Non "actualmente" infinita.O primeiro é un concepto da "matemática constructivista", e o segundo da "non costructivista".Perdón. Xa desbaroo. É o viño da cea.
Volvendo ao fío principal.Átase a un extremo da corda e Kyra ten conta dela.Vostede queda nas súas mans. Ela pode cambiar de idea, soltar a corda e vostede perderse pra sempre no interior do laberinto infinito. Vostede camiña en línea recta durante leguas. Cando mira pra atrás, dase conta de que leva a corda arratro,solta, e que se atopa no medio do deserto, o "laberinto" do que non se podía sair naquel conto das mil e unha noites. Deseperado e desengañado do amor da Kyra, trata de aforcarse coa corda, pero non atopa unha soa árbore pra facelo. Vaga hasta atopar unha cidade na que sempre que chega un forasteiro lle preguntan qué vai facer na cidade. Se cumple o que dí, déixanno vivir en paz.Pero si se demostra que mentíu, afórcano. Vostede declara que chegóu a cidade pra ser aforcado. Déixanno pasar. Cando vostede tenta colgarse da primeira viga, eles impídenllo: non pode morrer aforcado, porque nese caso contóu a verdade. Cando comproban que sobrevive sen morrer aforcado tentan colgalo, por non cumplir o prometido. A situación paradóxica repítese hasta o infinito, e...glups....empezo outra vez.
Vostede intenta atarse á corda, pero entonces dase conta de que ten un nudo moi difícil de desfacer. Como xa sabe que ese nudo sólo pode desfacelo Alejandro Magno coa súa espada, porque é moi Gordo...Glups
Vostede átase á corda...

XDC dijo...

Aiquí ten un pequeno diccionario de wolof.COmo ve,traduce "takk" por "atar,casar".Pero fágame caso: eso é só no caso do home;PREMER.

XDC dijo...

Vostede átase á corda. Pero de repente, a corda transfórmase nuha serpente que o rodea e o apreta con forza. Kyra está por fronte de vostede, cunha mazá na man, ofrecéndolla voluptuosa. Como vostede abre moito a boca pra poder respirar, ela mételle a mazá na boca. A enorme pitón mírao agora de frente, cós seus ollos sin párpados.Apreta os anéis do seu corpo bruscamente. A mazá sae disparada da súa boca de vostede, coma se fora o corcho dunha botella de champaña.Dalle no fuciño, e mátaa.

XDC dijo...

Kyra átalle a corda. Como vostede está núo, átalla nun sitio fácil e vostede berra:"Non ma ates aí!",

XDC dijo...

Vostede átase á corda e penetra no laberinto. Kyra queda fora, tendo conta dela. Aos poucos metros de entrar no laberinto, cae nun burato fondo,fondo. Cae cunha aceleración extrañamente inferior á da gravedade. En realidade, cae a unha VELOCIDADE constante de 9.8 m/s. No exterior do laberinto, a corda deslízase rápidamente entre os dedos de Kyra, xenerando calor por rozamento que lle ven moi ben porque fai un frío de carallo. Ao mesmo tempo, pensa:"cómo corre o meu campeón,100 metros en 9.8 segundos.O record mundial. Pero non se da conta de que fai a ídem ao revés.Vostede cae e cae e cae,e vai dar a un salón comedor onde un home con sombreiro, e un coello están tomando o té.

XDC dijo...

Vostede átase á corda, deixa a Kyra fora e entra no laberinto. Como xa non se fía dela, porque leeu os comentarios anteriores, vai deixando caer unhas migallas de pan pra non perder o camiño. Ao cabo dun pouco mira pra atrás e ve, alarmado, cómo o Minotauro, mansiño, vai lapando as migallas todas. Vostede indígnase e bérralle: "Pero qué clase de Minotauro eres tí, lambendo as migallas de pan do chan!!".

XDC dijo...

Vostede átase ao fío de Kyra, entra no laberinto, dase conta de que xa non se fía dela nin do fío. Dase conta da orixe etimolóxica de "fiar", e de que non trouxo papel pra apuntala. Aparece o Minotauro, e vostede pregúntalle si ten papel. El dí que sí,e que tamén ten herba. Pero que non ten mechero.

XDC dijo...

Kyra átalle a corda á cintura. Pero vostede esíxe un lazo bonito, coqueto. Non vai presentarse ante o gran Minotauro cun núo ordinario calquera. Ela mírao con ollos moi grandes, asombrada. Logo, solta a corda, e marcha chorando, desconsolada.

XDC dijo...

Un deles ata un extremo da corda na cintura do outro. Este entra no laberinto. Outro entra tamén no laberinto, tras do primeiro levando él tamén atado o outro extremo da corda. O primeiro chámase Groucho e o segundo, Harpo.

arume dos piñeiros dijo...

Don Xoan: aos seus pes, completamente entregado á súa literatura. Entre vostede e o Medela, mimá: hai aquí máis talento e xenialiadade que nos catálogos (vellos e novos) de Xerais e Galaxia xuntos. E que me perdoen os demáis. Pero de cando en vez convén sacar a peneira.

XDC dijo...

Literatura?.Boeno,boeno. Vámolo deixar en "escritos".:)

XDC dijo...

Literatura era "Entre Hortas e Portas" do XM Glz. Por qué non saca outra serie, XM Glz?. De calquera outra cousa. Memorias dun mestre de instituto, eu qué sei. Pagando o que faga falta.

Xosé M. González dijo...

A epopea autobiográfica do Medela, cos seus momentos líricos, é en efecto alta produción literaria non poucas veces abraiante; sexa dito isto sen menoscabo da sía verosimilitude. O paralelo desenvolvemento epistolar co da Coba realza sen demérito. Non, meu señor don Xohán, nin falta que fan segundas partes, aínda que ben se agradece a evocación.

E eu tamén vou fatigado coa lingua de xénero, por moito que agora ata mesmo na clase me sae o de "todos e todas". Que será da elipse como recurso retórico? Resultará penalizada, a medio termo, a economía lingüística?

Quedoulle fóra, da Coba, o termo devanceiro, aquel membra que foi certo día bandeira feminista. Xa pouco se oe e le, se cadra. Esperemos que, co tempo, pase todo este sarampelo. Porque a muller está aquí, para quedar, sen que nin a maioría delas abolise o xénero neutro. Como farán en alemán, para ser politicamente correctos na igualdade, co complicadísimo sistema de adxectivos? O da Coba ben me entende.

XDC dijo...

No inglés, os "políticamente correctos",andan a chamarlle "fireperson" a un bombeiro. Sustituindo o sufixo "-man", característico do nome de moitos oficios, por "-person".E cousas así. Pero eu escoito a diario a BBC por internet. Recoméndolles pinchen en "Radio 4" da súa páxina web. Infinidade de audiciós interesantes. Pero non can no "políticamente correcto", polo menos eu non o noto. No caso do alemán, non teño informaciós. Escoito a "Welle Deutsch" moitas veces. Fixaréime.

Roque Eiriz dijo...

Querido cuñado, espero que al recibo desta estes bién de salud. Mira era solo para recordarte lo del asunto de las denuncias que al parecer interpusieron contra min el de la consellaría del medio ambiente, ese que anda a emborracharse y despues solo le dá para lo malo, tambien el de las carreteras, ese que dijeron que vivía en Allariz y que seica anda a pelexarse contra el mundo, y me tubo que tocar a mí tambien. Y no sé quién se lo dijo tambien a los del Seprona, que ya sabes que son de carallo de mico. Todo esto me hace estar en un sinvivir, a cada hora me llega una carta certificada. Como ya hace que no sé nada de tí, y no hay manera de hablar con la Marinita, dicen que marcha mucho para Vigo, es para que le escribas ha ber si me podía arreglar, porque segundo las cartas dicen, la propuesta de multas es la de Dios es Cristo, no sé de onde lo voy sacar. Hazlo sólo que sea por tu hermana, sinó nos arruinan, parece que lo de HUSQVARNA es como si les llamaras fillos da puta, antes no les importaba un huevo que clavaras una mierdiña de nada en un puto carballo del carallo, que solo vamos para peor desde que estan estes.
Sabrás que el Jesusiño andaba a hablar con la del vinotero, que ahora anda metido en los del bloque, que dicen que le subencionaron la nave de la estrella galicia, y el Oscarcito me anda con el pin ese de la bandera gallega con la estrella en el medio, por riba no salen de Allariz en todo el día, y a saber que ideas le andarán a meter en la cabeza los insurreutos de allá.
Mira a ver lo de la Marinita que te lo sabré agradecer y a ella tambien, ya se lo haces saber.
La Meditos te andubo ahí atrás un poco delicada, estas cosas nos afectan a todos mucho, y ella que ya sabes que es tan sentida, peor
La aboela no sabe nada de esto, es mejor no preocuparla, que non lle vaia naide co conto, váliame dios.
Boeno, pues nada cuñado, que todo te vaya bien, y a ver si vienes para el Viso. Recibe un fuerte abrazo de

Roque Eiriz, Bande-Orense
España

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Declaración xurada: A carta anterior non é da miña autoría; acabo de recibila en Nukus e transcribina, pois considéroo absolutamente necesario para o desenvolvemento da miña historia. Repito, non a escribín eu. E, efectivamente, teño un cuñado chamado Roque Eiriz, en Bande.

Saúdos.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, Da Coba, alado mensaxeiro, por me aprenden a desenmascarar, combatir e aniquilar os perigos do labirinto. Só unha cousiña: O fillo do contratista ou ‘promotor inmobiliario’ como agora eufemicamente se di, o fillo do que levantou (neste caso soterrou) o labirinto que tan ben coñece Vde., ese rapaz chamado Ícaro, é dicir, o trasgo aquel que na aciaga noite do 8 de setembro de 1981 saíu despedido do asento copiloto nunha das voladoras Chabaud, en Rubiás (Santiago de Cadós), Bande, aluando nunha herdade de millo afortunadamente amolecida por unha rega recente… O coitado aquel que quixo imitar as proezas de Lindbergh ou que tal vez foi vítima propiciatoria do código tiránico que de sempre nos foi imposto: A Nai Terra reclamou por vía de constrinximento (mais sen recargo ningún), o seu tributo, carne humana.

É dicir, o supersónico tunante de Santa Comba de Bande, e/ou o seu alter ego, un servidor, pupilo da walkírica rusa Kyra Argounova, ou Prusakova, que esa é outra, Da Coba; Prusakova é o seu auténtico apelido de solteira (aínda onte me viñeron co conto e xa falaremos), dicíalle, Da Coba, que xa me perdo, caro explorador de labirintos, que foi na altura en que espetei un beixo a Kyra Argounova que emulando a Ícaro e… Non sei qué raio me pasa, terá que desculpar, pérdome. Contextualizando, acho que Wild Bill Hitchcock non lle botou tanto valor en O.K. Curral nin o malfadado Ícaro no seu exame práctico para piloto de probas como o que este servidor de Vde. tivo que empregar aquel día (hai ben poucos) en que ordenei beixar a Kyra Argounova.

O fío que une o seu corpo astral co envoltorio carnal, ese fío que permite a Vde., Da Coba, esforzado campión contra a trivialidade, simultanear un romántico paseo por Allariz (xantar incluído) co exercicio da alta literatura mítico-costumbrista, ese fío que o doutora a Vde. en funambulismo…

Ese fío e o que nos atou a min e máis a Kyra o día que selamos aquel beixo.

Ese fío irrompíbel, de escalador e de nós gordianos.

Ese fío que compartilla raíz pre-indoeuropea coa palabra ‘fillo’.

Ese fío cuxa etimoloxía SI levaba anotada no caderniño que sempre levo canda min, polo si ou polo non.

Ese fío trenzado con algodón Karakalpak que acabou por estiñar fontes, mares, ríos e lagos, pousando na area barcos cuxa ferralla me dá de comer.

Ese fío co que me redime Kyra, que xa non se apelida Argounova, nin Prusakova, tan só Ariadna.

Ese fío que me dá vontade para me achegar a outra persoa que xa non se apelida Medela.

Ese fío que me vai axudar a saír deste labirinto de automentira, autointriga, covardía ante a vida e multicolores excusas de mal pagador.

Ese fío que me conduce nun camiño de paradoxal aceleración –desacelaración como Vde. indica parabolicamente: “Vde. cae e cae, e vai dar a un salón comedor onde un home…”

Ese fío que torna absurdas as etiquetas: “Kyra non é galega”; “Kyra non é católica”; “Kyra é viúva”; “Kyra non é rica”; “Kyra é prima segunda de Marina Oswald”; “Kyra é tres meses máis vella ca min”; “Kyra non ten coche”; “Kyra non se vai adaptar a Lobeira”; “Kyra e máis a avoa non se van levar ben”.

Vamos alá.
Daremos cabo do Minotauro??

XDC dijo...

Veño de mercar o libro "Ariadna", de Xosé Miranda. Non o lera e chamóume a atención influenciado polos seus escritos, Medela. Ten pinta de ser "Ciencia Ficción" galega. O labirinto é un planeta enteiro.

XDC dijo...

Vaia coincidencia. Ao mesmo tempo, merquéi outro titulado "las matemáticas de Oz". Tamén vai de planetas, naves voadoras,cavernas,satélites,láseres...empregados no plantexamento de problemas matemáticos. Sincronicidade Jungiana.:)

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Sr. don Roque Eiriz Ferradal

Cuñado Roque:
Acabo de recibir agora mesmo as túas cartas, xunto co aviso reenviado desde Lobeira para pasar a ITV do coche do padriño. Vexo que estás moi alarmado; debías de te serenar; xa sei que non é fácil nestes casos cando mesmo parece haber unha conxura terráqueo-celestial contra nós e que a única saída é o suicidio ou a fuga para Portugal, preferentemente por camiño de cabras. Acouga, Roque, que nunca choveu que non escampase.

Se mo permites, cuñado, quero que lembremos xuntos, porque nos convén a ambos os dous, as secretas reviravoltas da nosa relación familiar.

A ti collérate de aprendiz Pepe Babarro, o de Allariz, e andabades ao rianxo polo partido de Bande no camión aquel que parecía sacado dun filme de Rossellini, un Ebro da serie B conseguido na Intendencia da Coruña. El a guiar e ti, Roque, aínda o lembro como se fose hoxe, a puxar e puxar constantemente pola cordiña aquela que accionaba o limpa-parabrisas… Daquela sempre chovía, Roque, sempre, sempre estaba a chover. E ti acababas de vir do servizo militar e andabas un bocado desorientado; non sabías qué habías facer, se marchares para Alemania, ou tal vez para Barcelona, onda a túa irmá, a que vive alá arriba, tan lonxe, nas casas baratas da Verneda, ou quedares na casa para tomar conta do capital, que non chegaba nin para morrer á fame. E caíches de pé aquel día en que estabas no pasmadoiro de Bande, a ollar para ningures, e o sr. Pepe díxoche:
-Olla, rapaz, por un acaso es de Miranda???
-Servidor???
-Que se estás a ter man da árbore, mozo, non sexa que vaia caer…
-Como? …Glubs…
-Anda home anda, arrima para acá e bota unha man, que non arranca o camión.
E ti ollaches para aquel home e el ollou para ti e naquela altura asinastes un contrato laboral non escrito que che ía mudar a existencia, Roque, abofé que si...

E lembro aquel arco con frechas que mandara a mamá, coitada, desde Le Mans, na víspera do Nadal, xunto cun comediscos para Remedios. Nunca tal brinquedo tivera eu. Aprendiz de Robin Hood, tirei as ventosas para tornar as frechas arma letal e, maldita casualidade, xusto na altura en que pasabades ti e máis o patrón e máis o rianxo e máis a neorrealista camioneta por de diante da casa, disparei con tanta forza e tan má sorte que acertei –cloc- na túa porta de copiloto (a da esquerda, volante á inglesa). E lembro o rótulo en letras picudas, amarelas sobre a cor indefiníbel do fondo:

JOSÉ BABARRO Y HERMNOS
TRANSPORTES DE MERCADERÍAS
ALLARIZ
ORENSE
TELEFNO 13

E que me dis da viseira azul sobre o parabrisas? Op Art en estado puro a tornar o sol, rotulando lacónica e liturxicamente:

DIOS NOS GUARDE

E a condenada da frecha foi dar exactamente –cloc- onde argüidamente tería que ir o “A” que faltaba, levantando unha micra de pintura e provocando a freada instantanea do camión. Ti, Roque, honrado produtor a defender os intereses do patrón, que tamén son os teus, que agora todos somos socios na grande empresa da patria, etc., baixaches de inmediato cando o Ebro serie B deu parado douscentos metros máis cara abaixo fronte por fronte da casa do Toñito do Moreno e ollando para min erguiches o puño dereito (nin convicto militante de Sendero Luminoso á espera de veredicto sería quen de o facer mellor) e berraches:

CABRÓN!!!???”

Nunca esquecerei o día en que nos coñecimos, Roque, aquel día de agosto, aquela tarde de infernal calor augurando tormenta, e eu paralizado polo pánico a pensar candidamente que estaba blindado pola prudencial distancia e…Mal pensabas, Roque, que aquel émulo de Robin Hood ía ser para ti, na realidade, proverbial Cupido, cando me puxaches pola orella e me levaches onda a avoa para dares as queixas pertinentes. E cando a avoa Concha estaba a pedir desculpas, e Pepe Babarro a guichar para o canastro de oito pés transbordante de millo e a avoa a preguntar que qué se debía pola desfeita e Pepe Babarro a deitar auga na fervura ‘nada, señora, non lle é nada, foille máis o susto que outra cousa, sonlle cousas de rapaces, ouviu, señora, non venderá uns ferrados de millo?’ E tomaron os homes a copiña do albaroque e a avoa CASE que nin me rifou. Mal ti sabías, Roque, que nese instante preciso en que Pepe Babarro estaba pagando á avoa, John Lennon estaba a pousar a guitarra no trespés, alá en San Francisco, e que na vida os Beatles tornarían a tocar en palco, e que a guitarra quedou alí ao quieto e o mundo e máis ti comezastes a rebulir. E ben te decataches de que a música que se escoitaba na casa da avoa “Será maravilloso/viajar hasta Mallorca” parou de súpeto aparecendo solemnemente Remedios no salón ‘Boas tardes’ e respondendo con fina retranca Pepe Babarro ‘Boas e santas’ e ti, Roque, quedaches pampo, caíches redondo e de pé, ata hoxe, cuñado, xa cho dixen.

Logo te tornaches asiduo visitante de Lobeira. Que casualidade, xoves e domingos pola tarde sempre tiñas algunha cousa a facer nas Quintas. Cando non había velorio, era cabodano. Se non era casamento, despedida de solteiro. Se don Atilano prohibía o fiadeiro, esfolla do millo, entón. Se non era entroido, primeiro de abril, logo. Dezoito de xullo? Doce de outubro; que máis ten. Se non era o folión de San Lorenzo, actuación ‘live’ de Manolito el Pescador, no Carmen. Cando non era o Santiago en Facós, era o Santo Antonio de Santabaia. Non é hoxe feira? Non, é mercado. Se no café de Andrés non emitían a final da Copa de Europa, os ciganos da cabra pasaban o filme “Por un puñado de dólares” no bar dos pais do Toñito. E ben lembro cando tiveches que pagar unha ola de viño aos mozos da parroquia enteira, alén dunha garrafa de licor-café, unha caixa de galletas e un bombo de sardiñas ao se decataren de que caíras inexorablemente preso no campo magnético da casa dos Medela virando en satélite a gravitar e gravitar e gravitar na Vespa aquela de cor azul bismuto, matrícula de El Aaiún {grazas pola inspiración, don ETXE}, que parecía o foguete Sputnik e que che emprestara o alguacil de Bande, como era que lle chamaban? Orentino… Orencio, si, o pai da Lucita e da Mari Carmen, aquel que tiña paga alta por mutilado de guerra, seica. Mi madriña, que motocicleta, sen seguro, sen papeis ningúns, sen casco, sen freos, sen retrovisores, sen pisca-piscas, aínda ben que levaba rodas e guiador… E a avoa, coitada da muller, sempre me metía de acólito a canda vós, no sidecar, e as vellas das Quintas á rexouba, ‘onde se vos viu outra, vaiche boa, chacha, elas marchan con eles nos coches e nas motos’ como se eu non existise, Roque, e daquela Remedios era tan bonita que o persoal nin se atrevía a volver a cabeza cando andaba pola feira de Bande, tan dereitiña, tan neta de Concha Medela, con aqueles lentes de sol que lle presentara aquela señora que estaba en Cataluña e que viñera ver a avoa naquel Jaguar con chófer e todo, aqueles lentes Ray-Ban comprados no paseo Colón, aqueles lentes que traían os da sétima flota norteamericana e xa me perdo, cuñado,

{Roque, envíoche isto ao FAX do taller desde o FAX de ACNUR; despois continúo. Vou dar unha volta, hoxe foi día de cobro…}

Anónimo dijo...

Disfrute na voltiña que a ten ben merecida.contamos que os Fases se segan comportando e nos permitan coñecer como segue o asunto.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, Sr. Anónimo.