25 mar 2008

en poleiro alleo: a poboación, a lingua

Galicia perderá poboación
, de Xosé M. Sarille (ECG 25 marzo)

Iraq e as matrículas dos coches, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 25-III)

O galego de Santander, de Afonso Vázquez-Monxardín (GH 25 marzo)

Para min está claro. Hoxe, cando se sae de Galicia, hai un orgullo de identidade lingüística clarísimo, e aínda tinxido dun certo toque de superioridade. "Eu, aínda que estea mal dicilo, son máis rico ca ti que sei falar o teu e ti non sabes o meu". E se polo camiño, diante dos osos de Cabárceno ou tomando un viño nunha bodega de Santander, un escoita falar catalán ou vasco aos veciños, pouco menos que chiscada de ollos de complicidade de "ricos" fronte aos monolingües. "Nós, coma vós, e estes, que son boa xente e acolledora, só un". E se un topa cun portugués ou brasileiro, axiña hai un motivo de pegar na conversa popular: si, falamos parecido.
¿Complexo de falar galego? ¿Autoodio? Rien de rien. Ese é un discurso tan morto como o orneo grave dos diplodocus. Creo que por sorte o galego está a superar a tensión política a que foi sometido. Xa ninguén acepta propiedades exclusivas nin farrapos de gaita. É todo moito máis normal.


(O Afonso veu optimista de Santander, no que respecta ó futuro da nosa lingua. Vostedes, que viaxan abondo, que pensan? Cren que é atinado o diagnóstico do amigo Monxardín? Oxalá ...)

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non escoitei falar galego nin un só día. É moi posible que os destinos norteños (e nomeadamente Cabárceno e Santillana del Mar) sexan máis do agrado dos galegofalantes (e, sobre todo, en Semán Santa). Polas fermosas terras castelás, extremeñas, manchegas e murcianas, pouco ou nada escoitei falar en xentes de acreditado sotaque galego ou descendidos dun coche con matrícula PO-C-OU-LU.

Anónimo dijo...

Pois non ten razón, Arume. En Salamanca mesmamente vostede escoitou falar galego con sotaque auténtico a un par de persoas. Faga memoria.

Marcos Valcárcel López dijo...

Oxalá teña razón o Monxarda, pero eu non o vexo claro. Teño percorrido case toda España (agás Murcia e algunhas zonas de Aragón, Andalucía, A Mancha) e encontrado galegos por todas partes. En moi diversos ambientes: dende hoteis de varias categorías a campings. A miña experiencia é esta: escoitar a cotío falar en catalán e en vasco, cun certo orgullo de seu, mesmo en lugares onde podían ser mal mirados os que tal fixesen. Moito máis raro o de falar en galego, mesmo xente galego-falante, a non ser, p.ex. campings, en pandillas de varias familias galegas, entre eles. Peron non sempre. Fóra de Galicia, como aquí, a maioría dos galego-falantes que escoitei eran xente mais ou menos concienciada e galeguista.

Anónimo dijo...

En Salamanca, amigo Apicultor, en efecto, escoitei eu algo, non sabería dicir se foi na rúa del Expolio (sic) ou na de Tentenecio, pero si, algo escoitei.

Eso si; comprobei dúas cousas fundamentais:
1. O "Pulpo a la gallega" é prato universal. Non hai restaurante que non o ofreza. Vai para primeiro dos ránkings.
2. A novidade para min de ler "padrones" en lugar de pimentos de padrón, tamén producto completamente asentado na gastronomía da españa plural.

Marcos Valcárcel López dijo...

Engado tamén o artigo sobre as matrículas e niso doulle toda a razón a AVM: agora xa non ten graza, nin podemos saber de onde é o que che pasa a 170 por hora...

Anónimo dijo...

Inda falei o outro día do tema das matrículas e mesmo afirmei -con disgusto porque son incapaz de entender medianamente que alguén puidera votar a cretino semellante (á marxe de ideoloxía, de houber)- que era a medida do goberno Aznar que máis me gustara (non totalmente: por min xa lle sacaba tamén o E).
Nisto non lle podo dar a razón a AVM nin a Valcárcel: ou será que eu son o ghicho que vai a 170 por hora?

Anónimo dijo...

A mín gustaríame saber se é legal sacarlle a matrícula ao coche se o aparcas ,por exemplo, no parking privado dun motel que se ve desde a carretera.

Anónimo dijo...

Monxardin falar ben. Galegos ser mais espelidos que castelans. Falar dúas lingoas. Eles falar só unha...

Anónimo dijo...

Un parking privado dun motel que se ve desde a carretera? Que clase de motel é ese? E que clase de visitante de moteis é ese que leva unha matrícula verdadeira no coche?

Anónimo dijo...

Nada nada. Os próximos modelos de viaturas traerán a matricula retractable, pra que podia meterse pra dentro cando esté aparcado, como pasa cós faros de moitos modelos. Un "extra" que fará furor. A ver se se me ocurre un modelo patentable.

Anónimo dijo...

Don Xaime!!!!!!!!!
Ei, don Xaime.......
Ouviu?????????

Anónimo dijo...

Don Xaime: Chamou a miña irmá Remedios, que multaron o meu cuñado Roque, si, ese que xa sacou vostede dun sarillo nunha ocasión; seica andaba a cravar cartazes deses de Husqvarna nos piñeiros e pillouno o Seprona... Que Remedios quere falar con vostede.
Don Xaime!!!!!

Onde é que se metería este home?

Anónimo dijo...

Verbo da matrícula dos coches, teño unha alternativa para os nostálxicos: trócolle o meu automóbil, que ten a ditosa matrícula identificativa, por outro de igual ou semellante categoría que xa non a teña. Voluntarios?

Anónimo dijo...

Eu regalo esta:

B 0316 EP

O meu primeiro coche, un Dyane 6

Anónimo dijo...

Era aquel de "agárrese a junior que vienen curvas"?.

Eu tuven un,comprado de segunda man, con matrícula de Bilbao. Non imaxinades a cantidade de vicisitudes que me pasaron por culpa da matrícula.

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu aprendín a condusir, vai aló por 30 anos (tocoume estes días renovar o carné), nun 2 cabalos do meu pai, que aquilo si que tiña mérito: meter as marchas, recias, co manubrio na man dereita, era para nota.
Logo pasei a un Dyan, tamén do pai. E o meu primeiro coche, mercado por min, foi un VISA, que me durou bastantes anos: sempre coa Citroen, xa ven (logo veu o Xantia).

Marcos Valcárcel López dijo...

Unha anécdota do meu pai.
Dunha vez, estando aínda en Santiago, 18 ou 19 anos, pedínlle o Dous Cabalos para ir, coa miña muller de hoxe, ata Vilardevós, visitar a don Digno, o crego socialista do lugar e bon amigo de vello. Pasamos alí o fin de semana.
O coche xa estaba moi velliño, quilómetros incontables. Sucedeu que estando alí decidimos cruzar a Portugal e ir ata Chaves e algo máis.
De volta eu non quería contarlle ó meu pai que foramos ata Chaves, porque o cochiño xa non estaba en condicións. Pero só citarlle Chaves, o meu pai botou as mans á cabeza todo satisfeito: "Non me digas que o 2 Cabalos foi ata Portugal..." e creo que engadiu un "Manda carallo". Non houbo, pois, bronca, porque o meu pai quedou máis contento ca min mesmo da aventura.

Anónimo dijo...

O primeiro coche que me tocou en sorte, herdade do meu pai, foi un auténtico 1430, tuneado por dentro cunha dachita branca e un cambio de marchas de plástico transparente con estreliñas de mar dentro. Por suposto, superrobable: mesmo atracaron con el uns billares nas Pontes e quedou coas lúas rotas nunha corredoira de Fene. O tubo de escape roto engadialle unha cousa macarril que seducía moito. Pero desto mellor non falar.

Xaime dijo...

D. Júlio, D. Júlio, estoulle aquí hóm, pero xa sabe que nestes días de volta de vacacións haille bastante choio e entenderá que teño que atendelo.
Mándelle un SMS ó Roque é dígalle que nos prepare pro Da Coba e máis para mín, unha comidiña lixeira en Lobeira, cando lle cadre ben o Xohan.

Anónimo dijo...

Don Xaime!
Escribin a Remedios, a miña irmá. Será cousa do demo, mais aínda lle recordei o caso das pezas falsas no taller do Roque, cando fomos consultarnos onda Vde., a Lugo, e aínda hoxe me chama para me dicir que os do Seprona o apañaron cos cartaces de folla de lata á beira da estrada, en Entrimo, xusto onde comeza o Parque Nacional.
Saúdos, sr.

Anónimo dijo...

Non sei en qué pais sudamericano, cando alguén se mata nun accidente de coche, deixan a matrícula colgada dun pau, como señal de advertencia. Nalgunhas curvas hai un montón de matrículas colgando e sigue habendo accidentes igual.

Creo que é en Vietnam onde as matrículas son propiedade privada que se compra e se vende, dando parte lóxicamente ao rexistro pertinente. Como son tan supersticiosos, algunhas valen unha fortuna e outras non as quere ninguén. Posiblemente se coñeza o "status" de alguén polo número da matrícula, e non polo modelo do vehículo.

Anónimo dijo...

Destas cousas das matrículas, había algunhas ben simpáticas.
En Xixón, Asturies, había unha axencia especializada en matricular os coches en Girona (GI) para que os ultralocalistas non usasen o O de Ovedo, como dirían os nosos medievais.

Outra curiosidade... ¿Saben cales foron as primeiras matrículas española en desaparecer?
Por orde
ME (Marruecos Español, 1956
IF (Ifni), 1969
FP e RM (Fernando Po e Rio Muni, 1969) e
SH (Sahara) 1976.

Que dous coñecementos máis inútiles, verdá?

Anónimo dijo...

Unha vez, na aldea, chegóu un rapá berrando onde a abóa: " Abóa, paríu a porca!". Respondéulle a aboa: "Volve e míralle a matrícula a todos, pra decirme cantos son renchos e cantas renchas".

Anónimo dijo...

Don Etxe: Grazas pola información. Lembro de rapaz que había coches para nós "exóticos" con matrículas como as que vostede tan amablemente nos lembra.

Sen ir máis lonxe, lembro aqueles VW escarabello con matrícula IF e o 850 especial coupé sport con matrícula SH que está á miña espera en Lobeira, presente do meu padriño, para cando regrese de Karakalpakstan. Espero que a miña avoa o teña tapado cunha lona. E que non rachen os asentos das válvulas coa gasolina sen chumbo.

Máis outra cousiña: Guinea Ecuatorial non tiña matrícula de seu??

Grazas, erudito cabaleiro.

Anónimo dijo...

O primeiro: Unha ISSETA (Mellor que o BISCUTER).
Que noviños son vostedes......./ o segundo xa un Dauphine, o Terceiro un DYnan..../o cuarto un Fiat....logo un R-21 (Hasta o trouchen con Bombona de Butano....., seguiulle un Kadet Opel, detras o Opel Vectra, hasta chegar o novo TOYOTA.
Que noviños son/Algo vello debo ir.
Trebi

Anónimo dijo...

Amigo Julio Medela.
A primera matrícula daquela zona, TEG (Territo -Territorios Españoles del Golfo de Guinea- foi autorizada por orde de 30/09/1929 ata que en 1959 (Lei 29/07/1959)se dividiron en dúas provincias. Daquela, case dous anos despois, en 1961 (Orde do20/06/61) naceron dúas matrículas adaptadas que superaban a TEG, a saber:
FP - Fernando Poo (a Illa, actual Bioko, que en propiedade debía ser, de acordo co nome protugués do seu descubridor de Madeira, Fernán do Pó) e RM- Río Muni (zona continental, da Guiena Española), Ambas anuladas por Orden de 17/03/1969.
Aí queda estoutra inutilidade

Anónimo dijo...

Asombrosa erudición a súa, amigo Etxe; non facía idea de que Guinea Ecuatorial estivese dividida en dúas provincias.


Dá vostede permiso para incorporar á miña novela (citándo a fonte, evidentemente) algunha persoa que vaia nun coche con algunha desas evocadoras matrículas???

Estou a lembrar o verídico caso dunha señora de Lobeira (de espectacular beleza) que se fixo cun monte de hectáreas en Rubí (Catalunya), onde despois se construíu, gañando ela unha fortuna, e que viñera a Lobeira, sendo eu pequeno nun Jaguar con chófer e bandeira nobiliaria.

E estou a pensar que o pormenor fulcral do coche era que tivese pertencido ao gobernador civil de Río Muni, que ben podía casar unha filla en Barcelona e coñecer a fermosísima lobeirense...

{O de Fernán de Pó xa saltara, lembro, cando o da illa Perejil-Pedro Gil}

GRAZAS, DON ETXE, MOITÍSIMAS GRAZAS; NON ME EXTRAÑA QUE ESTE BLOG SEXA O MÁIS VISITADO DO PAÍS. CONTINÚE, POR FAVOR, A NOS CONTAR ESAS MARABILLOSAS FAÍSCAS DA CULTURA.

Anónimo dijo...

Extraordinaria novela vai ser a súa, Medela, a teor dos apuntamentos que vai deitando aquí.

Se lle procede, pode integrar a miña historia amorosa coa señorita Laura cando me chamaban Fabrizio, aló na Rávena de 1974, boite "Manitú", lembre.

(É que me faría ilusión :-)

Anónimo dijo...

Cando era neno, aínda figuraban no meu libro de texto como españolas esas demarcaciós (Río Muni, Fernando Poo e Santa Isabel). Na clase, o profesor comentóunos que xa non o eran, pero que nos aprobaba igual se puñamos como decía o libro, porque era sinal de telo estudado. A mín xa me parecéu absurdo aquelo. Houbera discusión entre nós de si o profesor tiña ou non razón. Foi así como interioricéi moi cedo a idea de que os libros poderían non contar a verdade. Foi un pau, pero mellor levalo cedo que tarde.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor: Morreu hai anos, en Lobeira, un home que se chamaba Elías. Apañouno a guerra civil do lado republicano. Chegou a oficial de milicias, era do estado maior de Líster. Pasou a Iugoslavia, onde se salvou de milagre da tentativa de secuestro de Tito por parte de Otto Skorzeny. Acabou en Venezuela, onde se fixo rico cunha granxa de porcos. Regresou a Lobeira nos setenta, para arranxar a paga de oficial da República. Contaba a súa historia dun xeito anecdótico e xeralista: "Alá, en Iugoslavia, Medela, habíache xente de toda a parte". "Comer, comiámosche ben". "Houbo de todo, momentos bos e malos".
Quero dicir, amigo Apicultor, que calquera persoa pode chegar a ser calquera cousa en calquera latitude do mundo. E digo isto non en plan keynesiano, senón que estou cheo, farto e aborrecido de historias que pretenden ser orixinais e que apenas varían os temas centrais das novelas de Barbara Cartland ou Danielle Steel. De tipos que son interesantes simplemente porque teñen un pazo na Escocia e son enxeñeiros ou mozas repoludísimas que sofren mal de amores, rapidamente curadas polo bonito enxeñeiro.

E lamento inmenso non lembrar quen dixo que todo o que pasa no mundo, xa pasara previamente na súa aldea.

E celebro que haxa un sitio onde a xente poida comentar e exorcizar reciprocamente os seus espectros particulares.

E vostede, Apicultor, e os demais cabaleiros que aquí aparecen, son a alma transmigrada da émula da Bella Otero de Lobeira que acabou de vizcondesa en Barcelona. Ou do peón agrícola que acabou estudando mapas militares nas montañas de Bosnia onda Tito, e que CASE é capturado. E que unha persoa que se ri cos cochitos eléctricos ou coas voladoras é perfectamente capaz de conquistar a srta. Antonelli, e de ver saír o sol canda ela no areal de Lido di Dante, no concello de Ravenna, cos cromados da motocicleta Triumph a brillar coa primeira luz do amencer. Apenas se distinguía a matrícula de Río Muni.


P.D. A moto conseguiuna Vde., Apicultor, grazas ao padre Jaramillo, elegante xesuíta e confesor da súa respectábel sra. tía dona Lutgarda, monxa segrar, residente en Pozo de la Mujer Muerta, Castilla y la Mancha, que foi quen lle subvencionou a viaxe de doutoramento. O padre Jaramillo estaba de ferias no lugar; era coronel capelán da policía indíxena en Guinea Ecuatorial, de aí a matrícula RM-0679; no 74 a matricula xa non era legal (grazas pola información, don Etxe), mais non había problema, porque tía Lutgarda, como fora catequista e unha recomendación súa valía máis que hoxe a de Rouco Varela, pois non pasaba nada; o sarxento da benemérita facía o parvo, total, o rapaz é coñecido e de boa familia, e a moto pasouna o cura pola zona franca de Vigo aínda que o rapaz con eses pelos tan cumpridos e con esas barbas... E qué carreira terminou??? Socioloxía?? E iso que virá sendo???

Uffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffff

Até maña, amigo Apicultor e demais cabaleiros.
Acho de menos o señor Leituga One.

Anónimo dijo...

Máis inutilidades
Aquí teñen unha entrada á documentación orixinal que fala de Fernán do Poo. Curiosos textos da cámara de Funchal no solpor da idade media onde mesmo aparecen galegos

Anónimo dijo...

Eu andei por Valencia e por Alicante. Só escoitei a unha parella, na Lonxa de Valencia, falando en galego. Fuxín o máis rapidamente que puiden da súa beira. Non por nada, senón porque para galegos xa os teño aquí todo o ano.
En vasco escoitei falar a nenos pequenos en Oñati, xa hai uns cantos anos, e a unhas mociñas polo Casco Vello de San Sebastián. En Valencia, durante esta Semana Santa, só oín "valenciano" nun bar dunha desas horrorosas vilas da costa, destrozadas pola construción e que aos habitantes desa parte do mundo lles parecen unha riqueza e unha marabilla.
Moi diferente de Cataluña, onde mesmo eu falo en catalán coa xente, para practicar e para que me vexan a boa intención. Eles decátanse e pásanse rapidamente ao castelán. Boa xente. Son coma nós.