24 mar 2008


O ESPLENDOR DUNHA CIDADE
La Región 24 marzo (Imaxe: casa de Fermín García, de Daniel Vázquez- Gulías, 1909)

Como era a cidade de Ourense hai cen anos? Fágome a pregunta, unha vez máis, revisando unha colección de fotos antigas. Era unha época en que non se facían moitas fotos, só as necesarias, para as postais turísticas ou para os grandes acontecementos. E para cousas sempre positivas, como a apertura do Hospital Modelo (hoxe no campus de As Lagoas), a construción da Ponte Nova que prolongaba a rúa Curros Enríquez e nos uniría co barrio da Ponte Maior (a nova ponte de ferro foi inaugurada en 1918), os novos edificios do ensanche moderno da cidade dende a Alameda ata o Parque de San Lázaro, obra dos arquitectos máis destacados do momento (Vázquez-Gulías, Conde Fidalgo, etc.). Houbo sucesos tráxicos naqueles anos, lembro de memoria, xa nos trinta, a obra dun edificio na entrada do barrio do Couto que se veu abaixo morrendo algún dos obreiros que alí traballaba. Pero diso non hai fotos. Tampouco hai fotos da brutal represión iniciada en 1936.
Bo gusto, elegancia. A Auria que camiña do século XIX ó XX estivo marcada polo bo gusto e o saber facer das súas xentes populares e autoridades. Pensen na estatuaria monumental do XIX, o Padre Feijóo, Concepción Arenal. Aí seguen, coa mesma dignidade do primeiro día. Cantas das estatuas colocadas na cidade nos últimos 30 anos resistirán o paso do tempo coa mesma prestancia?
Estou a falar dos tempos do Instituto do Posío, do primeiro alumeado eléctrico, da chegada do telégrafo, o teléfono, o automóbil, as conducións de auga corrente, o esplendor da prensa local. E pouco despois a Praza de Abastos, o Banco de España, a Delegación de Facenda, a Casa del Pueblo (desaparecida), o Instituto de Hixiene, o grupo escolar Curros Enríquez cos cartos dos americanos, etc. E da poderosa iniciativa privada, burguesa, que dende finais do XIX erguía edificios tan valiosos como o actual Simeón, a Deputación, a casa e comercio de Fermín García na Praza Maior (hoxe sala de exposicións de Caixanova), o antigo Hotel Miño no Paseo ou a Casa Junquera na Avenida de Pontevedra (hoxe sede de Caixanova).
Clasismo. Probablemente era unha cidade tamén cun marcado clasismo nas súas redes sociais. Basta ver as fotos. Polos xeitos de vestir distinguimos as categorías do corpo social: mozos operarios ou aprendices coas súas puchas, señoras e señores de sombreiros e tocados do señorío urbano, criadas e camareiros, mociños a vender os xornais, etc. Garavatas e “pajaritas” marcan un grao de distinción social: velaí os señores nas terrazas dos Cafés, na Avenida de Pontevedra por exemplo, no Unión, o Victoria, o Iberia, o Regio, na Bilbaína na rúa do Paseo, etc. O ordenador amplía as vellas imaxes e recoñecemos acenos e ademáns que marcan unha certa posición social. Tamén nolo contan as fontes literarias que retratan esa época: Otero Pedrayo cando narra os paseos do señorío e a fidalguía pola rúa da Paz ata o Espolón da Praza Maior, Blanco Amor cando describe o paseo central da Alameda reservado ó señorío. Un Ourense que xa se foi, pero deixou fortes pegadas.

34 comentarios:

Anónimo dijo...

Home, Valcárcel, vostede xa ten unha idade provecta, pero non se nos faga máis maior do que é (máis ben haberá que ir restando). Porque nos anos trinta aínda non nacera e, daquela, non pode lembrar nada de memoria deses anos:

"... lembro de memoria, xa nos trinta, a obra dun edificio na entrada do barrio do Couto que se veu abaixo..."

:-) :-)

Anónimo dijo...

Ehem...! Alguén podería dicirme como se fai para recuperar entradas antigas. Hai temas anteriores que me interesan, están fóra de páxina e non consigo entrar. ¿Como se fai para ir as entradas antigas? Grazas.

Anónimo dijo...

Abaixo de todo, á dereita da pantalla, ten o arquivo de todas as entradas mes por mes desde o comezo (sección "Uvas pasas"). Só ten que ir clicar, entrar e ler. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Eu fixen nestes días unhas cantas fotos do Ourense de hoxe, e viaxéi na miña máquina do tempo ao Ourense de dentro de cen anos, pra vendelas ben vendidas. Pero levéi un "carallo coma un brazo". Xa eles tiñan unhas máquinas do tempo mellores, i estaban fartos de viaxes turísticos ao pasado. Mesmo había axencias turísticas especializas. Un dos destinos máis demandados era o Ourense de hoxe, polo que imaxino que moita da xente que paseaba estes días polas rúas ourensás eran visitantes do futuro.Falaban un galego raro.

Marcos Valcárcel López dijo...

Obviamente, referíame non á miña memoria biográfica, que non vai tan alá, senón á memoria intelectual: ó que coñezo polos meus estudos e a prensa da época. E citaba de memoria porque non me parei a consultar a fonte exacta dese suceso que lembro ter encontrado na prensa dos anos 30.

Anónimo dijo...

Eló bem tou, Da Cova, que tal alcontra na urbe Ouréns, eu turis, year 2108. Desapercibido polos controis, anónimo, anónimo. Visionar in arquivo blogs, século pasado, blogistas celevrites. Da Cova, Apipesum, Auriam Maucus, fedendum piñeiros, pour traballus doctoralis.
Sempre.

Anónimo dijo...

Nesta páxina da Voz hai moitas fotos antigas, de toda Galiza. Moitas son de Ourense, pero copio unha de Lugo, a ver se se anima o XMGLz a comentala:FURAR.

Anónimo dijo...

Vaia. Vencellóume a primeira. :P

Anónimo dijo...

Na foto 123 está o Pepiño Blanco, no colexio. Pero non sei cal é deles.

Anónimo dijo...

Ourense

Anónimo dijo...

Agradezo recursos, sobre personagem ourensam, deste video.

personagem

Anónimo dijo...

Tamén sobre este outro personagem, localizado na "verbena das festas de Velle" Era o vocalista dos "chicos del Funk" Personagens de interés, entre o populi Julio Medela, tamen agradecese informatión.
verbena de Velle coa orquesta "los chicos del FUnk">

Anónimo dijo...

último personagem de summum interés
Tony

Anónimo dijo...

Como agradecimento anticipado, doulles unha infomación dende o futuro: Marcos Valcarcel tocaba clandestinamente o violín nunha famosa orquesta galega, ninguén dos seus coetaneos o soubo nunca.

Marquitos Valcarcel ao violín

Ánxelis dijo...

Por se che gusta o Ourense Antiguo, deixoche o enderezo de iste blog que a modo tentarei que se faga maior.
http://ourensenotempo.blogspot.com

Anónimo dijo...

Don José Manuel: Efectivamente, ten Vde. razón. Lembro perfectamente o evento, en 1974. Era inverno, xeaba. Harlem, New York.

Eu son, para máis precisión, o do fato vermello e cabelo de castiñeiro, que aparece a ollar para a cámara no minuto 06:40.

Como dicía un xitano catalán, moi amigo meu: Er mundo es un pañuelo, que cada vez encoghe más.

Saudosa lembranza, grazas.

Anónimo dijo...

Daquela andaba o sr. Apicultor retellando a Laura Antonelli, en Ravenna, e olla, a final, acabamos todos aquí.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moi simpático o de Marquitos Valcárcel ó violín e bo violinista. Hai anos vira unha entrevista no Faro cun músico de orixe cubana que vivía en Galicia e que tamén se chamaba Marcos Valcárcel: non sei se será este mesmo, pero non creo...
Quen me dera a min, en calquera caso, tocar así o violín....!!!

Anónimo dijo...

Medela, gracias pola autoidentificación, encaixa perfectamente a súa fisonomía, pero non o lugar, nos arquivos non figura Harlem, senón Velle.
O apicultar retellar retellaría senón se lle cruzase Francesca no camiño.

Francesca

Anónimo dijo...

O que nunca esqueceréi é aquel día en que andábamos o Medela i eu espantando chivas montesas polo Xerés. Unha delas, saltóu de xeito revirado desde unha peneda alta, pero non se déu conta que pasaban por baixo unhos cables da luz. Quedóu colgada polos cornos dos cables de alta tensión, berrando e patexando no aire. Tuvo o Medela que ir avisar a Fenosa pra que cortaran a voltaxe. Que vos conte él cómo rematóu todo.

Anónimo dijo...

Don Xosé Manuel: Como chegase a saber sor Lutgarda, a tía do sr. Apicultor que andaba cunha stripper, o noso amigo xa podía ir buscando un traballo nas illas Sajalin.

Sor Lutgarda foi a que lle pagou a viaxe de fin de carreira, aquela na que en Ravenna retellou a Laurinha Antonelli, que facendo un supremo esforzo, e con calzador, podía chegar a ser aceptada por tía Lutgarda. Mais a Francesca...

Saúdos, José Manuel.-

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aínda que tarde, impagable este villancico. Identifíquense e, por favor, agarden ao final.

Anónimo dijo...

Caro Da Coba: Foi contra o final de agosto de 1980. Vde., espectral e exacto cronista disto que se dá en chamar provincia de Ourense, saberá da rivalidade que en tempos había entre dúas freguesías do concello de Lobeira, Parada do Monte e San Xes. Pois ben. Ambas as festas coincidían cronoloxicamente e evidentemente cada unha delas procuraba contratar unha actuación mellor que superase a outra. Por exemplo, se en San Xes estaba actuando Manolo Escobar, en Parada de Monte, Lolita. Se en Parada actuaba Georgie Dann, en San Xes, Lolita, e así ata o infinito.

En agosto de 1980, os de Parada contrataran a Karina para o día 30. Mais os de San Xes, aínda non se sabe como, conseguiron contratala para o día anterior, cunha cláusula non escribida que impedía a cantante para actuar nun radio de trinta quilómetros á redonda no prazo dunha semana.

E foi cando vostede e máis un servidor andabamos a tentar introducir no Laboreiro-Xurés unha especie de cabra de Cachemira. Mais estes simpáticos bichiños, afeitos a saltar entre os horríbeis penedos do Himalaia, pensaron que o alto da Fraga era Karakorum, e unha delas quedou pendurada dos cabos de alta tensión, xusto no momento en que Karina decía “Amigos de Lobera, jeje, hace un poquito de frío”, antes de atacar co baúl das lembranzas. Foise a luz, evidentemente, por causa do churrasco-cortacircuíto de cabra cachemiresa, suspendeuse a actuación, e ao día seguinte, Karina actuou en Parada do Monte.

E así foi. E hoxe, 28 anos despois non hai quen convenza os de San Xes que os de Parada non tiveron nada a ver co corte de luz. Non houbo conspiración. A ninguén se lle ocurriu que puido ser un accidente.

Ao final, tanto libro, tanto documentário, tanto conto, e vai ser Lee Oswald (un parado disléxico) o único responsábel pola morte de Kennedy. Dámo no corpo.


Saúdos, Da Coba.

Anónimo dijo...

Exacto, Medela. E tamén sobornaban á orquesta contratada pola aldea rival, pagándolle o doble PRA QUE NON TOCARAN. Ou cortaban a carretera pra que non pasara o camión dos músicos.

Un amigo meu foi tocar fai unhos poucos anos cunha orquesta a unha aldea da provincia ourensá e contóume este caso:
O campo da festa era un prado. O palco estaba nunha extrema, e o bar da comisión, na outra, a unhos setenta metros. En total, unhas trinta persoas. Verbena. A cada pouco, o representante da comisión chégase ao técnico do son e dille que suba o volume sonoro. Hai que decir que se oía de sobra e, ademáis, o que tiña que facer quen quixera bailar era achegarse á orquesta, non permanecer no "quinto carallo". Cando o volume xa era esaxerado e o técnico se negóu a seguir subindo o "maiordomo" explicóuse. Xa sabía que o volume sobraba, pero quería que oíran ben os da aldea rival, a unhos mil metros en línea recta.

Anónimo dijo...

Tamén se rivalizaba no folión, Da Coba, que nestas parroquias que lle comentei, tamén coincidían.

Os de San Xes compraran unhas bombas de tal potencia, que escacharon todos os vidros das casas da parroquia, e quedaron ben orgullosos. O problema xurdiu cando alguén encontrou o resto dunha bomba, onde aínda se distinguían restos dun xornal português utilizado como envoltorio do depósito de pólvora.
As ditas bombas estaban prohibidas no reino de España e aínda para máis, foran pasadas polo monte; daquela aínda había alfándega.
O casual achado foi entregado á benemérita e houbo denuncia, xulgamento e un cirio de aquí a Arizona; seica o fiscal do tribunal de contrabando non andaba con historias.
E o máis curioso é que ninguén de San Xes protestou polos danos ocasionados polo seu propio folión nos vidros das súas propias casas.
Estaban fachendosos desas feridas.
Lembro ese folión, amigo Da Coba; non sei como sería o asalto final a Stalingrado, mais nas Quintas, a 1.5 quilómetros en liña recta, foi simple e sinxelamente insoportábel. Imaxine en Parada do Monte, o que sentirían, pois apenas elevaran un globo do que penduraba un rótulo ardendo que lacónicamente rezaba "VIVA SANTA EUFEMIA 1980".

E Rossellini buscando inspiración en Sicilia. Se chega a ser de Lobeira...

Anónimo dijo...

1980.EXTRAORDINARIO EQUIPO DE MÚSICA QUE OCASIONOU A MORTE DUNHA CABRA NATURAL DE CACHEMIRA E VECIÑA DO LABOREIRO POR NEGLIXENCIA DOS PASTORCIÑOS DA COBA E MEDELA. A CABRA PROVOCOU UN CORTOCIRCUÍTO QUE IMPEDIU A ACTUACIÓN ESTELAR DE MARIBEL LLAUDES (ALIAS KARINA), EN SAN XES, CASE OCASIONANDO UN CONFLICTO SIMILAR AO DA REPÚBLICA SERBIA DE BOSNIA HERZEGOVINA

Anónimo dijo...

Don Xaime: Vexo que anda por aí, e hai tempo que non o miro nin falo con Vde.
Quería comentarlle unha cousa, respectivamente á miña irmá Remedios Medela.

Anónimo dijo...

Gardo testemuña fidedigna dun conveciño meu (o do cuarto) que asegura ter visto nas festas de Golma (Cedeira) a Karina interpretare as Flechas del Amor acompañada por un radiocasette (estéreo, eso si) colocado convenientemente ao seu carón nunha cadeira.

Anónimo dijo...

Arume: E Antonioni gravando "O deserto vermello".
Manda c.

Anónimo dijo...

Non era daquela, amigo Medela. Era de cando Antonioni mandaba espirse a Inés Sastre, a Sophie Marceau, Irène Jacob e creo que a Fanny Ardant hai pouco. Un sátiro, Medela, un sátiro. E Karina perto da garita de Erbeira baleirando baúles. Manda a Capelada toda.

Anónimo dijo...

Un sátiro, Antonioni????????

EXTERMINIO
DESTRUCCIÓN
PEREZCA LA RAZA HUMANA!!!!!!!!

Entón Mayra Gómez Kemp que era, editora de libros de etiqueta???

jeje

saúdos

Anónimo dijo...

Don Xaime, acúdame!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Eu nunca esqueceréi unha verbena en Grou,fai xa moitos anos. Actuaba no palco un humorista galego, creo que o Farruco. Pero chovía e tronaba a esgalla. A xente estaba toda metida nos coches, esparexidos polo campo da festa. Cando o artista remataba o conto, no canto de oirse risas e aplausos, oíanse unha chea de bocinazos aprobatorios, mixturados cós tronos.

Anónimo dijo...

A mín tamén gústanme moito as postais antigas de Ourense, ainda que non as colecciono porque xa me chega de abondo coas outras cousas. Sobre todo as de rúas e persoas, non tanto as de monumentos como as da catedral nas que semella que non pasa o tempo. O que sí que non puiden evitar mercar pola súa rareza foron varias series (teño dúas series dunhas 18 e 12 fotos cada unha) de vistas estereoscópicas de Ourense en blanco e negro, para ver con visores estereoscópicos antigos, nos que sí que realmente un entra noutro tempo e noutra época...