29 mar 2008

Os bonecos non falarán galego
Marisol López critica a "fría receptividade" da industria. A secretaria xeral de Política Lingüística dixo que sairá na lingua do país Windows Vista e Office.

En Galicia Hoxe 29 marzo.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

A tal Marisol igual pensa que a industria é unha ONG.

Anónimo dijo...

Que promocionen o galego con boas ideas, e non con ocurrencias, como é a súa labor, que a industria xa fará o mesmo, de xeito sinérxico, nos ámbitos que lle compete. E de xeito eficiente, que a xente do mundo empresarial non é parva, por moi desprestixiada que esté en certos ámbitos.

Anónimo dijo...

Eu creo que Marisol empregou unha expresión neutra e benevolente. Porque eu xa me imaxino a resposta da industria xogueteira.

Ás veces convén fixarse outros obxectivos. Porque corremos o risco de facer o ridículo. Se para xente que participa da idea da extensión do galego esto pode semellar torpe ocurrencia, imaxínense vostedes para o resto dos mortais.

Anónimo dijo...

Escribimos ao tempo, don Xoan, a mesma palabra. Qué ocurrentes!

Anónimo dijo...

Non vexo torpe ocorrencia en que os nenos poidan ter xoguetes en galego. Boteinos persoalmente ben de menos na última década; aínda os boto.

Por certo: a Secretaria Xeral fixo tan declaración contestanto unha interpelación do BNG. Quen a realizou? En efecto, Bieito Lobeira.

O bravo deputado marinense (ou me confundo, ou tal que así foi denominado neste foro) valorou positivamente as xestións de Política Lingüística, e manifestou que eran necesarios máis esforzos. É de ver que nin o foro nin o resto da mediática nacional pon ao de Seixo a andar, desta volta, a diferenza do de hai camiño de tres anos.

Non renxen ultimamente as engranaxes, e tal circunstancia supoño que se valora. Aínda que igual hai tamén outros factores.

Anónimo dijo...

Pois eu, en termos relativos dun propósito normalizador, vexo torpe ocorrencia o das bonecas. A min chegoume máis cachondeo que seria proposta. Que quere que lle diga? Haberá outras cousas máis interesantes que facer. Digo eu.

Anónimo dijo...

Os desexos son o que son. E a realidade é a que é. A todos nos costa diferencialos entre sí. Sobor de todo,naqueles aspectos que nos tocan a freba sensible.

Anónimo dijo...

Non hai demanda social de bonecas que falen galego. Daquela, os empresarios actúan racionalmente ofertando só o que o mercado quere.

Esa é a realidade, guste ou non.

Anónimo dijo...

Si,Apicultor. O mercado do xoguete funciona considerando qué tipo de xoguete lle pediría un fillo a un pai, e non qué lle comprararía un pai a un fillo. E os gustos dos fillos nese aspecto son prácticamente incontrolables pra os pais de hoxe. A min tampouco me gusta.

Anónimo dijo...

Cando se fundou a TVG, non había demanda social de televisión en galego; arestora, a televisión en galego ten un seguimento notable. A realidade, sen dúbida, é a que é, e pode gustar ou non. Con todo, ás veces un agradecería algo de comprensión, xa que non solidariedade. Pero a realidade é a que é, en efecto; guste ou non.

Anónimo dijo...

Unha TV pública funciona con cartos públicos, e pode permitirse "queimalos" por tempo indefinido. A industria funciona cós cartos facturados aos seus clientes. A industria de verdade, claro. A subvencionada, é outra cousa.

Anónimo dijo...

Eu só me refería a demanda e consumo; en ningún momento falei de subvención (que, porén, non desboto), senón de impulso inicial e a miúdo necesario para que as cousas funcionen ou, simplemente, existan.

Pola demanda social, é verosímil que nin o Rexurdimento chegase a producirse. Pero tanto ten: a de vdes., coa anuencia da grande empresa e o seu balance de beneficios, é notoriamente a que vale. Espero que non para sempre, aínda que o meu fillo xa non terá seis anos.

Anónimo dijo...

Por eso digo eu moitas veces que o galego necesita dun deses expertos en "márketing", capaces de inducir o cambio de actitude da xente ante todo tipo de productos e servicios. Pero ese tipo de xente adoita a ser despreciado nos ámbitos nos que se (dí que se) fomenta o galego.

Anónimo dijo...

Fomentar o galego desde ámbitos culturáis galegos e hacia ámbitos culturáis galegos, só convence aos convencidos. Algo así como fomentar a lectura da prensa mediante anuncios nos periódicos. Só os len os que xa len periódicos. A maioría das iniciativas pra o fomento do galego son así de endogámicas. Pero vémolo os que estamos "fora do circuito".

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Totalmente de acordo con XdC.

O meu comentario ten que ver máis coa estratexia que coa necesidade de bonecas que falen en galego. Non se pode dar publicidade parlamentaria a unha idea sen contrastar primeiro (con discreción) se vai ter éxito ou non. Porque pasa o que pasou: en primeiro lugar, convidou á chanza por entender a opinión pública que non había necesidade e si notoriedade do parlamentario (para cos seus); e, en segundo lugar, tras os intentos coa industria xoguetil, motivou unha declaración da Secretaria de Política Lingüística na que non tivo máis remedio que admitir fracaso.

Podían, en ámbolos dous casos, evitar todo o proceso, se levaran un pouco máis elaboradas as tarefas e máis definidas as posibles consecuencias da iniciativa.
Por eso empreguei o termo de torpe ocurrencia.

Anónimo dijo...

Non o entendo, da Coba. Poñer no mercado xoguetes galegófonos non é endogámico se se encontran, por exemplo, en Centroxogo; ou en Carrefour, Toys-R-us ou bazares diversos.

Sospeito que eu mesmo debo estar máis fóra de circuítos diversos ca vde. mesmo. Neste tema escribo, ante todo, como pai; secundariamente, aínda que non sen transcendencia, desde un punto de vista ideolóxico e político. Como pai, teño unha impresión -non exenta de fundamento- de que tales e hipotéticos xoguetes terían saída no mercado; iso si, é máis rendible para as empresas (sexan de Ibi ou de calquera outra parte) a cadea única en castelán, como tamén para as editoriais españolas o serían os textos só nese idioma: ata un limitado coñecedor coma min o ve, eis obviamente as resistencias e vdes. mesmos o constatan (aparentemente, facéndoo bo ou intranscendente).

Ideolóxica e politicamente, son suficientemente coñecido como para puntualizar puntos de vista e canto a conveniencia e necesidade de esforzo. Conxuntamente con quen sinta tales necesidades, coma sempre.

Anónimo dijo...

Leo serodiamente o texto do Arume e cómpre inclinarse se a crítica se resume en mala estratexia; obviamente, tal é ben mellorable. Ora que, ás veces, para que alguén faga algo cómpre que previamente alguén diga algo, aínda que sexa en forma tosca e artesanal, ou mellor a única posible.

E é que vai camiño de tres anos. Con algunhas estériles risas e outras cousas que lle colgan.

Anónimo dijo...

Eu o que fixen foi constatar un feito incuestionable: as empresas (privadas) teñen por único obxectivo conseguir beneficios, e que, por iso, só responden ás demandas do mercado (isto é, dos consumidores). Desde o punto de vista da lóxica empresarial, é racional non apoiar unha petición que saben que apenas lle vai deparar beneficios e si moitos custes.

Cousa totalmente diferente -porque obedece a unha lóxica distinta, non mercantil- é a actuación dos poderes públicos que, dispoñendo de financiación pública, poden permitirse o "luxo" de promover, por razóns de "interese social" (máis ou menos real), determinadas iniciativas que só van crear déficit público (velaí a TVG, por exemplo).

Se houbese unha demanda suficientemente significativa de bonecas en galego non habería dúbida de que os fabricantes se apuntarían sen ningún problema. Mais o que -desde a súa lóxica, repito- non van facer é incrementar os custes de produción para crear un produto de máis que dubidosa rendabilidade.

Isto é o que hai, guste ou non. E a min basicamente non me gusta. Pero desde logo tamén comprendo que non se pode botar a responsabilidade ás empresas de que non haxa bonecas en galego, cando esa non é a función para o que foron creadas.

Dito noutras palabras: de habela, a única responsabilidade sería a da sociedade galega no seu conxunto, á cuxa maioría o asunto da preservación e potenciación da lingua galega non é algo que lle preocupe. Non é que estea en contra nin a favor, senón que lle é indiferente. Agás a unha minoría moi minoritaria.

Eu limítome, pois, a constatar uns feitos. Outra cousa diferente é que a min me gustaría que os feitos fosen outros. Mais convén non mesturar a realidade cos desexos, porque así nunca se tirará luz para saír do túnel, porque os desexos seguirían sendo desexos ineficaces e, a longo e medio prazo, inútiles. Desgrazadamente.

Anónimo dijo...

Eu voulles comentar un caso que vivín.
Atopábame tomando un café cun coñecido pedagogo, pai dun visitante asiduo deste blog. Era na época de Nadal. Unha señora, que seguramente o coñecía,acercóuse a él, e preguntóulle:" Señor Paz, cal é un xoguete bó que lle podia regalar ao meu fillo por Reis?". Él respostóu: "Unha caixa. Unha caixa calquera.Desenrola a súa imaxinación. Pode imaxinar que é un barco, un coche,calquera cousa". Imaxinen a cara da señora,mentras marchaba,cun fillo que seguramante ten na súa habitación conexión a internet. Non pensan vostedes que confundíu desexo e realidade, ese amigo de bastantes de nós?.

Anónimo dijo...

Perdón, escapóuseme o apelido desa persoa. Non tiña intención de poñelo. Foi un lapsus.:PP

Anónimo dijo...

Tres anos despois, sigo pensando que a iniciativa bonequil do bravo deputado marinense Bieito Lobeira tivo un único obxectivo real: a autopublicidade, quedar ben coa militancia nacionalista.
Sinto ter que mostrarme tan taxativo, pero é o que penso, visto o visto. E pregúntome tamén se Lobeira, ademais de urxir publicamente á S.X. de Política Lingüística a iniciar xestións condenadas a un novo e igualmente público fracaso, non puido el mesmo, apoiándose na Consellería de Innovación e Industria, e con toda a discreción que sería necesaria e que a este home lle resulta tan difícil, promocionar a fabricación en Galicia ou fóra dela, con ou sen subvencións, das famosas bonecas. Se a Consellería de Innovación e Industria vai dedicar 3 millóns de euros á conservación de tabernas ou cantinas no medio rural, non vexo por que non podería facilitar, mesmo desde Galicia, a fabricación deses productos polo visto tan necesarios para que a nosa lingua viva.

Anónimo dijo...

Caso no cal, con bastante probabilidade, se falaría de malversación ao investir cartos públicos en actividade cuxo produto dificilmente podería competir nun mercado onde a imaxe de marca, circuítos de distribución e algunha outra miudeza non deixan de ter algunha importancia. Con semellante grao de verosimilitude, podería un albiscar acusación de interferencia en xestión doutro departamento, ou aspecto particular da renxedura de engrenaxes; cousa ao paso xa se ten visto.

Loxicamente, sobre iniciativas políticas calquera pode concibir e concibe opinión propia, e iso dá en lexítimo e razoable abano de perspectivas. Ora ben: eu vexo na iniciativa aquela do Lobeira un intento sociolingüística e obxectivamente louvable; é de ver que a propia Secretaria Xeral, ao mellor un tanto serodia- (e inducida?) -mente, tamén o tentou.

Ás miñas fillas, xa en idade de merecer outra cousa, non lles merquei nunca unha boneca parlante. Iso non lle quita a outra probable evidencia: que as tales falen da nai e aquel Furbi, no seu día, das cóxegas non lle quita vida á lingua, precisamente; o "amoamimamá", difundido con exclusiva entre milleiros de nenos en principio galegofalantes, non lle dá demasiada.

Quedo á espera doutras iniciativas de actuación no ámbito da infancia, de amplo alcance, xa concibidas co rigor requirido e ben implementadas. Prometo, a priori, nun buscar intención partidaria aínda que cheguen a medio ano das eleccións; é tanta a falta que teño!

Anónimo dijo...

Na aldea, unha nena fixo a boneca cun pauciño e cunhos trapos. Falaba con ela, e cambiaba a un tono de voz máis agudo pra simular a resposta da boneca. Aquela boneca falaba galego.

Anónimo dijo...

¿Non coñece o asunto ese das festas dos Axóuxeres, González?

Anónimo dijo...

Nin idea. E se hai algo, polo menos algo, nin me disgustaba coñecelo nin saber por que non souben antes.