28 mar. 2008


Vai medrando...


Segue medrando a Ourensanía (Fotos Ourense). Por alí acaban de chegar Virxilio, Ferrín, Pura Vázquez,
Vicente Risco con coroza, a ara Calpurnia Abana, as Burgas nos inicios do s.XX, a barcaza de Oira, a directiva do Clube Alexandre Bóveda en 1999, etc. E saben quen era este cativo de nove meses, futuro escritor...?
(P.S.: tamén lle incorporei o sistema de Etiquetas á vista en pantalla, que facilitará a consulta por épocas e temas: diso se trata)

7 comentarios:

Anónimo dijo...

perinolilla.....

Anónimo dijo...

¿Non será Blanco Amor?...

marcos valcarcel dijo...

Non, non é Blanco Amor, é un escritor aínda vivo e con ampla obra literaria, de terras ourensás onde manda moito quen manda...
Pode acudir a OURENSANÍA e alí está a resposta.

Ana Bande dijo...

¿Méndez Ferrín?

marcos valcarcel dijo...

Compañeiro de xeración de Ferrín... Ímonos achegando...

Anónimo dijo...

Fernández Ferreiro?

marcos valcarcel dijo...

Si, a solución era Fdez. Ferreiro e está no blog FOTOSDEOURENSE. OURENSANÍA: alí indico de onde procede a foto.