8 abr. 2008

A galeguización do comercio, de X. M. Sarille (ECG 8 abril)

Cando o deputado Bieito Lobeira propón que nas axudas da Xunta aos comercios se inclúa o uso do idioma galego como mérito de concesión, este señor non está transgredindo ningunha norma, nin moito menos dereitos fundamentais. Só desde unha posición agresiva se pode considerar así. Os méritos poden ser de varios tipos, e entre eles pode estar, sen dúbida, o de mellorar a atención aos clientes que desexan ser atendidos en galego, unha das linguas oficiais de Galiza. Até aquí estamos de acordo con Lobeira.
Mais esta iniciativa xorde cando nos aproximamos ao remate da lexislatura autonómica. E ademais provoca diferencias entre os políticos que apoian o goberno galego. Todo isto é sorprendente porque o PSOE e o BNG pactaron un programa, aínda que non se note nos feitos (a penas o desenvolven), no que estableceron cinco eixes fundamentais de goberno, un dos cales é a normalización da lingua galega. E claro, se a normalización do galego é un dos cinco eixes, ao cabo de tres anos e pico de goberno, as prácticas deberían estar xa rodadas e con resultados visíbeis; no entanto hai menos febra que en calquera goberno de Fraga, dito isto con obxectividade, con datos na man e coa calma de quen está lonxe.
Que está a pasar entón? Varias cousas. Unha, que como non hai folla de ruta na política de lingua, non se sabe como facer. Outra, que Lobeira non transgride ningún dereito, pero tacticamente a súa iniciativa é pésima e calquera persoa algo avisada podía prever a controversia que agora suscita. Sería distinto se na iniciativa comprometese coa Consellaría de Industria á Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que esta última engadise diñeiro para aqueles interesados en galeguizar o seu comercio cando o van reformar. Cunha boa proposta serían case todos. Para iso está ese organismo e non para facer estudos de filoloxía.
E a última. Nin o PSOE nin o BNG queren abordar o asunto do idioma, agás algún espontáneo. Percíbeno como unha fonte de conflitos. É unha visión simple, a moita distancia da preparación e da complexidade que require o asunto, pero é o que hai.

43 comentarios:

apicultor dijo...

Interesante artigo. Pero non o dou visto na edición dixital de hoxe. Está?

marcos valcarcel dijo...

Apicultor, pasa algo moi curioso. Dende a web de ECG ten que ir ó buscador e poñer o nome de Sarille e xa sae.Porque na web saen todos os colaboradores de OPINIÓN, menos...curiosamente Sarille e Bieto Iglesias. Sempre se esquecen deles...

apicultor dijo...

Grazas, don Marcos. Pois si que os teñen agochados.

Anónimo dijo...

Sensato artigo, preciso e claro.

XDC dijo...

Vóulles dar unha nova que creo que lles vai gostar. Veño de estar falando con un colleiteiro do Ribeiro que vende o seu viño en moitos países do extranxeiro, e contóume que valoran o feito de que esté etiquetado en galego. Dalles a impresión de que é mellor viño.

Anónimo dijo...

Señor Da cova, con sorte ese dato empírico contribuirá a modificar para ben o seu prexuizo co idioma no tocante as cousas de comer e de beber.

arume dos piñeiros dijo...

Ten unha lóxica comercial: a de potenciar o enxebre, o pequeno, o da casa. Fronte ao internacionalismo doutras bebidas. Os nomes dos viños buscan tamén un certo arcaísmo aristocratizante: marquesados, señoríos, baronías, castelos, pagos, facendas. Iso tamén gusta: pensan que ten historia máis atrás do século XX.

Xosé M. González dijo...

Hai outra lóxica posible: unha identidade cultural forte (outra cousa é explicar o adxectivo) vende. Ergo, a diversidade. Congratulémonos, e a aprender.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Un suposto: van vostedes a Arévalo e teñen a opción de entrar a comer en
1) Un Restaurante.
2) Un Mesón.
3) Un Figón.

En cal preferirán xantar?

Xosé M. González dijo...

O Figón de Eustaquio (Cáceres) disque non tiña dúbida.

O Mesón de Alberto (Lugo) ten notoria sona que non comento.

Ás veces, non hai mellor restaurante cá casa de un (ao mellor, por iso non comento o anterior).


Desculpen a frivolidade. Ora ben... por que o idioma cultural propio (vaia agobio, para non dicir étnico, nacional...) ten que ir asociado a etnografía e, por ende, pasado?

Xosé M. González dijo...

De calquera maneira: se vou a Arévalo, miraría onde fan mellor as fabas ou asan mellor o año; tendo en conta que ando por aló moi poucas veces, non buscaría pescada ou luras. Unicamente, se hai présa e cadra unha trattoria decente, ou convida outro onde queira el, eventualmente fariamos excepción.

E que se chame como lle pareza. Ora que ver, na páxina web correspondente, que hai locais chamados figón ou mesón igual chama a atención e anima a ir.

Non a min, en particular. Pero é que tocou vde. un tema ben especial.

Xosé M. González dijo...

Por certo: no Parador de Tordesillas facían unhas fabas con foie-gras que (se non teñen nada contra o foie-gras) mandaban truco. Isto ha de haber dous ou tres anos, non sei se segue.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Estamos a falar de xente de fóra que estima que unha etiqueta vaia nun idioma próximo ao producto, porque desta maneira suliña a marca caseira.
Cando estamos nun mesmo idioma, son outras as estratexias. Seguro que os publicistas buscan elementos arcaizantes para reforzar a marca.
Entro ao chou nunha páxina de viños galegos:
escollo así rápido: Eidos de Padriñán, Señorío de Cruces, Pazo da Bouciña, QUinta de Lobelle.
E mesmo en latín: Regina Viarum ou Agnusdei. Ou con indicación de lugares moi moi precisos: Aldea de Abaixo, Carballal, Val de Lore.

marcos valcarcel dijo...

Unha vez pedíronme algo así como asesoramento lingüístico para unha marca dun viño de terras ourensás: quen me chamou, un bo amigo, insistía en que o nome tiña que ter relación coa comarca onde nacera o viño e algo que o relacionase coa historia, co mundo castrexo ou co medieval.
A tese "aristocratizante" e tamén "arcaizante" nas marcas de viños e alimentos é para min evidente: non só en Galicia, senón en toda España. Fíxense na publicidade de queixos, embutidos, etc.

XDC dijo...

Efectivamente, en cousas como viños, queixos, embutidos,leite,etc. valóranse elementos visuáis como escudos heráldicos, pergaminos, vestimentas tradicionáis etc.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Por exemplo, o O' [o artigo en 'distribución complementaria' para a hostelería, ;)] vai desaparecendo en Galicia. Pero en Barcelona ou en Madrid valóranse moito.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Un pub chamado Ye Olde Whyte Lion xa parece moito mellor.

Xosé M. González dijo...

A identificación víño-terra funciona moito; de aí a asociación con determinado topónimo, que enlaza coa aínda vixente sona de excelencia dagúns lugares (Os Peares, Chantada...) e engade outros para os que -no descoñecemento- o consumidor pode supor cousa semellante. Por outra banda, dado que os nobres disque bebían do mellor, a marca aristocratizante ten algún efecto; e que dicir do latín, que ninguén coñece nin quere coñecer pero adorna moito.

O da marca caseira daría por indiscutible que na percepción da xente o artesanal é o mellor; non penso eu que iso sexa así, nin de forma xeneralizada nin na maior parte dos contextos. En todo caso, a diversidade é un valor de seu, por veces valor engadido: e a aparición da lingua que expresa e é expoñente dunha cultura nacional pouco coñecida e difundida atrae; atrae, en realidade, aínda que non sendo das demograficamente maiores teña un nivel medio de coñecemento: danés, checo, catalán...

E non nego a atracción do escaso (gaélico) arcaico e non estándar (ye, aye, medieval, xaora que non ; habíao negar eu.

Xosé M. González dijo...

Refago inintelixible último parágrafo da mensaxe anterior:

E non nego a atracción do escaso (gaélico), arcaico e non estándar (ye, aye) ou medieval, xaora que non; habíao negar eu.

apicultor dijo...

O mellor viño de sobremesa que probei é un húngaro chamado Oremus. Paguei gustoso no restaurante os 8,5 euros por unha simple copiña. Que logo sería media copiña máis por xenerosidade do mâitre: non lle daba a botella para poñer outra enteira.

Quedará para sempre gravada a súa memoria no meu padal.

XDC dijo...

Vostedes pensan que inflúe a compaña, á hora de disfrutar do sabor do viño?.

Eu, o máis rico que probéi nunca foi un viño portugués,cor rubí , que me ofrecéu un colleiteiro particular, da súa "quinta",perto do Douro. Cando o probéi, a miña cara desencaixóuse có asombro, a serio. Él xa estaba sorrindo, con sorna.

Anónimo dijo...

Esquece o sr. Apicultor a mellor crema que vostede tomou, aquela de fabóns de San Lorenzo con "Laminaria Ochroueca e Hyperborea" e "Trompetas de Mortos".

apicultor dijo...

Aquela crema, en efecto, foi extraordinaria. Cómo non a ía lembrar!

apicultor dijo...

Non sei se é home ou muller, pero estanme dando ganas de darlle un bico.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Sr. Apicultor: Unha preguntiña.
Acredita vostede na existencia do demo?

Anónimo dijo...

Tireo ó aire que será ben recollido.

apicultor dijo...

Eu, ao respecto, estou con don Vicente.

apicultor dijo...

Alá vai, pois. Muuuaaac!

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Santo Tomás de Aquino teimou e teimou ata que demostrou a existencia de Deus.

Existe alguén que probase ou demostrase a existencia do demo?

Non refiro fenómenos paranormais nin cousas estilo Íker Jiménez; tamén nada a ver con Fausto.

Simplemente pregunto se alguén dos presentes acredita no demo, ou se o viu o se coñece o testemuño fiábel de alquén que o tivese visto.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ninguén di nada. Evidentemente. Despois do maxistral catálogo diabólico de don Vicente Risco, era crenza xeral de que o tema estaba intelectualmente esgotado.
Pois non.

Hoxe vin o demo.
Existe, modernizado, adaptado aos nosos tempos, exacto cumpridor da normativa dictada pola consellería de Medio Rural.

Dedicado ao meu admirado don Vicente Risco:

DEMO MODERNO

Xoan da Cova dijo...

O Demo, din que é a personificación do Mal. Non debe ser necesariamente personificación física ("encarnación"), nin xurídica ("..."). Pode ser que o mal se extenda de xeito homoxéneo e isótropo por todo o Cosmos. Debe de existir unha distribución de probabilidade da súa aparición, unha "función de onda" do Mal. O Mal debe ter, por tanto, comportamento cuántico. Mediante aporte enerxético, ou como mera fluctuación estadística, poderase "empaquetar" . A superposición de "funcións de onda" pode adoptar valores altísimos en determinados puntos, hasta quedar prácticamente constituida en materia. Aparecía seguramente, noutro lado, por simetría, a "antipartícula" (O Ben?). Sería moi difícil que aparecera nun sólo punto (lembren a interferencia das ondas a través dunha rendixa), habería posiblemente un patrón con certa periodicidade espacial da aparición que se prologaría, asintóticamente ou non,hasta o infinito ("o meu nome é Lexión"). Aínda que se conseguira esa materialización do Mal, sería moi improbable que aparecesa baixo as formas da química do carbono. Podería andar pola familia do silicio, químicamente próximo, o que daría parte da razón aos que din que este chismes informáticos son cousas do Demo. Mesmo se se conseguise condensar o Mal nun recinto especial case definido ("pozo de potencial de altura moi alta, pero finita"), sería posiblemente dunha existencia efímera. As caixas de Pandora teñen tendencia a abrirse elas soas ("Se se abre un bote con vermes, sólo poden xuntarse nun bote máis grande"). O comportamento cuántico do Demo explicaría a súa aparición sincrónica en sitios diferentes e lonxanos, a indefinición da súa forma física ("transfiguración"),etc. As funciós de Hilbert, ou os isomorfos operadores cuánticos, deberían ser de obrigado estudo nos seminarios, pra estar preparados na loita contra o Demo.
(Continuará).

Xosé M. González dijo...

Cuántico ou silícico, calquera que sexa a materialización, é tema delicado. Algunha vez preséntano risoño e abraiado pola increnza nel: este, na obra referida.

XDC dijo...

(Imaxino que non preciso decir que todo o que escrbín é unha "coña mariñeira"). XDD.

arume dos piñeiros dijo...

Entre Construcciones Dios e O Demo Limpafincas, o Armaggedon debe ser no skyline de Melide.

XDC dijo...

Xa se sabe que o Demo ríse cando aseguramos que non existe (Badulaire). Penso que hai máis xente que cre no Demo que no mesmo Deus, anque ás veces pénsase, erróneamente, que ambas cousas van necesariamente ligadas. Sería un inquérito sociolóxico interesante.

XDC dijo...

Anque, dado o comportamento "borroso" dos galegos (Lamas dixit), o inquerito baixo ese motto sería: Nunha escada de un ao dez...canto cre en Deus?. E no Demo?. As miñas respostas personáis serían: 4.5 e 6.5, respectivamente.("Deus é bó, eo Demo non é mau")

XDC dijo...

Ben e Mal, imposibles de separar como os polos magnéticos . Estados ideales i extremos, imposibles de conseguir puros, violaría o Principio de Incertidume. Un Demo ten un pequeno deusíño metido dentro, e vice-versa. Ying e Yang. (yao-pu-yao? Queres-ou-non queres? ).
No principio foi a Luz (O ben?),que só ten sentido como oposta á escuridade. A escuridade móvese á velocidade da Luz (???). Hai sitios aos que a Lus aínda non chegóu hoxe, pero eses sitios non existen, porque é a Luz a que os crea.

XDC dijo...

Estes "vicios de Onán mentáis" déixanme máis canso ca os outros. Vostedes quérenme matar.

Xosé M. González dijo...

Suxestivo e grato, da Coba. Ormuz e Ahriman, e paralelos, n' As Uvas. Ou Baudelaire:

Sur l'oreiller du mal c'est Satan Trismégiste
Qui berce longuement notre esprit enchanté,
Et le riche métal de notre volonté
Est tout vaporisé par ce savant chimiste.


Que lle parecería ao Sarille desta deriva?

arume dos piñeiros dijo...

Debería telo enmarcado na casa. Haberá que falar con el.

marcos valcarcel dijo...

É que este Sarille tamén é o demo (brincadeira fácil).

XDC dijo...

E onde dixen "coña mariñeira", tamén pode ser "coña pescadora" porque, como dixo o Medela, có tema do Demo, non hai quen poda, por agora.
E para vir a xunto a mín, Demo do carallo, vai lavar a cara.

Xosé M. González dijo...

Tarde, como sniper e sen ser política estruturada de goberno; aí doulle toda a razón ao Sarille. Pwro isto, o do comercio e o das TVs portuguesas había que facelo e ben está que alguén o faga; imos cara ao final da lexislatura. Tamén o digo.