24 abr. 2008

ÚLTIMA HORA. UN RECURSO ANTE O TSXG BOTA ABAIXO O PXOUM.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou nunha sentenza o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ourense por considerar que non pasou o trámite de exposición pública antes da súa aprobación definitiva no Concello e na Consellería de Política Territorial e Vivenda.
O estimado, dun particular, é só un dos trece recursos pendentes contra o PXOUM.
Creo que a avaliación histórica do período de Manuel Cabezas como alcalde vai ter moitas sombras...

5 comentarios:

Rosa dijo...

...Moitas sombras tivo a Alcaldía de Manuel Cabezas, ou o que é o mesmo, moitas sombras tiveron os gobernos municipais liderados polo PP.
Se non lembro mal, unha vez comezado o novo período na Alcaldía de Ourense o Partido Socialista de Galicia propuxo que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) fora revisado moi polo miúdo pola Corporación local para corrixir erros, sen ter que esperar ás resolucións aos recursos interpostos no seu momento. Tal revisión non foi apoiada polo PP, loxicamente, e tampouco polo BNG.
Espero que agora o portavoz do grupo municipal do Bloque non diga que “xa o diciamos nós” e bote balóns fóra. Aí están as hemerotecas.

Jacques Delapierre dijo...

O píor que lle pode pasar a un PXOUM, é que o impugnen por cuestións formais, e que se estimen as impugnacións aceitando esas alegacións. Explícome.
O recorrente do Plan de Ourense, argumentou para pedir a súa nulidade que a exposición pública non fora correcta, xa que os planos expostos non foron os que finalmente se aprobaron.
Que é o que pasa neste momento, pois que as licencias concedidas con arreglo a plan declarado nulo, quedan supeditadas a unha aprobación posterior do Plan, e si foron executadas, ganaron firmeza e terán que ser previstas no futuro.
Pero a cuestión máis importante é: Que pasa cas licencias ou estudos solicitados o abeiro do Plan declarado nulo que non se concederon por non adecuarse a súa normativa.
Non pasaría nada se o Concello retoma o Plan anulado e cumplindo os requisitos formais, e dicir, traslados, alegacións, exposicións públicas volve a aprobalo.
Pero claro, e aí a miña inquedanza, ningún goberno aposta por aprobar algo que non estivo de acordo na súa tramitación, ou falando en prata, o PSOE-BNG, non van a aprobar un plan do PP, cando por seguridade xurídica e non por oportunidade política deberían-o facer, e Ourense perderá outros catro anos en ter un Plan Xeral, requisito vital para evita-la especulación, a corrupción e sobor de todo o atraso económico, xa que os inversores fan-no onde hai seguridade xurídica.

XDC dijo...

Canta razón ten, frère Jacques.

Jaxques Delapierre dijo...

Que fai vostede desperto a estas horas, D. Xoan.
Recoméndolle, de almorzo -nós na aldea chamámoslle o desaiuno así- un bon iogur natural da jefa, unha tosta de pan de Allariz con xamón e un zume de laranxa e deixe corre-lo día.

Ourizo Cacheiro dijo...

Gustaríame que santiago dapedra nos explicase un pouco máis as consecuencias do rexeitamento do pxoum. Por exemplo, alguén que ten concidida unha licencia de construcción e non a executou porque non lle viña ben aténdose ó prazo reglamentario, cal é a súa situación actual?.

Se se redacta outro plan non teríamos posibilidade os ourensáns de modificar algunha cousa, agora que están outros con outra "sensibilidade" máis social etc...

Precisaba de análises máis pedestres, porque eu non visualizo a perda de catro anos, e eso da seguridade xurídica éme demasiado abstracto.

graziñas.