30 abr. 2008


Olga Gallego, segunda muller que recibe o Premio Trasalba
A primeira académica da RAG foi a bibliotecaria e arquiveira do galeguismo interior
MARÉ . SANTIAGO (Galicia Hoxe, 30-4-08)

Olga Gallego nunha rúa de Ourense, a cidade na que naceu e na que desenvolveu boa parte do seu labor. Olga Gallego, a primeira muller que entrou na Real Academia Galega (RAG) e durante moitos anos a única da institución, foi elixida por unanimidade Premio Trasalba 2008, o galardón que entrega anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento ás persoas que contribuíron a preservar a identidade e a cultura galega. Esta é a segunda ocasión na que o galardón recae nunha muller des que se creou en 1983, xa que Pura Vázquez o recibiu hai doce anos. A ela chégalle, precisamente, no seu oitenta cumpreanos.

8 comentarios:

galicianosolecer dijo...

Parabens a Dª Olga
Trebi

AVMF dijo...

Mil millóns de felicidades, Dona Olga

Kultur club dijo...

Había outro comentario aquí, sería tan amable o administrador de dicirme seu foi suprimido.

marcos valcarcel dijo...

PARA KULTUR CLUB:
Pois, entre onte e hoxe, entraron máis dun cento de comentarios. E suprimín un só, pero non foi neste fío, senón noutro. Simplemente usaba expresións insultantes obscenas non válidas nas normas de estilo desta casa.
Estaba asinasdo como Anónimo, non como K.C. Por outra parte, considero unha covardía facer un ataque directo e inxurioso contra unha persoa ben identificada, sexa quen sexa, utilizando o Anonimato: iso deixa en inferioridade de condicións ó agraviado. Non falo de argumentos ou debates políticos, senón de ataques directos e viscerais: nestes casos, se son asinados por Anónimos, resérvome o dereito a eliminalos. Doutro xeito, eu sería cómplice deses ataques e o agraviado carecería de posible defensa.

Kultur club dijo...

O suprimido polo que vostece describe non era o meu, que estaba firmado como Kultur Club, pero eu vino incorporado aos comentarios.
Era critico, non con Olga Gallego, pero si coa situación da cultura, pero respetuoso.
Nons sei logo por onde andará?

Engreido provinciano empregado de pompas fúnebres para a intelixencia dijo...

Píllase antes a un mentirán ca a un eivado, señor Kultur Club.

Anónimo dijo...

A min non me pilla señor engreido porque non teño ningún interés en que non me pille, a ver se se entera dunha vez.

Etxe dijo...

O Sr. Kultur Club -supoño que o de "club" será por "garrote", ou sexa "garrote" -ou moca- da cultura, enganouse.
Escribiu noutro fío.
Máis arriba.
Así que, "agüita".