4 may 2008


Cen anos de historia cultural
2001: World Poetry Day
De esquerda a dereita, o poeta Wole Soyinka, Marilar Aleixandre e Alfonso Eiré.
O acontecemento cultural do ano foi, sen dúbida, a celebración en Compostela do Día Mundial da Poesía, da man do Pen Clube Galego e no Auditorio de Galicia. Tamén houbo un acto de homenaxe ós nosos poetas medievais na illa de San Simón. Nestas actividades participaron o poeta palestino Hanna Awwad, o portugués Eugenio de Andrade, a rusa Bellla Akhamandulia, o sueco Lasse Sodeberg, o quenyano Sam Mbure, o antillano premio Nobel Derek Walcot, o nixeriano Wole Soyinka, ademais dos galegos Helena Villar, Luís González Tosar, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ana Romaní, Antón Lopo ou Xulio Valcárcel, entre outros. Na súa intervención o poeta Wole Soyinka definiuse como “un defensor de calquera grupo minoritario que se enfronta con grandes poderes, porque cando a un pobo se lle rouba a súa cultura, roubáselle a súa humanidade”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ainda lembro aquela lectura de Soyinka no Pazo de Raxoi. Os versos confundianse co son das campás da catedral. O mesmo sucedeu tamen con Manuel Rivas Tamen creo lembrar que na mesma mesa estaban sentados Ferrin e Casares e cando fun xunto Derek Walcott para que me asinara o meu exemplar do seu poemario " Islas" e tiña que deletrear o meu nome "G-Y-S-T-A-V-O" (sorte que non lle dixen o meu apelido P--E-A-G-U-D-A).
Tamen lembro unha imaxen no Obradoiro. Un home velliño e elegante.Era o poeta do Passeio Alegre de Porto.

Gustavo Peaguda