19 may 2008


en poleiro alleo

* 17-M. A cidadanía sae á rúa. Arredor de dez mil persoas aplícanlle ao Goberno do bipartito un correctivo para cambiar a política lingüística da Xunta e lograr que se cumpra a lexislación (MARÉ, Galicia Hoxe 19.5.08)

* Manuel Forcadela : "Falar de bilingüismo en Galicia é unha contradición nos termos". “O nacionalismo non é máis que a forza centrípeta que condiciona a existencia de nacións. Levamos douscentos anos de loita para conseguirmos ser o que somos.Non somos o resultado dun capricho senón que somos o resultado da historia”, entrevista de M. Vidal Villaverde (GH. 19.5.08)

155 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesante esta entrevista a un dos autores e profesores universitarios que mais teñen aportado a literatura e teoría literararia desde Galiza.
Agradabel observar o seu pronunciamento identitario nacional sen complexos.
Respecto ao privilexio estetico-epifánico-cognitivo da poesía, estou en desacordo. A novela pode dividirse tamén en autentica e inauténtica, a novela non extemporanea (non epica) fala sempre do presente. A contemporaneidade da poesía non está en loita coa contemporaneidade da novela. A novela ten a súa propria consistencia como xénero, poque responde a unha xenuina poiética tanto como o poema. Cando prevalece o estético a tendencia é cara a epifanía, efectivamente, pero unha vez producida esta, hai un xenero que pode cerrar mellor o ronsel da explosión epifánica, a novela, que non suplanta pero tampouco relata nunha segunda orde a acción do poema, senón que o descentra dende a súa orixe na que se instala todo bo novelista, porque dende o principio o novelista está tamén aí, a escoita, a espreita como un bo pastor que coida o rebaño, e que abandou un dia, nalgún instante a súa cabana domesticada pola intemperie.

Anónimo dijo...

¿Comoooorrrrr?

Anónimo dijo...

¿E logo non vé, anónimo, que está en xente culta que impresiona, oh?
Lea Aritóteles, home, que senón vai pensar que a poiética en vez dunha división da ciencia aristotética e algo da familia da viagra, ho.

Anónimo dijo...

Traducción traductora do tixolo anterior:

En todo caso, valoró que se sitúe cinco décimas por encima del crecimiento de la media de la economía española que aumentó el 2,7 por ciento en el primer trimestre de este año, ocho décimas menos que entre octubre y diciembre de 2007, según el indicador adelantado difundido por el Instituto Nacional de Estadística (INE).

Tratabase desto, ¿non é?

Anónimo dijo...

Non sei se víu que o sábado Diego Ameixeiras reivindicou no Culturas da Voz a Álvarez de Nóvoa... Estanlle saíndo moitos apoios ao granadino da rúa de Reza! Sería un bo candidato para as Letras do 2009?

Anónimo dijo...

¿Quen é Diego Ameixeiras? ¿Non será un "novelista que está tamén aí, a escoita, a espreita como un bo pastor que coida o rebaño, e que abandou un dia, nalgún instante a súa cabana domesticada pola intemperie"? Porque Diego Ameixeiras é o prototipo de
"bo novelista" do que fala o Levita, ¿non é?

Anónimo dijo...

e quen é ese Levita do que tanto falan?.

Anónimo dijo...

A min paréceme un dos novelistas máis orixinais que saíu en Galicia nos últimos anos... "Tres segundos de memoria", a novela coa que levou o Xerais no 2006, é moi irónica e divertida. Descolocou a moitos popes da crítica, iso si.

Anónimo dijo...

Levita é Diego Ameixeiras.

Anónimo dijo...

Ameixeiras é xenial!, moitísimo mellor que Caneiro ou Manolo Rivas, e por suposto que Suso de Toro. Confésase discípulo de Bieito Iglesias, pero é mellor que el. Ameixeiras será o noso primeiro nobel cando se canse Ferrín.

Anónimo dijo...

Si desde logo teñen a mesma filosofía.

Anónimo dijo...

Xenial e moi sexy.

Anónimo dijo...

Síntome obrigado a intervir, advirto aos blogeiros que eu non son Levita.

Anónimo dijo...

Xenial e moi sexy é o Levitas, non o Diego. Boeno, el tamén.

Anónimo dijo...

A mesma filosofia Ferrin e Diego Ameixeiras?
Pero se ningun ten filosofia!

Anónimo dijo...

Teñen, o caso é atopala.

Anónimo dijo...

Un pouco de orde, señores.

Anónimo dijo...

Levita Diego Ameixeiras? Non creo... Polas opinións que lle teño lido, non me dá moito a min que sexa dos que mesturan literatura con identidade e nación, e cousas desas... Mellor que Rivas ou De Toro non sei se será, pero que Caneiro seguro. Tampouco di moito a favor do rapaz ser mellor que o de Verín, a verdade.
Bieito Iglesias é moi bo. Un estilaso, que dicimos na miña aldea.

Anónimo dijo...

A historia é discursos(s), máis ca ciencia. Alégrase un de lelo, coma o resto. Estas entrevistas do Vidal poñen bastante ás claras o que é realmente o nacionalismo galego, permiten descansar desa non infrecuente e abusiva banalización que tanto fastío produce. Aquí e aló.

Anónimo dijo...

Levitas é o de Verín, ¿ou acaso non levita?

Anónimo dijo...

Levitas será Gonçalves.

Anónimo dijo...

Todos somos Levita.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Diego Ameixeiras e para todos/as:
Fagan vostedes as consideracións literarias que consideren oportunas, sempre dentro dun mínimo de respecto e cortesía.
O que semella absurdo é andar a colgar nomes propios nos nicks das Uvas. Absurdo e inútil: eu son o único que coñezo a maioría das personalidades dos contertulios habituais e tampouco penso revelalas. O resto son atribucións gratuítas.

Anónimo dijo...

Levita Perón?

Anónimo dijo...

Seriamente falando, é Bieito Iglesias un escritor extemponáneo e por tanto un escritor de segunda orde?
Entón non estaría na orixe para descentrala e por tanto sería incapaz dunha estructura narrativa xenuina, senón de refugallos,instantáneas, narrativa de mais ou menos calidade pero non novelista,sempre segundo Levita. Ou é que entendo mal?

Anónimo dijo...

Pró Levita sóio hai un gran escritor: Levita. Home non.

Anónimo dijo...

¡Levita Perón is Dead!

Anónimo dijo...

Bieito Iglesias é o mellor escritor francés da Solaina.

Anónimo dijo...

Que fai o frances na solaina!

Anónimo dijo...

Levitas é Miss Ourense.

Anónimo dijo...

Aí quería chegar eu.

Anónimo dijo...

Entón sen dúbida que Levita é o Apicultor, Cachado!

Anónimo dijo...

Marcos, sin piedade con estes lerchos que o único que buscan é desacreditar e desmoralizar aos nosos escritores mais xeniais.

Anónimo dijo...

Joder, que curiosidade que tendes por saber quen é o api. Férveme a lingua de tanto mordela. Non me fagades falar, cona.

Anónimo dijo...

...como o apicultor. Marcos saca as tesouras corta e dalle de paso un toque a quen tes que darllo.

Anónimo dijo...

Por favor señores, que mi padre sea de origen humilde no les da derecho a trarar como si cualquier cosa a su hija, tengo nombre y apellidos, preguntenle al tal Benito.

Anónimo dijo...

"eu son o único que coñezo a maioría das personalidades dos contertulios habituais" (Marcos)

Marcos, non me fagas falar, eu tamén sei quen son. Xa poden porse como queiran e xogar a despistar, que os teño cachados. Os únicos que non teño claros son o X. M. González e o Julio Medela, que non sei se son os seus nomes reais ou os seus nicks aparentemente reais. E non me tente moito porque...

Anónimo dijo...

Eu no sei nin de onde veño nin quen son.

Anónimo dijo...

Don Anónimo: Eu por non ter, non teño nin nick.

Pregúnte a Teresa Gimpera, pregunte...

Anónimo dijo...

Xa apareceron os pailáns provinciáns. Vaian tomarse unha parva e cortar o mundo a súa curta medida mental. A retranca é o humor dos vencidos, pero estes nin a eso chegan, mais ben chairega insidia e unha profunda desorientación intelectual.

Anónimo dijo...

Até cando o blog vai a aturar as paranoias do Apicultor?

Anónimo dijo...

Tranquilícense, amigos todos, que acabo de chegar agora mesmo do choio. Non se lles pode deixar sós, qué boa tropa serían se tivesen un bo capitán.

Agradezo infinito que pensen que eu son o señor Levita, mais teño que recoñecer humildemente que son incapaz de articular un pensamento tan profundo, de expoñelo con tanta claridade e de redactalo con tanta pulcritude.

Pero dá gusto velos tan ociosamente activos. Xa saben que eu son o siareiro número un do xenro de Karl Marx, un tal Paul.

Agora veño un pouco sedento e, co seu permiso, voume preparar unha clarita ben fresquiña.

Saúde!

Anónimo dijo...

Pero a ver, Levita é o Apicultor?

Anónimo dijo...

"Logo regresei a casa dos meus amigos e relateilles estas aventuras. A sorpresa que lia nas suas faces, felicitabanme repetidamente de corazón por ter conseguido voltar san e salvo e pasamos a velada como o facemos agora; e todos alabaron o meu valor e a miña veracidade."

Rufolf Erich Raspe

Final do Barón de Munchausen

Anónimo dijo...

Póngalo en castellano si no sabe traducirlo al gallego, señor.

Anónimo dijo...

Hai tempo rematei unha polémica co Apicultor cun non sequitur. Observo como a dialéctica segue a ser imposibel con este señor. Animao unha intencionalidade que nada ten que ver co amor polo saber, nin co entusiasmo de compartir coñececimentos, impeleo unha inclinación morbosa que rexeito, polo que me vexo obrigado, no que a min respecta, e a partir de este momento a anatematizalo. Olvídeme Apicultor, vostede e todos os seus niks, vostede para min xa non existe.

Anónimo dijo...

Tranquilícese, señor, e non faga xuízos de intencións absurdos, que iso remata en paranoia pura e dura (e despois é moi difícil de arrincare). Eu con vostede... nin fu nin fa, incluso nin do nin re. Así que calma, ante todo moita calma.

Voulle dar unha receta para unha boa clarita: vaso longo de cristal, metade de Estrela e metade de Fanta limón zero, todo moi, pero moi fresco. Non sabe o que relaxa... e o que refresca.

Anónimo dijo...

Repase os horarios das intervencións, home de deus.

Repare que hai unha que coincide exactamente á mesma hora coa miña primeira intervención (sinalan as dúas as 06:06, que en realidade é unha hora máis tarde). Logo eu non lle son, meu señor.

Das outras non teño forma de probar materialmente que eu non lle fose. Daquela pouco lle valerá na súa galopante paranoia que lle diga que hoxe, por motivos laborais, non puiden entrar n´As Uvas até uns minutos antes da hora sinalada, Cheguei sobre as 06:40 (hora real), aparquei o coche e fun a unha tenda de Vodafone que está ao carón da miña casa a ver se me arranxaban o móbil, e logo viñen para a cubil, abrín As Uvas e lin. E escribín ás 07:06 (hora real), despois fun facerme unha clarita e picar un anaco de chocolate negro mentres lle botaba unha parolada cos outros inquilinos. Volvín de novo, lin e escribín ás 07:38 (hora real).

Comprenda que non penso estarlle dando conta dos meus movementos a cada minuto, pero, francamente, preocúpame a súa obsesión paranoica.

Pense se pode haber alguén que o recoñeza e que lle guste tomarlle o pelo, en medio da confusión da rede. Tampouco creo que llo fagan con mala intención, só para rirse un pouco. Porque din que é moi san facelo, debería telo en conta, home. Non se anoxe inutilmente e reláxese, que vivir só son dous días.

Saúde!

Anónimo dijo...

Levita di que hai tempo que rematou unha polémica co Apicultor e eu digo que hai tempo que levo querendo encetar unha polémica co bebedor de "claritas", e non hai maneira. Rexeita os meus requebros, fuxe de min coma do demo, agáchase onde pode. Non será que me ten medo? Eu o que non son é tan contundente como Levita e nunca lle direi "vostede para min xa non existe". Seguirei intentando entrar en polémica con el por todos os medios, a ver se algún día se decide. Mal rapaz non debe ser. Ten o seu xenio, pero é finxido; un papel que se impuxo el a si mesmo, ou que lle impuxo Marcos. Un tipo que bebe e aconsella beber "claritas" trasmite vibracións relaxantes e refrescantes. Todo un intelectual da "clarita".

Anónimo dijo...

Ese son eu: "Todo un intelectual da clarita" ;) ;) ;)

Anónimo dijo...

¿E que culpa ten Clarita? ¿Acaso non nos pediu don Marcos que non usásemos santos nomes en van, que ya el sabía a quen debía atribuír a maior parte dos posts? ¡Desde logo!

A propósito: a señor Forcadela xamais debeu pensar que as súas asisadas declaracións ían provocar unha restra de babecadas como as que se ganduxaron aquí. ¡Cómame Dios, se non somos unha panda de descerebrados! ¡Estragar así unha ocasión para a reflexión ou, mellor, para a autorreflexión!

Anónimo dijo...

Eu cheguei a "poesía de ideoloxema" e "poesía de epifanía" e asusteime. Dixen, mal por mal, babecada por babecada, millor poñer a Levita e tomar unha clarita co Apicultor.

Anónimo dijo...

A "poesía de epifanía" non podes chegar ata o seis de xaneiro, así que che quedan ben claritas ( vaia mamarrachada de refresco) por tomar.

Anónimo dijo...

Dise "qué mamarrachada..." e non "vaia mamarrachada...", que é calco do castelán. E mamarrachada tampouco parece moi galego (profesor González, ilústrenos). Véxote un pouco "inauténtico", meu.

Anónimo dijo...

Aos intelectuloides epifánicos estes eu cortaballe os "huevos". Hai que mantelos a raia que igual irradian.

Anónimo dijo...

Non sei eu se o Apicultor será un intelectual da clarita, pero o que si está moi claro é que o Levita non é un intelectual da claridade.

Anónimo dijo...

Aos epifánicos córtalle os "huevos" ou o que queiras, aos apifánicos nin che se ocurra tocarlle a "clarita" (dos "huevos"). Co meu amigo Apifanio non vos metades que aquí estou eu para defendelo. Con dous "huevos".

Anónimo dijo...

Levita non é un intelectual da claridade, el é un intelectual da clarividencia, que é moito máis importante.

Anónimo dijo...

A clarita só a beben os lúcidos, os demais, emponzóñanse con cousas escuras e logo veñen a enbeleñarnos cos seus discursos que atentan contra da claridade do sentido común. Don Marcos debería impedir a entrada dos intelectualoides epifánicos, apofánticos ou elefánticos. Viva a clarita.Adiante Apicultor a autoestrada blogueira é tua.

Anónimo dijo...

Oiche Eustaquio! Porque non o volves ó revés ? pode ser a expresión castelá un calco da galega home.Hai que ver todo en positivo : aprende. Vou para á cama que con tanto juevo cachado hai xa un tortilla para o guines ademais co aburrimento dame o sono.

Anónimo dijo...

API, API, API API, API, API, API!!!!
CAMPEÓN.

Anónimo dijo...

Epifánica, órfica, apolíneo, dionisíaco, centrípeta, políglota, lexicógrafo, ergástulo, vocábulo, semántica, recidívico, hermenéutico, ontolóxico.
O gusto polos esdrúxulos é notorio nesta entrevista, tanto polo preguntador como polo respostante.

Anónimo dijo...

Mmmmmm..., se Levita é clarividente entón... é a Bruxa Lola!

Anónimo dijo...

Estáse descontrolando, Levita-Epifanio et alli. Non se obsesione comigo, que xa ten claro signos de paranoia. Deixe de verme como o factótum de todo, que eu non son tan omnipotente (qué raios quererá dicir omnipotente). Contrólese, por favor. Que o están puteando e non se entera do cachondeo que se tran algúns a súa conta. Ríase, home, ríase e disimule.

Anónimo dijo...

Establecer desde a peor "filosofía do bosque" a distinción auténtico/inauténtico é no mellor dos casos un idealismo trasnoitado, e no peor un mal remedo e unha repetición libresca da anterior. Eu tamén vou tomar unha clara, grazas.

Anónimo dijo...

Vaia nivel de debate o deste blog!

Anónimo dijo...

O unico que establece é o anónimo ridículo, que será a "filosofia do bosque"?, ande non meta os fuciños en pozos que non son para vostede. Dese unha volta por Sein und Zeit e logo para abordar estas cuestión bañese en Unterwegs zur Sprache e decatarse das tonterias que dí.

Anónimo dijo...

Hai que admitir que resulta moi difícil estarmos á altura da entrevista. Vexamos esta pregunta: "non che parece isto unha perversidade ou mesmo a continuitas da aliñación perpetua, ou como dirían os dos credos -cos debidos respectos-, per vitam aeternam, que non é outra cousa que a negación do home, na acepción grega do vocábulo?".
Se ma fan a min, doume por detido.

Anónimo dijo...

Uns necios o entrevistador e o entrevistado, non sei como Don Marcos colga ese lixo aquí, onde só o bo sentido impera e manda.

Anónimo dijo...

Unha cuestión filolóxica, á marxe, que me ven á cabeza, e que lle fago aos filólogos do blog.

En italiano existe a verba "straparlare", que ven significando (corríxame Arume d.p.) falar de máis, ou falar tonterías.Imaxino que virá de "extra-parlare". Cando lla oen pronunciar a un italiano,soa moi parecido a "trapallada". Saben si ten relación?.

Anónimo dijo...

E menos mal, amigo XDC, que é á marxe. Tira vostede con algo máis ca trampitán. ;)

Anónimo dijo...

Non me extraña que Arume se de por detido nesa situación porque el con quen se sinte libre é con Rodolfo.

Anónimo dijo...

Rodolfo... ?

Rodolfo Martín Villa.
Rodolfo Chiquilicuatre.
Rodolfo o león de MªCarmen y sus muñecos.
Rodolfo Valentino.

Anónimo dijo...

Referíndose a Arume que outro pode ser senón o que está de moda nestes momentos.

Anónimo dijo...

A fatuidade implica unha absoluta carencia de sentido do ridículo. ¿Pensa o anónimo (suponse que Levita) que con poñer en alemán títulos de Martin Heidegger imos crer que o le en tal idioma? ¡Canto fanstasma anda solto!

Anónimo dijo...

Anónimo supón vostede demasiado, excédese, pasase e como resultado remata fotografánsose a vostede mesmo.
Permítame un poema dun autor non alemán que escribe en alemán.

Das Dunkel fragt man nicht,
wie es ihm geht.
Es singt nicht.
Es hat keine Augen.
Dunkel ist ein toter Hund.

Anónimo dijo...

Traduzo o escrito do anónimo, na medida das miñas posibilidades. Que me corrixa si pensa que non está ben:

A oscuridade non lle pregunta a ninguén
cómo lle vai.
Non canta.
Non ten ollos.
A Oscuridade é un can morto.

Anónimo dijo...

PERREAR

1. tr. C. Rica. timar (‖ quitar con engaño).

2. tr. coloq. Ven. Menospreciar a alguien.

3. intr. C. Rica. Dicho de un hombre: Ser mujeriego, andar con muchas mujeres.

Rodolfo the great no Instituto Cervantes en Belgrado.

Anónimo dijo...

Sincérese, diga a verdade, "señor do bosque". Le vostede a Heidegger en alemán? Ten o suficiente dominio para facelo? Non tire por atallos para disimular, que non serve. Diga a verdade.

Señor Cova, vostede coñece que hai libros de poesía en edición bilingüe alemán-castelán. Velaí a explicación do poema citado polo noso "xermanista". Vostede sabe, e por iso non presume do que non sabe nin do que non é.

Anónimo dijo...

Pois sí Da cova.
Da cova a ver que lle parece este outro:

Münchhausens Theorem, Pierde Sumpf und Schopf, /
Ist bezaubernd, aber vergiss nicht:/
Münchhausen war ein Lügner.

Gödel Theorem wirkt auf den ersten Blick/
etwas unscheinbar, doch bendek:
Gödel hat recht.

"In jedem genügende reichhaltigen System/
lassem sich Sätze formilieren.
die innerhalb des Systems
weder beweis. noch widerlagbar sind,
es sei denn das System
wäre selber inkonsistent.

Du kannst deine eigne Sprache
in deiner eingenen Sprache beschereiben:/
aber nicht ganz
Du kannst dein ignes Gehirn
mit deinen eignen Gehirn erforschen:
aber nicht ganz.
Usw.

Un sich zu rechtfertigen
muss jedes denkbare System
sich transzendieren,
d.h. zerstören.

"genügend reichhaltig" oder nicht:
Widerspruchsfreiheit
ist eine Mangelerscheinung
oder ein Widerspruch.

(Gewissheit=Inkonsistez.)

Jeder denkbare Reiter,
also auch Münchhausen,
also auch du biste ein Subsystem
eines genügend reichhaltigen Sumpfes/

Und ein Subsystem dieses Subsystems
iste der eigene Schopf.
dieses Hebezeug
für Reformisten und Lügner.

In jedem genügend reichhaltigen System,
also auch in diesem Sumpf hier,
lassen sich Sätze formulieren,
die innerhalb des Systems
weder beweis. noch widerlagbar sind.
Diese Sätze nimm in die Hand
und zieh!

Anónimo dijo...

Señor do bosque?
Xa esta perseguindo seres imaxinarios.

Anónimo dijo...

Pois, a diferencia do anterior, ese sí que xa o coñecía,Anónimo. E, aparte de entender o que dí, entendo do que fala. Alcunha vez teño feito referencia velada nesta blog ao "Teorema de imcompletitude de Gödel" e a súa relación coas paradoxas clásicas da linguaxe.

Por certo, teño perdidos pola biblioteca,desde fai anos, dous libros moi indixestos: "Lógica del tiempo" e "Metalóxica". Se os quere, agasállollos.

Anónimo dijo...

Trapallada: Trapa vén do gótico (máis ou menos alemán, 'trapp', que vén sendo, trampa). Creo que non ten relación co italiano 'straparlare'.
Aínda que en português existe a palabra 'trapa', co mesmo significado, de trampa, engano... E non sei se virá tamén do gótico 'trapp'.
Non encontrei "straparlare"; si, algo coñecido, "Esparlare".

Si, pronto, a palabra portuguesa "trapa" tamén provén do gótico "trappa", trampa.
Tramposo, trapalleiro, trapacero, son da mesma familia léxica.

Pido desculpas por non ser filólogo.

Fago o que podo.

Anónimo dijo...

Un matemático coñero decía que o teorema de Gödel viña a significar que non podías levantarte do chao tirando dos cordós dos teus zapatos.XDD.

Anónimo dijo...

Sincérese, diga a verdade. Le vostede a Heidegger en alemán?

Anónimo dijo...

Medela, lembro un libro de Alfonso Sastre que comezaba precisamente preguntándose polo étimo de "trapero", e facía unha divertida e interesante digresión, creo que a obra se titulaba, "Manual de Jerigonza" pero non estou seguro, o que si lembro é que lle atribuía esa orixe gótica.
XDC, alédame que lle divertise o poema, é tamén curiosa a súa mención a teoría de sistemas, supoño que ser refire mais ben a Luhman que a Von Neuman.

Anónimo dijo...

Pois logo, falemos das carrachas. Como dicía o outro:
В медицинские учреждения Псковщине разбушевались клещи
Псковской области к середине мая с жалобами на укусы клещей обратились 1,3 тыс. человек, 400 из которых дети. Об этом сообщает "Интерфакс".
E eu creo que non é para tanto, pero en fin, as cousas son ás veces como son.
Insisto,
По словам главного врача Центра гигиены и эпидемиологии региона Сергея Hикифорова, из числа укушенных пятерым поставлен диагноз "клещевой энцефалит", один из них подтвержден лабораторно. Среди заболевших - один ребенок. Клещевым боррелиозом заразились четверо взрослых.
К 16 мая в регионе исследовано 124 клеща. Три насекомых оказались носителями вируса энцефалита. Эти клещи были доставлены в лабораторию из города Острова, поселка Череха и деревни Милевки.
A ver se falamos claro e nos deixamos de tonterias.

Anónimo dijo...

Home, o que pon Karrachov si que o entendo. E teño que dicir que estou de acordo :-)

Anónimo dijo...

Don Karrachov fala do que lle aconteceu na festa de Xinzo, cando non lle arrancaba o 124 sport de cor verde papagaio.

Está ben expresado:
"К 16 мая в регионе исследовано 124 клеща"

É dicir, que parou a facer as súas necesidades no quilómetro 16 da estrada Xinzo-Vilar de Barrio, e cando quixo arrancar, o coche dixo laconicamente que non.

Ben se coñece o modismo de San Petersburgo, con faíscas de letón e leve sintaxe da República Komi.

Grazas polo costumbrista episodio, don Karrachov.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Esta nova de Sergei Nikilopov está tirada do Chuza de Novosibirsk. Así calquera. Alí tamén cocen fabas (con fiuncho, eso si).

Anónimo dijo...

Coido que a intervención de Karrachov deixou a alguén KO (ku ao aire). Adiviñan a quen?

Anónimo dijo...

Ao seu mellor amigo.

Anónimo dijo...

Que saberá vostede...

Anónimo dijo...

Enemigos
Dos enemigos se embarcan en lamisma nave, y para estar lo más lejos posible eluno del otro, uno va a la proa y el otro a popa del barco, instalándose allí. Cuando, de pronto , se abate la tempestad sobre la nave y la hace naufragar, el que va en la popa pregunta a un marino por dónde empieza a hundirse el barco. "Por la proa", responde éste. "Entonces no me importa tanto la muerte, pues me da la oportunidad de ver a mi enemigo ahogarse ante mí".

La historia ha terminado en el corpus de Esopo, incorporánsose a éste. Pues debe de cumplir a la moral del epimythion, según la cual se está dispuesto a soportar cosas temibles, por odio al enemigo, con tal de presnecial la desgracia de éste. Esta moral encaja mal con la historia, pues ninguno de los deos enimigos se ha embarcado para ver cómo el otro se ahoga. Se trata más bien de una pequeña consoloación para uno de los dos, después de que parece inevitable el naufragio. Par el univeso esópico, la fábula es excesivamente complicada. No pdemos preguntar y conocer qué es loque dice y hace el otro, al conocer la noticia de que se hundirá primero la proa. ¿Acaso no pensase que la más larga angustia ante la muerte del viajero de popa compensaría al menos su gozo maligno?

La fábula esópica no conoce el subjuntivo, y menos aún tolera las sutilezas psicológicas. La historia habría merecido salir del callejón sin salida de la tipología de los géneros. La ingenuidad de la fábula exige que la distribución de los enemigos a proa o popa sea casual: el uno va allí porque el otros está ya aquí. POr eso solo se descubre en el naufrágio que la asignación de plaza y posibilidades es ocasión de inmortalidad. Esta comienza con la pregunta termina con el gozo.

Un refinamiento justamente desconocido a la fábula podría prescindir del naufrágio real y contentarse con el naufragio potencial. El primero de los enemigos en subir al barco se informa de cuál es el lugar más seguro en éste, en caso de naufragio (como hacen hoy también, como sabemos, quienes viajan tren o avión). Al utilizar la información de que la popa es más segura y procurarse plaza en ella, sube a bordo el otro, quien, al percibir allí a su enemigo, se instala en el extemo opuesto del barco. Quizá nunca descubra la desventaja de este lugar, mientras su enemigo empieza a disfrutar ante la mera posibilidad de la satisfacición que le darían la llegada de una tormenta y un naufragio. Al final del viaje, abandonaria la nave con la sensación de haber sido favorecido. A algunos les bast esto para dejar vivir a sus enemigos. Esto no basta para la moral, pero sí para sobrevivir.

Hans Blumenberg

Anónimo dijo...

Da Cova de lóxica e metalóxica quedei farto dende o ano pasado, pero o da lóxica do tempo resultame suxerente.
Pero non sei como mo podería deixar, xa que no nos coñecemos face a face.

Anónimo dijo...

A min, que son da estética rodolfiana, a reflexión lémbrame o que meu irmán contou onte no xantar. Un bético que lle confesa no leito de morte ao seu fillo: "Yo soy sevillista". "Pero, pá, ¿cómo puede ser?". "Si tiene que morir alguien, que sea sevillista".

Anónimo dijo...

Bah, xa me aburre tanta tontería supostamente transcendente, paso duramente. Voume á cama. Boa noite.

Anónimo dijo...

Dende logo que hai algún que quere demostrar non se sabe ben o que con tanto desparrame. Pero penso que este non é o lugar.

Anónimo dijo...

"Nadie está libre de decir estupideces, lo malo es decirlas con énfasis"

Michel de Montaigne

Anónimo dijo...

Claro, este é o lugar da filosofía "echeoquehai" e "non hai mais cera que a que arde", que participa activamente da estética Rodolfiana e os fins de semana anima ao Betis ou o sevilla e se tiran algún "gorgorito" como..."Aprecio no que vale", benemerito...coincido plenamente, ou case plenamente...co benemérito...

E onde os críticos non fan críticas senón que só dicimos babecadas.

Até outro dia e descansen os seus miolos.

Anónimo dijo...

FIN

Anónimo dijo...

Por favor, Kira, non mo tome a broma que ben me custou aprender ruso.
A frase que vostede descontextualiza quere dicir, como vostede me ensina, simplemente:
"O 16 de maio na rexion son investigadas 124 carrachas".
¿Ou só eu falo ruso aquí?

Anónimo dijo...

Don Karrachov, desculpara Vde., mais o meu CELGA 1 de ruso fíxome interpretar erróneamente o texto.
Pensei que o de 'carracho' era o nome coloquial do LADA FIAT 124 sport na República de Komi.(Federación Rusa).
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Perdón, volvo de novo.

Desculpen a pedantería, pero o texto de Hans Blumenberg citado máis arriba polo noso "filósofo de garda" soábame moito de terllo lido ao autor. Así que fun ver á estantería onde están varios dos seus libros e, en efecto, localizeino moi axiña.

Encóntrase en Hans Blumenberg, La inquietud que atraviesa el río. Ensayo sobre la metáfora, Barcelona, Península, 2001, pp. 9-10 (1ª parte: "Apuros náuticos").

E unha vez feito este exhibicionismo -pois todo se pega- grotesco á par que gratuíto, que non di nada sobre a miña hipotética capacidade intelectual, si que lles digo a todos que pasen unha boa noite, non sen antes lembrarlles o meu consello: rexeiten sucedáneos miméticos e pasen de redaccións escolares. Pensar é outra cousa.

Boa noite.

Anónimo dijo...

Pra o anónimo que se interesa polo libro "Lógica del tiempo": Dígame vostede cómo llo fago chegar, ou onde llo podo deixar, e a qué nombre ou "alias".

Anónimo dijo...

Pero quen dixo que ese texto dicía algo sobre a súa hipotética capacidade intelectual?
Gracias polos consellos.

Anónimo dijo...

Eso, quen dixo que ese texto dicía algo sobre a capacidade intelectual dalguén?. Díceo o apicultor, ande hom!, non presupoña tanto, desacompléxese e non practique a caridade con tantos consellos, aporte un pouco mais. O mellor sería que lese o texto independentemente de quen o colgue e de quen sexa. Os libros edítanse para que se difundan e circulen, o que compra o libro non compra os dereitos a un uso exclusivo do seu contido, non me sexa troglodita benemérito Apicultor, cultívese mais e lea con mais atención o texto ou non o lea, pero non se centre exclusivamente no acto de colgalo, que da a medida exacta da súa concepción da "cultura".

Anónimo dijo...

Amigo Da cova, eu estarei o venres as cinco tomando café no Latino cun amigo, se quere pode pasarse por alí ou deixalo na barra por exemplo a nome de Matías.

Anónimo dijo...

Sr.karrachov:Por si poidese ser de utilidade para as súas investigacións, facilítolle as derradeiras conclusións sobre o tema ,aportadas, recentemente, por un alumno da ESO: Exp de animal hermafrodita: "la carracha".
Noraboa polo seu dominio do ruso, se decide vostede quedar por estes lares , todo lle ha cumprir.Xa verá xa!!

Anónimo dijo...

Hai algúns que interpretan erroneamente o que un di con sinxeleza e claridade, e saen por peteneras. Daquela, que se pode pensar da súa capacidade de comprensión lectora?

O dito: rexeiten sucedáneos, mimetismos e redaccións escolares. É bo para a saúde.

Anónimo dijo...

Encántame o impúdico exhibicionismo de Apicultor.

Anónimo dijo...

OK, amigo Anónimo-Matías. O libro "Lóxica do tempo", de Jean-Louis Gardies, estará agardando por vostede no Latino, o venres ás cinco.

Anónimo dijo...

Pobre Apicultor!
A ver se chegan os seus amiguiños a defendelo!
Están tardando demasiado.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor, acabo de ler un longo texto colgado por vostede nun dos fios de música, paréceme que trata de música e nazismo, non sei a que ven o seu escándalo.

E sen romper lanza por ninguén, non se meta coa xente polos seus estudios, ao mellor o anómino non os ten, pero eso non o priva de razón, digo eu.

Anónimo dijo...

Vexo que hai algún que escribe (debe ser sempre o mesmo polo ton) que amosa un fetichismo enfermizo pola cita intimidatoria. O mesmo individuo citou a Heiddeger, a Luhman, a Von Neuman, a Blumenberg, presumiu de ler moita lóxica e metalóxica, etc. É a típica pretensión de parapetarse en autores de relevo para escondar a propia incapacidade. Algo moi visto e por iso un pouco tonto e inmaduro.

Anónimo dijo...

Incapaz, un pouco tonto e inmaduro pide asilo aos filosofos do movemento "echeoquehai" e "non hai mais cera que a que arde", pide tamén participar da estética rodolfiana e da bonhomía, todo se o benemérito Apicultor, leader de tal movemento ten a ben aceptarme, senón vaia esta adicatoria para todos eles.

a miña maneira

Marcos Valcárcel López dijo...

Coa cantidade de temas de interese que hai noutros fíos por tratar, algúns embarrancaron aquí nun diálogo que xa perdeu, creo, o seu sentido...

Anónimo dijo...

Don Marcos, son coma nenos, andan a ver quen ten a pilila filosofante mais grande e quen aguanta mais caladas de cigarrete. Saque o cinto e arréelles uns bons cintolazos a estes neniños da eso. Se os quere poñer a andar, avíseme a min, xa verá como os meto en materia. Hai que joderse coa tropa esta que quere xogar a ser Heidegger e non pasan de HEIDI-gger de patio de colexio.

Anónimo dijo...

Estou co anónimo anterior e con Marcos, por min rematou o conto.Agora e no sucesivo non me penso enzarzar mais co Apicultor.

Anónimo dijo...

"Enzarzar"? Eu "enzorzábavos". Un barreño xigante e facía de vós CHOURIZOS DE HEIDEGGER. Joder xa!

Anónimo dijo...

VIVA O PUNK!

Anónimo dijo...

Estes dous que están sempre de rifi-rafe están cachadísimos. Sorpréndeme o aguante que teñen. Parece "Duelo en el Oeste". EU ata teño favorito, podemos facer apostas?

Anónimo dijo...

Eu con Api ata a morte!

Anónimo dijo...

Pois eu co outro.

Anónimo dijo...

Eu tamén co Api porque desde que son lector das Uvas podo dicir que nel atopei a miña torre/alma xemelga. Así que eu tamén co Api "ata a morte!", é dicir, ata que dous avionciños teledirixidos polo binladen que se enfrenta a el sen desmaio nos bote abaixo como dous castelos de area.

Anónimo dijo...

O Api era unha torre pero fai tempo que foi demolida, non sei quen teledirixe os avións pero acerta.

Anónimo dijo...

Cada día se len máis babecadas neste blog. Por exemplo esta última e outras de parecido contido acosador. Son ridículas e, de seguir así, o blog vai para o carallo.

Anónimo dijo...

Este é un fio entre outros moitos de mais interés, non comprendo a que se debe tanta participación e tan intensa. Causa haberá, pero creo que fora do blog. Por favor señores, paren, porfíen cun pulso, retense a escupitaxos, desafiense cos saltos, pero fágano fora, queden un día e solucionen o seu caso, chamen se queren un asesor, e deixen en paz aos que non queremos seguir a ser o seu público xurado que os nominará para a expulsión da casa_blog, esto parece Gran Hermano.

Anónimo dijo...

Eu paso de tanta tontería, xa o dixen, porque é absurdo seguir nunha tónica monocorde e infantil. Semella que outros non.

Mais a min, fágase o favor, que non se me meta no mesmo saco que a determinados personaxes que non son quen de falar cun mesmo alcume e que, en plan Makelele da filosofía, da astrofísica ou da termodinámica, andan competindo fóra de pista e en plan retador.

Eu sempre vou co meu nick, tranquilamente. Cos meus defectos, iso si, pero sen o vantaxismo que dá o anonimato, que retrata a dobrez e a inconsistencia de quen así actúa.

Estou de acordo que algúns (dous para máis señas) atoparían a súa verdadeira vocación en GH: alí hai lugar para o "estrelato" polo que tanto devecen. Incluso os votaría para que gañasen e así quedasen ben contentos.

Pero, mentres iso non ocurra, eu paso. Fagan o favor quen corresponda e permítaseme pasar. Porque, en efecto, hai outros fíos moito máis interesantes nos que me gustaría opinar se me deixan. Moitas grazas e morra o conto, que xa vai vello.

Anónimo dijo...

Requiem cantim pace. Pero... escusatio non petita acusatio manifesta.Amén

Anónimo dijo...

Agora tería que dicirlle que por enésima vez volve escribir mal. Que é "Excusatio non petita, accusatio manifesta".

Pero por ese dato xa se delata e todo o mundo sabe quen é. Así que eu paso...

Anónimo dijo...

Equivócase como tantas outras veces benemérito Apicultor,(agora si son o que pensaba que era o anterior) volva a pedirlle a Marcos a imprescíndibilidade do DNI para entrar no blog, ou un trato de favor para vostede por ir a peito descuberto e libre de sospeita de anonimato (je je). Descanse e mellor non volva a incordiar que logo ten que salir con disumulo e o rabo entre as pernas.
Por min The End.

Anónimo dijo...

Si, home, si. Pero paso duramente...

Anónimo dijo...

A ver si é certo.

Anónimo dijo...

Que raro xa pasaron cinco minutos e non contesta, algo vai mal.......

Anónimo dijo...

K.O.

Anónimo dijo...

Non sexa pelma, home. Qué cruz.

Anónimo dijo...

Resucitou!
Pero non coordina debe ter algunha lesión cerebral!

Anónimo dijo...

Mira que non podía quedarse calado, co ben que estaba, pero tivo que reaparecer como Frankestein.

Anónimo dijo...

Pero parece que volve a inconsciencia, agora si K.O.

Anónimo dijo...

Que non lle vou entrar ao trapo. Ala, veña, con deus.

Anónimo dijo...

Non debe entrar ao trapo, porque xa tirou o trapo, ala veña deixese cair de novo na lona e K.O. definitivo.

Anónimo dijo...

Si, home, si, non hai problema. Se con iso se sinte realizado, por min que non quede. Ala, veña, ganou por KO, por goleada e por ser máis guapo e máis listo.

Claro que si. Para que logo digan que non son xeneroso.

Que teña unha boa noite.

:-) :-) :-)

Anónimo dijo...

Canto cretino ten que aturar o señor apicultor. A súa paciencia é admirable.

Anónimo dijo...

Canción pra amenizar o post:PREMER.

Anónimo dijo...

A análise médica expón que o Apicultor dende o Último K.O. mostra signos de desorientación permanente e unha rara tendencia a doblarse en terceira persoa con expresións como: "Canto cretino ten que aturar o señor apicultor. A súa paciencia é admirable.
Recomendase as persoas do seu entorno que non lle leven a contraria, e lle den a razón disimuladamente,e sobre todo que o fagan sentir especial.

Moi oportuna a mensaxe Da Cova.
Eu ao Apicultor perdónoo e téndolle a miña man a partir de agora.

Anónimo dijo...

Fágolle a seguinte proposta ao administrador do blog:
Do mesmo que no seu día concibíu a día dos fíos temáticos musicáis, á vista do caracter absorbente do tema, pódense abrir fíos "de ataque ou defensa ao Apicultor". Ou de calquer outro. Por exemplo, "Fío pra sacarlle a pelica a Xoan da Cova".

Anónimo dijo...

Son un desastre ao teclado.Volvo esribir:

Fágolle a seguinte proposta ao administrador do blog:
Do mesmo xeito que no seu día concibíu a idea dos fíos temáticos musicáis, polo caracter absorbente do tema, pódense abrir fíos "de ataque ou defensa ao Apicultor". Ou de calquer outro. Por exemplo, "Fío pra sacarlle a pelica a Xoan da Cova".

Anónimo dijo...

Logo da prescripción médica, Da cova, creo que será innecesario. O conto non da para mais.

Anónimo dijo...

jajajajaja
Xenial Da Coba.

Falando noutra cousa... Chove; éche ben raro.-

Anónimo dijo...

Hai estratexia de envexa: Non se soporta que don Apicultor se tivese encebolado coa señorita Laura Antonelli.
E eu non soporto, tamén non, que ande a gabarse do seu caso amoroso con Teresa Gimpera.
Todo o que lle pasa meréceo. Ben seguro, por lareto.
jeje
Saúdos, amigo Apy Koolthor.

Anónimo dijo...

Hai estratexia de envexa: Non se soporta que don Apicultor se tivese encebolado coa señorita Laura Antonelli.
E eu non soporto, tamén non, que ande a gabarse do seu caso amoroso con Teresa Gimpera.
Todo o que lle pasa meréceo. Ben seguro, por lareto.
jeje
Saúdos, amigo Apy Koolthor.

Anónimo dijo...

Saúdos, amigo Júlio Medela.

Sabe? Élle máis tontería ca outra cousa. Paciencia franciscana é o que cómpre.

E aproveito a ocasión, amigo Medela, para dicirlle que o meu coa señorita Gimpera foi un escarceo sen importancia, unha nube de verán, ben bonita, iso si, mais unha nube de verán. Vostede é un cabaleiro liberal e a bo seguro que saberá comprender -e mesmo desculpar- as extraordinarias circunstancias que concorreron en Ibiza´68 e a libre disposición ao amor. Non se sinta, pois, apenado e moito menos anoxado por un episodio, ben bonito, iso si, que aconteceu hai tanto tempo. O que temos que celebrar é o bo gusto que tivo a señorita Gimpera ao escollérmonos a nós os dous como amantes e non a un chiquilicuatre calquera como o anónimo carcomido pola envexa.

Cos meus cumprimentos.

Anónimo dijo...

Querido Fabricio:
Cuando la vida da su penúltima vuelta, llegan los recuerdos en tropel y vienen a mí los sollozos y las lágrimas que cayeron sobre la arena de aquella cala de Ibiza. Esperábamos la salida del sol y nos equivocamos de playa: el amor nos hizo perder el norte y, sobre todo, el este. Y así, puestos hacia poniente, vimos el sol sobre las cinco de la tarde. Ahora apenas puedo reírme, con mis recién estrenados implantes y frunzo apenas el ojo izquierdo, condenado a la desaparición por culpa del botox díscolo. Te diré que aún guardo el vestido ad lib de aquella noche, como en oro en paño, en mi torrecita de Castelledefels, donde paso atormentada estas noches de tramontana, butifarras y gintonis. Echo de menos algunas locuras de aquellos tiempos, incluso las invitaciones de LLobera a los coches eléctricos y a la noria del Tibidabo. Tenía el hombre fijación con aquellos aparatos: siempre con la ficha preparada en los bolsillos de sus pantalones o en los calcetines donde también guardaba el récord o el jean. El Llobera gritaba al meter la ficha. No era como tú, siempre cortés, con una cita hermosa en los labios, una prestancia en la cintura, un suave aleteo del músculo.
Me pongo tierna y se me abren los puntos de la última liposucción. Compréndeme, Fabricio. Estos comentarios vuestros avivan en mí la mujer apasionada y feliz que fui entre las olas del Mediterráneo.
Un petó.

Anónimo dijo...

Así que o anónimo carcomido pola envexaa é o chikilikuatre do Arume, disimulouno moi ben, pero son vostedes moi malos, mira que deixalo fora do mundo das súas fantasías eróticas?
Porqué non contan tamén as súas aventura con Uma.
Uma,Api e Medela



E xa está ben, vaian para arriba a currar a comentar os artigos, que son vostedes uns vagos redomados!