9 may. 2008




Hoxe pasei por Bar Cobas no Polígono e fixen as fotos do cadro de Miguel Carballo.
Comentada no Blog po XDC. A Sra, di o do Bar e a Nai do personaxe. Saúdos, Trebolle.

5 comentarios:

XDC dijo...

Mira a velliña, bullando espigas e botando os graos nunha tega. Có cadullo dunha, bulla outra, é como se fai.
Era de moi "machotes" ser quen de levantar ás costas un saco cheo de fariña cós dous pés metidos na tega.

Etxe dijo...

U paxaro sempre consigue o que quere!!!
Tempos aqueles...
Agora que tanto se fala de bipolar, este eran dous fusionados cun. O cambio do ton de voz grave e pousado co outro histriónico e chíon facían del un auténtico membro do clube integrado polo Zepo, polo Franco del Carro, etc.
Xenios da literatura -Franco del Carro- da Pintaraperrallas -Zepo- da Oratoria bipolar -Paxaro.
Ergo o meu vaso na súa lembranza

XDC dijo...

Os que eran propietarios do Cobas cando o Paxaro iba por alí, non son os que os rexentan hoxe. O Claudio e a familia rexentan agora o Pazo de Monterrei, moi pertiño. Seguro que poden aportar moitas anécdotas do Paxaro. Nese bar era tratado polos clientes de xeito diferente a como o trataban nos viños de Ourense.
Seguro que máis de un de vostedes fixo a mili no campamento militar que había alí ao lado, na Medorra.

Carqueixa dijo...

Miguel Carballo no seu cadro captou perfectamente o aceno que sempre facía co dedo sinalándote e dicindo: "... o tipo".
Grande o Paxaro e tamén o pintor.
Lembro cando contaba como conseguirá ter descendencia: "Tal era o tipo, tal era a tipa, requichaba a roupa, paroulle quieta, je, je, ... e agora anda por aí un paxariño voando..."

Anónimo dijo...

O certo � que o Paxaro saiu favorecido no cadro... Ata parece o teniente Colombo...