A ledicia de vivir en Auria (Foto Trebolle)
Xoán Fonseca e Javier Casares cos seus amigos de compaña musical: cando pase por aquí o Xoán pediríalle, por favor, que nos identifique ó resto dos contertulios.
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
20 comentarios:
Marcos. perdoa por irromper así cun tema que non ten que ver, mais creo que isto ben podería dar para unha entrada no teu blogue.
Este é un bo exemplo de como practica a Consellería de Cultura a súa máxima de "Tolerancia cero".
Un escándalo!
A noción de ben cultural queda subordinada á posibilidade do gozo público, o que, á súa vez, se vincula ó deber de conservación, e iso con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada.
Así pois, xa que os bens culturais teñen un valor de testemuña histórica e de civilización, os propietarios e as diversas administracións deben preservar ese interese xeral que é o noso patrimonio histórico. No exercicio dese cometido estes entes públicos precisan a colaboración das institucións e, sobre todo, dos cidadáns, no coidado, defensa, protección, conservación e custodia de tódolos bens que forman parte do noso patrimonio cultural.
Porén, o Concello de Cervo da Mariña lucense outorgoulle tres licenzas a un construtor, para levantar 100 vivendas sobre o castro da Atalaia. Ambos sabían que nese terreo hai un importante xacemento arqueolóxico.
O Concello non tramitou a orde de de paralización da obra emitida por Patrimonio até catro días despois, permitíndolle, deste xeito, ao construtor destruír parte do xacemento.
Pola súa banda, Patrimonio incomprensiblemente permitiu que esta desfeita continuase noutras parcelas que non se viran afectadas, tal e como se pode comprobar nestas ligazóns:
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia/
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-atalaia-1/
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-2/
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-3/
Casualmente, hai dous dibuxos de Xohan da Coba,enmarcados, no establecemento da foto. Pero non saen no encadre...
Agradabel ambiente, música e boa compaña, a ver se nos invitan a Da cova e a min para que lle toquemos un blues por exemplo en C, para ir practicando.
Por esa taberna ándanlle moitos aficionados á música e ao viño, amigo Matias. Pero non lle son moito de "blues"...
Trataremos de fotografiar eses dibuxos de Xoan da Coba
Con moito gusto Marcos: Somos, de esquerda a dereita: O Carabinas (ou Escarola, polo seu pelo), de costas; Moncho Borrajo, médico anestesista da resi e curmán de Moncho Borrajo o caricato; Xoán Fonseca; Alfonso Villarino, de Xinzo de Limia, primo da Lola Villarino; Xabier Casares; Juan Domingo Romero, xubilado da Caixa e home de Ana Garrido, a Concelleira de Ourense; e tamén de costas o percusionista do grupo Antonio Morgado, estanqueiro do Paseo. O Moncho e o Alfonso son amigos da adolescencia limiana de Xabier Casares, e conservan a afición musical de cando ían ronda-las mozas na Comarca da Limia, e ata en Maceda e contornas estremas.
Agardamos con moito gusto a quen queira acompañarnos calquera martes, a partir das nove e media da noite, a compartir unhas copas de bon viño e uns pinchos, boa música, bós habanos, moito humor e moita alegría e camaradería. Fago un chamado especial a Don Xoán da Coba para que traiga o ou os instrumentos e toquemos xuntos e falemos das aficións compartidas, que creo que son moitas.
Marcos, a presentación do libro de Chesi estivo moi concorrida e moi graciosa, con senllas intervencións do autor, e previamente de José Luis Cuerda. Mesmo falamos de producir unha película con Cuerda de director e Chesi de guionista. No viño posterior xa lle dei o teu recado ó Chesi, sobre a túa ausencia do acto. Xa sabía do tema por velo no teu blog. De tódolos xeitos, botámoste de menos. Coido que o noso reporteiro intrépido, o repórter Trebollete, enviará abundante información gráfica do acto. Unha forte aperta para tí, Marcos, e un saúdo moi afectuoso para os contertulios habituais do teu blog: XDC, Apicultor, Medela, Jimmy, Arume, Leituga, Xabimusic, Etxe, os de Lugo e os diversos e variados anónimos, ós que sigo a diario.
Xoán Fonseca.-
Chesi pregunta: ¿Cal é o establecemento, tasca ou bar (por favor, que sea tasca ou bar), cafetería ou restaurante donde está tomada esta foto? Gostaríame sabelo. Gracias.
Para Chesi. E "Casa Matilde"/Tasca-Bar e algo mais o ambiente e distinto o común deses Lugares.
Estao pasar o Lonia(Carretera vella a Peares-a 100m a Dereita)
Imaxine qué xuergas se montan aí, que o dono da tasca,o Olegario, déixalle moitas veces as chaves ós clientes,pra que cerren, e il vai durmir.
Os dous dibuxos dos que falaba son apuntes do interior do local feitos no mantel de papel durante unha cea. O Olegario fíxomos firmar i enmarcóunos. Posiblemente estén no comedor de arriba. Se os fotografía,Trebi, tápelle por favor a firma. É un favor que lle pido.
Os Villarino son unha familia coñecida de Xinzo. Tamen é desa familia o Villarino que foi responsable de transportes na Xunta. E a secretaria do Concello de Trasmiras (non sei se segue sendo) , boa rapaza,que non lembro agora o nome. Tiven a sorte de estar falando na súa casa algunhas veces, có "patriarca", o da tenda dos zapatos. E tomando un bó licor.
Chesi para Trebi: sei ben onde está. Nunca entrei pero Olegario, o dono, é un personaxe local xa de antigo. Na camisería Aser, aquela que estaba fronte da Ibense (a miña adolescencia esté chea de batidos e xelados da Ibense, os mellores do mundo en apreciación íntimo-sentimental)e falarónme de Casa Matilde (ou da tía Matilde, algo así) hai moito tempo. Creo que racalaran nela xentes que sobreviviron a palloza do Cuco de Velle. Habería que reivindicar ó Cuco: unha derradeira festa-festón-orxía-musical e estriptís nun domingo. Iso sí: que se espidan outros que eu non teño corpo (como ben se encargou de certificalo onte Cuerda/Corda) para exhibicionismos a non ser que a cota de alcol inxerida rebase os límites establecidos por Rouco Varela, o Sergas e o Ministerio do Interior. Gracias pola información. A ver si un día podo caer (en sentido estricto) por ese recuncho e armamos unha troula que Blanco Amor dende o máis alá terá que reescribir A esmorga, que, á vista da nosa concurrencia, non deixará de ser unha novela de abstemios.
De feito, o cadro que se ve de perfil ó fondo á esquerda, de madeira, á esquerda do espello, é unha caricatura con lenda co "Cuco de Velle". Pódelle sacar unha fotografía, Trebi.
XDC: É vostede internacional, asi que coñece a Juan Carlos Villarino, que chegou a ser un mandamais da COTOP, con Cuiña de Conselleiro e unha das súas mans dereitas.
Hoxe, por si non-o sabe e responsable da empresa de augas de Vigo e é un bó amigo da casa.
Dous apontamentos: Para Chesi o primeiro: Contamos contigo para o próximo Martes, se podes e queres vir. Hoxe temos un compromiso fóra do Tía Matilde despois das 11.Xa te chamo.
Para XDC o segundo: Como vexo que está en familia direille que Alfonso, o noso guitarrista e amigo, e curmán de tódolos que vostede coñece. Cristina é compañeira miña de profesión e leva a Secretaría de Trasmiras, é filla do Nito e unha excelente muller. O gran Alfonso, o da foto, é fillo do Patriarca, como vostede lle chama. Rexenta a zapatería do Pai en Xinzo. O Alfonso pai xa cumpriu os 92 anos, e os leva cun garbo e simpatía envexables. Tiña vostede que velo metido en festas. É o alma mater dos amigos da Saínza, e quen de botar cantando e tocando a guitarra dous días seguidos e facendo sete mil voces como él di. En fin, señor XDC, anímese a vernos e xa lle contarei éstas e outras historias non menos interesantes. Saúdos outra vez e unha aperta para Chesi, que está que se sae. Pequeno de tamaño, en palabras de Cuerda, pero grande en talento e humanidade. É unha sorte ter a fortuna de disfroitar da amizade de tantos e tantos amigos. Creo que esto só se pode facer no noso Ourense. Xa saben: o mundo divídese en dous: Ourense e o resto.
Ata que veñan polo Tía Matilde.
P.S.: Olegario sempre nos deixa sós para que pechemos, co que non temos problemas de horario e podemos facer festa rachada.
Xoán Fonseca.-
Un día destes caio polo Tía Matilde, Xoán. Xa sei que levo anos dicíndovolo, pero calquera día collo o coche e, zas, douvos a sorpresa. Unha gran aperta pra ti, pra o Xavier e saúdos para todos os matildos.
Uy, uy, uy... que vexo unha minimegacea festeira antes do verán para festexar 1 que vivimos e 2 que existen puntos de encontro deste punto de encontro e escorno que é A Cidade 3 que nós nos falamos aquí e alá na blogosforea e cantamos e o que faga falta...
O atractivo desta cidade do Zepo, do Paxaro, de Otero, da Concha do Futbol, do Toñito Patata, de EBA, do Kaito, do Valente, de Baltar, dos afogados todos dos Caños. Nos veráns de raxeira...antes de que viñeran as gaivotas no inverno e os cormoráns apararecesen no río.
Apúntome
O Moncho Borrajo tal parece o Abel Matutes... e o Juan Domingo, o Sindo da Sanmartín... Aínda que entrambos -ao vivo- debe haber unha diferencia de metraxe de 50 cm sen esaxerar. Cousas das perspeutivas.
Efectivamente, Cristina.
Alégrome de saber que ese cabaleiro, con todas as letras, de 92 anos sigue entre nós.
O Tía Matilde é o que nos queda, desde que o Juancho marchóu pra Ferrol, levando con él a súa viñoteca.
E unha merenda de solaineiros das Uvas, alí no Tía Matilda e aló polo San Xoán e celebramos o santo de Fonseca???
Volvendo á foto. O guitarrista do fondo está dixitando un "Mi Maior", pero o capo no primeiro traste fai soar un "Fa maior". Eso quere decir que a música debe de estar soando en Do, en Fa, ou en Si bemol, según que nese intre se esté na sensación tónica, subdominante, ou dominante. O xesto emocionado do contertulio da dereita parece suxerir que o invaden as sensación propias da rexión dominante. Ou sexa, a música está físicamente en Si bemol. Como os clarinetes, si non lembro mal, afinan un tono por baixo do piano (esto é, en Si bemol), é probable entón que esa sexa a tonalidade, e tanto Fonseca como Casares esten dixitando virtualmente en Do maior, o que lles permote non ter que manexar as dixitaciós complicadas de outras tonalidades.
Publicar un comentario