30 may 2008


Romeu hoxe
Un humorista (El País), que non me gusta moito, pero h0xe dá no cravo.

30 comentarios:

Anónimo dijo...

Quixera saber, se alguén mo pode dicir, se o muchacho éste de Calvos de Randín, que será alcalde dempois da moción de censura, e que fora elexido nas listas do PSOE, non sería unha das adquisicións ás que nos ten acostumados á diputada autonómica de Xinzo, coma aquela merla blanca de Porqueira, aposta persoal déla, coma outras apostas persoáis do clan limiano?

Anónimo dijo...

Ui,Ui,Ui...

Anónimo dijo...

Los testigos políticos del PP le salieron rana al gran periodista de Teruel; se han retratado; ahora están arrepentidos......¡Tarde piache.........!

Anónimo dijo...

"se han retratado" daquela fotografáronse para a posteridade.

Anónimo dijo...

Pois foi.........

Anónimo dijo...

Arxides, gústame moito o de clan Limiano.

O inefable Gonzalito, multifracasado, él cree que o fixo moi ben, e farda de estupideces como ter liquidado ó Troitiño, ó seu ex-colega Antonio Rodríguez, Pilar Nóvoa, esa foi a súa máxima xestión. Alén de perder xinzo desde o poder, de perder trasmiras, de fundir sarreaus, e non dou seguido máis. Ademáis de meter ó seu fillo de segredario xeral, porque según él non encontraba traballo por ter o pai que tiña.
Alguén me pode informar con que méritos se entra en coren?. Creo que podemos facer un dossier sobre Gonzalito. E sigue jodendo, "el oscuro éste".

Despóis na provincia tiveron que chamar ó Patchi, un sospechoso para Touriño porque estivera en contra dél no congreso de Ourense. Buscaron ó Patchi, un "administrativo" de dereitas tal era o calibre da incompetencia de Gonzalito. Digo administrativo porque non ten talla para ser empresario dunha gran empresa, só o ten de jefe dun grupiño de badulaques. En ourense predominan os badulaques.O jefe. Téñoo bastante analizado.
Etxe o que hai.

A limia quedou despóis do paso do fillo de doña Pacita, Arrasada.

Laura Seara foi un fichaxe del, é intelixente pero dunha impulsividade que hai que darlle de comer aparte. Esto según o Paquiño. Para que o saiba, hai que darlles de comer aparte a ela e a súa nai.

E eso que son fêmias. Non sei como ó paquiño non se lle ocurriron outras cousas, ou si se lle ocurriron pero levou "calabazas", non quedou suficientemente suavizado e mira como fala, chacho.

"Érase un hombre al levantamiento del carallo apegado".

Xa lle meteron a espada ó Gonzalito. Aghora úsase o término "espada", en vez de puñal, pero parece ser que Touriño non quixo deixalo sin nada e mirade onde o colocou. Delega totalmente no enemigo, os inspectores. Digo enemigo porque ¿ Acaso hai algún inspector enchufado por a esquerda?.

Si eso é a Limia, un erial deforestado, desertificado. O de clan da Limia é moi oportuno, si señor.

Señor arxides temos que facer unha organización "sakreta" e segarlles a gorxa por o ben da humanidade.
Deixeme vostede unha clave para entrarmonos en contacto.

O lobo. ¡OLobo!. ¡Hai o lobo!.

Anónimo dijo...

Sr. Lobo Neghro:
Temíamo, por iso fixen a cuestión, xusto ó vela foto dos presentes na moción de confianza, por suposto en apoio do Aquilino, non vaia ser, e van...
Miudo clan!, e insisto, digo miudo, non menudo, probes xentes utópicas que votan por unha idea pensando inxenuamente que os tempos serían chegados.
O caso é que coñezo xente do común, traballadora e moitas veces sen título universitario que gozan do visto e prace de veciños e amigos, pero coma non teñen "tíduo", que vai decir a xente?, e é cando aparecen estes merlos albos, compañeiros de facultade de alghún do clan, ou de copas dos xoves, pero ahí os tés, sen inmutarse.

Anónimo dijo...

Para Arxides:

Eu vinlle ó gonzalitu afirmar que fulanito non tiña formación. Hai ben anos. Aquel home en cuestión era un loitador, saído do pobo. Decateime que o gonzalitu era un "elitista". Cando estudaba o fascismo lémbrome que unha das características era precisamente ésta, o elitismo.
Sempre lle vín a gonzalitu unha estraña fascinación por o enemigho poderoso. Un extraño "amor" descortés por o enemigho.

O que non sei e se Laura Seara padece do mesmo. Eu lévolle aturando bastantes desplantes. Como é xóven e dinámica e intelixente atúrollo. Está vostede a decirme que lle poña coto?. Porque é igual de elitista que gonzalitu lagunero?.

Fale claro por favor que llo agradecerei. Non quero trabucarme máis. Tamén lle aprendín que nese eido de combate é mellor que teman a un a que o tomen por paspán.

Sr. Arxides, eu non despreciaría unha unión transitaria de empresas para abrasalos. p. que os ha de p.

Anónimo dijo...

O malo e que non lle pasa somentes nese grupo político, o asuntiño tan manido da vangarda dirixente non ten mais que velo néste blog, no debate sobre o bilingüismo que se pode ver máis abaixo, dous comentarios meus desapareceron por arte de birlibirloque, falaba do galego afectivo que mamei, non do galego batua da mala concencia, désta xentiña, toda éla con antecedentes poéticos franquistas, pero que á hora de porse cos asuntos do pobo, dialécticamente póñente colorado, adiántante pola ultraesquerda carpetovetónica, pero cando desaparece o inimigo hipotético que lexitima a súa ideoloxia, non queda ren, ren, ren...ístos son os habitantes ponderados intelectuáis da nosa benquerida Augasquentes, que diría Valente. Os mesmiños que dirixen o cotarro do que falabamos con anterioridade. Recibe amigo lobo un inxenuo e garimoso saudo

Anónimo dijo...

Don Arxides: Non lle falta razón. Mais só unha cousiña. Ese conflito entre o galego afectivo que mamou e o que Vde. chama galego batúa de mala conciencia, existiría, por exemplo nun falante de castellano no Valladolid rural??
É dicir, existe conflito entre o castellano das nanas da mamá do Vallisoletano e o castellano que usará o resto da súa vida??

Saúdos, señor.

Anónimo dijo...

Kamarada Arxides: eu aínda non lín o debate dos 300. Das 300 intervencións. Parece a batalla das Termópilas. Vouno ler por curiosidade, creo que había moito enconamento e ata o de aghora non tiven vaghare. Fareino.

No tocantes a análise que vostede fixo da cultura de Augasquentes non o podo seghuir, primeiro tería que entendelo, fáltanme dados. Pero saiba que desde hai moito tempo eu sei que o Dr. Markus e o dr. Etxe son conservadores. Máis o Marcos, Marquitos seghún o Dr. Risco. Son como papás condescendentes, a veces, outras menos tolerantes. Anque non o pareza. Con todo eso a mín fanme a existencia máis grata , e tocounos compartillar o noso paso por a terra. Son os veciños que temos e escollemos. Eiquí estamos a darlle a trela, neste fiadeiro e non noutro. Bueno , que lle imos facer?. Na vida ten que haber fauna moi diversa para enriquecela. Cecais o importante é saber onde está cada quen, con quen se pode contar, para que, e en que momento.

Despois esta sociedade ofrece moitas oportunidades. É inmensa.

O que a mín me amola é trabucarme coa xente. Pasoume con Gonzalito Lagunero ( parangón de aguilucho lagunero,Circus aeroginosus), e moito me temo que me esté a suceder tamén con Laura Seara. Non se inquiete, non será por moito tempo.

Sonlle máis vulnerables do que parece. Están en lugares demasiado visibles e expostos, desde a retagarda actúase mellor.
Non fai moito adeprendín que ter poder consiste en estar cada quén no lugar que lle corresponde. Unha grande verdade. O malo é que eu estou en vías , e quero , renunciar totalmente a calquer tipo de poder. Non vexa vostede como se loita en calquer esquina por chorradas, por ter a razón, por o poder en definitiva, non só é o de tipo "político". Eu política ate lla vexo as mulleres que se enfeitan para gustar, os perfumes son política,(a mín fédenme ), a seducción é política e loita por o poder. SEmpre e en todo lugar , padre santo. A política esa dos partidos é a exposición pública do qeu se da no ámbito máis doméstico, inclusive na parella.

No filme: "A última tentación de cristo", que me ghustou moitísimo e do que saquei moito proveito, a segunda tentación na que non caeu xesús, no seu período de xexún no deserto (alucinación transformadora por fame, Medela lembra o noso pobo aforrando comida). A segunda tentación na que non caeu foi a do poder. "Únete a mín e xuntos ghobernaremos....RRRoooma!".
A primeira xa me chimpou a mín, "unha muller, unha familia", a vulgaridade dunha vida cómoda.
Ben eu quixera renunciar completamente a segunda pero ninguén me da aconsellado como. Nin o cura de Chandrexa de Queixa, meu amigho furtivo coa casa chea de escopetas carghadas e colghadas. E tampouco sei moi ben se se dá estando embarcados na primeira.

Da terceira non entendín nin papa.


Arxides , buen amigo ( como decía Machado); a súa identidade tenme preocupado.
E esto de querer "segharlles a gorxa", "facer unha sociedade sakreta", "constituir unha unión transitaria de empresas para acabar con eles" etc..etc..sighe a ser loita por o poder. Me cagho na kona se eu pretendo renunciar totalmente a él.....

Anónimo dijo...

Cada looooco con su temaaaaa

Anónimo dijo...

Anónimo covarde.
Feríchesme.
Da a cara.

Se estudas as emocións verás que o medo enxendra agresións.

Os covardes son medrosos.

Anónimo dijo...

Primeiro hei de rectificar no tocante á retirada dos meus comentarios, foron tantos que eu mesmo me extraviei, pero buscando un dos tantos atinados apartes do insigne Medela atopeinos, vaian polo tanto as miñas disculpas polo comentario anterior. E falando do insigne Medela, con moito o mellor do blog, e digo ísto sen o menor arrubo de pedantería, pero é con quen mellor o paso e polo tanto, considero per se síntoma de intelixencia; é posible que non me expresara ben no tocante ó galego afectivo, é pouco espacio, só quería mentar a credibilidade do artista: ou expresa ou non expresa, ou é creible ou non, va que así me entende meu admirado amigo?

Anónimo dijo...

Amigo lobo: se o cura de Chandrexa segue a ser Amador, ben seguro que te ha aconsellar ben, abofé. Literariamente é un personaxe no medio do camiño proscrito entre a decadencia máis absoluta dun aristócrata colgado e dos persoeiros máis dinamiteiros do lumpen, somentes pode escribir ben, ou polo menos contar as cousas coa verdade que poñen todalas aristas vivenciadas, dalle moitos saudos, eu bailei con el unha vez, bébedo total nunha coñecida discoteca da cidade, nin John Huston podería filmar tal desatino, mentres falabamos de amores e cravos na ialma...
Imaxínome que ainda seguirá máis estupefacto, pero é así, eu non sei quen é vostede, nen tan sequer sei se Arxides seguirá tendo vida...Por certo no anterior comentario esquecinme de por o url, pero dedúcese que son eu.

Anónimo dijo...

Laurita Seara é xoven, dinámica e intelixente?

Anónimo dijo...

D. lethes, penso que sí. Bueno, non o sei, fieime do que me dixo un profesor dela.

Se vostede se refire a intelixencia emocional, debe ter pouca porque creo que xa chocou con medio partido. Sobrevive porque a protexen desde arriba, utilízana para furar e "estar" nos roles máis radicais socialmente. Supoño que ten os pés de barro e non calibra a súa fraxilidade.

Xoven sí que é, Laurita.

Anónimo dijo...

Alucinante a túa historia, Arxides. Mañá voullo comentar. Non sei como salíu eiqui o Amador.

Sí , foi por o tema do poder, pedínlle consello pero non mo pode dar porque él sendo "presuntamente" un home espiritual estaba metido ata o cuello nesas "movidas".

Paseeino por europa e sentoulle moi ben. Sentín como se tivéramos librado unha alma do purgatorio. Eu quérolle ben. E puganamos por ver quen vai convertir a quen.

Amador sigue exilado en Chandrexa de Queixa.

Anónimo dijo...

Canto me gustou esta frase, don Arxides!:

"Literariamente é un personaxe no medio do camiño proscrito entre a decadencia máis absoluta dun aristócrata colgado e dos persoeiros máis dinamiteiros do lumpen..."

Moitas grazas.-

Anónimo dijo...

Sr. Lobo:
Se quer percibir, respirar incluso o dinamismo, a xuventude e a intelixencia mesmo de seres non imaxinarios como o Gonzalo e a súa acólita e moi estudada Laura, non ten máis que viaxar ó post dempois do artigo de Beiras Torrado e mirar e analizar semántica e sintácticamente un comentario anónimo que sucede a unha acratada miña. Xa vexo que é vostede un socialista de boa fé, e non só por porse nas mans de Amador, pero da anécdota que lle conto xa van polo menos uns dezaseis anos bos e é posible que non se decate, pero foille certo, e non podo dar máis pistas, porque entraríamos no sentimental e néste blog non procede.

Anónimo dijo...

Sr Medela:
Cando decía que é vostede o mellor do blog, decíallo sen pedantería e en ningún caso para que me gavara. Eu son dos que creo que se vostede coñecera a Amador, crego, pendencieiro, futbolista, exiliado no infinito do derradeiro e máis incomprensible lugar do que vostede define como celtas indoeuropeos, extraviado de sí mesmo, que xoga a partida coma diría aquel escritor, lendo co ollo dereito e escrebindo co esquerdo, e o mira por dereito, él o mirará en fite, sen tibieza. E se ademáis o heterónimo Arxides lle digo que existe, que é nativo de Avión, ou polo menos a súa nai era de Avión, que o coñecín facendo un master sobre asuntos delictivos relacionados co narcotráfico no cárcere da Coruña, por suposto mimetizado entre máis xente, que tocaba un acordeón diatónico procedente dun barco amotinado nas rochas de Muxía, dígolle que non-o definiría doutro xeito, é somentes escritura automática, pouco lle leo, non ve como me puxeron pola acratada das casa de lenocinio, que por certo coñezo á perfección, e as cortesanas a min, son fonte de inspiración, máis aló do “culturismo” hai vidas, porqué me gusta emborracharme con xente de mala vida? Non-o sei certamente, pero as súas historias estan cheas de poemas da rabia e dozura por igual, o tempo cando se mira dende perto da morte soa diferente, acontece todo a borbotóns, sen pausas, transparente, sen tempo valia a redundancia. Isto dura pouco…

Anónimo dijo...

Contención.

Anónimo dijo...

Don Arxides: Coñezo (superficialmente) ese planeta chamado Celeiros-Chandrexa. Evidentemente, é un lugar terrible e marabilloso. O noso Macondo, é claro.

Ouviu, eu non o quero gabar, nin que Vde. me gabe a min, porque o eloxio desmesurado desnaturaliza, Vde. sábeo.

Mais adoro este fragmento: "Que tocaba un acordeón diatónico procedente dun barco amotinado nas rochas de Muxía".

Desculpará, isto non o entendín ben: "o tempo cando se mira dende perto da morte soa diferente, acontece todo a borbotóns, sen pausas, transparente, sen tempo valia a redundancia. Isto dura pouco"…


Sabía, Vde. é ao costumismo o que Edward Hoppe é á pintura.


Conteñámonos.-

Anónimo dijo...

Edward Hopper

Anónimo dijo...

Don Arxides: Coñece o filme "Freaks", de Tod Browning???

Anónimo dijo...

Á morte tés que mirala cos ollos ben abertos, á inmensidade e ó infinito, cos ollos pechados, ós amigos miraos ós ollos e non fales, se por amigos quer a quen che poida contalos aconteceres máis certos, xusto os que andan traficando entre a noite e a morte, asunto éste lexítimo da vida, do pracer da inacabada viaxe, na que han xurdir elementos periféricos que a casualidade pon na beira e na distancia tamén, e nun naufraxio do que has sair espertando e sen folgos, cun romance abraiándoche os ouvidos.
Escribe Medela, escribe, que aquí non hai quen escriba, hai moito quen conte e queira amosar o que fai falla para conquerir un tíduo, o saber vacío do saberse colocado coas aspiracións cumplidas, inamobibeis, quietos. E así non se pode querer que a vida se mova, porque en Augasquentes, para a quietude a miseria debe seguir queda, os remansos han quedar empozoñados áta non te poder refrexar, acomodándote a ese cheiro magnífico de quen se acostuma a todo mentres morre, pero cos ollos pechados, e iso non é de valentes.

Anónimo dijo...

Non coñezo a Hopper, non coñezo o film "Freaks", e tampouco sei quen é Browning.
Leo moi pouco, vou moi lento, naufrago dentro dos poemas, quero desnudalas palabras, ando en solitario, non son fácil de aturar, igoal áta estou vivindo de mentira, ou de prestado; pero escriba, por favor escriba, do resto xa sei que sabe.

Anónimo dijo...

Desculpará, don Arxides, mais xa me "deron o toque" por escribir demasiado... Até despois.

Anónimo dijo...

Dime Arxides onde está o artigo ese de Beiras . Quero ler o comentario que dís.

Anónimo dijo...

Benquerido lupus: pensei que xa me dispensara de proseguila conversa, pero vexo que está ainda pola Cibernelia, país de orixe déstas secuencias. O post o que me refería denantes é anterior éste e refírese a unha entrevista con Beiras e ten, penso que setenta e pico comentarios, pero xa lle podo recomendar un novo no post dos cazoncillos con banana, simplemete encantadora.