11 jun 2008


CARMEN MARTÍN GAITE
Andoliña mércores 11 xuño

Hai dúas ou tres semanas presentouse e Allariz un estudo titulado “Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite”. Era coñecida de vello a existencia de raíces galegas na vida e obra da salmantina e diso falara o malogrado Luís Rivas Villanueva en 1988: dos irmáns Joaquín e Antonio Gaite y Núñez, chegados de Teruel a Galicia a mediados do XIX. O primeiro foi un daqueles catedráticos de Instituto aurorais, cun papel sobranceiro na prensa ourensá.
O traballo que citei é da autoría de David González Couso e esculca na presenza galega na salmantina: dende riscos do seu carácter (“la flexibilidad, ese doblarse sin partirse”) ata o retrato do lugar idílico da infancia (a aldea de San Lorenzo de Piñor), o familiar apelativo de Carmiña ou mesmo obxectos citados nas novelas: un vello aparador traído de Galicia que evoca a memoria do avó.
David González fai unha análise intratextual e tamén intertextual da narrativa de Martín Gaite e rexistra evocacións galegas nos espazos de “Las ataduras”, “Retahílas”, “El cuarto de atrás”, “El pastel del diablo” e “La Reina de las Nieves”. Os amantes da obra de Martín Gaite encontrarán moitas suxerencias valiosas nestas páxinas.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu creo que tiña familia en Vigo: compartín aulas en Santiago cunha sobriña súa que vivía aquí.

Marcos Valcárcel López dijo...

Un dos Gaite que chegou no XIX instalouse en Pontevedra: de aí virá, supoño, a familia viguesa.

Anónimo dijo...

La gran escritora salmantina publicó libro con las mejores poesías de la lengua gallega en Editorial Aguilar (Pre- época Polanco)...........

Anónimo dijo...

Pre-época Polanco: históricamente é un dato perfecto dende o punto de vista académico. O que certo é que onde vive hoxe o ex-delegado da COTOP co PSOE e pintor, Juan Manuel Lazcano, (a) Pirucho, alá por Piñor, pasou tempadas Carmen Martín Gaite. Por certo, qu estivese por estes lugares non ha fai mellor nen peor escritora. Patrias de merda á hora de valorrar a calquera. vos dean, a úns e as outros. Paisaxe como condimento literario: para unha teses doutoral quizais teña sentido. Nen eso. Merda para todos nós. Somos imposibles.

Marcos Valcárcel López dijo...

Contención: a última mensaxe quedaba moito mellor sen os insultos.
Da antoloxía de poetas galegos de Martín Gaite creo que escribiu algunha vez C.Casares: tería que buscar esa reseña.

Anónimo dijo...

Vexo que aínda queda xente (tamén doutras pre-épocas) que carece de escrúpulos e de educación. Falar por non estar calados.