28 jun. 2008


Home e máquina.
PAN POR PAN sábado 28 xuño (Imaxe de "Blade Runner")

A relación entre Home e máquina é unha pertinente metáfora do gran debate dos límites da ciencia: por iso foi tan útil na literatura, nas artes plásticas e no cine. En clave satírica xogou con esas claves o “Tempos Modernos” de Charles Chaplin: o traballo impersoal, repetitivo, anulador, etc. E coas 60 horas, ou máis, das últimas directivas europeas. En clave fantástica, Frankestein é o gran mito a este respecto, se ben ten egrexios precedentes, dende Prometeo ata Pinocho. A ciencia-ficción sachou a eito este territorio e deunos pezas magníficas, algunhas arredor do mundo dos robots ou mesmo dos replicantes. “Blade Runner” constituíuse en película de culto e mesmo mito romántico na miña xeración. E vimos máquinas que cobran vida: en “Christine”, un automóbil capaz de asasinar por vontade propia. Imaxe simpática dado o simbolismo deste elemento na nosa sociedade.

5 comentarios:

Xabimusic dijo...

O tema vai máis aló. Os xaponeses xa experimentaron cun robot dirixindo unha orquestra e seica o resultado non estivo tan mal...
Sen embargo o comentario dun dos músicos encerra unha das clave do asunto: " Nos respondiamoslle a el, pero el non a nos"
robot

lourixe dijo...

No cinema etico-futurista hai dúas visións das máquinas: ou como enemigas exterminadoras dos humanos (Hal, Terminator) ou como seres sensíbeis que aspiran á categoría e respeto dos outros seres vivos (o neno de Intelixencia Artificial, Robin Williams no Home Bicentenario).

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Lindo filme, "Blade Runner". Gótico, hipnótico, pegañoso. Parece unha desas romarías do agosto cando chove fatalmente e cheira a churrasco.-
Saúdos, Lourixe.-

arume dos piñeiros dijo...

Boísima imaxe: faltoulle (aínda que vai implícito no cheirume a churrasco) o fume dos churros Lolita e das pulpeiras.
Escoito por aí o lololololololololololo do himno español. Agora o Haydn hipertrofiado de patrias.

arume dos piñeiros dijo...

Rapa das bestas, vista desde Italia.