Os espazos de “Pan e coitelo”.
Pan por Pan venres 13 xuño
A última novela de Bieito Iglesias ten forte presenza ourensá, como outras anteriores súas. De feito os nomes literarios de Vilasanta e Oria non ocultan, senón que evidencian as súas raíces: Compostela e Ourense, no segundo caso con homenaxe a Risco de paso. Hai unha xerarquía marcada dos espazos, dende os privilexiados do centro urbano como o Paseo, o Progreso ou o Parque ata os arredores de A Ponte, Ribela e a Chabasqueira, escenario das páxinas máis violentas e escatolóxicas do relato policial. Boa malleira leva o detective por parte dos matóns dun construtor. Ata saen as novas Termas con pavillón xaponés e un Museo da Miniatura prometido polos políticos, pero que aínda non existe (só a colección de trens do Simeón). E non faltan os versos de Valente nas Mercedes, traídos a conto: “Marchar foi quizais unha maneira de ficar para sempre”.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
11 comentarios:
Alongarme non?
Chabasqueira ou chavasqueira?
Se non lembro mal, o verso de Valente di "alongarme" pero o Bieito, citando de memoria, debeuno copiar mal: na novela pon "marchar".
Bieito escribe tamén Chabasqueira: non sei se á ortografía correcta. Haberá que preguntarlle ó Sabio Máximo Toponimicus, G. Navaza.
A distinción fonética entre B e V non fai sentido a norte do Douro.
A distinción ortográfico-etimolóxica si.
A dinastía Flavia tiña a concesión da explotación das augas termais na Gallaecia.
Daquí Chaves e Chavasqueira.
(Todo está en los libros).-
¿Podía ser un Flavias Caldaria (ou Caleria)> Chavas Caeira > Chavasqueira...
En Portugal hai unha herba que é "chavasqueira" sempre ao pé dos ríos...
Que atractiva e arriscada é a etimoloxía para os que non temos nin "raposa" idea. (Que simpático queda este "idiom" do castelán traducido).
Aínda ben que o señor anónimo non fai idea de etimoloxía.
Se chega a ter idea...
Mi madriña!
Grazas, señor, pola súa erudición.
O verbo que emprega Valente é "alongarme", si.
Señor Marcos, deixese de panoplias e faga un comentario serio da obra, deixe de dicir irrelevancias anecdóticas, vaia crítica que fai vostede!. Agárdase mais de vostede!
Sr. tou: a funcióndas Andoliñas non é facer críticas literarias en sentido estricto. Só convidar a ler o libro mediante os recursos que eu considere axeitados.
Seguro que vostede o faría moito mellor: mándenos unha crítica da novela e colgarémola aquí, para goce (e análise e interpretación, se é perciso) de todos.
¿A que non vai envíar a crítica da novela? ¿Apostamos algo? ¿A que o señor Tous non sabe que unha cousa é predicar e outra dar trigo?
Mandar, mándoa, pero cobro.
Publicar un comentario