Para aliviar certas tensións (Vía Arume)
As mulleres adoitan dicir en voz baixa que o tamaño non importa, pero estes días chegou ás librerías «The Big Penis Book» (Taschen).
Erguerá polémicas tamén este post?
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
74 comentarios:
Quen a teñen máis longa: os bilingües ou os monolingües?
Todavía no me llegó el Catalogo Taschen solicitado......
Os bífidos teño entendido que non-a teñen, os monos sí, pero pequena, e ademáis mastúrbanse, que é como turbarse de máis, mire non lle sei, pero mire vostede que sí importa vai ser a de dios es cristo, porque con el clero hemos topado.
O que hai é que atopar á "partenaire" axeitada. A búsqueda do pé axeitado pra o zapatiño de cristal no conto de Cincenta.
Arumes saiu moi ben na foto.
Creo que a do empirecultor é mastrodóntica.
¡Vaia bromiñas que traen os cabaleiros! Supoño que o tamaño por exceso pode ser un gran problema para a sufridora. E deixen de medirse -compararse- que hai moitas outras partes interesantes no corpo.
Que va, que va. Está errado. Normaliña de todo.
(Qué obsesión teñen algúns, meu deus)
Modesto. Poden chamarme Modesto: o meu verdadeiro nome.
:-)
¡Vaia por Deus! ¿Todos os que andan por esta tertulia son homes? Eu pensaba que isto ía ter máis interese entre mulleres.
Tes razón, api, que obsexión teñen algúns.
Criselda, e logo que querías que fixéramos despois do Arume ferirnos o orgullo co seu cantimpalo?
De seguires así, este blog vai morrer dunha arroutada
¡Uy que miedo!
"De seguires así, este blog vai morrer dunha arroutada"
Mira que hai que ser cenizo. Nin come nin deixa comer o pelma este. Se non che gusta vaite e deixa á xente en paz.
Sempre a reprochar a tododiós. É o típico amargao que non soporta que os demais o pasen ben.
Se o Marcos colgou isto sería para divertirnos todos un pouco, non? E ti non es quen para dar ordes a ninguén nin para dicir o que hai que facer. Nin que o blog fose teu!
O volume (nunca mellor dito) de Taschen poderá ser asinado mañán na feira do libro de Ourense. Pero como novidade irán asinar as persoaxes do libro en lugar do autor. Prevese inminente best-seller. Entre este e o de Sexo Solitario: a historia cultural da masturbación de Laqueur imos ter un xuño memorable.
Un epítome (sic) ou adianto editorial pode verse eiquí.
Como acontece en Madrid, terá algo que ver la Espe con este timo da estampita (chamémoslle así)?
Hai un casting tamén en Vigo, anunciado, con todo luxo de imaxes penetrantes, en cartaces ben visibles entre o concerto de Gansos Rosas e o de Calamaro..
Seguindo o argumento de Apicultor, terá que ver o bi-partito vigués con esto? Era esto a Universiada famosa?
Unha fundación eminentemente cultural e sen ánimo de lucro tamén abunda no "tema". Pasen e vexan, se queren: Fundación Tom de Finlandia.
Para que logo digan que o galego non se normaliza en todos os ámbitos.
Meu querido Arume, ¡como nos traizoa o subconsciente! ¿Erguerá polémicas? ¿Erguerá? ¿Non chegaba con que as provocase? Debaixo deses slips/cirolas haiche moito que erguer, a non ser que o tío ese faga como os paisanos da miña aldea, que metían unha mazorca de maínzo no peto do pantalón para poñer nerviosas ás mozas nas verbenas.
Unha mazorca, coa temperatura que hai por eses subconscientes, é carne de pop corn.
Non era pra por nervosas ás mozas,o de sempre. Era pra que se apartaran para o outro lado, onde estaba esperando "a boa".
-Manoliño, que é eso que tés dentro do pantalón, unha chave?.
-Non Loliña. É unha "pecha-dura".
Vai un conto:
Era un fulano que "a tiña moi grande". Todas as mozas que tiña, deixábano cando lla vían, có medo de que as matara. Andaba moi triste pensando que íba quedar solteiro.
Ó cabo do tempo, coñecéu a unha rapaza e iniciaron unha relazón sentimental. O home ,que non a quería perder como as outras,díxolle que tiña que ser algo totalmente platónico, porque cando era pequeno coméralle un porco o "aparato". Si estaba conforme con eso, seguían sendo mozos, senón,non. Ela asentíu.
Ó cabo dun tempo, ela xa estaba "intranquila", é díxolle a él : "Pero home, entrégame o que che deixara o porco sin comer, algo che deixaría, digo eu". ÉL dixo que algo lle deixara, pero pouco. "POis logo dame o que che deixara", dixo ela. Apagaron a luz i el foille "entregando" pouco a pouco o que tiña. Ela íballe decindo "Non hai máis?". Él respondía "Índa queda algo ". "Pois veña, xa che dixen que todo o que houbera". O home estaba feliz porque vía que pouco a pouco iba cabendo todo. Cando entróu todo, dixo ela "Non hai máis?". Dixo él: Non. Ela, decepcionada, respostóu:"Bó, foi boa pena que cha comera o porco de pequeno".
jajajajajajajjajajajajjajajajajajajajajajajjajaj
Para Arume: iso do pop corn, ¿no sería homologable a eiaculatio precox?
Para os demais. Con tamaño ou sen el en consideración, óese unha voz no medio dunha carballeira. Noite pecha, co paradoxo de lúa chea.
Voz masculina: Pepiña, ¿corrícheste?
Voz feminina: ¡Ai, non! Eu estívenche moi quietiña, que che me daba moito gusto.
Ó tamaño que lle dean. Ás veces chega cun dedo. Claro que hai dedos e dedos.
Inda lles podo contar outro, dun que iba de a cabalo, partindo noces coa "ferramenta" contra a empuñadura da silla de montar.
Pop Corn ou Cop Porn, xa non sei.
Ás mulleres dalles igual que os homes a teñamos grande ou pequena. Máis ou menos, coma a nós, que nos da igual que teñan tetas grandes ou pequenas.
Fale por vostede, por favor.
-Marica, Marica, se chego saber que eras virxe, non che facía isto.
-¡Aai, Manoliño, se chego saber que me ías facer isto houbese quitado a faixa!
Por favor, Da Cova (con perdón neste caso), cóntenos o do cabalo e as noces, aínda que a parte básica xa parece clara.
A partir das suxerencias dixitais de o de sempre (falta o outro de sempre), veume á cabeza aquela expresión castelá "se me hacían los dedos huéspedes". Non sei se era para a ocasión, pero ben vale como resultado do estímulo pavloviano.
Pasóu por unha aldea. Cando saíu dela, tentóu de seguir partindo nas noces, pero non pudo, e dixo: "Esa ladroa roubóume o muelle". Terá que imaxinar á sua maneira a parte media do relato, que a mín dame vergonza detallala.
Vaia. According to o de sempre os homes debemos falar un por un. As mulleres teñen unha opinión xeral.
Qué raro que ninguén lembrara a derradeira escea de "El jovencito Frankeinstein".
Agora ainda que non-o vou firmar por que teño un pouco de vergoña, cóntolles o mellor que coñezo de Caperucita, e que di que cando o lobo asalta a nosa protagonista, dille ¡ay caperuchiña, vouche comer algo que ningún lle comeu!.
E tranquilamente respóstalle, !como no me coma-lo cesto!.
Tamén-o sei en francés.
Por favor, a que espera? Cónteo en francés (con perdón, tamén).
Que marabilla de idioma polisémico o inglés, que o mesmo vale para dicir "O libro do grande pene" que "O grande libro do pene"!
O tamaño do xoguete importa... tanto como a pericia do xogador. Eu teño debilidade polos multilingües multixoguetes (e os multifoguetes, he, he).
Eu teño debilidade. Así. Sen máis.
Pois eu fixen votos de castidade despois de levar unha vida de crápula e de fodedor empedernido, de rebozarme até a extenuación en todos os vicios da carne e do peixe. Agora dou longas camiñatas polo bosque, penso na densidade do espírito, arrédome da tentación do pecado (Lourixe, he, he) e son feliz deleitándome coa inmensidade do universo.
Que é máis grande: o carallo ou a caralla?
No concepto caralla entra toda a aparataxe (marmelo e colla). Carallo é mesmamente dos tres o máis longo.
Caperucita, caperucita, je vais te manger quelque chose que personne ne t'a mangé.
¡Comme tu ne me manges pas la corbeille!.
- Maruxiña, pasa aquí hó, que hoxe voucha meter por onde non cha meteu ninguén.
- Ai, Manolino, pola orella non.
(Dous de Ourense xacendo)
- Ai, Pepiño, m'abrumas...
Ai, Pepiño, m'abrumas...
- Como dis, Maruxiña?
- Ai, Pepiño, se me abru máis?
Chistes malos que nin os contan os Tonechos, chistes podres de reprimidos sexuais, ausentes de calquera gracia. O da orella é xa a máxima expresión da cretinez. Pero sigan, sigan, sigan coas súas mamarrachadas de reprimidos. Pero non lles vai quitar a fame atrasada.
Os Tonechos tamén veñen a inspirarse ao blog?. Só faltaba que nalgún dos seus "esqueches" sacaran a colación "as uvas". Quen vería ao que leva o casco furgando no ordenador é decindo "Papá,papá, mira o que dín aquí neste blog...".
Debería falar menos e atender máis a súa señora esposa.
E o mesmiño que me dice ela, oiu
Sr. Dacoba, deduzo por algúns dos seus posts que aínda non cumpriu vostede os 50, aínda que moito non lle debe faltar, por iso penso que é un chisquiño máis novo ca min.
Dígolle isto porque cando eu tiña uns once ou doce anos, todos os homes maiores cando falaban en conversas de “homes” sempre traían ao conto as “dimensións do aparato” do Charleston.
Este era un limpabotas que había nos soportais da Praza Mayor de Ourense; pequerrecho e tolleito das pernas. Tiña sona de que lle media “sete moedas de cobre” e que o único “vicio” que tiña era ir ás chicas. Dicían que as que exercían o seu “oficio” na rúa do Villar non o apreciaban moito a pesar de que pagaba puntual e relixiosamente os seus mandados e que as que accedían pedíanlle que se atara unha toalla a parte de atrás do “aparato”.
Eran as historias de “homes” que circulaban por Auria naqueles anos da miña nenez.
Sempre tiven curiosidade de cal era a medida. Un día meu pai díxome que as moedas de cobre das que falaban eran da época da República e que en tamaño viñan sendo como as de dez pesos franquistas. Bote contas, e ríome eu do tamaño do “big penis book” do que falan.
Eu, coma neno que era, cando souben o da medida e vía aquel home tan pequerrecho debaixo dos soportais sempre miraba para el sorprendido. O que non sabía dicir era o por qué.
Lémbrase do Charleston?
Non anda vostede desencamiñado no que se refire á miña edade...física,jeje.
Eu non me dou conta del, do Charlestón,pero sí que teño oído a historia.
O das historias de "chicas" en Ourense sí que daba pra un bó libro. Novela, historias ou ensaio.
"Caralla" din os vellos porque a feminizan cando perden potencia. Non é cousa de tamaño, senón de vigor.
A linguaxe tradicional é moi sexista como sexista era (e mesmo segue sendo) a sociedade. Ora, de aí a regodearse nela hai un paso que recomendo non traspasar. Non se dan conta, señores, que axiña lles saen os tics atávicos machistas que levan no seu interior? Non se dan conta de que deben facer un esforzo para botar fóra toda esa escoura multisecular?
No meu interior non levo tics. E menos atávicos. Un é un señor limpismo.
Reprimido eu? Cago nos fiunchos da Chousa Vella! Reprimido? Nunca me deitaría con vostedes, asina o tío/tía. Asoma o careto a ver se nós nos deitaríamos contigo.
Machismo -e iso dos tics atávicos que levamos dentro unha alfaia, si, señor-. Machismo. O mundo non é machista. Nunca o foi. É diglósico. Di-gló-si-co, meu señor/señora. Ou sexa, inharmónico.
Onde andan a ética e a estética que, polo visto , estaban sempre presentes neste blog?
Non fai falla ver careto algún, abonda co escrito neste fío para xustificar o nick de " Nunca me acostaría". Pobriños!!!
Esta Ética é moi rabuda: non para quieta. O mesmo lle pasa a Estética, pero esta aínda se maquea un pouco.
"A tal señor tal honor. "
Non sei se é por ética, por estética ou polas dúas cousas ao mesmo tempo, pero eu non gusto de participar na enxurrada de ditos e contos populares sobre estas cousas.
ÁS AMIGAS que poidan pasar por aquí: non se nos enfaden, por favor.
Non ven que este fío foi un hábil recurso estratéxico dos sres. Marcos e Arume "para aliviar tensións" que se descargaban noutros fíos... ?
Laurita, xa te podes deitar corazón, e descansa, non penses néstes atávicos, que non che ha collelo sono. E non digas nunca con quen nunca te has de deitar, por se o da auga...
Estou con "nunca me deitaría..." Este é un fío-república bananera e machista. E mintireiro, porque o paquete do Arume é unha banana que atopou nunha frutería de Vigo onde só venden produtos que que destacan pola sua forma ou o seu tamaño fóra do normal. A la rica banana de Arume, para "aliviar tensións" e "saltarse o reglamento métrico e volumétrico decimal". Hai de quen se deite co Arume e se encontre con ese cacho bicho de ficción.
Permítanme con todo o cariño do mundo dedicarlles este: Material quente de Donna Summer.
Lupo Arxides: No caso de que con ese "Laurita" se refira vostede a min, lémbrolle que no meu carro non vai vostede á misa, polo que conteña a familiaridade e reserve os consellos, nen llos pedín nen llos acepto. En canto a decir e facer, o que me da a gana, eso si sempre co debido respecto e sen faltar, soalle esta canción?
Esta será a primeira e última vez que me dirixa a vostede, a verdade, como contertulio, pouco interese desperta.
¿Consideran que, dado o rexeitamento masivo de mulleres neste blog, deberían algúns participantes reflexionar sobre a pertinencia de determinados chistes ou, pola contra, que iso é algo que non hai que ter en conta?
Contar chistes ten os seus riscos, entre outros o de que non sexan graciosos. Se ademáis son da categoría verde subido, os riscos son moito maiores. Cabe a posibilidade de pasar por un animal, por un dexenerado, ou, como nestes casos, por un reprimido (a lectura desordeada de Freud trae estas consecuencias). O contador de chistes (groseritos) pon en perigo a súa propia fama. Pero tamén o que narra episodios intrascendentes, rememora o arresto da piscina da mili ou lembra as anécdotas do piso en Santiago. En fin: que o falar non ten cancelas, pero podes chegar a falabarato.
A verdade é que non tiña nada claro a qué Laurita me refería, eu só me movo no literario, nunca na erucdicción, mundo ó que non perteñezo, non se me dá ben; ora ben, se vostede, agora sí é a Laurita na que estou pensando, penso, valia a redundancia, que o feito de se sentir aludida non-a favorece, perde moito do seu dinamismo, xuventude, beleza e, sobre todo, intelixencia.
Sempre ao seu dispor: Arxides
E mire outra cousa, non pretendo contertuliar, entre outras cousas porque á devandita palabra non siñifica ren, eu vou lendo o que me interesa, adespacio, sen presas e, de vez en cando, teño unha ocurrencia, a maior parte das veces, recoñezo, provocada polas atinadas crónicas costumistas do escribidor Medela, por certo, fantástica e sublime a definición da Marinita, eso vale por sí só leer no blog, e como ademáis saen temas de vez en cando, e vostede, contrariamente a min, anda na punta da pola, e de pirixel de todalas salsas, supoño que lle vai no soldo aturar éstas humildes crónicas. Literarias, por suposto. Así que xa sabe, todo parecido coa realidade é pura e tonta coincidencia
Non, non, na "erucdicción " non se move.
Pouco me hei enganar dicindo que,o espírito de Unha Muller sobrevoa, dende hai moitísimo tempo, por riba doutros nickname desta casa.
Erucdicto: dise da xente que non hai cousa que non saiba, e que por iso non precisa escoitar. Formada de dous fonemas, a saber, eruc; do indoeuropeo arrotus, gases que emanan do conducto esofáxico o cabo dunha diatriva abondosa. E dicto, palabra esta que non necesita presentación, no dictado nunca se admitiron preguntas.
arxides, eu debín perderme algo. Faga o favor, ho, ¿con quen fala vostede?
Publicar un comentario