19 jun. 2008

Piadas, de BIEITO IGLESIAS (ECG 19 xuño)
artigo completo

Alfonso Guerra piou en Telemadrid e deixou moi claro que estaba contra a violencia de sexo pero así mesmo convito de que non hai que axoellarse por "buenismo" diante de calquera muller que se faga a vítima. O ex vicepresidente perdeu a ocasión de propor medidas concretas contra o terrorismo doméstico que o Goberno de Zapatero non toma seguramente por "buenista", tales como o pago de escoltas a todas as ameazadas ou a concesión de licenza de armas a aquelas féminas que viven co pescozo nun talleiro. En lugar de suxerir unha política antiterrorista efectiva neste campo, preferiu agarrarse ao caso dunha señora que pagou un sicario para matar un ex marido, elevando a anécdota á categoría (Tamén é certo que a tele capitalina -frecuentada por friquis como Boadella capaces de colocar unha tourada de José Tomás á altura das obras de Shakespeare- se presta para botar a lingua a pacer). (...) (...)

12 comentarios:

Manuel Lôpez Rodrígues dijo...

hehehehe o que hai que oir!! hai spain spain... se é que as touradas son cousa importante home, sobre todos para aqueles que nunca leron nin a Shakespeare nin a ningún outro.

...en fin.

un saudo

Anónimo dijo...

Creo de interés esta nocia para este magnifico democrático e bilingüe blog.Unas 500 personas se concentraron en Vigo para arropar a Galicia Bilingüe, cuyo Vicepresidente, el pasado fin de semana, sufrió un atentado por parte de separatistas gallegos, que atacaron en su domicilio su coche, cubriéndolo de pintura roja y amarilla, reventando el parabrisas y con una nota amenazante que rezaba “Bilingüismo es colonialismo” y “Españoles fuera de Galicia”.

José Manuel Pousa que llegó a la Plaza de la Estrella de Vigo en el mismo vehículo atacado, que mostraba aún las huellas del atentado, fue recibido con una clamorosa ovación de los presentes. En unas breves palabras de agradecimiento, Gloria Lago destacó, que por encima de la causa que defiende Galicia Bilingüe, con la que se puede estar o no de acuerdo, la concentración tenía como fin defender la libertad de expresión en Galicia, a la que tienen derecho todos, incluso sus contrarios. Por su parte José Manuel Pousa, señaló que este tipo de actos amenazan la existencia de la democracia misma, haciendo un llamamiento para cerrar el paso a tiempo al avance del totalitarismo.

Clamorosa la ausencia del alcalde de Vigo, el socialista Abel Caballero, al que por lo que se ve no preocupa en absoluto que en su ciudad se persiga la libertad y se convierta en un nido de aprendices de terroristas. No olvidemos que fue justo en las cercanías de Vigo donde explotaron las recientes bombas colocadas por Resistencia Gallega en contra de inmobiliarias.

A la manifestación, a la que se sumaron diversos movimientos cívicos como Vigueses por la Libertad o Plataforma España y Libertad, acudió la anterior alcaldesa del PP, Corina Porro, que ya asistió al multitudinario acto de Galicia Bilingüe celebrado hace unos meses en el teatro García Barbón de Vigo. En esta ocasión el líder del PPdG, Alberto Núñez Feijoo, también se acercó a Vigo para solidarizarse con Galicia Bilingüe, donde pudo comprobar in situ lo “simpáticos” que son los nacionalistas.

Porque la nota negativa como siempre la puso el nacionalismo cerril, que no respeta la libertad de reunión de los que no piensan como ellos. Justo el mismo que cobardemente aprovecha la noche para ensañarse con un coche para amedrentar a los que se atreven a llevarles la contraria. Una veintena de energúmenos aprendices de batasunos, esgrimiendo banderas independentistas gallegas, acudieron a reventar el acto, debiendo ser mantenidos a raya por las fuerzas policiales. En esta ocasión no hubo incidentes violentos, limitándose a vociferar sus habituales consignas totalitarias, que fueron contestadas por los asistentes con lemas como ¡Libertad, libertad¡ y ¡Radicales fuera de Galicia¡

Anónimo dijo...

E esta babecada a que vén?: "Creo de interés esta nocia para este magnifico democrático e bilingüe blog". Saiba que aquí, de momento, o 99,9999999999999999999999999999% se expresa exclusivamente en galego.

Nonnato dijo...

Radicáis quens?
Liberdade, para quens?
Fora de Galiza?, pero teremos que marchar doutra volta para facerlle sitio a quens non respetaron nen esta terra nen a súa propia?

marcos valcarcel dijo...

Non borrarei as babecadas de GB porque eles mesmos se retratan no seu comunicado...
E, por suposto, este blog nin é bilingüe nin nada que se lle pareza.

lourixe dijo...

No código ético explícito ou tácito de internet, considérase o spam como un acto de sabotaxe ou terrorismo ideolóxico. Iso entenden eles por liberdade de expresión?

lourixe dijo...

Referente ao tema inicial, desgraciadamente a escasa calidade da xustiza deste estado, con sentencias absurdas como esta e a repercusión que teñen na prensa, fai que moita xente, como Alfonso Guerra, teña a sensación de que as mulleres abusan de vitimismo para obteren máis privilexios dos que en lei dereita lles corresponden.

Sar dijo...

Non todas as mulleres abusan do vitimismo, certamente. Pero non se pode esquecer que hai determinados casos de divorcio nos que as mulleres, instigadas polos seus avogados, fan todo o posible para obter as mellores condicións (mesmo acusar de maltrato cando non o hai). E viceversa.
Hai de todo en botica: en homes, por suposto, pero tamén en mulleres. De aí o complicado labor dunha xustiza que pretenda ser realmente xusta.

XDC dijo...

A picaresca e o aproveitamento fraudulento das leis pra beneficio propio,dase en prácticamente todos os aspectos da vida que regula o Dereito. Este non vai ser unha excepción. O Estado ten a obriga de desenrolar os mecanismos pra detectar eses comportamentos. A frase de Alfonso Guerra é desafortunada. É como si o ministro de Seguridade Social dixera que hai que recortar gasto sanitario porque hai xente que finxe as enfermedades pra coller baixas. Eso xa o sabemos, e os que teñen que desenrolar procedementos pra evitar o fraude son eles, pra eso os votamos.

lourixe dijo...

Non llo estaba a botar en cara ás mulleres, en realidade os culpábeis de xogar co tema son os avogados e os xuices que lles dan pe. Das baixas finxidas tamén son responsábeis os médicos que as asinan.
O terrorismo misóxeno seguirá a existir mentres haxa iluminados como o crego de Vedra que sigan a pensar nas mulleres como seres incompletos e inmaturos.

XDC dijo...

A revista "tiempo" trae un artigo sobre o tema. Curioso que fora precisamente unha xueza quen destapara o tema. Claro, si a sentencia a fai un xuez, cómeno vivo. Como si a frase de Guerra a dixera Rajoy.
Pero artigo susodito abonda en que non pode facerse norma da excepción, como eu mesmo opino. E pon como exemplo os fraudes nos seguros e noutros aspectos.

Vaia. EStá na rede: PREMER.

Anónimo dijo...

Good dispatch and this fill someone in on helped me alot in my college assignement. Thank you as your information.