Santiños, de Bieito Iglesias (ECG 10.07.2008)
Aqueles que non militamos no Partido Nacionalista de Raxoi nin no Partido Porreiro (quérese dicir lindo, óptimo) de Zapatero e tamén non no Partido do Revés (Bloque) temos que camuflarnos dentro dalgunha malta ou loxia, pois nun país tan gregario logo pasas por toxo se enxeitas o rabaño. Será por iso que está nacendo a Liga dos Bieitos, asociación sen ánimo de amolar que aspira a reconducir a cousa beneditina, dándolle un pulo descoñecido desde a reforma cluniacense. Contamos co mellor valedor posible: ese San Benitiño avogoso na cura das verrugas e omnipresente como patrón de Allariz, Arbo, Cambados, Cenlle, Cortegada, Cuntis, Gondomar, Meaño, Meis, Pontevedra, Porriño, Portas, Samos, Boloña, Montecassino e Palermo. Haberá quizais porfía á hora de escollermos o himno, entre os partidarios de cantarlle ao santo milagreiro de Lérez e os seareiros irredutibles do San Benitiño da Cova do Lobo, hei de ir alá miña nai se non morro. Sendo efectivamente o benaventurado de Nursia padroeiro dos moribundos, igualmente protexe aos mineiros e espeleólogos, estendendo o seu amparo a editores (Bieito Ledo), xornalistas (Bieito Rubido), músicos (Bieito Romero), historiadores (Bieito Alonso) e prosadores (este lerenda).
A Liga dos Bieitos xoga con dúas vantaxes respecto de calquera outro grupo de presión: o propio nome benditoso (benedictus), un talismán que impide que os bautizados con esta graza nos convertamos en lobisomes; e a posibilidade de fichar un auténtico crack (nada de estrelas de segunda grandeza tipo Cospedal ou Leire Pajín) como Bieito XVI. En conxunto somos uns benditos, con algún garavanzo negro como certo tocaio bravo e lascivo citado nunha cantiga de escarnio do século XIII: "Don Beeito, ome duro, foi beijar pelo oscuro a mía senhor; ome é ome aventurado, foi beijar pelo furado a mía senhor". A nosa primeira campaña restituirá o mesón do Bento ao seu lexítimo dono, porque nunca o vento nin o seu irmán (o aire) se dedicaron á hostalería.

24 comentarios:
Vaia, así que "Mesón do vento", non lonxe de Ordes, é "Maison do Benito". Podíalles contar unha anécdota que me pasóu alá pero...
Tamén hai unha "Casa do vento", por a Veiga, se non lembro mal...
Quen se apunta a vir mañá a Cova do Lobo pra comer o pulpo.
Outras devocións son posibles: (http://tealabamosdylan.blogspot.com/), digoo por polemizar un pouco que xa facía tempo que non viña por eiqui.
Bicos in the wind.
A miña cova e eu sen enterarme.
Ka!.
Eu non podo, se puder cecais íamos.
Pero Bieito!
Esquecéuse do de Paredes, que non é tan milagreiro como o de Lérez, pero aí está.
Cando imos á Carballeira de San Xusto, pra ver si atopamos a navalla que perdéu Occam.
Mañá, madrugo pra ir a pé á Cova do Lobo, e ó Tangaraño. Que son moi devoto dun licor café que sei que hai alá mañá.
e o san benitiño d'herbón
Esa é a grafía correcta da cantiga? Ou está aportuguesada, como adoita ocorrer na maior parte das transcricións? Despois veñen os lusistas e chámanlle a iso "ortografía histórica"...
o que se passa é que no século XIII ja havia lusistas que escreviam assim. o resto escrivia como op senhor agora nestes tempos.
Non sei os que faltarán na lista, pero Samos sobra, que aínda sendo mosteiro benedictino desde o século XII, está baixo a advocación de San Xiao e outra santa cuxo nome comeza por B, creo que é Santa Basilisa. A ermida mozárabe que pertenceu ás instalacións monásticas anteriores está adicada ao culto de San Salvador.
No Porriño está o san Bieito ou Benito que tira as espullas se lle levas aceite.
É festivo local e así non traballo hoxe !.
De verdá que con tantos santiños e santuarios vounos mandar a -40ºC a un gulag pra que aprendan ateísmo militante.
Só se acepta a veneración ao Ché Guevara.
Alto aí, non me mesturen os benitiños. Unha cousa é falar de san Bieito de Nursia que fundou a orde dos benedictinos e outra de San Bieito de Palermo, tamén coñecido como san Bieito Negro (fillo de escravos africanos).Ten imaxe na igrexa de San Francisco de Cambados, onde é coñecido como o santo dos meniños (4 de abril). Por certo, era franciscano e non bieito.
Beria, xa sabes, cada vez que amenazes con siberia eu amenazo con metercha a cruz.
"Beria, se te pillo despistado e de noite métoche a cruz". lobo.
A cruz é un símbolo fálico, ao revés. Debe de ser por eso polo que os satánicos a poñen ao revés, ou sexa, ao dereito.
Era eu, o anónimo.
Non me metas a cruz!!!
Saiban que me veñen de decir que o diario "La Región " foi interveñido.
Como se nota a impronta católica nunha boa parte dos contertulios. Libérense!
Olle, Abelleiro, colega, está vostede confundido. Eu falo en meter a cruz como reminiscencia da miña cultura-kéltoidai-popular. Cecais os católicos cristianizaron unha xeira ben máis antiga que eles. Repare vostede no post que ten unha almiña de santa compaña. Estas brincadeiras escomenzáronlle ehí.
Eu máis pretendo desmaterializar-desMarxistizar, des-aculturar algunhas intervencións que o que están é a cimentar unha "cultura allea". O que pretendo, brincando, é reivindicar o noso.
"Métoche a cruz, rediola".
Ademáis , eu pensólle que a cruz foi un símbolo tan antigo como a esvástica e envástica, antes de que os romanos a convertisen no seu instrumento de tortura totémico.
Vaian vostedes a saber se antes de xesucristo a estantígua non fose precedida por un portador de cruz.
Mandela, kyra, Júlio!...todos a min!.
A miña cultura foi moi violenta.
Alén de amezar con meter a cruz, amezar de morte era moeda común.
O meu pai crioume decíndome:"mátote, mátote, me cagho en..., coa pistola de nove tiros do meu pai.
A pistola de nove tiros do Manuel das vacas. Levo anos a procura dela, emburatada en algunha casa vella.
Cando eu era neno vin unha vez cómo lle daba un ataque a un home nunha rúa ourensana. Os homes que iban con él foron correndo avisar primeiro ao cura, pra que non morrera en pecado mortal, e logo á ambulancia. Eu quedéi tan impresionado que inda lembro hoxe a escea con todolos detalles.
Quedéi impresionado porque na aldea, tal reacción nunca sucedería dese xeito. O único que se lles ocurriría sería ir avisar ao médico. Os homes da aldea non tomaban en serio "as cousas dos curas". Eran respetuosos cós ritos e coidaban a súas expresiós cando estaba o cura diante, pero eso era considerado "mero trámite", como hoxe o cumplimento de obligaciós fiscáis. O seu falar era continuamente irreverente, razón pola cal eran vistos coma "salvaxes" polos citadinos, que sí coñocían o senso dos ritos relixiosos e a relixión "empreñaba" as súas vidas, tanto máis canto máis "cultos" foran.
Cando cambearon as cousas, pasóu a ser "tabú" falar de ritos relixiosos entre os citadinos, tan profundos eran os complexos psicolóxicos que debían subxacer nos seus subconscentes individuáis e colectivos.
Queñes herdamos "espíritu de aldea" seguimos a falar dese temas, cando se tercia, coa mesma coña de sempre, axenos á complexos ou "improntas" que nunca nos afectaron en realidade.
Grandes películas de todos los tiempos, non se pode ter peor gusto , nen estar tan fóra de lugar.
Rabo de nube é un cura.
Espero que se entenda que cando estaba a falar de meter a cruz estaba a falar dunha cosmovisión moi antiga, pre-cristiana, ligada a estadea ou santa compaña. E pareceume unha alternativa, "a-l-t-e-r-n-a-t-i-v-a" brincalleira a "voute mandar a siberia". Tamén podía ser a guantánamo.
A cruz é o de menos.
Eu considérome radicalmente anticatólico.
Mañá por a mañá ingreso en Oseira coa muller por temas espirituais. Non dou superado algúns aspectos do cristianismo.
O de Asís foi meu amigho.Falabamos.
E admiro ós xesuítas.
E c....nos católicos.
Publicar un comentario