Xornalismo de opinión (graciñas de novo, Manolo)
Aínda non lera hoxe El País, que reservaba para a sobremesa. Pero algún lector amigo xa colgou noutro fío o artigo de Manolo Rivas que, unha vez máis e con gran xenerosidade, nos cita como "embarcadoiro de referencia". Síntome máis que honrado e quero compartir esa ledicia con todos os contertulios/as que nos acompañan a cotío na nosa viaxe á nosa Itaca. Velaí as palabras de Manuel Rivas, no artigo "Alguén ten de ocuparse da verdade":
Adianto, sen indirectas, a tese que vou defender hoxe: vivimos unha boa época no xornalismo de opinión en Galicia. Por ser máis precisos, coido que o fenómeno máis interesante dos últimos anos no eido da comunicación é este florecemento do xornalismo literario. Dende logo, na rede, cos blogs ou bitácoras. Algúns deles estanse a converter en embarcadoiros de referencia. E velaí o caso sobresaínte de As uvas na solaina. Mais é un vizoso agromar que se manifesta tamén no máis tradicional espazo da xeografía da comunicación, o da prensa escrita.
(o artigo completo)
Aínda máis: xa lido o artigo, vexo que, polos autores que cita, Rivas e este cronista temos comúns gustos no que se refire ó xornalismo literario galego.
E coincide esta cita cun novo proxecto: este domingo inicio en GALICIA HOXE unha nova xeira de Historia Cultural titulada "Fírgoas de Historia e Xornalismo". Xustamente, na mesma liña que subliña O Rivas: salientar, nunhas cen entregas, a importancia do bon e gorentoso xornalismo literario e cultural que se fixo neste país en douscentos anos.
E, xa embargado de emoción, remato cunha impudicia grave. Perdoádeme por esta vez. Velaí tamén un anaco dunha mensaxe que me mandou hai dous días unha miña alumna, tras superar a selectividade. Unha rapaza (LB) moi brillante, dinámica, creativa, que marcha a Salamanca, a estudar Medicina, creo, cun futuro esplendoroso, seguro:
"PR0FE!!!...no sé si vio ya las "fantabulosas" notas... (...), le escribo para decirle, como también le escribí a Ángeles...que me llevo grandes recuerdos del insti y uno de ellos es usted profe, porque al igual que muchos de los demás, no es un simple profesor de una asignatura sino que es PROFESOR y yo creo que eso es algo más que impartir lecciones, es hacer que los alumnos tengan interés por la asignatura y por la vida en general, porque nos enseñó muchisisisiismas cosas de la vida no? y esas cosas siempre quedan ahí. Gracias de verdad por tantos momentos y anécdotas que estoy segura echaré de menos y que si algún día se deja caer por Salamanca véngame a hacer una visita!!! Gracias profe...si va a septiembre y yo tengo que ir nos vemos allí!!!".
Remato xa. Levo mes e medio cun brazo e man moi fastidiados e visitando médicos (posible hernia discal). Pero estas dúas novas alégranme o día ata o inimaxinable. Son as cousas que nos convencen de que paga a pena seguir, aínda que haxa momentos de desalento, pois todos somos humanos. Precisamos a nómina, porque diso vivimos (na miña casa tres persoas), pero en realidade as miñas meirandes alegrías sempre chegan con palabras. Como as do amigo Manolo e as de Laura. Graciñas a eles e a todos vós, que estades do outro lado, a soster coa vosa ilusión e intelixencia este proxecto humilde de comunicación e irmandade.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
27 comentarios:
Teño un amigo que da clases e compróu, fai bastantes anos, un deses libros de firmas, con follas en blanco i encuadernación de luxo. Dallo ós alumnos e alumnas cada certo tempo pra que firmen nel, coma se fosen persoas famosas, i escriban o comentario que queiran, mesmo cun dibuxo se queren. Moitos deses escritos parécense ós grafitis, con frases imaxinativas. Noutros, buscan algún defecto dese profe, ou incorporan algunha frase de moda, relacionada coa actividade obxecto de ensino. Todos levan a data escrita, i é curioso VER cómo varia cós anos a natureza dos comentarios.
Curiosamente, ese amigo ven de prestarme ese libro. Téñoo dediante. Un dos cometarios, do 24-11-04, dí: "Vivo en un vertedero, me acuesto con la luna; qué importa ser poeta o ser basura". Posiblemente sexa a letra dalgunha canción, ou parte dun poema coñecido. Pero non o sei.
Vaia. ENtre as firmas está a da alcaldesa da Bola, cun comentario que dí: "A Bola xa é famosa".
É unha idea pra os que, como o meu amigo, tamén dean clases.
É parte da letra dunha canción de EXTREMODURO...
Vivo en un vertedero
me acuesto con la luna
qué importa ser poeta o ser basura
Qué importa que me engañes
y luego me sonrías
si sólo eras la yegua que yo más quería
No necesito verte pa saber que estás conmigo
y relincho de alegría siempre que te miro.
Interesante letra...... :-)
Vaia. QUé parvo son. Fora suficiente, escribir a frase nun buscador.JAJAJ.
Agora que lembro,as letras dese grupo facíaas un poeta extremeño que vivía afastado do mundo, con animáis, ou algo así.
NN.GG. de Madrid denuncian el «apartheid lingüístico» que sufren los castellano-parlantes de Galicia, País Vasco y Cataluña
Los jóvenes populares lanzan la campaña, «Disfruta con tu lengua» en defensa del castellano.
Autor:
O. Suárez | Redacción digital
Fecha de publicación:
4/7/2008
Los castellano-parlantes de comunidades autónomas como Galicia, País Vasco o Cataluña sufren «apartheid lingüístico», que les impide expresarse libremente en el idioma que desean. Así lo afirman las Nuevas Generaciones del Partido Popular en Madrid, que han lanzado una campaña mediática para sumarse al manifiesto en defensa del castellano.
«No queremos un Gobierno paternalista que nos diga en qué lengua tenemos que comunicarnos, simplemente pedimos libertad a la hora de elegir». Es la justificación que hacen los jóvenes del PP madrileño para lanzar la campaña «Disfruta con tu lengua», que han ilustrado con imágenes en rojo y amarillo y para la que además han aprovechado el tirón patriótico que vive el país, a raíz de la victoria de la selección española de fútbol en la Eurocopa. De hecho, la campaña incluye también imágenes de los deportistas españoles Pau Gasoll, Rafael Nadal, Iker Casillas, Fernando Alonso y Alberto Contador, con el lema «hoy el mundo habla español».
«Es indignante que en España en pleno siglo XXI no haya libertad para hablar y ser educado en la lengua común de todos los españoles», afirma el presidente de la formación madrileña, Pablo Casado.
Una reivindicación que contrasta con otras que surgen precisamente desde las comunidades españolas que cuentan con varias lenguas oficiales, como la provocada en Galicia, tras la denuncia de un joven coruñés a través de Lavoz.es a la cadena de ropa Springfield, por las «contestaciones poco apropiadas» de un trabajador del servicio de atención al cliente, después de que le mandaran una felicitación en portugués.
Non subxacería, na reacción indignada do cliente de Springfield,un desprecio subconscente ao portugués e aos portugueses, mais que un amor ao galego?.
Que horror, una felicitación en português a un joven de Coruña...
Que horror, que vulgaridad...
A quien se le ocurre...
Me gustaría saber qué opina el ofendido joven sobre alguna portuguesa que yo he visto aparcando el Maserati descapotable en frente del casino de Estoril. Seguro que le pasaban, según su mentalidad, todos los prejuicios.
Seguro que el jovenzuelo aprendía el português a humo de carozo..
escribiram-lha en português é pediram-lhe desculpas, porque não sabiam que existian " el gallego como dialecto del castellano" sic.
Se Portugal tiver o PIB de Alemaña, a calidade de vida de Noruega, o glamour de Francia, o arsenal nuclear da Ucraína e o prestixio de California, a maior parte dos mozos da Coruña farían parte dun movemento armado para procurar a anexión da Galiza a Portugal.
Non ondearía a enorme bandeira española pendurada por Paco Vázquez, non teñas medo.
Lamento ser tan explícito, mais é así.
Saúdos, e non precisamente para o 'aldraxado' mozo coruñés.
E estariamos todos convictos, sen excepción, de que o português e máis o galego son a mesma lingua.
E a vantaxe de comunicarnos con Porto-Lisboa, non con Madrid.
Home claro.
E os portugueses non serían chamados "ceifos" nin "os do pé descalzo". Nin non dirían en Coruña, como a min me dixeron, "Los de la frontera sois todos medios portugueses".
Carallo, todo o mundo andaría como tolo a buscar avós portugueses, como é a realidade (vergoñentamente oculta) para moitos galegos.
Tomara eu un avó de Castro Laboreiro para poder solicitar o pasaporte português...
E ter nacionalidade portuguesa, pertencer a nación galega e así ser máis soportable compartillar cidadanía con María Escario...
Contención.
Fíxena boa.
"Sí señor, o Maio dí verdade,
O Maio ten razón". ( tomado dos maios de ourense, popular ).
Eu, e todo-los demais membros da miña alcateia apoíamolo. Lobo.
Perdón, tería que ter dito: forças populares 4 de júlio, en apoio ó Júlio kyra Medela de Lobeira von staufferberg e todo o demais.
Houbo un tempo no que os Portugueses eran os máis ricos da Europa e pagaban todo en moeda de ouro, ou pó de ouro. Na época dos descubrimentos. Non sabían "administrar" nin "xestionar". Eso que é?, KaKa, acabaron por non saber facer nada.
Entraron os Judeos a facer o que eles "e outros" non souberon facer e acabaron onde acabaron.
Contençâo.
os xudeos deixaram-lhe o dos dias da semana , primeira feira, segunda feira...e até hoje.
De verdá que vou meter nun gulag de Siberia tamén a todos os incontinentes a -40ºC.
Mirade qué interesante artigo sobor da orixe dos nomes dos días da semana. Non sabía eu que a revolución rusa abolira a semana de sete días, cambeándoa por unha de cinco!: PREMER.
Un dos enlaces da páxina anterior fala do calendario republicano francés. Non seu qué día será hoxe nese calandario:PREMER.
Noraboa, amigo Valcárcel: esas si que son boas novas. A de Manuel Rivas non ten tanto aquel: é normal, sabido que é o noso patrón/padriño. ;)))
A expresión castellana "Echar de menos" foi tomada do português "Achar de menos". E moitas outras, cando Portugal era un país rico, poderoso, con colonias e exército invencíbel.
Agora, o coruñés da noticia, asómbrase de que o parabenicen en português e non sabe que moitas das palabras castellanas (antes, castrapas) do seu acervo lingüístico, son tomadas da lingua portuguesa.-
Kyra, kamarada, teremos cumplida venganza cando se atope petróleo nas costas do Algarve, ou en calquera outro punto do litoral.
Fronte as costas das rías baixas xa furara aquel conselleiro despeinado e con disciplina de traballo militar, Juan Fernández.
Estou persuadido que acontecerá. Canto máis suba o óleo da pedra máis lonxe e máis fondo furaremos. E queda moito mare..moito.
Xa verás como despois nos fan a pelota, e estará de moda falar portugués. Ou Galego.
"Las reviravueltas del camino del señor son insondables".
Camaradas (conxunturais) do Movimento Montenero-Tupamaro-Irmandiño-Bolivariano-Nada marxista- 5 de xullo: Juan Fernández tiña un aquel de montonero católico pijo bolivariano peronista (Evita-Firmenich), progre e señorito de pazo recibido de enxeñeiro que goza da compaña do lumpen tabernario enxeñoso e divertido e que acaba por casar /o dito J. Fernández/ con pija cortesana extremamente católica e votante de IU, ou do PCOE; de resto, pija bonita funcionaria media e terriblemente influínte que non se corta en falar coas antigas compañeiras das xesuitinas que agora traballan xestionando enormes naves cheas de carne ou froita, herdanza dos pais; moitos cartos, mais fardadas de imposibles batas aos cadrados...
Equivócome??
P.D.: Lobo, Bispo suevo, montonero, quéroo. Non o podo evitar.-
a punto de transformarse en forças populares do 6 de júlio.
Reparen en dous artigos da prensa de hoxe. Na voz un técnico falaba na posibilidade de construirse unha central nuclear en Tras-os-montes.
E da grande falsedade do loby do nuclear. E contradicción das eléctricas.
Coitados dos lobos, o derradeiro refuxio da península ibérica e do resto da europa, agás Polonia .
Outro artigo , non sei onde o vín , falaba das enormes posibilidades de outro recurso alternativo ó petróleo, e por outra parte abundantísimo no fondo dos océanos. O metano.
A mín dáseme por cismar , que , ó mellor vai , e resulta que nos están enganando. Sí , xa se sabe qeu hai unha maniobra especulativa no tema do petróleo nestes momentos. Pero eu, aínda así, penso que cecaís, explorados todo-los fondos marinos, ( precisaremos varias xeneracións para cumplilo, e novas tecnoloxías caseque non soñadas hoxe); unha vez pescudados todo-los fondos , cecais, ó mellor, hai petróleo a esgalla ata asulagar a civilización actual da cal emana esta puta necesidade. Ademáis deiquí a tres xeneracións ( os nosos bisnetos), estou seguro que haberá alternativas, por outra parte xa enfiadas hoxe. Entón vai e resulta que esta crise é inventada para quen lle convén.
E nos o "pueblo", o pobo, o conxunto da xente, a democracia, toda a parafernalia esa da que se fala sacrosantamente ( outro fundamentalismo), non temos azos, güevos, instrumentos, ideas para pararlles os pés.
Por eso , o das forzas populares a punto de seren 6 de júlio non vos é ningunha coña. Deixádea andar.
Todo o conto ven ó caso de que si é verdade que nos fondos mariños nosos (galaico portugueses) se encontrase petróleo; ou se saca un altísimo rendemento do metano (suposto e moi probable), volvemos a ser ricos , pagamos en pó de ouro, falamos galego-portugués, pomos o idioma de moda no mundo,(habería moita competencia, porque hai moito mare, pero deixade soñar, coiro!); importamos miles de traballadores estranxeiros e asimilámolos, escolarizamos ós seus fillos en galego-portugués; ningúen nos ningunea; e, deixamos que os judeos administren en canto dure a bonanza.
E xa está.
Só a segunda parte ( a dos traballadores asimilados é inverosímil). o demais pode acontecer.
Publicar un comentario