5 sept. 2008

Burro e couva (Bieito Iglesias, 4-9-08)

Pasei dúas semanas noutra cidade, nunha Donostia solleira herdeira daquela capital da monarquía balnearia de principios do século vinte. Antes dos casinos e traxes de baño ata os artellos, foi refuxio corsario e porto de pescos de baleas, e despois sumouse a ese país vasco industrial de onde nos chegaron as escopetas, as cociñas de ferro e a Lambretta.
Hogano é vila de bo pasar (a crise económica golpea máis ao tixolo mediterráneo), de restaurantes careiros e parques con nenos xogantíns. Malia que a demografía declina como no resto do vello continente, vense moitas parellas con tres cativos que, polo regular, falan en éuscaro.
Será un efecto da democracia cristiá gobernante alí? O caso de Irlanda, coa poboación máis nova de Europa, convida a considerar o poder euxenésico da relixión, pero talvez Euscadi imite países como Holanda ou Dinamarca, pequenos, ricos, modernos e tradicionais a un tempo, nos que a xente cría fillos porque confía no futuro e non sente fatiga da súa identidade.
Hai un dato que afortala esta suposición: os vascos e as vascas fuman de raio. Pensarán vostedes que é por levarlle a contraria ao goberno, cousas dun pobo levantadizo, pero eu creo que borrean por espírito comunitario, porque ven asegurada a continuación das sagas familiares e descoñecen o medo a morrer do individuo insular, empeñado en vivir sempre.
Non viaxei por ver cinema de festival nin por torrar a pelica na praia da Concha, senón para operar a miña nai nunha clínica privada.
Experimentei así os beneficios do capitalismo puro, tan distinto do capitalismo de estado dominante en Galicia e no noso sistema público de saúde, un furúnculo infecto da seguranza social española.
Algún día converxeremos en benestar cos que nos levan anos e cartos de adianto. Cómpre esperar, aínda temos para burro e couva, se me permiten o dito popular que susbtitúe as calendas gregas por asno e hortaliza.

22 comentarios:

reis dijo...

como diria O FRAGA, "no tengo más que decir". bom artigo, por certo, iste homem é grande, nunca defrauda, e o melhor que se pode ler en Galiza. tem nervo, vida , e fundo nos seus artigos. parabens.

reis dijo...

Acabo de escoitar a senhora Rosa Diez dizer que os galegos estamos a perder o prgreso por estar enzarzados no problema identitario que isso provoca que aquí nom venham os melhores e que por tanto non poderemos progresar.
"los mejores", querida Rosa vam-se para fora, muito do melhor desta terra está fora. Non necesitamos " a los mejores" necesitamo-nos a nos mesmos porque somos "los mejores", paleta que nom te enteras, ja dizia Arzallus nas suas memorias que eras corta, e eu pensava que era uma boutade. o problema identirario está resolto, uns creemos e outros nunca creeram, tu nom vas a resolve-lo, tu vas a fazer a confusom.

reis dijo...

Acabo de escoitar a senhora Rosa Diez dizer que os galegos estamos a perder o prgreso por estar enzarzados no problema identitario que isso provoca que aquí nom venham os melhores e que por tanto non poderemos progresar.
"los mejores", querida Rosa vam-se para fora, muito do melhor desta terra está fora. Non necesitamos " a los mejores" necesitamo-nos a nos mesmos porque somos "los mejores", paleta que nom te enteras, ja dizia Arzallus nas suas memorias que eras corta, e eu pensava que era uma boutade. o problema identirario está resolto, uns creemos e outros nunca creeram, tu nom vas a resolve-lo, tu vas a fazer a confusom.

Eu mesma dijo...

Deduzo, polo lido nos últimos artigos do admirado Bieito Iglesias que, o baixo estado de ánimo é o causante da súa embestida contra o Sistema Sanitario Público Galego.
Tan abusiva resulta a xeneralización que un médico "teso e estúpido" lle apón como a que el mesmo, persoa ponderada e , reitero, admirada, aplica a todo o Sistema. Tampouco é xusto. Ter a mala sorte de atoparse con un profesional ruín e desagradable, existentes en todos os ámbitos, é somente eso , mala sorte, pero nunca xustificará o agravio a tantos e tantas eficientes colegas que fan da defensa da vida unha relixión, empecinados en mellorar a saúde dos seus pacientes, sen que precisen, estes, asistir a clínica privada algunha para mellorar e solventar as súas doenzas.
De corazón desexo ó Sr Iglesias o pronto restablecemento da súa nai.Estou segura que o ha acadar axiña. De coñecelo persoalmente gustaríame decirlle que como antídoto contra a teoría de que nada permanece definitivamente está o sitio que as lembranzas, dos que tanto quixemos, ocupa na nosa memoria, encargándose de que nunca poidan desaparecer.

lourixe dijo...

Perdoen que mude de tema, porén xa que falamos de espectáculo e de país...

Non podo crer que ISTO non sexa un fake (Via Chuza!)

apicultor dijo...

Non se estrañe, señorita Lourixe.

Hoxe, a política, para ser eficaz e ter réditos (electorais) nunha democracia mediática, necesita, entre moitas outras cousas, dunha gran dose de personalización no líder.

O que si me parece é que os publicistas neste caso, en aras da comunicabilidade, usaron a expresión "moitas caras" sen prever as obvias brincadeiras que se derivan dela. Se puxeran "moitas facianas" solventarían o problema da chanza e a chirigota. Ás veces os publicistas pásanse de listos.

Arxides dijo...

Srta. Reis:
A señorita Rosa Diez retroaliméntase de xente coma vostede, o señorito Aznar do señorito Carod Rovira e viceversa; o apicultor de eu mesma, de Quintana e de min, e eu, como me aburro moito con vostedes busco o Medela, para facer de esta casa algo imaxinativo e un chisco literario, algo que non atopo no intercambio de erudiccións banales e políticamente correctas que practican.

Anónimo dijo...

Arxides, segundo comentaba o outro día un Anónimo nun dos fíos, non sei se de coña ou non, que iso non hai quen o saiba tratándose destas leiras virtuais, o Medela está preso nos sótanos do castelo de Allariz por non sei que falcatruadas cometidas durante o mes de agosto e "por querer saber mais da conta". E non me pidas mais explicacións sobre tan "sotanesco" asunto, porque o Anónimo foi parco en palabras e apenas aportou dados clarificadores. Se é así, non sei que espera Don Marcos para declararlle a guerra ás forzas do mal alaricanas que teñen retido a tan ilustre e incríbel membro da Santa Solaina e argallar un comando liberador formado por bravo/as solaino/as disposto/as a dar a vida se fixer falta por salvar o león da Ziralla. Ou iso ou esperar até mediados de setembro, que é cando aseguraba o Anónimo que o deixarían libre. Pouco mais che podo dicir.

Arxides, eu, que ando ás voltas cos primeiros poemas da miña carreira espero que pragada de premios, tamén viñen aquí porque me dixeron que era terra fértil de literatos e de momento, polo que levo observado, só vin "literateiros" e "apicultores". Vou darlle un voto de confianza, a ver que é o que pasa.

Saúdos.

apicultor dijo...

Lamento corrixilo, señor/a Arxídes, pero eu non me "retroalimento" de vostede. Non, eu teño moito coidado co que meto na boca... e no caletre.

Arxides dijo...

Apicultor, logo comezas a convulsionar, retroalimentar non precisa de introducir ren no buche, son cousas e substancias que xenera a materia gris de xeito individualizado, alomenos nalgúns casos. O que está craro é que o Medela non se retroalimenta de min e, polo tanto, déixeseme de bravuconadas, que eu non-a buscaba a vostede, e menos á sua incontinencia. Vostede debería falar coa súa amiga, a ministra Chacón, e preguntarlle qué pensa facer no caso do rapaz de Ferrol, que vai á cadea mentres os delincuentes ascenden na profesión, por exemplo, e así faria a primeira obra boa do día, como boa americana que parece que é.

A-dulfo, bispo dijo...

Arxides, no meu "pueblo", cando queren degradar algo, feminizano.

Il non virás sendo do meu "pueblo", e non seremos parentes?.

reis dijo...

cara arxides: ele, e non ela, o reis a quem represento di que nom acha que alimenta a Rosa Diez, que tem iste pequeno sitio como escape para dizer algumas coisas com muito jeito, pois nom têm muito onde poder exprimer essa outra persoalidade sua. obrigado pelo conselho, mas acho que niste blog que nom penso da sua propriedade intelectual vejo como se dim coisas semlhantes muitas por vezes, ainda nom vi o cartaz de blog para grandes literarios.
E concordo com vôce que tal vez e melhor calar , mas niste santuario é bom virmos a orar em algum momento de tristura com coisas nas que nom tes com quem chorar, eu estava a falar, com quem nom conhezo, e que um bem nun lugar virtual onde se pode falar e pensar e donde atopas a resposta a tua aflição, como faziam os místicos na idade media que depois foram grandes literarios.
E ademais a literatura nom pode estar em todo, melhor dito nom é tudo literaratura, que tal se você lhe contestara a o senhor Reis com un retrato literario da efixie da Rosa Diez, nom acha que ser-nos-ia de grande influençía, fazer dela uma heroina da españnha medieval, nom lhe pareze uma figura do Greco, a mmin sim mas nom saberia como deci-lo

reis dijo...

as presas fam cometer erros, desculpe:

E ademais a literatura nom pode estar em todo?. Melhor dito nom é tudo literaratura?

Arxides dijo...

Carísima Reis, disculpe, transmite vostede algo tenro e xa me vale, concordaremos nése carreiriño ambiguo, incoherente e tan de verdade. Rosa Diez non precisa da nosa interpretación, é odio e xenreira en estado puro e cómprenlle muitos inimigos, dos hipotéticos, para se xustificar e avalalo seu discurso. Non caia na trampa, para iso xa está o Apicultor, home docto e sen escrúpulos, que, como ben pode apreciar, só entra ó que lle convén, nos asuntos que poideran resultar "resvalosos", agáchase.

Leyno dijo...

A teor de todas as súas intervencións, ten vostede toda a pinta de ser un falabarato, señor Arxides. Vai ter que esforzarse para demostrar o contrario.

reis dijo...

cara arxides.
obrigado pelo conselho, tomo nota e acho que você desta volta esta no certo, vale mais calar a darlhe altofalante a tal persoaxe.
Aliás acho que você tem ciumes, o gosta muito do Apicultor. sorte pois.

Arxides dijo...

Srta/o Leyno-Apicultor:
Síntome importante, máxime cando os seus comentarios se refiren a min, sempre pensei que non me leía. Pero deixémonos de lerias e, se quer, conteste o que se lle pregunta, non se escabulla con insultos, non se queira parecer a sua ex-compañeira Rosa Diez

apicultor dijo...

Sr. Arxides: coido que ten vostede un problema... ou dous. Non sei de que me fala porque non o entendo moi ben, as cousas como son. Ademais, ultimamente non teño moito tempo para ler todos os post. Non se sinta menosprezado por iso, de acordo?

P.S.: Non sei por que me chama srta., supoño que debe ser porque ten un sentido de humor moi, moi especial.

Arxides dijo...

Debe de haber algún diccionario que no significado de "falabarato" se refira a persoa que non ten tino do que dí, falar de feira e desafinado; pois non, trátase de quen fala sen cobrar ou cobrando unha cantidade simbólica, e efectivamente, eu falo sen cobrar e por non estar calado, cousa de admirar no meu código ético-persoal, que por suposto, non ten porqué coincidir con outros códigos, nen diccionarios, nen encíclicas-epístolas Ederonianas ou enciclopedias de diverso pelaxe, sinto por tanto os problemas derivados que poidera ocasionar

Arxides burro dijo...

Disculpen o meu analfabetismo informático, borreo D. Marcos, está no seu dereito, cun Arxides chega ben.

Anónimo dijo...

Un auténtico coñazo o tal Arxides !!!!

Beria en Siberia dijo...

De verdá que o tal Arxides deixaría de dar o coñazo se vostés me pedisen que o levase a un gulag de Siberia a -40ºC. Só teñen que mo pedir.