9 sept. 2008


Moi agudo...
López, Galicia Hoxe, 9-9-08

5 comentarios:

Inciso Contuso dijo...

Medela enganounos a todos, segundo fontes dignas do máximo creto, mentres nos despistaba conducindo o tren chuchú e alcumándose Capitâo Castanheira, ó tempo que facía a obrigada parada na sección de reptís, tivo un intercambeo de información confidencial co Cónsul Honorario do Reyno de España en Uzbekistan, o señor Ruiz Morales, asistindo á reunión nun discretísimo segundo plano e tomando nota de todo, a axente californiana Miss Holly. Foinos imposible captar cos sistemas de escoita habituais os términos da información, crispada ó advertir polos xestos. Cando Miss Holly lle propinaba unha sonora bofetada ó noso espía favorito, por non saber separar a palla do grao, un ñú fuxido da sección de paquidermos, onde estaba confinado por problemas relacionados coa saude mental, embestíunos, perdéndolle a pista ó trenciño, ós reptís e a toda Lisboa. O país segue a ser hostil e o idioma indefinible. Prometo seguir investigando, pero primeiro teño que averiguar onde estou...

Xabimusic dijo...

Sr. Marcos, non consigo entender por que lle puxo á viñeta a etiqueta do ENSINO.

¿Estarei especialmente obtuso neste comezo de curso?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Porque ten que ver coa obxeción á materia de Educación para a cidadanía. E polo de agora eso vai para o ensino.

marcos valcarcel dijo...

Amigo Xabimusic: non está vostede obtuso, non, pero xa lle respondeu Arume. E feliz comezo de curso (quizais non nos vexamos aínda, pero mándolle un saúdo e unha aperta dende aquí).

Xabimusic dijo...

¡Bueno, vale. Se vostedes o din...!

Nese caso, ¿quen sería o garda, o director do instituto ou a conselleira de educación?

Garzas polos saudos, amigo Marcos. Correspóndeselle.
E xa nos veremos entre os libros da biblioteca ou entre as partituras das panxoliñas...

Xabi