8 sept 2008


Xosé Miranda: “A nación é unha estrutura temporal: non existiu sempre nin sempre vai existir”
"A palabra nacionalismo non me gusta, crea confusión. Nacionalistas tamén eran os fascistas"


Chamo a atención sobre esta entrevista co escritor Xosé Miranda, responsable tamén do blog "A vella da manta". Pertence á xeira de longas entrevistas de M. Vidal Villaverde no xornal GALICIA HOXE.

27 comentarios:

Anónimo dijo...

O estrevistador, como ten amosado outras veces, é un "fenómeno" (non digamos de qué, por compaixón).

Anónimo dijo...

A entrevista dá moitísimo para debullar; refírome ás respostas do entrevistado, xa que a liña do entrevistador é coñecida, obxectable pero parece que útil na hora de tirar zume do contertulio.

Distinguiría eu, inicialmente, o desenvolvemento arredor do asunto mítico-fantástico, en claves que non se adoitan aquí (tempo, país) xustamente por algo ao que o Miranda alude de pasada: menosprezo desde prexuízos modernos, científicos, tocado por versións do evemerismo. Engado eu que o desprezo da metafísica non dá moito beneficio, e deixémolo aí.

Segundo, o asunto nación, nacionalismo, autodeterminación e independencia: do terceiro e cuarto conceptos, o debate habitual, de fondo e visible, escapa coma da peste; sen eles, a análise e manipulación do segundo queda totalmente desvirtuado. Cando escoito ou leo consideracións coma as da entrevista, vólveme a convicción de que hai moita actualización pendente no discurso e teoría galeguistas, na armazón que fundamenta o nacionalismo político. Pero aquí os veteranos seica prefiren outras argalladas, quizá seguir permanentemente de gaiteiros.

A literatura posiblemente ocupa, tendo en conta a personalidade de Xosé Miranda, un espazo menor. E aquí si que xa a cotidianeidade dá materia dabondo como para evitar que eu a engorde.

Un saúdo veloz, que me vou.

Anónimo dijo...

Reléome e aclaro: no terceiro parágrafo da mensaxe anterior a censura non vai dirixida ao entrevistado, que fala bastante claro. Refírome ao debate corrente no país se cadra máis ilustrado, e -parcialmente- a instancias e, sobre todo, figuras desde hai moito fundamentais no nacionalismo actual.

Non penso concretar máis, cadaquén pode entender e terá, digo eu, a súa propia idea. Reitero présa e saúdo.

Anónimo dijo...

Nacionalismo: entre o folclore e a autodeterminación. Eu sonlles máis partidario do segundo que do primeiro, porque o gaietirismo é territorio propio para ambigüidades e a independencia ten o seu marco político (e nada máis ca político) máis definido. E tamén estou dacordo en que hai máis de gaita ca de reivindicación con fundamento.

Anónimo dijo...

Ningun ourensán fala das xornadas sobor do ensino do galego que se están a desenrolar estes días no Liceo ?.

Anónimo dijo...

Non sei se o entendín, Arume, ou se me entendeu ben vde. a min. Por se acaso, explico determinado extremo.

O gaiteiro foi, no seu día, centro de todas as festas, evidencia prestixiosa que como tal celebraron tanto Rosalía (o repoludo) coma Curros (o de Penalta). Penso que tal maxestade está reproducida no dito "de vello, gaiteiro", que alude a aqueles que pretenden realizar feito esforzado e igual arrogante algo fóra de tempo ou de ocasión.

Eu penso que hai un tempo para tocar e outro para compoñer; ambos son oficios imprescindibles e o segundo, que pide imaxinación e agradece experiencia, pode moi ben darse na madurez.

No nacionalismo galego actual hai figuras sobradas de bagaxe que poderían fornecer think-tank por un tubo. Por desgraza (digo eu), parecen ter elixido intentar seguir soprando no punteiro, en sitio principal da romaría; supoño que me explico, teñan boa noite.

Anónimo dijo...

"Qué bueno,qué bueno" este XM Glz.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non o entendera, en efecto. Pero o pior é que nin siquera puiden acercarme ás beiras do que me dicía.

Anónimo dijo...

Discrepo do último parágrafo de Saavedra. E coido que algo semellante se pensa por parte das "alturas" (cando menos verbo dos que están organizados). E deixémolo aí.

Anónimo dijo...

Este Arume, estimado da Coba, si que lle sabe. Ben se ve que, en perspicuitas, non caeu dunha nogueira. E nunca debeu andar de rodríguez.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Oito artigos, nin máis nin menos, dunha extensión entre sobresaínte e sobrante. E abofé que non fun quen de pasar do primeiro parágrafo. E xuro que o intentei. Estou preocupado, non obstante: alguén os leu?

Anónimo dijo...

Ando eu de Rodríguez, estes días, coa parienta de congreso en London. Por eso escribo pouco no blog (je,je...).

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Can ladrador, don Xoan.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Delapierre: esa metáfora naroniana da porteira que quere seguir a vivir no edificio do estado español pero que non quere ser porteira?

Anónimo dijo...

Eu acabo de quedar de "Fernández"... por vintecatro horas. Mais non penso ladrar nin morder.

Anónimo dijo...

Arume: se se refire á serie de entrevistas, eu fun lendo bastante dunha parte delas. E téñenme o seu aquel.

Anónimo dijo...

Non. Refírome aos artigos sobre a cultura da cidade e a cidade da cultura.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Delapierre: outros chegaron antes.

Salmón marinado, gazpacho, atún en escabeche templado hasta que llegaron las vieiras regadas de albariño y el comedor entero se puso en pie para brindar por Toñi Vicente. El menú de desagravio a la chef sentó ayer a la mesa a 60 habituales del lujoso restaurante, entre políticos, escritores, artistas, fotógrafos y representantes de la hostelería. En contra de lo que se había anunciado, no hubo manifiesto común de los intelectuales y sí muchas poses cariñosas junto a la restauradora. El histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras, los escritores Miguel Anxo Fernán Vello y Xosé Antonio Perozo, asesor de la alcaldía de Santiago, y el escultor Manuel Quintana Martelo fueron los primeros en arropar ante las cámaras a la cocinera, que en todo momento quiso contener la emoción.

El dirigente del BNG cargó contra la prensa y las formas de la detención

Una familia catalana acudió al restaurante para apoyar a la cocinera

Así que sin orden ni protocolo, fue precisamente Beiras quien ejerció de portavoz frente a la prensa. El dirigente nacionalista no se limitó a mostrar "su apoyo incondicional a una amiga", también cargó contra las formas que rodearon la detención de Toñi Vicente y su tratamiento informativo. "Es una reacción cívica de repudio a la lapidación que se hizo desde un determinado medio de comunicación y lo digo con todas las letras: La Voz de Galicia. No es propio de un periodismo de calidad y de respeto a los ciudadanos el convertir en chivo expiatorio a una persona no sé bien por qué".

Ese "no sé bien por qué" es, en realidad, un presunto delito contra la salud pública que el juez ha imputado a la restauradora por comprar a furtivos vieiras presuntamente contaminadas. Por el mismo caso, cuatro mariscadores ingresaron esta semana en la cárcel de Teixeiro. "Esa agresión pública podría acabar, si la gente no fuese inteligente, que afortunamente lo es", aclaró Beiras, "con muchos decenios de trabajo contra viento y marea". A su lado, algunos comensales asentían con la cabeza y reprochaban en voz baja las "medias verdades" de la prensa por "personificar" en Toñi Vicente toda la trama y "citar con iniciales los nombres de otros imputados".

El político del BNG fue bastante más lejos en sus críticas contra "lo que está pasando aquí con el Estado de Derecho y que es indignante". Censuró que la chef "fuese esposada y detenida en el restaurante y trasladada a comisaría y que no se procese a quien contamina la ría, a quien colocó allí la bomba de Reganosa o a los que causaron el paro que obliga a desempleados de 50 años a buscarse la vida". "No conozco un solo restaurante que no compre directamente a los marineros para no perder su valor añadido en la lonja. Esta persona cometió la falta de precaución de adquirir unas vieiras que no tienen las condiciones legales de cómo fueron extraídas y por eso se le detiene y se le lleva a Ferrol". "Es como si en el problema de la droga, en lugar de detener al narco principal, se detiene a quien compra una papelina".

Tras el alegato y con el gazpacho a punto de servirse, el hostelero Suso Fuentes informó a los presentes de que el pintor Antón Lamazares mandaba un beso desde Berlín a la cocinera. "Juan Marí Arzak también está con Toñi, y Marcelo Tejedor, que quería venir, no pudo porque tiene mucho lío en su restaurante", anunció.

En la única mesa del local no copada por el homenaje, Victor, Anna y su hija Andrea empezaban con su menú degustación. "Hicimos la reserva en abril y después de leer las noticias, nos reafirmamos. El marisco gallego no está e

n entredicho, más bien parece un montaje que obedece a temas políticos". La comida de esta familia catalana aficionada al turismo gastronómico fue también una forma de compromiso con el primer chef gallego con estrella en la guía Michelín. No es un caso aislado. "Todo lo que está pasando estos días se nota en el restaurante pero para bien. Doy gracias al cielo por contar con estos amigos". Fue todo lo que la cocinera quiso decir a los periodistas. Con la emoción a punto de provocar sus lágrimas, la restauradora evitó cualquier tipo de reproche.

Y sólo al final de la comida, que, según alguno de los asistentes, "se convirtió en una larga tertulia de amigos", tras el helado de canela y el bizcocho de pan, abandonó los fogones para ofrecerse a invitar al almuerzo. Los comensales se negaron, aunque abonaron sólo 35 euros por cabeza y pusieron fin al homenaje.

Anónimo dijo...

Vaia. Cómo cambian as cousas cando o delincuente é da "jet".

Onde queda ese discurso de "que caiga todo el peso de la ley, etc,etc..." de outras veces?.

Anónimo dijo...

E cales son eses, Arume? Se fai favor e é posible, poña enlace; miraremos de meter dente.

Vieiras: o Brétemas ten dúas entradas que para o meu ver centran bastante a cuestión. Noutrora, se cadra Beiras se atiña ao rigor expositivo da primeira engadindo a pincelada de xenio. Malo é renunciar á autodisciplina, aínda cando un se xubila e lle dá gusto ao impulso e querenza persoais. Aínda que, a min, isto tenme algo perplexo; coma outras cousas ultimamente.

Anónimo dijo...

Lamentábel, unha vez máis, o vedetismo demagóxico mesturando allos con bugallos de Beiras, máximo expoñente da gauche divine, enlamando coa súa actitude o nome do BNG. Nun alarde de defensa insobornábel das clases populares galegas (pois Toñi o é), crea confusión e pensa que os cidadáns son parvos ao dicer: "Es como si en el problema de la droga, en lugar de detener al narco principal, se detiene a quien compra una papelina".
Pois non, oiga, non é o mesmo, porque quen comprou esa papelina, e ademais disque varias veces, non o fixo para consumo propio senón para darlla de comer a uns comensais sen o seu consentimento e atentando á saúde pública.
Moito defender á jet implicada, pero dos membros reais das clases populares detidos de moita peor maneira nin unha palabra, nin un recibimento, nin unha visita, seguramente porque o seu compango non é do agrado do padal exquisito do señor Beiras.
A todo isto, supoño que Fernán Vello debe coñecer o restaurante por ir de gorra, porque non se explica como pode dar tanto de si unha pequena editorial e unha colaboración na prensa.
Lamentábel. Pobre país.

Anónimo dijo...

Outros, en Vieiros, opinan máis ou menos coma min (agás no da admiración).

-----------

Con toda a admiración que teño por Beiras, aquí creo que mete a pata. Por moita amistade que teña coa sra. Toñi. Non é admisible que un negocio que vive do "plus" mediático que ten a alta cociña reclame agora non sair nos medios cando vulnerou, a sabendas, a legalidade en materia de saúde pública.
Canto máis alto che subiron, de máis alto caes (socialmente, outra cousa é a causa xudicial).
Moitos comentaristas que a defenden din "si non fora ela, ninguén falaría do caso". Ao contrario, si fora o restaurante "Pepe", esos mismos que a defenden atacaríano sen piedade e pedirían o seu peche inmediato por tan intolerable perigo para a saúde pública.A que sí?

Ai, Xosé Manuel, me estás dum solidário que flipas. Quando os matons da fascista Sam Gil agredirom a mocidade nacionalista em sentido amplo (autonomista e independentista) na tua faculdade, nom abriches a boca nem assistiches às concentraçons em solidariedade com @s represaliad@s (e agredid@s). Tranquilo, homem, esta vítima da sociedade tem bom dinheiro e boas amizades. Nom há cuidado

Sinto umha grande admiraçom polo senhor Beiras, mas acho que neste caso está errado.
Concordo coas palavras de anacleto e coas de Hermerico.
Saudaçons

Sobre os apoios papatorios a Toñi Vicente soio se pode dicir que iso si que é facer país. Por unha banda, apoiar a compra de marisco furtivo e semellante a defender as canteiras ilegais do Courel, a construcción ilegal na costa, os verquidos ilegais. Significa impedir o desenvolvemento dun sector productivo que está lastrado desde fai anos por unha lacra da cal soamente se aproveitan os que o comercializan; por outra, porque se ademais o marisco está contaminado por unha toxina a súa venda é un grave delito. Logo, prescindamos da vixilancia pesqueira. Ademaís, teríamos que apoiar a aqueles que comercializaran carne de vacas tolas, aceite de colza, etc. Os que comeron hoxe no Toñi Vicente non fixeron mais que amosar a súa faciana máis elitista. Non lles importa a cociña galega, o prestixio desta. Outra decepción máis daqueles que se reclaman líderes intelectuais deste país de ananos.

Quero ser Beiras. Quero cear no restaurante da Toñi. Quero tomar vieiras (e bon viño albariño)¿Hai por alí un emprego para min pois non chego a fin de mes?

Os hostaleiros fan unha piña coa señora esta porque todos fan o mesmo. Están a reclamar que non se cumpra (outra vez máis) a Lei. Que
se lexisle, si, pero facer cumpri-la lexislación, iso é outra cousa. Se inda fora o bar de Pepe, como di Anacleto, podería pasar.
Para rematar, coido que esta señora e a pior de todo o sistema, pois se ela non mercara non habería furtivos que lla levaran.
Eu a Beiras nunca lle din creto.

A lóxica de Bieras sorprende: como as rías están contaminadas, negociemos con vieiras contaminadas poñendo en perigo a saúde das persoas que é o progresista. É o mundo o dereito.

As declaracións que fixo hoxe son tan demagóxicas coma o artigo que escribíu un tal Reboiras en "EL País", páxinas de Galicia. Recomendo a lectura.

Vaia ó!
Vexo que non teño nada en común con esta xente da burguesía...
Cos que ppappean "en la Toñi Vicente", cos que interpretan ó piano a Liszt ou a Chopin.
Beiras, veirinhas...& company, estades fora da onda da xente da terra.
Que vos aproveite.
Ah! Y no os esquezais de dicir que es inociente.

Señor Beiras erra vostede de todo, unha persoa con honra coma vostede non pode dicir que a culpa é do estado das rías....a culpa é de quen merca vieiras noxentas os furtivos e de quen as pon no prato os clientes, que eu saiba a ría non pon as vieiras no prato. Podo entender que vostede este o lado de unha persoa que coñece ou coa que ten amizade, agora ben o que erra, errou e xa esta, que recoñezan o seu erro, pidan perdón a xente que confiou indo comer os seus restaurantes pensando que lles daban calidade e produtos con control sanitario.
O resto son contos, a non ser que queiramos chegar a conclusión de que as vieiras son as culpábeis e tamén os furtivos.

Anónimo dijo...

Tamén Perfecto Conde (en Croques) abunda no mesmo:

Toñi Vicente e os intelectuais galegos*

Acaba de despachar Efe a noticia de que “un grupo de intelectu-
ais prepara un manifesto de apoio a Toñi Vicente”. Engade que está composto tamén por profesionais da restauración e por un gaiteiro. Di a axencia informativa estatal que “entre os que promoven o acto, no que se lerá un manifesto de apoio a esta recoñecida cociñeira, figuran o dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, o escritor Miguel Anxo Fernán Bello, o adegueiro Emilio (Efe chámalle Alfonso) Rojo, outras persoas vencelladas á gastronomía galega e o gaiteiro Xosé Manuel Budiño”.
Tamén se indica na noticia que esta xuntanza de intelectuais vai ter lugar mañá no propio restaurante de Toñi Vicente, en Santiago, para expresarlle unha mostra de “cariño” á persoa que eles consideran que foi maltratada durante o proceso das vieiras clandestinas. É de supoñer que tal reunión manifestaria estará alimentada por boas viandas (vieiras hepatopancreáticas quizais?) e por bos viños do país. Se é así, a min gustariame saber se os comensais van pagar o que coman e o que beban do seu peto ou convidados pola homenaxeada.
Digo parte disto porque me empeza a soar a coña mariñeira o algareo que están erguendo os que defenden a Toñi Vicente como se fose a María Pita de non se sabe que clase de invasión inxustísima. Como acaba de dicir o biólogo Victoriano Urgorri, director da Estación de Bioloxía Mariña de A Graña (Ferrol), “se os furtivos collen a vieira é porque alguén a compra”, e Toñi Vicente aínda non desmostrou que non sexa ela unha dos que efectúan esas compras, segundo sospeita e denuncia a Garda Civil e investiga un xulgado de Ferrol. Pasados varias días da súa detención, a famosa cociñeira non se dignou comparecer mediante entrevista, roda de prensa ou comunicado negando as imputacións ou, de non poder facelo, tratando de explicalas e, se preciso for, pedindo desculpas aos seus clientes, entre os que debe andar moito máis da metade da clase política e unha boa parte de todo o Who’s Who de Galicia.
Agora vai resultar que comprar vieiras incontroladas e perigosas para a saúde a sesenta céntimos, para cobrárllelas aos clientes do restaurate a 24 euros, pode merecer o apoio dun feixe de intelectuais galegos. Pois se isto hai que pagalo con “cariño”, que haberá que darlles aos mariscadores furtivos que xa foron parar ao cárcere de Teixeiro? A fin de contas, eles lucrábanse moito menos e eran os que que tiñan que mollar o cú.
E logo que, por riba destas e outras consideracións que se poden facer arredor deste caso, que non fixo máis que empezar a esbarar nunha lameira, se cadra cumpriría pedirlles aos intelectuais galegos un chisquiño máis de prudencia. O caso acaba de abrirse diante dun xulgado de Ferrol e están aínda por facer moitas pesquisas policiais e xudiciais que deben conducir a un definitivo e legal escrarecemento das responsabilidades presumidas. Queren Beiras e o resto dos intelectuais que se apuntaron a comer con Toñi Vicente adiantar sentencias e suplantar tribunais de xustiza? Non parece isto demasiado propio de quen aspirou a ser a máxima autoridade gobernativa de Galicia.
Polo despacho de Efe, sábese que van presentar un manifesto defendendo a cociñeira porque coidan que foi “maltratada durante o proceso”. Maltratada por quen? Pola Garda Civil? Polo xulgado? Polos medios de comunicación por publicaren o seu nome? Joder, Beiras, un intelectual formado no materialismo dialéctico coma ti, explícase mellor. Está ben que anden nos xogos florais cociñeiros, adegueiros, os eternos convidados pola cara nos restaurantes de postín, e mesmo algunhas irmandades e sociedades ás que ata pertenezo eu e que non me preguntaron que me parecía o verso, pero a que parecía a cabeza máis lúcida do nacionalismo galego, despois de Castelao, que coño fai compartindo merendiñas?

Anónimo dijo...

Beiras = Vieiras
Agora me explico por que Beiras entrou en barrena desde o 2001. Todo por culpa de comer tantas vieiras contaminadas que afectan á memoria e ao cerebro.

Anónimo dijo...

Pra darlle "calidade" aos seus "clientes"?. Xa se ve qué clase de clientes, qué "segmento de mercado" escollía esa señora pra traballar: o dos que pensan que as leis están moi ben, pero que son pra que as cumpran outros, etc.
Unha "empresaria" que xoga con trampa no competitivo mundo da hostekería. E políticos i escritores defendéndoa...

Anónimo dijo...

Así que sin orden ni protocolo, fue precisamente Beiras quien ejerció de portavoz frente a la prensa. El dirigente nacionalista no se limitó a mostrar "su apoyo incondicional a una amiga", también cargó contra las formas que rodearon la detención de Toñi Vicente y su tratamiento informativo. "Es una reacción cívica de repudio a la lapidación que se hizo desde un determinado medio de comunicación y lo digo con todas las letras: La Voz de Galicia. No es propio de un periodismo de calidad y de respeto a los ciudadanos el convertir en chivo expiatorio a una persona no sé bien por qué".

Ese "no sé bien por qué" es, en realidad, un presunto delito contra la salud pública que el juez ha imputado a la restauradora por comprar a furtivos vieiras presuntamente contaminadas. Por el mismo caso, cuatro mariscadores ingresaron esta semana en la cárcel de Teixeiro.

Anónimo dijo...

Vaia dirixentes, ou ex-dirixentes ten o nacionalismo, vaia escritores e artistas, sen ética, sen cidadanía, absorvidos pola mentalidade neocaciquil de favores, débitos, recomendacións e desexos de volta a un pasado de fidalgos, onde os señores serían eles. E o pobo, que pague os seus foros mentres os señoritos disfrutan dos privilexios da cuna, dilapidando o pais por segunda vez, hai! se Otero erguerse a cabeza!, ía correlos a chicotazos como Cristo aos mercaderes no templo. Fidalguiños sen principios cívicos, nin respeto a ningunha tradición, señores do seu bandullo que extrangulan a mirada no final de seu nariz, burguesiños bañados de oropeis intelectuais, miserabeis engreidos eu acúsovos de comervos obscenamente o pais