7 oct 2008


Lingua e hispanos.

pan por pan martes 7 outubro
debuxo de Alberto Vázquez

Un xornal de Madrid publicaba onte unha ampla reportaxe sobre a situación do español nos Estados Unidos. Achegaba datos valiosos. Por exemplo, que EEUU é xa o segundo país do mundo en hispanofalantes e que no 2050 pode ser o primeiro, por diante de México. Xa hai 45 millóns de español-falantes censados, sen contar a inmigración ilegal. Alégrome polo español dos hispanos e porque esta, para min segunda lingua, non corre ningún perigo de desaparición. Nin alí nin aquí. O informe completábase cun artigo de Elvira Lindo, menos optimista. Dicía esta escritora que a segunda xeración de hispanos ten vergoña de usar o español e fala un inglés impecable estudado na escola. E que a sorte do español aló depende dos mozos e do apoio, dándolle prestixio, dos medios de comunicación. Non lles soa a música? Non é iso unha diglosia semellante á que aquí padece o galego?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Véxase este paradoxo (entre outros moitos):
Un estudante coreano dun curso de postgrao de Estudios hispano luso-brasileiros (sic) ensinaba lingua española aos fillos de hispanos instalados en primeira xeración en Nova Iork.
O que conta Elvira Lindo (a quen, por certo, e para darme o pego, coñecín en Nova Iork, porque, entre outras cousas e por moi grande que sexa a cidade, acabamos sempre polos mesmos sitios) sobre as caixeiras é completamente verídico. Podo asegurar que calcou a situación.

Anónimo dijo...

Non hai máis que escoitar o español dos Meléndez e cia. do Partido Demócrata para avaliar o caso. E facer o parangón que o patrón marca sen engano.

Anónimo dijo...

Vai un galego a Londres (ou Londra?) e atopa un retaurante de comida galega. Aténdeo un xaponés en perfecto galego. Rematado o xantar, ponse a falar có dono, que é de Allariz, e coméntalle: "Qué ben fala o galego, o xaponés!". Responde o hosteleiro: "Cala,cala que non te oia. Él pensa que está a facer un cursiño de inglés!".

Anónimo dijo...

Eis o paradoxo da diglosia. Unha lingua pode ser de primeira nun lugar e de segunda noutro. Por iso choca tanto os que basan o valor do castelán polos millóns de falantes. Unha lingua será prestixiosa se ten detrás o brillo do poder e se os falantes cren que contribúe ao ascenso social. É o que hai. E os galegos xa o sabemos.