Música, de Bieito Iglesias (ECG.9-10-08)
O domingo pasado reuníronse os delegados do Bloque en Asamblea Nacional. Seica marchou todo como a seda, o feito de que boa parte dos participantes desempeñen cargos na Xunta ou nos concellos axudou sen dúbida ao relax, porque non hai mellor estuporante que unha nómina crecida. Sosego non significa atonía, e paga a pena apuntar certos contributos ideolóxicos de primeiro nivel achegados polo congreso. Anxo Quintana defendeu un nacionalismo de proximidade (este lema non é moi feliz, pois lembra a policía de proximidade) oposto ao nacionalismo elitista de salón. Non fala por falar, no BNG pasaron á acción substituíndo profesores melómanos e enxeñeiros europeístas por celadores de hospital e descargadores de peixe. Así se agudizan as contradicións de clase e o demais son contos da gauche divine. Con tales providencias, os bloquistas sitúanse na avangarda da revolución planetaria en curso que está a piques de deixarlle os mandos a unha analfabeta de Alasca.
Pero máis interesante que a película do congreso é a súa banda sonora: de la musique avant toute chose. No conclave defendeuse a necesidade de bailar coa terceira idade, porque o baile agarrado aconchega os candidatos aos electores e proxecta unha imaxe divertida dun partido tradicionalmente adusto. Por se fose pouco, coincidindo coa Asamblea compareceu nun xornal o deputado Bieito Lobeira para declararse "esencialmente hortera" e seareiro de Abba. Como resulta que, tempo atrás, o ex deputado Francisco Rodríguez confesou admiración por Marujita Díaz, conclúese que o BNG se arrima de vez ao bo pobo, superando a etapa do Beiras pianista engolfado en partituras clásicas, que por toda concesión á música lixeira celebraba as cantigas de Leo Ferré. A foto do Consello Nacional (con algúns membros puño en alto) entoando o himno pondaliano non asustará a "imbéciles e escuros", pois saben que os conselleiros cantaban coa boca pequena: "Chiquitita, dímelo tú..."
Pero máis interesante que a película do congreso é a súa banda sonora: de la musique avant toute chose. No conclave defendeuse a necesidade de bailar coa terceira idade, porque o baile agarrado aconchega os candidatos aos electores e proxecta unha imaxe divertida dun partido tradicionalmente adusto. Por se fose pouco, coincidindo coa Asamblea compareceu nun xornal o deputado Bieito Lobeira para declararse "esencialmente hortera" e seareiro de Abba. Como resulta que, tempo atrás, o ex deputado Francisco Rodríguez confesou admiración por Marujita Díaz, conclúese que o BNG se arrima de vez ao bo pobo, superando a etapa do Beiras pianista engolfado en partituras clásicas, que por toda concesión á música lixeira celebraba as cantigas de Leo Ferré. A foto do Consello Nacional (con algúns membros puño en alto) entoando o himno pondaliano non asustará a "imbéciles e escuros", pois saben que os conselleiros cantaban coa boca pequena: "Chiquitita, dímelo tú..."
51 comentarios:
TODA A VEA SATÍRICA DO BIEITO A TODO GAS: SE O PILLAN CON ESTA MARCHA NA AUTOPISTA, quítanlle todos os puntos...
Moi simpático o artigo do Bieito.
Eu tamén lera as declaracións musicais de Paco Rodríguez, e agora tamén as de Bieito Lobeira. Está claro que os da UPG están a saír do armario musical.
Non sei por qué, pero é doado imaxinarse ao Lobeira facendo a revolución anti-imperialista na pista nunha disco con camisa plateada aberta até o peito e con pantalón de pata ancha.
Ja, ja,ja xenial o Bieito!
Que será agora dos pobres "Fuxan os ventos"? e das cantareiras de Mos?
Bicos, Marcos.
Aínda rimos un cacho léndoo en papel. Tanto coma lembrando estoutro que xa coñecía, alí ao lado.
Bieito, en plenísima forma. Non hai outro coma el. Nin de antes nin de agora.
Dito esto, atopo un pouco de clasismo nas súas palabras: lémbranme a argumentación dun colega que votara a Pérez Mariño porque era xuíz antes que a Corina Porro ou a Castrillo, que, ao parecer, tiñan estudios non tan elevados.
Por suposto, que o argumento de que o BNG desperdiciara a personalidade dun catedrático coma Beiras e o substituira por un ATS tamén o escoitara. E non poucas veces.
Bieito is God.
Así. Hai que tomar a vida cun aquel de distancia...
O PP defendendo qeu o diñeiro vaia á xente e non aos bancos... a nai de Bieito Lobeira amosándose sensata -será para equilibrar o cómputo familiar- o Bush case nacionalizando a banca...O PSOE mimando aos curas nos Institutos.
La noche me confunde. Pero Bieito, tira da vea popular. O mundo é así.
Redondo e non se sabe onde vai xirar.
E a música do Quintana, que? Alguén sabe da música do Quintana? Moito me temo que non.
"ChiQUINtita, dímelo tú..."
Chiqui Chiqui Chiqui
Chiqui CHiqui mon amour
Chiqui chiqui chiqui chi...
Velvet mornings....tra la raaaa...
O meu nome é XDC. Despexar X pra que teña senso con D e C.
SOlución X=G.
TU sei per meeeee
la piu bela del mondoooooo
e un amore profondoooo
mi lega a teeeee...
tu sei per meeeeeee
una cara bambinaaaaa...
PREMER.
Por suposto, Arume, a cousa nacionalista vén dun aquel de altura estética que ten o seu aqueliño clasista; clasismo do bo, xaora, xa o dicía Rubén ou cousa parecida.
Vdes. ben saben que eu son parcial da música de Quintana ("Como chove miudiño", xaora), pero non quita para que lle bote unha risas ao Bieito; e ao Cela, vexan ata onde chegamos na hilaración e sen ánimo de comparar.
Tanto resentimento afoga a expresión nun salouco e estraga a vea literaria.
É lóxico que un artigo de tan baixa calidade dirixido por unha xenreira estupidizante entusiasme a algúns contertulios deste blog.
Os nacionalistas, especialmente os que están no poder, son horteras, non merecen disfrutar dun poder co que eles, os resentidos da Solaina, farían maravillas. Como é que non os contrataron xa de asesores!. Pecado imperdoabel que se engade a pouca consideración en que sempre os tiveron. Non os recoñecen porque son demasiado intelixentes, formados e saben estar no mundo, porque lles teñen envidia, porque saben que cun pouco de poder que lles deran eles, os pailáns nacionalistas, quedarían relegados ante a evidencia da excelencia das súas cualidades. Como non, entón, se vai notar, esa inquina de querer reducir ao poder nacionalista a unha grotesca opereta de guiñol?
Aba, Marujita,Maná, toman as consellerías, saen do armario ideolóxico e mostran obscenamente a súa falta de gusto, a escasa formación politica e a súa procedencia do vulgo. Só salvan ao rei Ubu-Quin, porque ten a virtude, loabel nun nacionalista, de non pensar.
Que distinto seria cuns "Chicos del Jazz" que tocan pachanga, unha profunda e contestataria cantautora como Carla Bruni, a raiba de Macain, e os fanatizados fans autonómicos de Dylan. Anímense, monten o seu partido!
Creo que vostede non sabe que máis dun contertulio da solaina é asesor do BNG. Aquí fan o clásico brainstorming para calibrar o que ten que facer Quintana. Cando comproban que, en efecto, a cousa non chista moito aos demáis contertulios, entón emprenden a medida. É doadísimo. É un entrismo alavirulé ou tamén chamada a proba do resentido fetén.
Señor como se chame: hai uns anos, nun programa da TV local sobre perfil cidadán, dicía eu que o lugués era "un pouco pailán". Non levaba a cousa demasiado mala intención, pero como o explicara pouco interveu en directo un televidente doído; puntualicei incluíndome no colectivo (que eu me pretendo lucense e non só de nome é cousa entendo que patente), pero non houbo xeito: aínda saíu outro aludindo a "o que nos chamou pailáns".
Non lle digo máis nada, o certo é que non adoito responder intervencións que, coma a súa, aparentan plenamente incursas no pecado criticado: neste caso, o resentimento. Dado que caracteriza o líder actual do BNG como un non pensador, se cadra podemos colixir que grupo goza do seu apoio ou adhesión, ou que grupos son posibles. Calquera deles non o merece, diría eu, aínda que de discurso tan escaso igual é excesivo extraer tanto miolo.
E nada máis, nin agora nin máis tarde.
Hai persoas (ou entes) que, lamentablemente, non teñen sentido do humor. Sempre con cara de ferreiro (con perdón de tan distinguido gremio) e imbuídos da misión de localizar traidores e herexes, alporízanse á primeira de cambio cun entusiasmo máis digno doutra causa. Incapaces de entender nada que vaia alén dos seus narices, están prestos á delación, á denuncia, a poñerlle o sanbenito a aqueles que non lle entran polo ollo. Pénsanse valedores dunha causa que, tal como eles a formulan, nunca existiu. Na súa febril e disparatada imaxinación achan un motivo para vivir do seu resentimento e frustración, algo que devén tan pueril como inane.
Incurso non só no pecado criticado, senón en moitos outros, afirmo, con todos os respetos, a escasa valía intlectual do vicepresidente, e reafírmome en que o seu futuro político daba para un bo alcalde de Ourense, pero para nada mais.
O nacionalismo con Quin está xibarizado.
Comprendo a súa posición señor Gonzáles, ao fin tamén lle van os fados descastados.
Arume, que fantasioso é!
Simpático Apicultor, participo na misión de localizar, non traidores e herexes, válgame deus!, senón inócuos, fátuos e pouco intelixentes trasnos. Tarefa divertida, e benéfica, unha vez collidos, devolvoos ao seu seu medio, Ao fin cólleselle cariño, e trátase de xogar e pasalo ben.
Beria xa vou camiño de Siberia!
pero non sei si me reeducarei!
Boto de menos a Jimy de Rairo (pero só cando escribe co seu nick).
¡que momento mais dificil no mundo político na Galiza neste momento!, ¡non hai con quen estar! os gobernantes do BNG están a defensiva de calquera crítica ou de calquera brincadeira, os críticos co BNG ás veces parece que lles presta pasarlle os defectos polo morro ao BNG, uns e outros deberían reflexionar e desde logo os gobernantes terían que abrirse de orellas y así pode que quizais os críticos, ao ser escoitados, disminuirían esas ansias de criticar con mais ou menos tino, pero para mín isto está en man dos gobernantes do BNG, se eles non fan os deberes non teñen que queixarse de que os demais fagamos crítica ou mofa, tamén a fixemos antes co PP e por iso están eles aí.
disculpen por tanto momento
isto é retranca da boa, escrive óptimo, mas é um pouco "cabronzete", como dizem em Madrid. se quando lês te podes rir que mais lhe podes pedir.
Raeleig, ou como hostias se chame, vostede escribe moi ben, dígame que pensa do Rescate de Bush, porque o de Galicia-Galiza-Gallicia- se lle queda pequeno.
Eu tamén voto de menos a Jimmy de Rairo.
Non se preocupe, amigo Delapiere. Élle o troll de garda das Uvas: xa sabe, o de sempre. O gran ensaísta ágrafo que o único que ensaia son paparruchadas inconexas nas Uvas.
PRA ARUME DOS PIÑEIROS:
Víamichelín calcula como itinerario máis rápido Vigo-Lugo por a Coruña. Eso sí, pagando treinta e pici euros.Pódese buscar atendendo a outrso criterios:PREMER.
Tamén pode vir pola Autopista das Rias Baixas, e torce en Ponferrada e de paso trae a proba dun mencía deses do Bierzo
Doulle nomes? Quere nomes? Quen cre que axudou a QUintana na súa elaboración do concepto nova fronteira? Quen lle dixo o de nacionalismo de salón? Quere sabelo? Repase o blog?
"Eu tamén voto de menos a Jimmy de Rairo" (Raeleig Walter)
Ha, ha, ha!!! Cóllese antes a un impostor tramposo (e "orográfico") ca un coxo.
Este Jimy-Raeleig Walter-Levita-Anónimo-etc. é a hostia en verso: non ten heterónimos, non, por moito que troque de nick.
Arume non aspavente tanto de sinxelamente os nomes e non nos obrigue a facer o que non vamos facer, rapasar. O concepto de nova fronteira seméllame demasiado esluido, en cambio o concepto de "fronteira interior" que traballa un politicólogo galego, nun ensaio recente, paréceme de mais interés, pero non creo que asesore a Qüin, nin se deixe cair polo blog.
Apicultor, mira que chamarme troll!
A Santa Inquisición está entre nós.
Caro don Jimi: Eu tamén, e penso que o dixen onte, o encontro de menos.
Sabía? Un dos defectos máis graves dos galegos, é a argüída incorrección no que respecta á expresión dos sentimentos. É dicir, que eu non podo dicir que o encontro en falta no blog sen correr o risco de ser chamado adulador, ou que alguén pense que eu albergo outra intención por baixo da tona da miña conduta.
Ben, só quería dicir que noto a súa ausencia no blog. E dígoo porque me dá a gan, porque me cae Vde. espectral e ciberneticamente ben e asumindo a priori e a posteriori todas as consecuencias. Tamén gustaría inmenso que Vde. asistise ao II Contubernio, mañá, en Lugo.
E tamén noto ben cando o noso Sir Lancelot (Apicultor) non anda polo ciberespazo, esquivando e dándose de golpes co resto dos fregueses.
E tamén noto ben as ausencias de Arume. E de Dacova. E de Lobo Neghro. E de Jim Morrison. E de Marcel Swann, para min inxustamente tratado e/ou incomprendido. E de Lourixe. E dalgún anónimo. E de Jacques Delapierre. E do profesor González. De Lula Fortune, evidentemente.
E encontro moitísimo de menos, tamén, a Leituga One.
E, sobre todo, sobre todo, teño saudade dos certeiros e tenros dardos da señorita Doniña. Da súa esgazada sensibilidade e da súa cortés e agarimosa maneira de se expresar.
E non me importa que me chamen adulador; non podía quedar con todo isto dentro de min.
Saúdos para don Marcos.-
Medela, con ese ánimo estragado, non sei que Contubernio vai ser ese. Xa os vexo fronte á muralla luguesa lamentándose de este foise e aquel non volta. Así non imos a ningures, Medela. Deixe as saudades e os emotivos botodemenos e poña unha inxección de ánimo para non amargarlle a festa aos anfitrións González e Delapierre. Ereccione ese ánimo, homededios, e demostre o pundonor allaricense. Cona xa.
Uffffffffffffffff
Esta tarde tiven un mal momento, unha negra sombra, algo que se me 'aparece' sempre, sempre, cando estou a adormecer.
Nada, xa pasou.
Desculpe, anónimo. Ten razón.
Aínda non sei onde é o contubernio. Ben se ve que os lugueses son axentes precavidos!
jajajajajajajajajajajajaja
Lugo, a muralla das lamentacións. Non caira eu niso.
Véñanme doutra maneira; e por autoestrada e autovía vía Betanzos. Posiblemente é a mellor opción.
É vostede, Medela, un bo e xeneroso. Moitas grazas pola invitación, pero resultame imposibel acudir mañá a esa cidade da que tanto gosto. Saude da miña parte a todos os que acudan. Se cadra, para a proxima coincidamos mais solainos.
Que o pasen todos estupendamente ben. Pero moito coidadiño á volta cos controis de alcoholemia!
Señor González, cuidadiño mañá co que falamos. Xa sei que vostede non precisa que lle dean consellos nin que lle digan o que ten que facer, que é un home de experiencia contrastada e de profundas conviccións nacionalistas, pero pense que vai sentar á mesa a algúns inimigos encarnizados de Sartre e do nacionalismo e, o que é o mesmo, amigos até a sinrazón de Bob Dylan. E menos mal que non vai o Apicultor, que anda enfarruscado en pesadelos de sofá e tele5, que se non xa non sei que acabaría pasando coas suas certezas quintaneiras. Hai que foderse co Apicultor, dalle a madrugada no sofá por culpa das máquinas da verdade e logo non pode ir ao Contubernio de Lugo. Eses son os amigos que teñen vostedes. E ollo co Medela, que o rapaz anda un pouco baixo de moral solainesca. Se ten que procurarlle un agarimo e palabras doces, xa sabe, non o dubide, que os de Lugo teñen fama de muralleiros e agarimadores. E cuidadiño coa pimpinela, que logo as linguas destrábanse e non queda títere con cabeza. O domingo xa lles pasaremos a máquina da verdade do Apicultor, a ver que é o que confesan.
Caro espectro anónimo das 10:14: Escribe Vde. condenadamente ben. Grazas.
Boeno. Respectivamente ao que Vde. di de min, é certo. Non sei qué me pasa hoxe... Negra sombra.
Respectivamente ao que di do señor Arume: Se todos os "inimigos encarnizados" do galeguismo e de Sartre son como o señor Arume, por favor, que alguén me indique onde está o escritorio do señor dos Piñeiros, para me subscribir no seu partido. Coñecino no primeiro contubernio, o mitoloxémico de Canedo, e podo asegurar que se todos fósemos como el, non había guerras no mundo. Alén diso, é simpático e retranqueiro. Talvez é demasiado intelixente para andar por este mundo, como Dacova e Apicultor; iso deriva inevitablemente en sufrimento persoal. Grazas á virxe do Viso que non padezo ese problema. Do resto, tamén non me importa que me chamen adulador, xa o expliquei esta tarde.
Saúdos, amigo anónimo. Ah, esquecía... Apicultor está pronto para resistir unha sesión de máquina da verdade e de Pentotal.
Xúrollo.-
Que lindo é Lugo do alto do Picato!
Con esas casas abrancuxadas!
Crea alegría no corazón!
Un paisano espera para apañar o cruzamento de Calde!
Outro, de caña na man, escapa do Clube Fluvial!
Walhálico, ditirámbico, paradisiaco, paranoico-crítico, frío e orballoso Lugo!
O tempo vén, no canto de se ir!
Teño probado todas as opcións de percorrido Vigo-Lugo e efectivamentemnte a máis rápida -a condición de estar equipado cun vehículo que aproveite ben os límites máximos de velocidade- é pola AP-9 até Betanzos e despois A-6.
A rota máis paisaxística, de non haber présa, é a que sobe o val do Lérez desde Pontevedra, atravesa Terra de Montes e o Candán (Mosteiro de Acibeiro) e enlaza en Lalín coa N-640.
Tamén é moi bonito o percorrido Ribadavia-O Carballiño-O Irixo-Lalín pero esquecín cronometrar e non podo dar referencias temporais.
De verdá que a todos os que van contuberniar a Lugo e tamén aqueles que non van pero quixeran ir, vounos remitir directamente a un gulag de Siberia a -40ºC, pra que se enteren do que vale un bo rancho de auga chirla.
De verdá que tampouco se van librar Bieito Iglesias, os da UPG (Lobeira e Paco), os nacionalistas, os anti-nacionalistas, os non-nacionalistas, e todo fillo de veciño, Marcos Valcárcel incluído, pero todos, todo quisque que se mova, fale ou ornee, todos eses, digo, van ir direitiños a un gulag de Siberia a -40ºC, pra que saiban o que é bo. Ou como carallo vai ser? E tamén o Clezio ese ao que lle deron o premio Nobel, home non, que aquí non se libra nin a caridá.
OPERACIÓN 'MADÍA LEVA' EN MARCHA!
EN CAMIÑO
Este Beria, non sei que lle pasa, anda fora de si.
Foto do San Froilan de Lugo, no blog de Ana Bande:PREMER.
Que mona de retratista é este ? Queremos vervos por diante e poñer caras que o cus xa quedaron postos.
Que mala baba te gastas, perikito. Os problemas persoais que poidas ter con alguén deberías solventalos noutro lugar, non cres?
Publicar un comentario