29 oct 2008


NOVELA NEGRA (2)
andoliña 29 outubro

A novela negra continúa a antiga epopea adaptada ás estruturas mentais do mundo moderno. Os seus ancestros remotos serían Ulises e Lancelot: así comezou Bieito Iglesias a súa charla nas xornadas sobre novela negra e saúde mental. O escritor ourensán encontra nas claves do xénero, ademais da soidade do heroe, o papel da cidade protagonista, cidade neboenta ou noitébrega onde se editan xornais, pois non hai historia sen páxinas de sucesos. Filla dun tempo de positivismo científico e racionalismo, a NN ten hoxe unha liña dominante nos relatos de psicópatas: tales serían as consecuencias dun Occidente hipocondríaco e da sociedade do espectáculo que banaliza a violencia. “Máis que novela de evasión, que permitiría fuxir da vida real, axúdalle ao lector a recoñecer a súa prisión”, conclúe o Bieito.
Tamén ten moito zume a intervención doutro galego, Xoán Ramón Díaz. Que nos lembra que o doutor House non é máis que un trasunto de Sherlock Holmes e que o espírito da NN xa estaba presente na Biblia (dende logo na súa violencia desmedida) ou en obras como A Esmorga, Macbeth ou Luces de bohemia. Descenso ós infernos, esforzo de desalienación: dúas definicións axeitadas para este universo negro.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

A primeira novela policíaca é de Honoré de Balzac ("Un asunto tenebroso"), e foi inspirada nas memorias de Eugène François Vidocq, un antigo ladrón que chegou a ser o primeiro director da policía de Napoleón, a Sûreté. Nace, polo tanto, vinculada ás necesidades do goberno (espionaxe) e da crecente burguesía cidadá.
Literariamente, a mellor novela deste xénero é "O derradeiro adeus", de Raymond Chandler, que seguramente non estará traducida ao galego (Steiner corre máis présa).
Desde unha perspectiva marxista, recoméndolles "A novela policial. Unha historia política" (Laiovento), de Xesús González Gómez, un libriño escrito nun galego atrapallado e cuxas galeradas, dáme a impresión, ninguén se coidou de editar.

Anónimo dijo...

XDC dí:

Non é que o Dr. House sea un trasunto do Sherlock Holmes. É que o propio Holmes era xa o trasunto dun médico real, moi similar ao House, no que se basóu Conan Doyle pra crear o seu persoaxe. Non lembro o nome, pero andará pola rede.

Anónimo dijo...

Neste vídeo
http://www.youtube.com/watch?v=z0d9ufVyn_4

Sir Arthur Conan Doyle explica a xénese do seu personaxe, que está baseado nun dous seus profesores na universidade de Edinburgo, o doutor Bell.

Marabillas do Youtube!

Anónimo dijo...

En efecto, o Caín (do verbo caer) debeu ser o primeiro psychokiller. E todo por un problema de ciumes e gastronomía: pero hai que recoñecer que o Iavé ese era jodido de collóns. Que non era moi de verduritas era sabido, pero que lle prestara máis o cordeiro cós grelos eso xa era moito. Pero o caso é que aquí comezou a novela negra, sobre todo na pregunta "Onde é que está o teu irmán?" e a resposta (galega, sen dúbida) "Acaso son eu o seu gardián? Neste diálogo reside o fundamento do giallo clásico: o interrogatorio, o disimulo irónico, as ameazas (vas quedar sen leitugas, ones e das outras), a confesión (sen quinta enmenda, neste caso), e o xuízo.
O rechamante do caso é que lonxe de metelo no trullo o Iavé protéxeo (o primeiro caso de arrepentido) e mándao para o este do Edén (como James Dean) a coñecer mulleres coas que xacer e ter descendencia. Para ser o primeiro homicida saiulle redonda a xogada.

Anónimo dijo...

Eu, hai moitos anos, aló no Pleistoceno, lin moita novela negra, especialmente da clásica norteamericana (Hammet, Chandler, MacDonald, Himes, ...). Mesmo tiven a ousadía de escribir un artigo -un dos primeiros que fixen- que saiu nun suplemento de cultura que dirixía L.A. Pousa en La Voz de Galicia. Coido que non estaba nada mal de todo, aínda que comezaba fatal.

Apicultor

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas polas súas intervencións, todas moi interesantes.
Lembro ese artigo de Apicultor, que debo ter arquivado e outros seus deste tema, a NN, no Faro de Ourense, aló por 1983: creo que eu mesmo llos pedira para este xornal.

Anónimo dijo...

O seu arquivo é un tesouro, amigo Marcos. Eu non lembraba iso que di de Faro de Ourense.

Apicultor

Anónimo dijo...

Non coñezo eu a ese Xoan Ramon Diaz nin teño noticas da súa obra. Si coñezo a Bieito Iglesias e gusto moito do seu galego apegado á terra, que chouta por riba de normativizacións e academicismos. ¿Verdadeiramente é posible remontarse até a Biblia para explicar a novela negra?

PS.-Alguén pode darme noticia deseXoán Ramon Diaz tan ousado -aparentemente- nos postulados que se expresan no post?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Hai un vello texto de Umberto Eco que agora atopo (non sei se íntegro) en Internet. Nel un suposto editor comentaba o manuscrito da Biblia e concluía no seu informe:

Anonimi. La Bibbia
Devo dire che quando ho cominciato a leggere il manoscritto, e per le prime centinaie di pagine, ne ero entusiasta. È tutto azione e c'è tutto quel che il lettore oggi chiede a un libro di evasione: sesso (moltissimo), con adulteri, sodomia, omicidi, incesti, guerre, massacri, e così via.
L'episodio di Sodoma e Gomorra con i travestiti che vogliono farsi i due angeli è rabelasiano, le storie di Noè sono del puro Salgari, la fuga dall'Egitto è una storia che andrà a finire presto o tardi sugli schermi... Insomma, il vero romanzo fiume, ben costruito, che non risparmia i colpi di scena, pieno di immaginazione, con quel tanto di messianismo che piace, senza dare nel tragico.

Poi andando avanti mi sono accorto che si tratta invece di una antologia di vari autori, con molti, troppi, brani di poesia, alcuni francamente lamentevoli e noiosi, vere e proprie geremiadi senza capo né coda.

Ne viene fuori così un omnibus mostruoso, che rischia di non piacere a nessuno perché c'è di tutto. E poi sarà una grana reperire tutti i diritti dei vari autori, a meno che il curatore non tratti lui per tutti. Ma di questo curatore non trovo mai il nome, nemmeno nell'indice, come se ci fosse ritegno a nominarlo.

Io direi di trattare per vedere se si può pubblicare a parte i primi cinque libri. Allora andiamo sul sicuro. Con un titolo come «I disperati del Mar Rosso».

Anónimo dijo...

Arume, perdoa, pero somentes collo a periferia do teu discurso. Non sei tanto italiano como para entender todo o que aí pos. Trátase dun tío-o Xoan Ramon ese- que se remonta, según parece, até a Biblia para explicar a novela negra. ¿Realmente coincide con Umberto Eco nesa análise? ¡A Biblia, me cago en sos!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Debo dicir que cando comecei a ler as primeiras cen páxinas estaba entusiasmado. Todo acción e todo eso que o lector hoxe esixe a un libro de evasión: sexo (moitísimo), con adulterios, sodomía, homicidios, incestos, guerras, masacres e cousas así. O episodio de Sodoma e Gomorra cos travesidos que queren convertirse en anxos é rabelesián, as historias de Noé son puro Salgari, a fuxida de Exito é unha historia que tarde ou axiña ha rematar nas pantallas. En suma, a auténtica novela río, ben construida, que non aforra golpes de escea, chea de imaxinación con aquel punto de mesianismo sen chegar ao tráxico.
Logo, dimme de conta de que se trata dunha antoloxía de varios autores, con moitos, demasiados, pasaxes poéticos, algúns francamente lamentables e aborrecidos, verdadeiras xeremiadas sen pes nin cabeza.
Así resulta unha mistura (omnibus) monstruosa, que presenta o risco de que non praza a ninguén porque ten de todo. E ademáis será un problema repartirmos os dereitos con todos os autores, a non ser que o que cuida da edición trate con nós por todos eles. Pero deste editor non atopo o nome, nin siquera no índice, como se amosasen reservas por nomealo.

Eu miraría de poder publicar aparte os primeiros cinco libros. Así aseguramos: con un título como "Os desesperados do Mar Roxo".

Desculpas pola traducción.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

É un breve informe dun lector encargado de valorar o manuscrito da Biblia para mirar se pode publicarse.

Anónimo dijo...

¡Jo!

Anónimo dijo...

XDC sagt:

Non sei onde lín que a historía de Caín e Abel sería a recreación mítica de conflictos ancestráis entre os cazadores-pastores e os primeiros agricultores, alá polo Neolítico.
Curiosamente, conflictos similares tuveron lugar en Norteamérica durante a "conquista do Oeste", como reflexan tantos "western" (Ou "westerns"?).

Anónimo dijo...

XDC dí:

Nunha negra e chuvisosa noite de tormenta un home camiñaba, empapado hasta os osos, pola beira dunha solitaria estrada. Os lóstregos recorrían o ceo de punta a punta,e caían perto de él. O ruído dos tronos era insoportable. Facía horas que nin un sólo automóbil pasaba por o que xa lle parecía ser o cabo do mundo.
Naquelo, á volta dunha curva, un silencioso automóbil negro se para mansamente diante del. SIn pensalo dúas veces, sube a él . Asombrado, ve que non ten conductor nin ningún outro ocupante. Invádeo o terror cando o coche empeza a andar solo. Ao chegar a unha curva, ve que unha fantasmal mau entra por a ventanilla, xira o volante, e volve desaparecer. O proceso repítese durante varios centos de metros hasta que, fora de sí , se tira fora e, mancado pola caída, arrástrase hasta un bar solitario a carón da estrada.
Os parroquianos do bar auxíliano, danlle roupa seca e licor, e chégano ao lume, onde él empeza a contar, balbuceando aínda có medo, o escalofriante suceso.

Un dos parroquianos berra, de repente: "Así que eras tú o que iba dentro do meu coche, averiado, encanto eu o empuxaba por detrás!.