A inmensa xenerosidade dos amigos
Adiantou a nova onte La Región, na súa sección Quen cho dixo? …
Os amigos andan a preparar unha cea homenaxe a finais de mes, en Ourense, con motivo da saída dun novo libro meu, unha Historia de Ourense que publica Xerais.
Sería inxusto non deixar aquí constancia expresa do meu agradecemento a Afonso Monxardín, Xosé R. Quintana, Benito Losada, Apicultor, Pepe Trebolle, César Ánsias, Manuel Ángel Candelas Colodrón, Xoán Fonseca, José Carlos Martínez-Pedrayo e Eustaquio Puga, que están á cabeza desta iniciativa tan xenerosa pola súa banda.
Aproveito a ocasión para agradecer tamén as incontables chamadas telefónicas e correos que recibín ó longo do último mes que me demostran de novo o que xa sabía: que o meu mellor patrimonio son os amigos e amigas. Grazas de corazón a todos/as.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
18 comentarios:
Recibe tamén a miña adhesión con toda sinceridade e agarimo. Anxo Tarrío
A Cea Homenaxe será o 29 de novembro, sábado, ás 21:00 horas, no Restaurante San Miguel de Ourense.
Con anterioridade, presentarase o libro no Liceo de Ourense.
Nesta semana cursarase invitación por correo electrónico a varios centos de persoas de toda Galicia e de Ourense. Nela aparecen todos os datos necesarios.
Por suposto, está todo mundo convidado a participar na máis que merecida Homenaxe a Marcos Valcárcel. Estean atentos á prensa e aos seus enderezos electrónicos.
Un cordial saúdo e moitas grazas.
Alí estaremos.
Súmome á homenaxe, aínda que non poida estar aí.
A noticia da Cea Homenaxe xa está a correr polo blogomillo. Véxanse, de momento, os blogs Arume dos Piñeiros e Selva de Esmelle.
Marcos ben que o merece!
Tamén no blog Brétemas.
E igualmente no blog Croques.
Los amigos son lo único que no baja valor en bolsa, siempre están en alza .
Eres, además de sabio rico y aunque es por lo primero por lo que te admiro, es por lo segundo que te felicito ya que la sabiduría es inherente a tu persona pero los amigos los has ido ganando por el camino con el corazón y el sonido sereno de tu palabra.
Con cariño, admiración y respeto te saludo
IB
Meu prezadísimo amigo:
Conta comigo para o acto do día 29. Por nada do mundo deixarei de acompañarte nesa tan especial cea-homenaxe.
Unha inmensa, enorme, profunda e sentida aperta.
E non vaia pensar que só están os que están ese día; engádalle os moitos que por unhas cousas ou outras non poderemos ir. Ben o merece, señor Valcárcel, así que, ¡a disfrutalo!
Aperta enorme da tua compañeira, agora "exiliada" noutro centro, Marga. Penso moito en ti
Un saúdo para Vde., don Marcos. Medela tenme falado moito en Vde., e lamento estar tan lonxe (alén de falta de disponibilide monetaria) para poder estar canda Vde. nesa homenaxe que ben seguro vai ser unha cousa fermosísima.
A peinadora Myrna envíalle tamén os seus cumprimentos; pena de non poder peitealo ese día.
A encargada do McDonalds, Ryma, envíalle un beixo grande e explosivo.
Ilkhud, un meu amigo, mándalle saúdos e pregunta como é que se pode arranxar a papelada para emigrar para Barcelona.
Se pode facer algo...
P.D.: Júlio Medela apañou unha bimba de pronóstico, esoutra noite. Mi madriña... Tiven que metelo na cama. Ría e ría, e terminou chorando, evidentemente.
Coitado, o día a seguir estaba un pouco envergoñado.
Outro día cóntollo.-
Buenos días nos dé Dios. Son Sara Pallín, máis conocida en la media por Sarah Palin. Nacín en Viana del Bollo (Orense) e son española de origen. Inda meacuerdo algo do dialecto deaquella de cando o falaba, así que lle escribo nel. Marcos, lo miro mucho por el Internés i desde aquí quería mandarle unha apreta mui fuerte i decirlle que non poderei estar con usté pois mo impide o meu traballo. Estou proparando as próximas eleucións e xa os meus asesores andan buscando cuartos dedebaixo das pedras. Como decíamos no meu pueblo, "necesito moito carto".
Aunque desde a miña ventana vexo Rusia, aínda meacuerdo de Viana i del Bollo i do meu traballo nos cochitos eléutricos co clan Linares Giménez, xente honrada donde las haiga.
Dios ben-diga a América i a tós ustés.
Sara Pallín Pallarés.
Sara Medela Pallín.
por favor, encajone que ha perdido las elecciónes y no nos venga para Galicia, como hizo su tio abuelo Manolo Fraga. Quedese por sus tierras frias, y mándenos sólo saludos.
Rógase que esta entrada só se use para todo o que teña que ver coa homenaxe. Moitas grazas.
Moitas grazas, Anxo.
Graciñas Arume, IB, Modesto Fraga e Marga.
E ademais graciñas (xa saben eles) a María do Cebreiro, Xosé González Martínez e Anxo Glez. Guerra e Vitoria Ogando (www.ogalego.eu).
Grazas de verdade a todos/as.
Son moitas as persoas de toda Galicia (e, por suposto, de Ourense) que se están a apuntar á Cea Homenaxe a Marcos Valcárcel. Escritores, xornalistas, profesores, políticos, colegas e, sobre todo, amigos.
Lénbrase aos interesados que aínda non o fixeron, e para axilizar a organización, que fagan canto antes o ingreso na c/c. abaixo sinalada ou -os de Ourense- que compren as tarxetas nos lugares indicados tamén máis abaixo. Moitas grazas a todos/as.
CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL .
Ourense, SÁBADO, 29 de NOVEMBRO de 2008 , ás 21:00 horas,
Restaurante San Miguel.
RETIRADA DE TARXETAS:
As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros.
Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia.
Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes. En calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro.
Xa compréi as tarxetiñas, no Sanmiguel!
Qué bonitas son!
Dame no corpo que o Apicultor tuvo algo que ves có desenho...
Publicar un comentario