Marcos Valcárcel, ourensano exemplar
José Paz Rodríguez
LA REGIÓN 14-11-2008
Hai muitos anos que conhecemos a Marcos Valcárcel. Ao que apreciamos e admiramos sempre. Pola sua homia de bem. Polo seu labor profundo e prolongado ao largo do tempo a favor da nossa cultura. Polo seu ourensanismo de pro. Por ser uma pessoa que respeita aos demais, embora possam discrepar de algumas das suas ideias. Porque tem investigado muito e bem sobre temas galegos, sobre pensadores e escritores e sobre o jornalismo e os jornais galegos. O seu livro sobre este tema é modélico e nom compreendemos, ao estar esgotado, como nom se faz do mesmo uma nova ediçom. Por quem corresponda.De Marcos lembramos muitas cousas positivas. Da sua assistência continuada às sesoes do Cine Clube ‘Padre Feijóo’. Sendo logo nosso colaborador como Vocal de Galiza na Federaçom de Cine Clubes do Estado Espanhol. Sempre gostou do cinema de qualidade. Polos seus estudos, as suas leituras, as suas pescudas e as suas publicaçoes, é uma pessoa de cultura elevada e um excelente conferencista. Resultando um prazer escoitá-lo. Uma pessoa que enlaça, e o comentamos sem dúvida alguma, com os grandes vultos da cultura ourensana. Como Risco, Otero, Cuevilhas, Joaquim Lourenço e Ben-Cho-Shei. Valcárcel é, estamos seguros, nos últimos tempos, um dos que mais tem estudado sobre a nossa cidade, a sua história, as suas personagens, a sua cultura, os seus feitos destacados, a cultura popular.. (...)
ARTIGO COMPLETO
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
17 comentarios:
Tuven a sorte de coñecer o artigo, e de comentalo có seu autor, días antes da sua publicación. E pódiolle decir, Marcos, que a crítica que lle fixo o Prof. Paz á Universidade foi moi moitísimo máis demoledora na conversación privada que mantuvo conmigo do que está escrito no artigo. O por qué, non o sei, claro. Coméntollo sólo para que o sepa.Non creo que él se enfade conmigo por eso.
Pepe Paz dá ese necesario toque ourensán que complementa moi ben o texto de Fernán Vello e a entrevista de Cristina Huete. Parabéns ao autor.
Eu tamén dou fé de que o profesor Paz comentou en algunha ocasión o feito de que Marcos tiña que ter entrado de profesor universitario.
Acaso lle fixeron a cama, pregunto.
Oes Dacova, de hoxe en adiante: profesor Apicultor, profesor Arume dos Piñeiros.
Ou ké karalho?!.
Ou todos ou ninghún.
E, por o tanto Profesor Lobo Neghro.
Como fan os italianos, que sempre antepoñen o título ao nome dos "laureati".
Fai anos, lin un artigo sobre unha empresa americana que se dedicaba á reparación de algún tipo de máquinas. Para elevar a autoestima do persoal, a empresa obligaba aos empregados a tratarse mutuamente de "Doctor". As batas de traballo eran de color verde, como as dos ciruxanos, é có título bordado "Dr. Tal", "Dr, Cual". Ao parecer, o rendemento laboral aumentara con esa simple medida.
En Hispánija, tierra de conejos, teñen tratamento de profesor os da universidade (nuversidá no meu pueblo), non os de liceo.
Os portugueses sí tratan de doutor ós nosos licenciados. É unha convención social. Arume dos piñeiros e Apicultore son profesores universitarios, non si?. Entón propoño tratalos así.
Entre nós Dacova, no noso sistema lupario, o máximo tratamento é de "ácrata absoluto".
Desemúleme
Pois, para min, que administrativamente hai moitos profesores e bastantes doutores, pero poucos que merezan tales calificativos. Daquela, non me trate nin de profesor nin de doutor, caro amigo Lobo Neghro. Nin tan sequera de licenciado. Obrigado, pa.
Pois si de licenciado tampouco, entón haberá que tratalo de licencioso, que xa lle pega.
Estou a pensar se a creatividade non ten moito de brincadeira.
Licenciado, licencioso, luxurioso...(con fonema sonoro, z).
Lembrades Histrión 70 representando unha obra de Valle-Inclán en portugués. Léase em português, Floriana, depravadaaa, lujuriosaaa...
Queñes non se aproximen ás cuestiós como nenos, esto é, xogando, non entrarán no reino do ceo da creatividade.
Aínda coincidindo co fondo do artigo do profesor Paz hai nel algo que non acabo de comprender de todo… ¿Por qué desacreditar a Universidade como institución (no seu conxunto espacial e temporal..) cando realmente, e este pode ser o caso, deberiamos de falar de actitudes miserables e incapaces de persoas concretas?
En calquera caso e mais alá de que é certo que Marcos e algún outro da nosa cidade ten mais que sobrados méritos, capacidade e actitude e bonhomía (e isto tamén debería de ser importante..) para formar parte do claustro universitario, penso que nel tamén se reflicte o peso tan enorme que tivo e ten no ámbito cultura do nosos pais, e da nosa cidade en particular, dos docentes de Institutos...moitos deles teñen xogado un papel decisivo na xeración e difusión da cultura e penso que homenaxeando a Marcos tamén honraremos, no seu día un pouco a todos eles, vaia por eles este “brindis” ó sol (onde quedou aquelo do corpo único??)
Apertas a todos...
Descrido
Pertencer á universidade, en si mesmo, non dá nin quita mérito. Dentro e fóra dela hai mediocres, dentro e fóra dela hai persoas brillantes que desenvolven un meritorio labor cunha independencia de criterio que moitas veces aquela non permite. Tal é o caso de Marcos. Tal é o caso de moitos outros. Quizais a algúns lle soe a excesivo, mais a cultura deste país (en galego) lle debe máis aos profesores de instituto ca aos profesores de universidade. Concordo con Descrido, porque a "denuncia" de Paz é extemporánea, fóra de lugar a estas alturas. Marcos non estivo na universidade como non estiveron moitos outros igualmente válidos. Como tamén é certo que outros entraron con todo merecemento, e que outros tantos que aínda están entraron dun xeito espúreo, sen un concurso competitivo de méritos ou sen pasar unha dura oposición con diversos aspirantes. Quizais disto último o profesor universitario Paz saiba algo.
Non nos enredemos nun xa foi.
Marcos Valcarcel, como outros moitos, están satisfeitos con que os seus correos acaben en edu.xunta.es e non sei se lles fai o cu gaseosa –iso só lle pasa aos imbéciles- con que rematen en .usc ou .uvi, por exemplo. Porque sabe el, e sabemos todos, que o que din aquí "matiz" é certo. Hai xente marabillosa aquí e alá. E zotes de capirtorote ata debaixo das pedras. Que se vive mellor de profe universitario -full time, non asociado- sobre todo na posibilidade de dedicarse á investigación parece claro. Pero hai moita vida fóra. Por exemplo, a dinamización da vida cultural dunha cidade depende, como ben nos ensina o caso de Ourense, moito máis dun activo tecido socio-cultural que dunha institución de ensino superior. A época do ensino medio, é fundamental na vida dos rapaces e rapazas, e é un pracer estar en contacto cuns mozos emerxentes nesta etapa fundamental. Os profesores de ensino medio non son frustrados profesores universitarios –iso só lle pasa aos imbéciles e acomplexados. Creo que por respecto ao webmaster, a moita honra catedrático de galego no ensino medio, por oposición, hai trece anos, debemos deixar esta cousiña pequena sobre o lugar onde gaña cada un os garavanzos.
Vaia. Polo que se comenta, algús funcionarios do ensino precisan de un esforzo especial pra lembrar que hai vida fora do seu mundiño, como aos médicos lles costa lembrar que hai vida fora dos hospitáis.
Meu Deus.
De pequenos, estructúrannos a vida por "cursos". Primeiro, Segundo, Terceiro...aprobar, suspender. Si suspendes, é un ano "perdido" da vida. A vida percibida como unha escaleira. Non nos permiten facer a nosa propia "estructuración" vital. Moitos, non consiguen desembarazarse nunca de esa "comedura de coco" mental, dos escalós que outros definiron: masters, doctorados, oposiciós...Meu Deus. Canto me alegro de terme votado fora a tempo. Respírase mellor.
Dacoba: E a min, que me parece que só hai vida fóra do meu traballo...
Saúdos, e desculpa polo interrupto d'onte.
Non, disculpe vostede por non poder ,naquel momento, tomar algo na súa compaña, que é o que me tería prestado.
Anduven algo falto de reflexos. Tería que terlle dito que me esperaran un anaco, e invitalos a cear por aí.
Dacoba: Nin pense por un momento iso. Faga favor. Viñamos do odontólogo e iamos comprar zapatos, ao Couto.
Fomos despois aos viños, ao pincho do "Montecarlo" e ao prato de cocido do "Manolo Facha", vello e bo amigo meu.
Somos nós os que tiñamos que ter chamado, mais ás veces non se dá no certo.
Ouviu? Veña hoxe por Allariz, se quixer, Vde. e máis a súa señora. Podemos apañar unha bebedeira técnica de grao medio...
Un grande abrazo!
P.D.:(Encontro de menos a Arume & Delapierre).
Publicar un comentario