Un corazón,
de XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR
El Correo Gallego 18-11-08
Erguinme moi cedo e coas ideas amarradas, para que todo saíse ben no momento de sentar diante destas teclas, que agora se me encerellan completamente. Escribín o título antes de nada, rápido e sen pensalo, porque se refire a Marcos Valcárcel, un recolector de estrelas, de Historia e de palabras e porque Marcos é sobre todo un corazón. Mais o resto do escrito que tamén vai tratar del, rómpeseme constantemente cando parece que quere arrincar.
Quixen prender o fío pola xoiaría familiar ao lembrar a primeira vez que entrei alí. E levaba bo camiño, porque Marcos sempre fixo talla doce sobre aceiros e cobres de papel e de luz de pantalla. Creo que toda esa teima naceu de imitar o pulido do ouro no taller da casa, visto cada día durante a infancia. Marcos lixa e almacena o tempo e as palabras e cando os demais tirabamos coios na rúa, que temperan tamén o carácter, mais doutro xeito, el seguramente se metese para dentro, para buscar a paz e a dozura, á beira do buril e do foco do pai, até acabar converténdose en alfaia de tanto velas facerse. Sendo adolescentes en Compostela regalounos aos máis próximos o candor da súa forza sen conto, que xa daquela consistía en saber reunir o disperso e en procurar a medición ordenada para proclamar Galicia e destrozar o tirano. Sen berro ningún de quen nunca os soubo botar, nin daquela nin nunca.
Eu convídoos a que busquen a súa obra. A que está á vista, todos os días no Galicia Hoxe, o xornal irmán de EL CORREO GALLEGO; en La Región; en calquera dos seus libros e no seu blog que se chama As Uvas Na Solaina, a principal referencia do galeguismo en Internet.
Un grande corazón que impulsa e transporta, desde o pasado para o porvir deste país, e desde a sombra para o entendemento e o amor. Non lle coñezo a outra obra, a do erudito e coleccionista paciente. Tenme falado dela nos cálidos días en que nos retratabamos xuntos e sei que en Ourense hai casas enteiras de arquivos de papel que pola lúcida escolla constitúen talvez a notaría máis importante da Historia de Galicia do último medio século. E todo porque Marcos Valcárcel é tan grande como imprescindíbel.
(Do xefe desta casa: graciñas tamén a Xosé Manuel Sarille con quen compartín tantas cousas e de quen aprendín outras moitas. Menos mal que estes días non saio de casa, porque parecería un semáforo en vermello andante)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
34 comentarios:
Para Marcos Valcarcel
Quería sumarme á túa homenaxe polo menos de xeito virtual, malia que hai cousas coas que non concordo, a vida é iso, o certo é que unha persoa coma ti merece un recoñecemento.
Facer de Galiza o xeito de ser no mundo, sempre merecerá unha homenaxe. Facer da cultura galega unha tarefa e unha construcción constante é o mellor xeito de facer país, de sementar futuros.
Insisto, os meus sinceiros parabéns, e desexándote todo o mellor.
XM Pacho
Fermoso texto de Sarille. Parabéns ao retratista e ao retratado.
Eu, fogo fatuo e anónimo recalcitrante, aínda que só sexa polas veces que teño andado por aquí meténdome (inocentemente, sen malicia, sen acritude, sen animadversión, angelitos míos) cos contertulios solainescos fixos ou a soldo fixo do dono das Uvas, polo respeito intelectual que me merece a sua persoa e a sua obra (fóra as discrepancias circunstanciais e esas entelequias que acostumamos inventar para mantermos a tensión dialéctica tan necesaria a todo malviver) e pola conferencia que o autor de PÉ DAS BURGAS dera na Casa da Cultura da miña vila sobre Marcial Suárez, súmome tamén, desde a distancia xeográfica, á homenaxe a Marcos Valcárcel. Que conste que se trata das primeiras palabras en serio que teño escrito aquí.
E coa mesma lisco para os sótanos do anonimato ameazando con reaparecer no momento menos pensado co látego ou co bimbio de mallar e do que non se librará nen o pripio don Marcos. Unha cousa non quita a outra.
Votar para que quiten do diccionario a definición ultraxante de "galego" :
http://www.vivamoscomogalegos.com/
A lingua non a fai o diccionario.
O senso ás palabras dallos a xente.
O que hai é que proceder de tal xeito que a palabra perda o senso.
O outro é matar ao mensaxeiro.
Don Xoan é vostede demasiado xenial: é galego.*
*Galego, a: adx. dise do/a tío/a de puta madre que sabe de todo, cun talento descomunal para as linguas, as ciencias e para as complexidades do propio idioma.
Entrevista en Galicia Hoxe a:
Bautista Alvarez
Despediuse da presidencia da Unión do Povo Galego (UPG) o domingo e non o bota de menos. "En absoluto". Seguirá traballando desde a fundación que leva o seu nome "para contribuír doutra maneira ao proxecto político defendido pola UPG". Considera que o partido "queda ben", que os problemas no BNG deben debaterse internamente e que o debate lingüístico actual obedece a uns "badocos" que "odian o galego".
Como queda agora a UPG?
Queda moi ben, igual que estaba.
Moi distinto a cando comezou?
Son os tempos os que cambian. Cando nós empezamos a militar era nunha ditadura e as accións corrían moito risco. Ese aspecto está eliminado. Existen outros perigos, por exemplo a integración dentro do sistema.
Como valora a actuación do BNG no goberno da Xunta?
Hai que estar alerta para que os obxectivos finais que nós perseguimos non se desvirtúen nin se desvíen por tácticas eventuais. Todos os militantes deben estar alerta para corrixir os posibles desvios.
O paso polo goberno era unha responsabilidade que había que asumir. Non se podía prolongar a agonía do goberno conservador que veu dirixindo o noso país desde practicamente 1981 e que deixou ermo competencias que poderían ser asumidas por nós. Non se podía consentir, e o BNG asumiu a súa responsabilidade nese momento, que era acabar con esa situación política. Nese sentido, o balance non é positivo nin negativo, era unha responsabilidade do nacionalismo.
E de momento, estase a facer ben?
Hai problemas, pero hai que ter en conta que é positivo o resultado. Non hai perfección suma. Hai moitas cousas que corrixir pero temos que facelo internamente, son cousas que temos que discutir entre a militancia, non a través da opinión pública.
O obxectivo da autodeterminación segue estando presente?
Unha organización que se chama nacionalista ten que defender o dereito de autodeterminación, porque senón é unha falsidade. Na política, efectivamente, hai moitas falsidades que estamos vendo continuamente. Por exemplo, como se pode entender que un partido que se chama Partido Socialista Obreiro Español pode dicir que non hai unha alternativa ao libremercado? Iso é contraditorio cunha definición de socialista.
As malas linguas din que vostede marchou non por razóns de idade senón por desacordo coa actuación do BNG.
Non fago caso das malas linguas, só acredito das linguas boas. Traéme sen coidado. Non é por iso, aparteime eu porque hai certas funcións que resultan difíciles a certa idade.
Ve factible que se poida contar cun Estatuto de nación?
Claro, pero é que ademais hai competencias que están establecidas no Estatuto actual e que non se están a desenvolver, por exemplo a comarcalización de Galiza ou a Policía Autonómica. Estamos reclamando o tráfico e a quen llo imos entregar? Aos voluntarios de Protección Civil? Ou a Garda Civil ou a Policía Española? Porque aquí Policía Autonómica non hai, é Policía Nacional Adscrita, que depende orgánica e disciplinariamente do Ministerio do Interior e funcionalmente da comunidade á que presta os seus servizos, coa particularidade de que hai que pagala a medias.
Empiricamente son contrapostas a autonomía e a autodeterminación, pero temos que xogar no campo que nos marcou o sistema, mentras non teñamos posibilidade de cambialo.
Un dos temas obxecto de debate é o lingüístico. Non ten medo de que chegue a callar na sociedade a mensaxe de que o castelán está en perigo?
Dáme a risa. Eu sempre cito unha anécdota, que é como nunha planta dun centro comercial en Ourense só hai dúas tendas con nomes en castelán, o resto está en inglés, así está a situación. Aqueles que falan do perigo do español pola invasión do galego serían fusilables, tómannos por parvos. E unha ofensa que nos están facendo aos que defendemos o noso idioma. Estes individuos teñen complexo de badocos. Odian o galego.
Melloraron as relacións entre Galicia e o Estado tras a marcha do PP?
Son iguais, pero o PSOE non pode ter a soberbia que viña utilizando naqueles momentos en que contaba con maioría absoluta.
Que opina do apoio do BNG aos Presupostos Xerais do Estado para 2009?
Paréceme ben sempre que se cumpran as promesas, porque está demostrado que se teñen feito moitas e despois non se levaron á práctica. Teño bastante desconfianza, pero a responsabilidade sería daquel que incumpre os seus pactos e non nosa.
Que perspectivas lle teñen as vindeiras eleccións galegas?
Non teño perspectivas, non son profeta. Quero que haxa un incremento importante do nacionalismo pero os desexos non se poden confundir coa realidade. Iso non se sabe nunca.
Parece raro que unha persoa con estas inquedanzas e estas opinións e, sobre todo, con este xeito de expresalas presidira un partido político non só con aspiracións de goberno senón con pretensión de representatividade.
A linguaxe é o reflexo da mente. linguaxe- dinosaurio implica pensamento-dinosaurio.
Este dinosaurio dura máis que o Fraga.
Tiven, de todas formas, que ir ao xornal para ver se a frase "Aqueles que falan do perigo do español pola invasión do galego serían fusilables, tómannos por parvos" era certa, porque entre outras cousas resulta sintácticamente incomprensible. Pero se é verdade (e, xa digo, póñoo en grande dúbida) e foi pronunciada, pois en fin. Pouco hai que engadir.
Coincide bastante a descrición que fai Sarille de Marcos Valcárcel coa que imaxe que teño del, eu que non o coñezo.
Súmome, na distancia, a esa homenaxe merecida, con desexos de longa vida para As Uvas na Solaina .
Tio non me coñeces, pero eu a tí si... ser ourensana e historiadora é o que ten: tires do fío que tires, sempre acabarás atopando a Marcos Valcarcel
Súmome dende aquí a esa merecidísima homenaxe
MOITO ÁNIMO MARCOS!
Unha aperta!
Se ten mantido conversas con xente de ese perfil, Arume dos Piñeiros, saberá que ese adxectivo ,"fusilable", forma parte do seu argot, pra definir un certo tipo de persoa.
Eu creo que son psicoanalizables, o propio termo, e o "acto fallido" de telo usado nunha entrevista coa prensa. Que o faga algún experto.
Dinosaurio non son, afusilar ao inimigo non mo pide o corpo, linguaxe non é que teña moita pero algunha aínda teño, pensamento cero redondo. Non sei como teño que entender o seu "implicamento", señor Dacobra.
Por exemplo, Da Coba e eu, por motivos distintos do que o dí o comunista da UPG, observen que digo comunista co mesmo asco que digo facha, somos fusilables.
E non é por que coñeza ó Da Coba, miña xoia, que é un bendito o meu carón, senón por que somos capaces de escribir que Bautista Alvarez na historia da Nosa Terra, será unha anécdota.
Non son UPG nin sequera a día de hoxe do Bloque, pero oínlle a bautista Álvarez dicir que, polas súas ideas, non estaba disposto a verter unha pinga de sangue que non fose do propio. Paréceme moito afirmar que ninguén se vai lembrar dun fundador (o que seguiu ata o final) do partido máis antigo da historia de Galicia. Non son comunista nin marxista nin leninista. Nada máis que galeguista e non sei se de esquerdas ou de Viladomedio.
O Bautista fala así; pero só fala. A risco de ser fusilado, atrévome a dicir que sería é tempo potencial. E que o Leituga 1 escribiu aquí un día que, a pesar de nacionalista, eu non sería fusilable.
P.D.: Xaora, o Leituga dicíao coa sorna por veces adoitada, e tamén con boa lei. Eu respondín en forma similar (seguramente menos expresiva). E rematamos intercambiando aperta virtual.
P.D.: Cando os andaluces din "Me cago en tu padre", non hai que tomárllelo habitualmente en sentido literal. Bautista Álvarez non é un bolxevique sedento de sangue. É un velliño, dito sexa con todo o respecto.
E teñan boa noite.
Anónimo das 07:10:00 PM: Podía falar consigo? Grazas.
galeguistas@yahoo.com
Non cabe dúbida da compoñente coloquial dos termos, tanto nun caso como noutro, aínda que, a dicir verdade, o de fusilar semella un pouco máis cruento que o de cagar.
Pero como escoitador de frases así, déixenme manifestar o meu desagrado profundo. A min polo menos non me fai nin fucking gracia.
Máis que reflexionar sobre as sesudas verbas de despedida de Bautista Álvarez, que evidencian ben ás claras o que hai e como nos vai (xa que a fin de contas presidía un partido con certo poder, v. gr.: dous conselleiros na Xunta), quero subscribir tamén as belidas palabras do artigo de Sarille e darlle tamén unha forte aperta ao homenaxeado dende a distancia. Recollendo o herdo da máis cabal, tolerante e ilustrada tradición galeguista coa que Marcos se identifica plenamente, só se pode dicir unha cousa: Marcos Valcárcel é un dos poucos bos e xenerosos que coñezo. E xente coma el é dos que nos fan sentir que a cultura galega é algo polo que paga a pena loitar e sentirse orgulloso.
Eu, disimulen a crúa franqueza, teño a sospeita de que BA está, dun tempo a esta parte, a sufrir unha galopante regresión senil que o leva a dicir moitas, demasiadas, parvadas e a que lle saia a conseguinte mala hostia.
Ben demitido está e, polo ben do BNG, mellor faría en non volver abrir a boca nin coller a pruma, de tan velenosa que se lle puxo (Cfr. os dous últimos números de Terra e Tempo), pois non respecta nin aos propios membros do seu partido (Rubén Cela, por exemplo).
Vaia, Isildur, acábame de facer unha pequena faena. Xa lle contarei.
Tranqui, Jacques, que é inevitable que o diga todo o mundo, de tal certo que é.
Apicultor, non me negará que o artigo sobre aparellos sexiais de BA non é ben gracioso. O home, aínda que algo barroco, escribir sabe.
A min non me fixo puta gracia.
Fermoso tamén o artigo de Xaime Dapena en Xornal.com
Sería bo que o colgasen aquí.
Marcos Valcárcel
XAIME DA PENA
Avogado e galeguista.
(Xornal.com, Viernes, 21 de noviembre de 2008)
Un que xa nos se vos emociona por case nada, que debulla na realidade, anota as contradiccións e denuncia todo aquelo que un home pode denunciar, e que nin se ocorre endereza-lo dereito pensa que poucas persoas da nosa terra, quizabes se contan cos dedos dunha man, merecen unha homenaxe coma a que o día 29 se lle vai a dar a Marcos Valcarcel en Ourense.
Sei que nestes días somos moitos, e en tódolos medios posibles os que nos sumamos a esta celebración, que constata a profunda admiración pública que sentimos por este ourensán sabio.
Cada un de nós, ben polo coñecemento directo da súa persoa ou pola súa obra, facemos unha aproximación do Marcos historiador erudito, do escritor pulcro e cosmopolita, do conferenciante exuberante, do profundo coñecedor do galeguismo e dos galeguistas e que día a día, achega a achega, vaite vernizando ata te sentires un privilexiado de ser galego, da túa cultura e do teu país.
Cando Pondal xuntou os dous cualificativos de Bó e Xeneroso, non podía pensar en Marcos Valcárcel, pero o noso amigo, o máis famoso vendimador da rede, o patrón DAS UVAS NA SOLAINA, é especialista en facerte sentir ben, transmíteche a paz xusta para exprimirte no debate, ca seguridade de que sempre che vai axudar para non retirarte derrotado e erguerte o día seguinte para segui-la análise, que é preciso que continúe para illa-la incultura e a soberbia discriminadora.
Marcos tamén ten todo aquelo que sempre quixemos do noso pai e para o noso fillo, a tolerancia suficiente para que te comprenda nun extremo e un sorriso cómplice despois dunha zoupada, !vas caer¡, pero con eso non se nace, eso faise o longo de cincuenta anos, día a día, lectura a lectura e artigo a artigo, e de aí ese bendito respecto profesoral que lle temos os seus okupas, e como dicía o outro senón existira habería que fabricalo. Nós témolo, disfrutémolo.
De Lugo chega un fermosímo e atinadísimo artigo do bo amigo Xaime da Pena. Parabéns.
(Tal como me dixo un paxariño, en terras luguesas, cando menos, aínda se ha publicar outro extraordinario texto en El Progreso dentro dunha semana. Permacezan atentos)
Non podo ir a Ourense o 29, tiña un compromiso previo e o coche de novo no taller :-P Pero agardo con impaciencia na cidade das murallas a conferencia sobre prensa cultural galega de 1875 a 1931 do próximo xoves 27. (Espero que non haxa cambios no programa).
¿Este Bautista Alvarez é o paciente fuxido da Unitat de Psquiatria Geriatrica (UPG) do Hospital Central de Barcelona?
Lourixe remata de romperme o corazón o dicir que non ven a Ourense. Pensaba declarárlleme alí, a carón das Burgas.
Comparto a desilusión de Delapierre diante da idea de non vermos a Lourixe, ese vulcano enceso en Ourense. En todo caso, bicos mil para ela.
A teoria da regresion senil é interesante, apicultor. Mais como seique nuns meses saira a rua un magnifico ensaio onde se analisa a evolucion recente do BNG, reservome para despois de o ler para entrar en detalles. Ando, por certo, pola cidade onde mora o seu cunhado e onde os teclados non tenhen a enhe, o que me obriga a un reintegracionismo de palleiro. Polo demais, o artigo de Xaime da Pena fai igualmente xustiza a Marcos, asi que non podo menos que concordar con el e darlle os meus parabens.
Ah, qué sorte ten de estar nesa fermosísima cidade, un non se cansa nunca de percorrela. Déalle saúdos a A., que aínda hai pouco estivo aquí e que logo volverá para o Nadal.
Publicar un comentario