4 dic. 2008


ANDOLIÑA xoves 4 decembro
UN TAXISTA

A pasada semana, entre os días 25 e 28, tivo lugar en Lugo, na Facultade de Humanidades, un importante congreso internacional sobre “Literatura Hispánica e prensa periódica (1875-1931)”. Baste dicir que no programa figuraban personalidades de primeira fila da historia cultural como Jean-François Botrel, Dru Dougherty ou Yvan Lissorgues, entre outras. Para min foi unha honra participar como poñente falando da prensa cultural galega nese período e alegreime de acudir a Lugo para saudar en persoa a amigos de vello como Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco, que me convidaban. A conferencia debeu gustar, a xulgar polos aplausos finais, e todos contentos.
Veunos buscar a Auria, a María e a min, un taxista de Compostela. Xa foi agradable subir ó taxi e escoitar música clásica, suave, de fondo. E logo o seu falar pausado, relaxante. De ida e volta, houbo tempo para todo: falamos da familia e dos fillos, da saúde e das reviravoltas da vida, da crise e do traballo, etc. El é un antigo contable que tivo que coller o taxi ó pechar a empresa na que levaba anos. Falar con el foi un milagre de empatía e comunicación: alegroume aínda máis o día. Dende aquí un agarimoso saúdo ó meu novo amigo taxista.

26 comentarios:

Espectáculos Medela S.L. dijo...

Caro don {1} Marcos: Seica algúns dos concelleiros non adscritos da corporación municipal de Stonehenge (Amesbury-Comunidade Autónoma de Inglaterra-UK) andan adoecidos por realizar –xa- o terceiro dos chamados contubernios. Eses re-peiteados cabaleiros da Nada, en afortunada expresión do webmaster deste portal, si home, ese noso profesor que fabrica licor-café, esa espectral cuadrilla digo, que malia o seu nebuloso aspecto non esquecen as artes do bo comer e mellor beber… Xa me perdo. Ao conto, don Marcos. Ehhhhhhhhh, pois que andan xa a tratar de se xuntaren para… Pois, na verdade, non lle sei para que.
Porque…Ouviu, doutor: A consigna para conspirar pasa disfrazadamente duns para os outros, de boca pequena e con ollares de esguello. E lévanlle días a teimar con iso.
E penso que Vde., meu capitão, tiña de marcar o lugar de encontro.
Para lle facilitar a difícil tarea contubernial, pensei nalgúns lugares emblemáticos para todos nós, e de preferencia, equidistantes para que todos os fantasmáticos cabaleiros puideren achegarse sen abandonaren por demasiado tempo as súas quintas. Nunca se sabe, don Marcos, nunca se sabe. Como dicía aquel meu veciño de Lobeira (que Deus o descanse, ex – divisionario nas xélidas estepas de Leningrado: “Aquí, todos os males comezaron cando Fraga se fixo comunista”.
Ben. Escolla, vosa excelencia, lugar para o contubernio.
*Allariz
*Celanova
*Olás de Vilariño (A Merca)
*Nukus (Karakalpakstan) {2}
*Castrillo de los Polvazares (Alén do Padornelo)
*Tulsa (Oklahoma) {3}
*A Estrada

Todos os confrades aplauden a idea de Vde. escoller ubicación. De resto, son feliz de verificar a inmunidade de todos eles/as no que respecta aos taimados e traizoeiros ataques do ácido úrico, colesterol, hipertensión, gota e todo o tipo de doenzas relacionadas coa vida sedentaria, que sen excepción, observan fanaticamente, sen concesións.

Por en canto, máis nada, profesor.
Seu,

Júlio Medela de Lobeira

Notas:
{1}.: Reivindico a paternidade no uso da expresión ‘don Marcos’.
{2}.: Coñezo unha señora que aluga cuartos en Nukus. Non hai caso. Reservar con anticipación, por se celebrar o concurso anual de Miss Uzbekistán.
{3}.: Posible coincidencia coa conferencia anual norteamericana do Ku Klux Klan e/ou Hell’s Angels.

medela costoya-camoeiras dijo...

Ehem.
Don Marcos: Xa que fala Vde. en música clásica, que lle parece se para amenizar o contubernio contratamos os clásicos dos clásicos, o clasicismo en estado puro, a ortodoxia clásica, os, como eran, si, home... Ah, si, o chamado "Dúo Gala".
Non me negará que son clásicos. O noso querido espectro Arume dos Piñeiros tiña todas as súas cassettes. E paraba en todas as bombas de gasolina, tendas-bar e similares para procurar nos expositores.
Nada, don Marcos, só ten que dicilo.

arume dos piñeiros dijo...

A min unha persoa moi fiable díxome que foi todo un éxito a sùa intervención en Lugo. Que foi o mellor que alí se escoitou. E xuro que non o coñecía a vostede de antes.

xuliodrabal dijo...

Che, che, cheeeeeeeeeee, pare o carro Medela, que remedio, teño que apandar cós meus actos, pero non é meu -xa quixera- o de acuñar ós Solanistas de “repeinados fillos da nada”, se fose Siberia, xa sabe onde o mandaba. Eu impóñolle unha penitencia, xenerosa, releelo blog dende o ano I - primeira entrada alá coido polo 6 marzo 2006- ata que atope ó autor de tal marca, cando o saiba non teño reparo ningún en agasallalo cunha botella de líquido clandestino da vindeira colleita.
E adiante coa contratación da orquestra, onde vai a anga, que vaia tamén o caldeiro.

Repeinado e sen nada dijo...

Metela pedirá perdón.

E se non, as aguias virán a lle arrincar os ollos. A lle arricnar os ollos. Pide perdón. A lle arricnar os ollos.

(Xaime Xocas. Retrato do artista cando novo)

Xosé M. González dijo...

A min, con isto, pasoume isto. No título, a palabra Pedreiras debía ir con maiúscula, porque é un barrio, antigo lugar, a carón do Campus. Na edición en papel do xoves saíu ben.

medela o la fuerza del sino dijo...

Exterminio!!!
Destrucción!!!
Perezca la raza humana!!!
Infierno: Abre tu boca y trágame!!!

Pido inmensas desculpas. Lamento inmenso ter atribuído esa xenial frase ao meu tocaio Xulio, despoxando o seu lexítimo autor da merecida gloria.
Iso demostra, de todo o modo, o aprecio que teño ao alquimista celanovense do licor-café, pola adscrición automática, digo.
Acepto sumiso e gustosamente a horrible penitencia imposta.
Viva Chihuahua!!!

Viña Pederneira dijo...

Viña Pederneira ten a inmensa honra de manifestar o seu máximo orgullo por ter tinguido a indumenta medeliá en ocasión tan grande coma a homenaxe a don Marcos. A uva mencía laboriosamente traballada nos nosos socalcos nunca atopou nin atopará destino máis honorable que rematar ciscado polas perneiras ilustres do Cervantes de Lobeira.

arume dos piñeiros dijo...

Non lle falta razón, señor Saavedra: é lamentación extensible a outros moitos lugares.

Anónimo dijo...

Xa, Medela, pero iso non é todo do que ten que escusarse e pedir perdón. Cita vostede Allariz en primeiro lugar como receptáculo do seguinte contubernio. Nin se lle ocurra, señor Medela. Vaian buscando outro sitio, se non queren verse envoltos en problemas de orde "espectracular". Allariz non se presta a contubernios, conspiracións, aquelarres, pautos do demo, cónclaves espurios, fumatas alucinóxenas e demais dispendios e manifestacións mais propias do espírito destrutivo que dos bons costumes. Espero que sexa vostede un bon entendedor. Relémbrolle que en Allariz aínda se conservan "vivas" as covas da Inquisición, que non están nada mal para pasar unha temporadiña. Como veñades, o primeiro que vai papar cova, como non podía ser menos, é o físico e poeta Xan da Cova. E detrás del, os demais. Pénseo ben, señor Medela, aínda están a tempo de evitar o pior.

Torcuato Medela (non becario) dijo...

Élle certo, Viña Pederneira. O meu fato Doce Galvana, e máis a garavata son, xunto á famosa blusa da señorita Lewinsky e a o fémur-reliquia de San Torcuato, conservado en caixa de prata no pazo dos Lamas de Santabaia (Lobeira), auténticos iconos pop.
Non se extrañe se ouve falar deles nalgunha poxa.
Cumprimentos.-

medela galeguista dijo...

Zane Grey, Pederneira, Zane Grey.
Cervantes era un sanabrés profundamente antigaleguista, sen ánimo de ofender a ninguén!!!!

Iván Ilich Medela dijo...

Sr. Anónimo vie dic 05, 04:04:00 PM: Alén de ter Vde. toda a razón, escribe vossa excelência de modo extraordinario. De aí o certo temor reverencial co que escribo.

Ten razón, digo, porque aínda este verán, co cándido propósito de saber quen viña sendo o invólucro carnal de Marcel Swann e máis Arxides, vinme envolvido nun sarillo cuxa consecuencia máis levadoira foi unha discusión a berros (na miña rúa) cun allaricense que máis que amigo é como un irmán.

Pronto.

De todo o modo, que terá de pernicioso o xuntármonos, visitarmos a casa de don Vicente Risco, apañar unha media bimba na sesión vermouth, rematar a bimba nunha comida pantagruélico-litúrxica, sesión fotográfica...
Garanto actuación de pandeireteiras (miña filla entre elas) e... Aínda hoxe, en Ourense, un amigo me besbellou no ouvido esquerdo a posibilidade de asistencia de grupo musical.

O físico-poeta-posnuclear-presentador de TV-dandy-profesor de linguas africanas-guitarrista pop-pianista-Livingstone da psicodelia, etc., Xoán da Cova para os amigos, élle ben coñecido en Allariz. Non hai caso.

mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm

De todo o modo, a posibilidade de que o inferno se abrise no barrio de Socastelo e que nos engolise a todos... Non está de todo mal.

Cumprimentos, Anónimo.-

Interpol dijo...

Hai indicios de que os atracadores puideron ser os do contuberio: o chefe da banda tiña acento lobeirán.

París, 5 dic (EFE).- Las autoridades de Francia sospechan de un grupo de delincuentes "muy profesional" como autor material del robo más importante de la historia de Francia, cometido por cuatro hombres que desvalijaron la lujosa joyería parisina Harry Winston, llevándose un botín valorado en unos 85 millones de euros.

Moito ollo, Medela!

Medela perseguido por Interpol dijo...



AÍNDA BEN QUE

DANIELA ROMO

DEFENDE A MIÑA CÁNDIDA INOCENCIA"

Radio Lobeira/Dedicatorias dijo...

Para o meu amigo - irmán técnico en grao medio - místico e hiperestésico Lobo Neghro, que está en Madrid a tirar o título superior de mestre en hatha yoga.


RADIO LOBEIRA
ONDA LEBOREIRO
SECCIÓN DEDICATORIAS

que mal me sabe dijo...

Medela, deixe a Pink Floyd, tire para abaixo, ata chegar a NO BLOGOMOGOLLÓN, consulte o Fío "Sublime Valcárcel onte en Ourense" e xa verá como esas bestas de Arroutadas están atacando sin "piedá" ao amigo Arume. Faga algo, acuda na sua defensa, chámelle "inorantes" a esas bestas, solidarícese cando menos con el, eu que sei o que pode facer. Ao que estamos chegando os que nos debéramos tratar como irmáns. Xa non hai respeto nin xustiza no mundo.

Macbeth Medela dijo...

Que?????????
Eu sonlle moi desaxeitado para todo, especialmente para a Internet.
Pode deixar aquí enlace directo a iso que Vde. di??
Grazas.-

que mal me sabe dijo...

Eu para estas cousas aínda lle son pior que vostede, señor Medela. Así e todo...

Vaia ao principio de todo, verá que o que primeiro figura é o artigo de Méndez Ferrín, baixe ao seguinte e verá que é AZPEITIA, MEDO, DESCONCERTO, logo ven o de VIDEO RESUME PRODUCIDO POR EDUARDO NÚÑEZ, etc, etc. Siga baixando, baixando, e chegará a NO BLOGOMOGOLLÓN. Alí hai varios fíos, busque o de "Sublime Valcárcel onte en Ourense" (Foro Arroutadas) e vostede mesmo xulgará a catadura deses desalmados.

É increíble o que esas alimañas lle están facendo ao noso bendito ou Benedito Arume XVI. Non o tome a coña, que a cousa vaille en serio. Cada día dame mais noxo o que hai que ler por aí adiante. A xente pensa que libertá de expresión é atacer salvaxemente a unha boa persoa. Estou ata o carallo desta democracia, desta dictadura da inorancia. Que maneira de cebarse co noso amigo. Non sei se non chegaría o momento de convocar excepcionalmente a todas as forzas da Solaina e ir contra eses mentecatos. Se hai que queimar as naves, queimanse. Perdoe a rabia e a incontinencia, pero é que a min estas cousas póñenme adoecido.

Saudos.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Non ho, non. Está ben. É divertido. Completamente inocuo.

xdc dijo...

A mín tamén mo parecéu, Arume dP. Por eso non agucéi a navalla.

Como di un, que hasta creo que anda por aiquí, non vou decir quén penso que é: "Dóuche tres navalladas de ventaxa".

a luchar por nuestra bandera dijo...

Macbeth de Lobeira: ¡A las armas! ¡El honor te llama! ¡Hay que vengar a nuestro querido hermano ultrajado por la barbarie cejijunta! ¡Que no se diga de nosotros que somos unos cobardes y que huimos ante el enemigo ¡Empuña la espada y a batirse con esos sarracenos o sarracerdos arroutados! ¡Seremos los primeiros en caer con gloria por don Marcos y la Solaina! ¡Adelante, caballero de Lobeira, en ti están deposiotados nuestros anhelos de victoria! ¡Muerte a la ignorancia! ¡Venguemos a don Arume de los pinos! ¡Que se arrastren como sabandijas y saboreen el fango de la derrota esos inhóspitos vecinos!

medela é primo de Arume dijo...

Veño da casa dun dos meus asesores en materia espectro-cibernética, que me amosou o 'debate'.
E estou con Dacoba.
Sabe qué pasa, caro 'Que mal me sabe'???
Que o dito portal de Arroutadas non está pronto para persoas como o meu primo Arume.
Do resto, nada importante, penso. Si, talvez a polémica pola autoría dalgún texo.
Por favor: Imaxine a Arume na festa patronal de Xermade (Terra Chá), chegando á verbena de 'ganchete' con Laura Antonelli e Elisabeth Hurley. Imaxine, señor, o noso querido espectro solicitando un cubata de Veterano, no bar da comisión. Imaxine, por fin, ambas as bonitas walkirias, cada unha do seu lado, esperando por el en canto lle manda apenas un grolo á brevaxe.
Imaxine que os tres se meten novamente no Talbot Matra de tres asentos dianteiros, cor verde radón, e arrincan para outros lares, dando pión no torreiro, levantando poeira...
Como Arume é pitiminí, de boa (e descoñecida na comarca) familia, fuma rubio e leva a faldra da camisa por fóra, sen lle dar importancia... A semente do odio fica sementada.
Á próxima, liorta segura.
Viva Arume!!!
Viva Chihuahua!!!

P.D.: Iso foi o que aconteceu na cibernética verbena amenizada pola orquestra "Arroutadas". E penso que precisamos de urxente contubernio.

Medela a escachar dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Anónimo {sáb dic 06, 02:30:00 PM}
é super-mega-giga-tera GOD!!!!!!!!!
jajajajajajajajajajajajajajajajaja

De todo o modo, quería puxar polas orellas ao meu primo Arume: Como sabe que ten -sempre- grandes posibilidades de gañar, adora meterse en sarillos!!!!

Anónimo, esta frase: "¡Hay que vengar a nuestro querido hermano ultrajado por la barbarie cejijunta!" non a melloraba o tío avó dunha miña amiga... Millán Astray, se chamaba o individuo.-

Macbeth Zumosol Medela dijo...

Servidor e máis o seu primo Arume dos Piñeiros, prontos para desenmascarar, combater e aniquilar os ocultos e felóns inimigos das Uvas e máis a Patria {galega, of course}. Ambos dous, serios, como é mester en homes -homes, que nunca rin, excepto nos velorios.
AVISO PARA NAVEGANTES




http://www.panoramio.com/photo/16615983

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Faltoulle dicir o da Parrillada San Lorenzo, pero vostede cóntao mellor ca min.

Hai tempo que non temos noticias de Kyra. Que será dela?

E non estamos serios: contidos, estamos contidos, Medela.