Morre Huntington, autor de 'O choque de civilizacións'
O politólogo estadounidense faleceu o pasado 24 decembro, segundo anuncia a Universidade de Harvard na súa páxina web
ELPAÍS.com - Madrid - 27/12/2008
O politólogo estadounidense faleceu o pasado 24 decembro, segundo anuncia a Universidade de Harvard na súa páxina web
ELPAÍS.com - Madrid - 27/12/2008
ANDOLIÑA luns 12 abril 2004. POR DESGRACIA ACERTARON OS PESIMISTAS
No ano 1258 os mongois, dirixidos por Hulengu, invadiron Bagadade, daquela a cidade máis esplendorosa do mundo. Hai uns meses José Luis Sampedro publicaba a súa novela Los mongoles en Bagdad, partindo deste suceso como metáfora para criticar a guerra de Iraq. Quizais esteamos volvendo ao mundo medieval cando toda a nosa gran historia –o Humanismo, a Ilustración, a Revolución Francesa, as Declaracións de Dereitos- non foi quen de deter tanta estulticia.
Sobre o poder simbólico, pero moi pouco operativo, das Nacións Unidas impúxose a brutal lei da forza, o discurso das mentiras e dos eufemismos cómplices e criminais. Ata as palabras quedaron manchadas: velaí os “ataques preventivos” dos Estados Unidos e as “execucións extraxudiciais” de Israel, estratexias militares que xeneran vinganzas e espirais de violencia que se reproducen vizosas, multiplicando a cada día os seus efectos. Varios intelectuais dialogaron a pasada semana en Madrid arredor da perversión da linguaxe: semella que o uso fascista e totalitario da lingua que denuncia Sami Naïr é xa irreversible. Seica gañou Huntington coa súa teoría do choque de civilizacións: se utilizamos as palabras sen precisión, velaí o concepto de terrorismo islámico, tan simplista, tan descalificador dun mundo cultural e relixioso, ¿podemos laiarnos de que, desde a outra banda, se ofreza unha visión do mundo igualmente falsa e reduccionista?
Por desgracia, tamén nesta hora o discurso do pesimismo foi o da lucidez. Ogallá se equivocasen Sampedro e outros coma el ...
No ano 1258 os mongois, dirixidos por Hulengu, invadiron Bagadade, daquela a cidade máis esplendorosa do mundo. Hai uns meses José Luis Sampedro publicaba a súa novela Los mongoles en Bagdad, partindo deste suceso como metáfora para criticar a guerra de Iraq. Quizais esteamos volvendo ao mundo medieval cando toda a nosa gran historia –o Humanismo, a Ilustración, a Revolución Francesa, as Declaracións de Dereitos- non foi quen de deter tanta estulticia.
Sobre o poder simbólico, pero moi pouco operativo, das Nacións Unidas impúxose a brutal lei da forza, o discurso das mentiras e dos eufemismos cómplices e criminais. Ata as palabras quedaron manchadas: velaí os “ataques preventivos” dos Estados Unidos e as “execucións extraxudiciais” de Israel, estratexias militares que xeneran vinganzas e espirais de violencia que se reproducen vizosas, multiplicando a cada día os seus efectos. Varios intelectuais dialogaron a pasada semana en Madrid arredor da perversión da linguaxe: semella que o uso fascista e totalitario da lingua que denuncia Sami Naïr é xa irreversible. Seica gañou Huntington coa súa teoría do choque de civilizacións: se utilizamos as palabras sen precisión, velaí o concepto de terrorismo islámico, tan simplista, tan descalificador dun mundo cultural e relixioso, ¿podemos laiarnos de que, desde a outra banda, se ofreza unha visión do mundo igualmente falsa e reduccionista?
Por desgracia, tamén nesta hora o discurso do pesimismo foi o da lucidez. Ogallá se equivocasen Sampedro e outros coma el ...
14 comentarios:
Que outro concepto proporía, amigo Marcos, no canto de "terrorismo islamista"?
o ARTIGO NON É DE AGORA, pero quizais houbese que afinar máis: terrorismo integrista islámico?, cando menos...
Aínda que é difícil dar coa palabra axeitada, seguro que vostede sabe outras aplicadas nos estudos de Politoloxía.
Eu creo que terrorismo islamista está ben. Do que se trata é de impor a Sharia a traves da yihad, e impor a Umma global, para o que os seus ulemas ou ayatolás non dubidan en ditar fatwas segundo a interpretación restritiva que fan do Corán.
Todo baseado na relixión.
Eu non tería problemas en que se houbese un movemento cristián qeu quixese -e fixese- colgar aos gays, matar adúlteras, e establecer de novo o dominio que a Igrexa tivo no Antigo Réxime, falar de terrorismo cristianista.
Pero non.
Non me decatara de que o artigo ten catro anos e medio: toda unha eternidade se temos en conta a velocidade coa que se suceden os cambios no mundo actual.
Concordo con Etxe na súa definición. De feito, nos EE.UU. hai grupos fundamentalistas cristiáns que practican -ou practicaron- o terrorismo contra clínicas e hospitais que practicaban abortos, co resultado de varios mortos. Tamén hai o racismo supremacista de base cristián, que fixeron atentados terroristas contra edificios federais, ademais de contra as comunidades negra e xudea.
O mundo está, por desgraza, cheo de terrorismos de todo signo e condición. E si, tamén hai terrorismo de Estado, aínda que este termo se utiliza, ás veces, dun xeito demasiado elástico para xustificar outros terrorismos.
Contra dos que opinan que hai un salvífico "terrorismo dos pobres" contra un maligno "terrorismo dos poderosos" asociado a "terrorismo de Estado", eu detesto por igual os dous. O asunto dá para moito discutir e moito matizar, xaora.
Israel e Palestina na encrucillada
(Galicia hoxe, novembro de 2006)
De todos os estados do planeta, Israel é o único cuxa simple existencia parece que pode ser cuestionada sen maior problema. Fundado por decisión da ONU como refuxio dos sobreviventes do holocausto nazi nun minúsculo recuncho do antigo Imperio Otomano, foi atacado polos seus veciños o día da súa independencia coa explícita vontade de borralo do mapa. Despois de varias guerras abertas e décadas de ataques continuados, Israel segue vivo aínda que con ameazas maiores ca nunca. A derrota na última guerra do Líbano e o feito dos tres reféns militares seguiren secuestrados, marca un punto de inflexión importante e debería ser tamén un inicio de reflexión para todas as partes.
Esta guerra ninguén a pode gañar. Batallas si, pero non a guerra definitiva. Nin os palestinos, que malviven desde hai décadas sen integrar nas sociedades árabes de acollida, teñen ningunha posibilidade de botar os israelís ao mar, nin Israel de vivir tranquilo e en paz na actual situación. A política de man dura que mantén o estado hebreo pode servir para a contención momentánea do problema -garantír o dereito a seguir existindo- pero crea á súa vez problemas en progresión xeométrica. A política de fomento do odio e a lexitimación do radical antixudaísmo -e antioccidentalismo- que apoia boa parte do mundo musulmán -¿que dicir do aberrante concurso de caricaturas sobre o holocausto celebrado en Irán?- só serve para ameazar, incluso, o futuro do mundo que coñecemos. Moitos desexariamos que Irán tivese enerxía nuclear para fins pacíficos como calquera outro país, pero ¿como valoraría o noso sentido común a posesión de armas nucleares en mans de quen exalta os atentados suicidas ou declara querer varrer outro estado do mapa?
E non hai saída entrementres unha das partes non recoñeza o dereito á existencia da outra. Israel deulle á Autoridade Nacional Palestina uns territorios en busca dun interlocutor co que seguir falando. Os amigos dos palestinos e os amigos dos israelís debemos pedirlles que paren xa, se recoñezan, falen e lle dean unha nova oportunidade á paz, mesmo na liña da iniciativa hispano-gala. Por eles, pero tamén por nós, gustaríamos que dominaran voces como as de Hanan Asharawi -¿que foi dela?- ou a de Shlomo Ben Ami.
Perdonade pero eu non concordo co calificativo cabrón e interesado de "islamista". A mín fédeme a imperio e a xustificación.
Os terrorismos veñen tendo todos a mesma raíz. Anque despois lle poñamos etiqueta por o que sexa.
Lembrade que na miña adolescencia, eu tiña un cartaz, ou unha composición de fotos da Banda de Baader Meinhoof dependuradas da parede. Eu considerábame anarquista, e agora sei que pasei por unha fase de fobia social. Nun contexto de pobreza e asoballamente eu sería carne de cañon. E non vos conto máis das miñas radicalidades.
So estas aportacións resumidas para que vos fagades outra idea.Que cada quen compoña a súa.
Tomado da revista "letras libres" xaneiro 2007.
"El perdedor radical. Que alguien ceda, sin explicación aparente, a un impulso homicida y autodestructor es un tema que obsesiona a los especialistas.Pero sus respuestas no convencen a Enzensberger, quien ve en esa violencia una exacerbación del fracaso, una extrema soledad y un ansia loca de reconocimiento..."
Ian Buruma: "La venganza del perdedor. El extremismo es la venganza del perdedor, afirma Ian Buruma en este ensayo, y agrega un factor más al perfil del perdedor radical trazado por H.M. Enzensberger: el factor sexual. El gran masturbador, el matón gay y el déspota marchito serían tres de sus personificaciones más violentas."
Antonio Elorza. "Las raíces del terror. Es fácil explicar el terrorismo como una reacción, "inaceptable pero comprensible", a factores como la globalización y el capitalismo neoliberal. Más complicado es atender variables tan importantes como la ideología, el contexto y la dimensión psicológico-social."...
Penso que detrás de o apelativo "islamista" estáse a simplificar en demasía ou a cargar as tintas no único factor "ideoloxía", ou faise para xustificar os ataques.
Que rentable é o estado de guerra!, chachos. Menos mal que temos a estos para machacalos, senon a quenes escolleríamos?. Inevitablemente: "la guerre de Troie aura lieu".
Con pouco tempo para tema tan de fondo: os uso de -ismos e -istas en casos coma este leva consigo riscos coma o que indica Marcos e algún outro. Vg.: a perspectiva de quen entende que toda Palestina é dos israelís (por concesión divina); que consecuentemente posúen dereito de ocupación e asentamento; verifican a instalación, deféndena con todos os seus medios; cando tales medios non abondan chaman o exército israelí e este acode... sería lícito aplicar para eles o rótulo de terrorismo xudaísta? Se non acae o lexema, múdese por outro máis acaído.
Lexítima defensa
Con ben vítimas colaterais, abofé.
Podemos defender a Israel?
Michel Collon
28/12/08
Entre as moitas mensaxes que me chegan, un pequeno número quere defender a Israel invocando este ou aquel comportamento palestino. Esta é, en poucas verbas, unha resposta breve.
Coido que sempre hai que ir ao punto de partida: Israel é un Estado colonialista que botou aos palestinos da súa terra en 1948. Nega a súa volta, algo que, porén, non sería máis que o respecto dun dereito.
Coas súas colonias, este Estado racista non deixa de practicar a limpeza étnica para continuar aumentando o seu territorio. Viola todas as resolucións da ONU desde hai sesenta anos, sabéndose protexido por Europa e os Estados Unidos. Estes precisan dun xendarme no Medio Oriente para controlar o petróleo. Israel láiase das eventuais armas nucleares dos seus veciños, pero el mesmo conta con duascentas cabezas nucleares, instaladas de xeito totalmente ilegal.
Israel preténdese «a única democracia no Medio Oriente» (como se un réxime de apartheid puidera ser democrático!). Porén, aliados de Israel no Medio Oriente (Arabia Saudita, Kuwait, Exipto...) son abominábeis ditaduras. Ademais, cando os palestinos de Gaza ‘votaron mal’, Israel castigou con bloqueos e ataques sen fin.
Os que critican certos movementos palestinos actuais, esquecen dicir que, anteriormente, Israel fixo todo para destruír os movementos palestinos de esquerdas ou nacionalistas. Negándose sistematicamente a negociar con Arafat toda pretensión en sentido contrario.
Todo isto pode ser probado por estudos de historiadores (sobre todo israelís), declaracións de todos os máximos dirixentes sionistas e testemuños de xudeus progresistas de hoxe.
Os colonialistas láianse dos lanzamentos de foguetes e dos atentados. En efecto, todos os métodos de loita non conveñen. Mais xa que os opresores, sobrearmados, privaron aos oprimidos de todo medio de acción legal, sería moi pretensioso dicirlles como teñen que resistir.
Non haberá solución no Medio Oriente sen estabelecer unha verdadeira democracia, para todos. E así outorgar todos os dereitos aos palestinos.
Por suposto, os israelís tamén están sufrindo (de feito, padecen a discriminación racial imposta polos dirixentes israelitas). Internet permítenos abrir con todo o mundo, de aquí e alá, un debate sobre as causas reais do problema. Denunciando as medias verdades e as distorsións da historia.
Non hai paz sen xustiza!
Copiado desde chuza.org. Leo en portas de prensa que van trescentos cincuenta mortos; e Israel avisa que o peor está por chegar.
¡CLARO QUE PODEMOS DEFENDER ISRAEL!
Volvemos o mundo ás fronteiras do 1948?
Que pasaría se os alemáns non acollesen e integrasen aos seis millóns dos territorios perdidos do leste ou se estes quixesen hoxe volver ás casas de Polonia, Chequia, Lituania, Rusia, Bielorrusia...?
Se os musulmáns de Pakistán quisexen voltar ás casas de Mombay ou Cochím de onde sairon contra 1948?
Se os 700.000 xudeus expulsados despois da guerra do 1948 das súas casas de toda África e a península arábiga quixesen voltar a elas?
Que pasaría se os serbios, croatas, bosnios tratasen de voltar ás súas casas de 1990 que foi onte?
Que pasaría azerís de Navorno-Karabaj quixesen voltar a cocer pan no forno das súas montañas?
A política da ONU, é contraditoria. A norma é ir en favor da integración nos países de acollida (Alemaña, Croacia, Azerbaixan, Serbia... onde sexa), na liña de, o primeiro, solucionar os problemas humanos das persoas e darlle dereitos e posibilidades de desenvolvemento. Iso foi o que primou xa no intercambio de poboación entre gregos e turcos no Tratado de Lausana 1923.
Só no caso de Israel a tendencia é a contraria. Os países árabes pecháronlle as portas aos refuxiados palestinos e impediron a súa integración nas súas sociedades. Un médico palestino pode exercer en Ourense, pero non no Líbano, por exemplo.
E vivir da caridade vívese mal e con marxinalidade. Só Xordania, ten unha actitude distinta despois de eliminar violentamente á OLP. Alí hai un só poder, e todos integrados nel.
Outra cuestión ¿Élle rendible a guerra ao pobo palestino o seguir nesta guerra? ¿Que árabes da zona viven mellor? Sen dúbida, os que non lle fixeron caso ás chamadas para marchar de Israel no momento da proclamación da independencia feita por parte de Xordania, Exipto, Libano, Siria, Iraq, etc. coa idea de "saíde de aí un momento que os varremos ao mar e xa volvedes". Os 800.000 árabes que ten a nacionalidade israelí, son cidadáns de primeira e non de segunda como o son os palestinos nos países árabes onde existen campamentos.
Sen dúbida, os árabes de palestina que marcharon foron os grandes enganados e máis prexudicados pola acción dos árabes que os rodeaban.
Respecto do que din os xudeus... pois hai de todo. (Xa o refleciron ben n'A vida de Brian). Desde os integristas de Naturei Karta que se opoñen ao estado de israel e saúdan o holocausto nazi como castigo divino por crear un estado, grandes amigos de Irán, ata todo tipo de reflexións contrarias á guerra ou escépticas cos seus resultados... ¿E por que? Porque son unha democracia e poden facer isto.
A OLP -que en paz descanse- era laica e multirelixiosa (lembremos quen en Xerusalén, de sempre, houbo catro barrios: xudeo, cristián, ármedio e árabe) incluso a súa protavoz nas conversas de Oslo, Hanan Asharawi, era cristiá, como a muller de Arafat. Agora é todo cousa verde e perigosa.
En fin, que si, que se pode defender Israel, como sempre fixeron os galeguistas na historia e como deben facer hoxe todos os demócratas e occidentais. Como facemos algúns ante a incomprensión de moitos.
A frase de "Non hai paz sen xustiza!" é anfibolóxica.
Evidentemente pode haber paz sen xustiza, como pasou en Chile, como pasou en España, etc. Evidentemente desde que acabou a guerra ata que morreu Franco houbo paz. A dos cemiterios. A dos cárceres. A dos silencios. A idea da ditadura é esa, lograr a paz esmagando ao outro.
O que me parece quere traslucir a frase é chamamento á violencia mentres non se acade a xustiza. É iso, nas sociedades democráticas é moi perigoso.
A xustiza é neles cousa do poder xudicial -ese que fixo rectificar a liña do muro de Palestina en varias ocasións- e a forza, cousa dos poderes cohercitivos do estado, sexa israelí ou palestino.
Ou sexa, nada de paz, -si á guerra-mentres o outro non pase polo miña idea da xustiza.
Perigoso.
O asinante do artigo dificilmente poderá ser catalogado como antixudeu. O asinante desta mensaxe tamén escribiu artigos tentando algún tipo de comprensión e concordia. O asinante desta mensaxe, arestora, non pode ter unha pinga de comprensión polos actos presentes do estado israelí e xudeu. Si desexar (pendente, entre outras cousas, de Barack Obama; afastando por un momento a vista do sangue e a destrución patente e anunciada) mellor ano novo có que foi e aínda está a ser o vello. Un debe manter algo de calma e esperanza, por un e polos das fotos.
Un ex br (implicado no asesinato de Aldo Moro) vai impartir unha clase na universidade de Roma. Velaí as reaccións. Interesante crónica.
Morucci in cattedra.
Publicar un comentario