22 dic 2008




NORABOA: UN BENQUERIDO AMIGO GAÑA UN IMPORTANTE PREMIO.

Da wewlog de Galaxia, 22 decembro
Hai escasos momentos vén de darse a coñecer o fallo do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2008.

A obra UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO: ADAPTACIÓN, CRISE E CAMBIO NO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (1982-2008), da que é autor Xosé Ramón Quintana Garrido, resultou a gañadora deste premio que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 22 de decembro, ás 11 horas, no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela.
O ensaio premiado nesta oitava edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da evolución, entre o radicalismo e a adaptación, do BNG, desde 1982 á actualidade. O xurado recoñece así os méritos dunha obra na que destaca a capacidade do autor para interpretar e reconstruír, con rigor intelectual e eficacia expositiva, o proceso recente do BNG. Análise feita á luz da ciencia política e dos abondosos fondos documentais empregados polo autor.O xurado, que concedeu o premio por maioría, estivo formado porLuís Alonso Girgado, María López Sández, Rosa Marta Gómez Pato, Ramón Villares e Carlos Lema, salientou a calidade dos nove orixinais presentados, así como a variedade de temas abordados neles.
Xosé Ramón Quintana Garrido (Ourense, 1957) é profesor asociado de historia contemporánea da Universidade de Vigo, e profesor de secundaria. É especialista en historia política e historia social. Ten publicado o libro “Ramón Otero Pedrayo. Vida obra e pensamento” (1988), en coautoría con Marcos Valcárcel, ademais de diversos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas.

72 comentarios:

Anónimo dijo...

Miña mais forte noraboa par quen o merece sen ningúnha dúbida, polo inxenio, a extraordinaria perspicacia intelectual e unha fonda bagaxe cultural e investigadora.
Amais de entrañabel persoa.

Trebi dijo...

Noraboa o amigo XRQuintana.
Unha aperta de Trebi

Anónimo dijo...

Vaia, ao ler o título do post, penséi que ao Medela lle tocara o Gordo.

Parabéns, e que invite a unhas cervexas cós 6000 eurazos.

Eu leeréi o libro coa curiosidade do profano que son no tema. Pero estaréi atento ás opiniós que sobre él emitan os entendidos. En especial os membros, sobre todo históricos, de ese partido.

Anónimo dijo...

Para Moncho, de Luís.

Un longo e ben torturado camiño

Anónimo dijo...

Parabéns, señor XRQuintana!!!!
Ouviu: Vai presentar o libro en algures?
Podiamos contratar alquén que soubese declamar, para no próximo contubernio acompañar a comida con lectura cavernosa de fragmentos do libro...jeje.
Ejem.
No fío do que di o señor Dacova, cando é a rolda esa de cervexas???

Anónimo dijo...

Oíu, Medela.

Vostede que tanto se mofóu dos veraneantes "bascos" na Ziralla, naquela inesquecible noite das festas do S.Bento, na que tanto rimos, en canto mirabamos o "fuego fijo y volador", cómo se sinte agora ao saber que eles levaban, alí mesmo, no peto, o gordo de Nadal?.

Anónimo dijo...

De dez décimos levaron 'só' oito.

Bascos??
Home vai... Eu tamén nacín en Barcelona, e por moito que teime, non son catalán.
Si que estou anotado como simpatizante do Partido Nacionalista Vasco (sector soberanista, evidentemente). E teño relación cunha deputada dese partido.
E lamento inmenso a actitude dalgunhas persoas de orixe allaricense e residencia en Euskadi, que deixa moito que desexar na súa estadía no agosto alaricano.
Si. É terriblemente duro ter que falar así. E dígollo tal e como o penso. Tal e como o pensan moitas persoas de Allariz, que por diferentes razóns nada din.
E teño gana de ler o libro do señor Quintana. Non sei por que, mais creo que esas 'accións culturais' son as que contribúen a que situacións como as que se viven en Allariz (e en todo o país) no mes de agosto, non se poidan producir.

Como ría a súa señora, Dacova, agora lembro, alá no alto do Castelo. Tamén me metera moito con ela, falando en 'venezuelano'. Déalle un grande abrazo da miña parte!

P.D.: Había fuego fijo y volador.

Anónimo dijo...

Noraboísima ao amigo Moncho: xa pode ir soltando a guita do premio para pagar unhas cantas cañas ás nosas saúdes.

Aproveito esta mensaxe para lembrarlles que agora mesmo, na 2 de TVE poñen un peliculón extraordinario, para min unha das mellores películas dos últimos anos: La meglio gioventù.

Anónimo dijo...

Moitas grazas, amables amigos. E moitas grazas tamén por facerme pasar tan bos momentos lendo as súas amenas e intelixentes intervencións. Espero non defraudalos en exceso cando saia o libro: sexan indulxentes. As cañas, faltaría máis, téñennas gratis (e un pinchiño tamén). Non teñen máis que dicirlle ao camareiro que as apunten na miña conta. Felices festas!

X.R. Quintana

Anónimo dijo...

Eu tamén me alegro moito, como se fósemos todos nós os premiados.
Que curioso caso de "mimesis".

Parabéns, amigho, e leerémolo para aprender e opinar.

Anónimo dijo...

Que cousa mais rara que o Apicultor non fora un dos primeiros en felicitar ao señor Quintana. Não acho uma explicação satisfatória. Ou si. En calquer caso, supoñamos que se encontra de vacacións, perdido por eses mares do sur e sen portátil. E eu como aquí só me relaciono con alcumes e non con persoas de carne e oso, pois síntoo moito pero felicito en todo caso ao alcume do señor Quintana, se é que o ten, que eu creo que non, que vendo a foto non me parece a min un home de andarse agachando na follaxe alcumeira. Ademais, a min ese señor do premio e da barbacana, a quen non teño o gosto de coñecer, dame non sei que e imponme moito respeito, e por iso non me atrevo a felicitalo. Que non lle pareza mal, señor Quintana, pero eu aquí só teño trato con alcumes e vostede para min non é un alcume, non o teño asociado a nengún alcume; así que xa sabe, póñase un alcume se quere que o felicite.

P.D. Don Júlio, que desgosto me acaba de dar. E logo que estragos acostuman cometer en agosto eses "allaricentes residentes en Euskadi" aos que se refere? Non andarán metidos na ETA e tomarán Allariz como un campo de manobras e adestramento. Xa non sei que pensar. Xa non sei que pensar daquelas novias adolescentes fillas de emigrantes galegos e residentes en Euskadi que tanto nos axudaran a... Ao mellor xa eran potenciais militantes etarras e abusaban de nós para despistar a... Terrible.

Anónimo dijo...

Aínda que un pouco tarde por causas alleas a miña vontade, eu tamén felicito o gañador, bo amigo meu, coma todos vostedes.

Non, amigo detective no crepúsculo e as formigas, non lle estiven de vacacións. E non podo tomar cañas porque tiven moi delicado o estómago durante tres días (agora séntame fatal o queixo fundido), e obvío dar detalles por cortesía. Así que só podo tomar un Acuarius ou unha infunsión á saúde de todos vostedes en xeral e á do gañador en particular.

Bo Nadal, Aninovo e Reis (que nisto son monárquico).

Anónimo dijo...

Caro Crepuscular: A casuística referida á sobreactuación dos visitantes de agosto é infinita. E toda focaliza nun único punto: Intentar demostrar que "allá no es como acá" e que isto (Allariz) é unha merda. E desculpe o palabrón. E non vexa o cego fanatismo co que se aplican, todo a santa quincena de Deus a teimar co mesmo.
E non é por nada, xa sei perfectamente como é e como está o meu país. Considero ofensivo, alén de absurdo, que alguén mo teña que estar a lembrar a toda a hora.
E, paradoxalmente, a actitude destes cidadáns contrasta coa doutros cidadáns de Euskadi, visitantes atraídos pola nosa cultura, paisaxe, gastronomía, mesmo a lingua, de nivel cultural e/ou económico altos, que literalmente se apaixonan pola nosa terra.
Xa lles gustaría a moitos dos primeiros citados seren considerados da contorna ETA. O malo é que son cidadáns de segunda alá onde viven, onde segundo me teñen dito son infelizmente coñecidos co alcume de 'maketo' ('tatexo').
E a culpa é da aniquilación do reino suevo por parte do imperialismo visigótico; ben o sei. O malo é que a culpa pesa pouco... E ninguén a quere levar.
Celebro o seu éxito, e aproveito para o parabenizar polas campañas de aproximación sentimental coas fillas dos emigrantes en Euskadi. Falo desde a ignorancia no tema.
Só tiven unha moza, a muller coa que casei.
Cos meus cumprimentos.-

P.D.: Considero moi desagradable ter que falar nestes temas, que son publicamente tabú, e espero non ser malinterpretado.

Anónimo dijo...

Os de La Región, coma sempre, metendo a zoca:

La obra 'Paisaxe e Nación (A creación discursiva do territorio)' de la doctora en Teoría de la Literatura María López Sández, es la ganadora de la VIII edición del Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, dotado con 6.000 euros y que otorgan en esta ocasión de manera conjunta la Editorial Galaxia, Unión Fenosa y el Centro para a Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro.

A obra citada foi a que gañou a edición pasada!!!

Anónimo dijo...

Dende Lugo, tamén felicitamos a XR Quintana.

Anónimo dijo...

Medela, non disimule. Seino de moi boa tinta: tocoulle un bo pellizco na lotería de Allariz. Disque vai ser vostede a salvación dos comercios da ourensán rúa do Paseo, aos que, tamén segundo fontes ben informadas, adoita acudir todos os venres ben pertrechado coa Visa (prata: a de funcionario medio, xaora).

Anónimo dijo...

Home, Apicultor... Pensei que estaba a fundar o estado libre Holandés en Zululandia!

Na verdade, estes señoritos de Ourense son o demo. Aínda por riba qu'imos os da aldea comprar a Ourense e para reposarmos as compras, tomar vinitos y pinchitos a prezo de ouro... Aínda deixan caer que non temos a Visa Ouro!

Tocáronme 200 eurazos; xa sabe, o premio grande foi, na maior parte, para Euskadi.

Ouviu: Quen lle dixo que acostumaba ir os venres á capital de Carriarico??

Anónimo dijo...

Noraboa Sr Quintana, veña mais por aqui que vese que ten vostede moito que contar, jijiji

Anónimo dijo...

"E toda focaliza nun único punto: Intentar demostrar que "allá no es como acá" e que isto (Allariz) é unha merda."

"E, paradoxalmente, a actitude destes cidadáns contrasta coa doutros cidadáns de Euskadi, visitantes atraídos pola nosa cultura, paisaxe, gastronomía, mesmo a lingua, de nivel cultural e/ou económico altos, que literalmente se apaixonan pola nosa terra."

"O malo é que son cidadáns de segunda alá onde viven, onde segundo me teñen dito son infelizmente coñecidos co alcume de 'maketo' ('tatexo')."

"Celebro o seu éxito, e aproveito para o parabenizar polas campañas de aproximación sentimental coas fillas dos emigrantes en Euskadi."

Pois si, Don Júlio, claro que é moi "desagradable" falar destas cousas aquí e diante dun público ávido de sangue emigrante. Nós, que xa de pequenos non dormíamos da emoción a semana última de xullo, por non dicer todo o ano, e aguantábamos até a madrugada o día ou días que chegaban os autocares carregados daquela humanidade emigrante da que tanto gostábamos, e da que nos íamos despedir con bagoas nos ollos o día que marchaban e levaban con eles o barullo dos "chiquitos" polas tabernas e as ceas apoteósicas na alameda e as fillas das que nos namorábamos fatalmente, perdidamente, e a quen logo lle escrebíamos cartas de amor coa gorxa atrancada e o peito rachado e íamos visitar a Euskadi, e así un ano tras outro, unha madrugada tras outra, unha bagoa tras outra. Ai, Don Julio, mellor imos deixar o tema tan sensíbel e "desagradable" de Euskadi para mellor ocasión, que non quero que estoupe entre nós unha guerra dialéctica de clases, hoxe que estamos a celebrar o premio ao señor Quintana. Por certo, déixeme que lle diga que as mozas ás que nos "aproximábamos sentimentalmente" pertencían ao terceiro parágrafo que puxen entre comiñas e do que vostede é o autor, e non ao segundo parágrafo que tamén vai entre comiñas. É que ao terceiro parágrafo tamén pertencíamos e pertencemos nós, por iso sabemos moi ben, demasiado ben do que falamos. Allariz que está chea de familias inteiras de emigrantes en Euskadi e noutros lugares, case todos eles pertencentes ao terceiro parágrago, como non podía ser doutra maneira. E nós, o Nós do principio, tamén somos desas familias, claro. Ás que queremos tanto. Sobre Euskadi e Allariz, ou mellor sobre a emigración histórica de Allariz a Euskadi, podía escreber XR Quintana un libro seguro que tan interesante como o que lle acaban de premiar. Dados e testemuños non lle han faltar. Home non.

Anónimo dijo...

Caro crepuscular:
Fai ben Vde. en falar no sangue emigrante. E acertadamente afirma Vde. que son os desfavorecidos os chivos expiatorios dos que sempre se bota man.
Sabe Vde. por que está un servidor no mundo? Porque un mozo de Lobeira, emigrado para Barcelona en 1950, coñeceu unha moza coruñesa, tamen, louvado sexa El Señor, emigrada para Barcelona en 1940. Ou sexa, os meus pais.
E nacín en Barcelona.
E volvín alí, traballar, con apenas 22 anos.
E tamén me preguntaron se a miña avoa vivía nun hórreo.
E funlle 'charnego', en Catalunya.
Si, sei perfectamente o que significa residir en Catalunya con sangue non catalá, galego-portuguesa no meu caso.
Para máis INRI, nunha vila agrícola do interior, nada cosmopolita, contra todo o que se poida supoñer, machista, ultra-conservadora e caciquil ao estilo western de Arizona.
E ía de ferias a Lobeira en semana santa, Nadal e agosto.
Si, tamén coñezo o tema. Sonlle fillo de emigrantes e tamén son emigrante.
E gustaríame poder demostrar unha cousa: Que na vida fixen comentario comparativo-despectivo ningún sobre a realidade galega e catalá, nin en Galiza nin en Catalunya. Sei que é imposible facelo, mais gustaríame podelo demostrar.
E agora tamén son inmigrante en Allariz; tamén.
E, por favor, o da loita de clases... Será brincadeira.
Sorte tivo Vde. de non emigrar.
Dígollo de corazón.

Anónimo dijo...

Noraboa ao amigo Quintana. Creo ser un dos poucos privilexados que puido ler o manuscrito e agoiro que dará moito que pensar e que debater. Iso si, recoméndolle que merque un bo abrigo con orelleiras. O lugar ao que algúns coroneis o desterrarian, se puidesen, alá por Siberia debe ser ben frío....

Anónimo dijo...

Parabéns, Profesor. Seguro que é un magnífico traballo. Deséxolle moitos éxitos no futuro e, xa sabe, un bo impermeábel.

Anónimo dijo...

Aprezado Don Júlio, hoxe á noite, ou calquer outro día, que tampouco corre presa, cando vaia de "chiquiteo" ou ronda tabernaria pola Ziralla, entre na Casa Fandiño (xa sei que entra, que non hai que recomendarllo) e pregúntelle ao Tino por unha familia numerosísima de emigrantes en Euskadi desde os anos cincuenta do século pasado, que teñen a casa (a caseta, había que dicer) unhas portas mais arriba e na mesma beira da mesma Rua do Cárcere. Son algo familiares meus por parte da miña avoa e da miña nai. Son tantos, e sobretodo tantas, que eu sempre me acabo perdendo e non sei dicer cantos son exactamente en total. Unha das típicas e históricas familias de Allariz emigrante en Euskadi. Como é de rigor, a maioría das que quedan veñen cada verao e son moi boa xente todos e todas en xeral. O Tino poderá confirmarllo. Como foi que tanta xente pudo criarse nunha casa tan pequena élle un misterio de moitas outras casas emigrantes de Allariz. Debe ser que as circunstancias adversas fan que a xente se aconchegue mais e onde caben dous tamén caben doce. Algúns desa familia xa morreron, e un deles concretamente (queridísimo, non só por min) pasou por todos os avatares políticos que había que pasar en épocas tan duras. Está enterrado en Ermua e eu non me esquezo del. Só con esta familia, XR Quintana podía escreber o libro que dicíamos onte. Fale co Apicultor, a ver se convence ao seu grande amigo para que se poña maos á obra. Non ten mais que deixarse cair en agosto pola terriblemente e perigosamente "euskaldunizada" Ziralla e pór a orella na "caseta" da Rua do Cárcere. Libro feito. Como esta familia emigrante en Euskadi haille unha chea delas en Allariz. Se quere que lle cite un personaxe público que lle pode contar todo o que queira doutra destas familias, tamén queridísimas, pois cítollo, e non creo que con tal cousa cometa un delito ou atente contra a intimidade das persoas. Élle nen mais nen menos que o famoso Súper Piñeiro. O tal famoso foi novio (non, non é brincadeira) durante moitos anos da filla pequena desta outra familia que lle digo e daquela fartárase de viaxar a Euskadi para visitala. Cando o vexa por Allariz pregúntelle e xa verá que lle conta. Que lle vai contar, maravillas dunha familia pobre que non tivo mais remedio que emigrar. Moi boa xente tamén, como é escusado dicer. E así unha tras outra. Por certo, permítame un desafogo lírico e lembradoiro: A irmá grande da que fora novia do Piñeiro é un encanto como non hai outro. Ven moi pouco por Allariz, sempre de escapada, ten mais ou menos a miña idade e eu, cando a vexo, sigo a ver aquela rapaza de catorce anos dos guateques e do río Arnoia cando nos bañábamos xuntos. É das poucas persoas que coñezo que mantén a cara dos catorce anos. Ou que eu lle quero manter a cara dos catorce anos. Se algún día coincidimos os tres, xa lla presentarei. Pódelle adiantar que desterrará/destronará do seu corazón calquer outra ninfa "micalleira" habida ou por haber. Desta outra familia que lle digo tamén lle pode falar maravillas o Tino. En fin. Todo isto lémbrame aquela concelleira do PP que propuxera pór algo así como unha alfándega, aduana ou fielato na/s entrada/s de Allariz para "controlar" a xente de Euskadi e achegados que viñan de vacacións en agosto a Allariz. A que se armara. Eu escrebera indignadísimo unha carta que me publicaran en ANT contra aquela muller que estaba casada con un de Allariz e que non debía saber que acababa de tocar unha das materias mais sensíbeis na vila e corte. Que sería daquela concelleira, que tanto protagonismo chegaran a darlle naquel momento, que mesmo a levaban falar aos "mítines" cos pesos pesados do PP de Ourense. Para min que debeu abandonar o PP e se retirou da vida política cando comprobou como fora utilizada... Os do PP sonche de moito carallo. Pois nada, Don Júlio, que a emigración a Euskadi é unha parte substancial de Allariz, á que eu e os da miña xeración, como mínimo, lle temos moito respeito e cariño. Para min, agosto sen "os jolines" non sería agosto. E non lle turre moito da lingua ao Tino, que home anda moi canso. Saudos.

Anónimo dijo...

Onte por estas horas andaba eu lidando coa xeada polas estradiñas do Alto Douro, á esquerda o noiro, á dereita o cavorco socalqueado. Á tarde, cando vdes. tiñan coñecemento desta nova voltaba eu, e tales viaxes desde Portugal sempre teñen varias etapas mercantís. Resultado: que chegamos ás dez, e con iso e o cansazo xa non era hora de solaina.

Total: que sei hoxe do premio vía El Progreso e mando o parabén con algo de atraso. Dúas miudezas: teño a impresión de que o señor Quintana (confeso lector deste blog) terá atopado nel algún datiño de interese para a pescuda e, ao mellor, mesmo para algún perfil valorativo; obviamente, fico á espera da edición non con avidez (porque un ano en tal estado dificilmente será bo para a saúde), pero si con auténtico, nada retórico interese.

Á marxe do punto de vista e o futuro, hipotético acordo ou desacordo: por fin o tema dá en estudo serio.

Anónimo dijo...

Apicultor: en qué has ghastar tantos cartos?
Porque tí moi ghastador non eres
De todolos xeitos agora non tés desculpa, Ah! e dille os acólitos que xa avanzan asuntos de coroneis que o mellor non pasa nada, non vaia ser que os tales coroneis volten ser imaxinario xustificativo de quen ten pouco asentado no caletre o test de conviccións mínimas que era esixible para militar nalgún tempo en orgañizacións de tales dimensións e magnitude. E sen que serva de precedente, reciba a miña cordial felicitación, pero só anticipada mentres non teña lido o devandito ensaio. De ter algo que opinar, teña por seguro que non hei de ser indulxente, cando un se expón ten que saber encaixar, que para eso estamos os lectores potenciais: a razón pola cal vostede publica...supoño.

Anónimo dijo...

Arxides, non sei se serán os efectos colaterais de tocarlle a lotería, pero véxoo un pouco desnortado e confuso verbo de identidades. Pero non vou perder o tempo niso porque dame a sensación de que, en efecto, perdería o tempo.

Tampouco sei se ten acceso ás miñas contas bancarias, por iso de que di que non son gastador. Pero sospeito de que nisto tamén fala por falar, de que anda confuso e desnortado.

Sexa como for, teña felices festas. Ah, e teña coidado cos efectos colaterais das mesmas.

Anónimo dijo...

Con algo de atraso sei do premio ao amigo Quintana a quen quero mandar desde esta solaina os meus parabéns. Alégrome moito do premio e sei do atinado do fallo do xurado, porque se ben non coñezo a obra, tiven a honra de ler hai uns meses un anticipo-resumo do que ía ser. O xa dito, os meus parabéns e unha aperta agarimosa.
RAF.

Anónimo dijo...

"Anxo Quintana é un político esponxa, moi intuitivo, e ten moi clara a fórmula da supervivencia"
O historiador ourensán fíxose co certame de ensaio con 'Un longo e tortuoso camiño: Adaptación, crise e cambio no BNG (1982-2008)'.

Marcos S. Pérez - 12:30 23/12/2008
Tags: bng galaxia quintana ramón piñeiro xosé ramón quintana
26 anos de Bloque Nacionalista Galego préstanse para unha análise da súa evolución: xa dende a Transición, onde hai que buscar as orixes ideolóxicas e organizativas da fronte, até a súa chegada ás institucións autonómicas, pasando polos anos de crecemento electoral, cuns resultados máximos a finais dos noventa. O xurado, formado por Luis Alonso Girgado, María López Sández, Rosa María Gómez Pato, Ramón Villares e Carlos Lema, valorou "a capacidade do autor para interpretar e reconstruír, con rigor intelectual e eficacia expositiva, o proceso recente da formación nacionalista"; así mesmo, salientou o importante corpus documental empregado polo historiador ourensán.

26 anos de adaptación e cambio, que trouxeron momentos de crise e un imprescindíbel cambio na cultura política da organización e dos seus militantes. Duverger afirmou que os partidos sofren profundamente a pegada das súas orixes. E xa Paramio indicara que no proceso de transformación dun partido cara ao centro, cada novo paso debe ser coidadosamente contrapesado para non defraudar a militancia. As posíbeis compensacións poden ser de dous tipos: o primeiro e máis elemental é facer un alarde de retórica revolucionaria. O segundo tipo de compensación que se pode ofrecer á base militante é un incremento do peso do partido na escena política".

Podemos entender as leas internas no BNG pola non adaptación da cultura política dos militantes, ou pola distinta velocidade en que se produce esta adaptación?
Hoxe en día hai unha disfunción entre a cultura política que o nacionalismo tivo durante moitos anos e o feito de que o BNG se configure como "partido de goberno". Trátase dunha disonancia cognitiva que ten que ver coa inadecuación entre esa cultura política aínda presente nun indeterminado número de afiliados e achegados -baseada en marcos interpretativos resistencialistas, esencialistas e rupturistas- e a práctica política que o BNG viña adoptando nos últimos anos. Se até o momento esa cultura política tiña unha función de consumo interno que servía de cemento identitario e de compensación aos cambios estratéxicos operados, a partir da chegada ao goberno revelaríase como claramente disfuncional e como unha pexa para o proxecto de Anxo Quintana. A maior parte das críticas que o BNG recibe dende o nacionalismo veñen por aí.

Dicía Cunqueiro: "O home precisa, como bebe auga, beber soños" Que queda no BNG dese pasado de loita?
Queda a mitificación da loita social como a gran panca para transformar a realidade, aínda recentemente escoitamos este discurso nalgún ex líder do BNG. Nas democracias desenvolvidas e asentadas, a mobilización social ten uns claros límites, e máis en Galicia, onde nunca houbo grandes e contínuas mobilizacións sociais. Mentres que a outra vía, a vía máis lenta, e a única vía posíbel para finalmente levar a cabo cambios, e é a única que finalmente ten continuidade; vímolo no Prestige, por exemplo.

Dende a Transición podemos distinguir claramente dúas pólas no nacionalismo galego: a nacional-popular de UPG e BNG e a posibilista de POG, UG e EG. Parece que a UPG triunfou, porque impuxo as súas estruturas partidarias e siglas, pero en cambio tivo que asumir as propostas programáticas dos posibilistas. Un triunfo moral?
Un triunfo, ademais, non recoñecido, sobre todo debido ás características deste cambio dentro do BNG. É un cambio discreto, nunca renunciando teoricamente a nada, pero deixando nun segundo plano, no faiado, aqueles elementos que son máis estrepitosos. Cambiouse sen aceptar que se cambiaba en moitas cousas.

A partir de mediados dos oitenta, con Beiras como líder, o BNG estrutúrase como unha coalición de partidos, un pacto entre a UPG, que controla o aparato e actúa como ama de chaves, e o propio Beiras, cun gran liderado simbólico. Hai loita interna por gañar posicións?
Prodúcese o que tecnicamente se chama 'configuración dunha coalición dominante' (Panebianco) entre a UPG e Beiras onde hai un reparto tácito de roles. Produciríase un reparto de roles: ao segundo adxudícaselle unha función de liderado case carismático e de representación externa da nova faciana do nacionalismo, no entanto a primeira seguiría a actuar en todo momento como a columna vertebral da organización, controlándoa con man de ferro, quer con luva de seda, quer sen ela. E non hai aparentemente grandes conflitos: Beiras e UPG cando se entendían estaban encantados de coñecerse. O obxectivo do resto dos partidos eran que a UPG repartise os incentivos selectivos: postos no partido, cargos institucionais. Pero ninguén plantexou seriamente nos anos noventa, dende logo Beiras non o fixo, unha revolución interna para restarlle influencia á UPG.

E chega o 2001...
Si, é un gran shock no BNG e o catalizador da crise e dos cambios posteriores. O resultado destes comicios supuxo un duro golpe ás desmesuradas expectativas do nacionalismo. Fai que a UPG comece a cambiar de perspectiva, entendendo que cedera de máis, que as cousas se podían ir das mans. Hai unha fuxida cara adiante na que a UPG cuestiona a Beiras, Beiras trata de reaccionar, e hai un intento de recompoñer todo de novo. E nesa crise emerxe a figura de Anxo Quintana, que é un político novo, no sentido de idade e tamén en canto ao seu pragmatismo.

Quen é Anxo Quintana? Cal é a súa ideoloxía? Até que punto súa estratexia, que parece bastante visíbel, sobre todo unha vez que chega ao goberno, é premeditada? Por quen está influída?
En política as cousas son unha complicada mestura de planificación e improvisación. Anxo Quintana non é un ideólogo nin un intelectual en sentido estrito, pero iso non quere dicir que non teña ideas. É un "político esponxa", moi intuitivo, nada dogmático e ten bastante clara cal é a fórmula da supervivencia política do nacionalismo. Eu non falaría de ideoloxía, senón de antena para intuír por onde van os tiros. É a gran novidade. Outra cousa é que se comparta ou non este nacionalismo centrado, fortemente institucional, que se trata de homologar a CiU.

Cando Beiras é apartado no poder no BNG, en que medida foi responsábel a actitude acomodaticia que mantivo durante anos, o feito de non preocuparse con gañar poder dentro do partido, e limitarse a manter o seu liderado simbólico?
Eu a Beiras defínoo como un liderado adaptativo, que non é transformador internamente. Pensaba que a súa posición era incuestionábel. No canto de aproveitar a súa lexitimidade nos momentos de expansión electoral para facer valer a súa ascendencia e liderado e tecer unha rede de apoios interiores e exteriores coa que desputar a hexemonía á UPG, establecendo unha renovación da coalición dominante, Beiras adoptou unha pauta de "líder individualista" coa que acomodarse politicamente. Este acomodo consistía en asegurarse unha posición privilexiada -e supostamente intocable- na coalición dominante coa UPG. É certo que tampouco os outros grupos fan intentos serios de competir coa UPG. A UPG foi absolutamente determinante no BNG, e ségueo sendo hoxendía, aínda que xa non é o mesmo. Non é que estea dividida, pero hai sensibilidades moi diferentes: non é o mesmo Bautista Álvarez, que por iso se retirou, que Paco Rodríguez, ou Jorquera: son sensibilidades diferentes. A UPG está nese impasse, no que cambia sen cambiar, ou cambia sen dicilo.

En que medida podemos seguir considerando á UPG como un partido-secta, na terminoloxía da Ciencia Política de Pannella, como o era nos seus inicios?
Eu non lle chamaría partido-secta. Eu diría que é o pai da criatura; o BNG é fillo da UPG. Xa nos anos setenta a UPG promovía a existencia dunha fronte de partidos, cuxa primeira concreción foi a AN-PG, que fracasou, entre outros motivos,polo sectarismo da UPG. Como pai, ten que ter os seus réditos.

Quintana dende o goberno debilita a imaxe do BNG, preséntao cun perfil máis baixo?
Eses son os flocos que quedan no proceso de adaptación do BNG: a diferencia entre o que fai ou di Quintana dende o goberno, e o que fan ou din algúns deputados e militantes. E ás veces fai ruído unha cousa coa outra.

O BNG leva anos mantendo ou mellorando os seus resultando nas vilas e concellos pequenos, pero sufrindo grandes descensos nas zonas urbanas. Que lle pasa ao BNG nas cidades?
No BNG tenden a explicalo baseándose en factores esóxenos, e non tanto nas debilidades ou insuficiencias internas. Perdeuse un electorado nas cidades, iso está claro; a idea de que un electorado é teu é discutíbel: responde a distintos estímulos en cada momento. Quizais haxa que relacionalo cunha excesiva polifonía dentro do BNG e coa recuperación electoral do Partido Socialista en Galicia, que non é manco. Tamén é certo que a figura de Beiras foi moi carismática, e Quintana non ten tanto carisma nos ambientes urbanos, pero súpleo cun traballo de base na zona rural, coa xente do común. Pero está claro que o BNG ten un handicap moi importante nas cidades, mentres non o solucione, o BNG vai ter un límite de voto moi claro.

Anónimo dijo...

Arume, e ti que pensas da traxectoria do BNG e da entrevista a X. R. Quintana? Maniféstate, home, e danos a tua visión sempre orixinal. E X. M. González tamén, que se manifeste. E os demais, por suposto. Eu se non o fago é porque o BNG non me di nada, non me pon; tanto me teñen os chamados coroneis como os actuais dirixentes.

Anónimo dijo...

Relación Beiras-UPG no tempo das rosas: nin máis, nin menos.

Quintana moita esponxa, pouca idea?: qui vivra verra.

Convulsión no 2001?: case exacto. Non sei se recollerá que algún sector (cando menos) da UPG quería a Francisco García en vez de Quintana, dato ben revelador.

Papel da UPG, con todo e o anterior?: entendo que considerar a U, exclusivamente, como refugallo da historia non é útil nin gnoseolóxica nin estratexicamente.

Beiras era basicamente ego e acomodo? Case total discrepancia.

Crise electoral urbana?: houbo moito voto engaiolado pola música. Superado o esteticismo (inútil, por outra banda, en tempos de aparencia tosca), cómpre facerse tan esponxa, poliedro e prisma como é posible e necesario.

A. Quintana sabe moito, díxoo máis ou menos Barreiro, veno dicindo máis ou menos X. R. Quintana e, se me desculpan, vouno dicir eu mesmo. Ten xaora as súas, notorias limitacións e se cadra non pode dispor do equipo que exactamente querería. Non se pode ser un maula e que tanta xente fale mal de ti.

E exposta a anterior frivolidade, abstéñome de ulteriores consideracións. Non faltaría máis, sen coñecer ese libro que, lido o extracto ou referencia ofrecida, suxire correspondencia nada ruín coas expectativas.

Anónimo dijo...

É evidente señores que unha esponxa non é un cerebro, e que a intuición sen reflexión "voa", como a pomba de Kant, no vacío.
Mais agardo ler os libros dos Quintanas,os dous, antes de liarme a debater, sobre o que dan de si os parámetros rexionalistas, o sebastianismo franqueirista e o esquecemento da ideoloxía nacionalista.

Anónimo dijo...

Natural Boy tira a matar ...

Anónimo dijo...

González, non cré que Barreiro, en virtude dunha corrente de simpatía vicepresidencial que só quen ocupou tal cargo sabe de que se trata, fala ben de Quintana porque se sinte reflectido ou reencarnado nel?

Anónimo dijo...

De momento, non lle teño nin idea; poderei se cadra darlle outra contestación así que lea o libro de Barreiro. Teño con todo seria dúbida de que Xosé Luís Barreiro, home ao que non parece faltarlle autoestima persoal, se sinta reflectido en ninguén.

E conste que, segundo consta xa nesta casa, non son eu precisamente un detractor de Barreiro. Vicepresidencialidades aparte.

Anónimo dijo...

Vaia. O libro xa xenera debate antes de sair. Mellor para o autor, pois así venderáse ben. O ideal sería que saíra agora, en plena pre-campaña.

A polémica xenerada por "A orixe das especies",de Darwin, vai ser unha carallada ao lado de esto.

Anónimo dijo...

Mellor dito. Mellor, que saia "xa". Sería o agasallo de moda de este Nadal. Mellor que os discos do Busta, e similares.

(Xa se me ocurren uns cantos slogans).

Anónimo dijo...

González, que cré que pasaría se as opinións altamente cualificadas e de peso político e intelectual como as de Barreiro, X.R.Quintana e vostede mesmo se pudesen contrastar in situ e en directo coas dun só allaricence coñecedor polo miúdo, e discrepante, da política "pragmática" do BNG, en boa medida deseñada e mediatizada por Anxo Quintana? Cré que as opinións dos tres mosqueteiros políticos e intelectuais antes citados valen mais, son mais a ter en conta, teñen mais peso, chegan mais lonxe, son mais decisivas, teñen mais solvencia argumental que as de alguén que confunde anécdota con categoría e pensa que do "local" se poden inferir consecuencias de alcance "nacional"?

Anónimo dijo...

X.R.Quintana, con iso de "político esponxa", "intuitivo", "antena para intuir por onde van os tiros" no canto de "ideoloxía en sentido estrito", etc., quere dicir que a cabeza rectora mais visible do BNG guía a nave "nacionalista" UN POUCO A VELAS VIR, SEN RUMBO FIXO, A MERCEDE DO QUE DISPOÑA O VENTO, DESIDEOLÓXICAMENTE ou DESIDEOLOXIZADAMENTE? Cara onde cré que vai a nave? Cré realmente que a "intuición" é o antídoto para a "supervivencia política do nacionalismo"? É Artur Mas o seu modelo político nunha Galiza que políticamente non é Catalunya nen falta que fai?

Anónimo dijo...

Calquera de todos vós, credes que Barreiro encaixaría ou sería unha boa fichaxe para o BNG de Quintana? En caso afirmativo, credes que Barreiro aceptaría a chamada política do BNG de Quintana para ocupar un posto a carón do máximo dirixente? En caso afirmativo de novo, credes que Barreiro podería remediar as "notorias limitacións" ideolóxico-intelectuais de Quintana, ás que se referen algúns analistas? En definitiva, credes que os tempos son chegados para que Barreiro entre no BNG?

Anónimo dijo...

Non creo que Barreiro se sinta tentado a entrar ao servizo de Quintana, malia sentir a señardade do anel do poder perdido. É máis útil para Quintana telo creando opinión e chegando a sectores sociais que bambean entre o PSdG e o Bloque. Barreiro non sería mandado de Quintana, primeiro punto. Segundo punto, eu non creo que Barreiro sexa ningún ideólogo. Nin sequera un politólogo de formación intelectual sólida. É un sagaz analista do día a día e ten o peso da súa experiencia política, e por veces os seus artigos son xeniais (outras veces non acerta, pero iso de escribir en prensa un día si e outro non é moi fodido e non sempre se pode atinar). Concordo con X. R. Quintana en que o seu homónimo alaricano é un político intuitivo que sabe por onde van os tiros, ten un discurso cercán á xente (comparado co desastre oratorio e comunicativo que é Touriño, tampouco non é difícil brillar) e, precisamente por saber que non é un intelectual e ser consciente de non o ser, está máis disposto do que estaba Beiras a deixarse asesorar. De todos os xeitos, desengánense, señores: Non está o Barreiro o futuro do quintanismo, porque Barreiro, aínda que lle pese, politicamente é pasado. Vinte anos fóra da escea política activa son moitos anos. E, non o esquezamos, en primeiro lugar foi un tránsfuga que con malas artes facilitou o acceso ao poder do tripartito no 1987. E un tránsfuga é un tránsfuga, por moito que o quixese xustificar a posteriori. En segundo luar, é un político condeado a inhabilitación por un tempo por un delicto de prevaricación. Independentemente de que fose un asunto máis ben menor e de que actuase con consentimento dos seus xefes políticos naquel intre, os feitos probáronse e a sentenza foi firme. Calquera que o fiche terá que aturar que ese pasado (arquivado, pero non esquecido) se torne contra del.
Os tiros do quintanismo van por outra direción. Xa se irá vendo.

Ana Bande dijo...

¡parabéns Señor Quintana! xa sei o que me vou pedir para o meu cumple, porque para o 23 de abril ¿que mellor que un libro? supoño que daquela xa mercarei a novena edición.

Anónimo dijo...

Sr. Quintana (Moncho), FILICIDADES. Eu tamén lerei no libro...
Unha parte dese nós difuso amplexo e complexo.
As cañas, cando cobres...
Entrementres, saúde, paz e que coza o forno

Anónimo dijo...

De verdá que eu tamén felicito o tovarich Quintana por este premio. Sálvase de momento de ir a un gulag a Siberia a -40ºC, pero nunca digo nunca xamais.

Anónimo dijo...

Deixaivos de especulacións e caralladas, que aquí o que mais sabe por onde van os tiros do personaxe e da política do personaxe é o que menos fala (X.R. Quintana). O Quintana político, como di o Quintana escritor, é un tipo vivo, moi vivo, demasiado vivo, mais vivo do que pensan moitos, "antenado" e "intuitivo" en grao superlativo, que sabe manexar os fíos da política mellor que ninguén. Eses fíos que moitas veces van baixo terra e non se ven, pero que todo o mundo sabe que existen e funcionan. Se algún día precisa do Barreiro, non vos preocupedes que lle limpa o pasado e preséntao no salón de actos como novo do trinque. É así ou non é así, señor Quintana analista? Vostede que pensa de todo isto? Esquézase do libro, que xa o leremos e comentaremos no seu día, bótese ás augas do Arnoia ao seu paso por Allariz e móllese un pouco, ho, que neste momento non hai coroneis vixiando. O único vixía nestes momentos é o amigo Medela e aí está para axudalo por se a auga fría do Arnoia non lle senta nada ben.

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajajaja
O SENHOR MAQUINAVELO É GOD
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA

Anónimo dijo...

Entón o apicultor é ghastador ou non é ghastador? en qué quedamos!, ou o X.R.Quintana moi ghastador non é, entón eu que non teño acceso ás súas contas de apicultor, cómo vou saber o ghastador que é se non é X.R.Quintana tal e como pensaba cando andaba desnortado e confuso polos efluvios da lotería que non me tocou porque non son xogador. Eu sonlle espléndido de nación, din quen me coñecen que cuasi "sacorroto", e acostumado a todo tipo de efectos colaterais, xa por iso me acompañan sempre como se tivera mel: borrachos, drogadictos independizados, esquizofrénicos aparte e catatónicos, offsiders en xeral e calquera clase de lepra que se me arrima, sabedores éles, eso sí, que de min non han levar labazadas nen outro trato que o de persoas con todolos seus atributos. Non me sacudo a chaqueta cando se van, por eso voltan cada vez que me ven. Téñenme máis aquel quens pretenderan abusar ou rirse dos mentados, éses saben que terán en min a horma do seu zapato.

Anónimo dijo...

Lembro unha entrevista a Xosé Luís Barreiro (n'A Nosa Terra?) hai algúns anos, quizá aínda con Beiras de líder no BNG e xa con filosofía e pretensión de "forza maioritaria".Eu podería ser un magnífico votante, dixera aquel, se as cousas mudaban como ata daquela non fixeran.

Eu considero que os de Barreiro son contacto e opinión valiosos para calquera gobernante galego ou aspirante a tal; ignoro o alcance da súa formación e coñecemento teórico, pero aparenta indiscutible a experiencia e cando menos un certo olfacto. Por outra banda, a perpetua presenza espectral do centro político, e mais do centro galeguista, seguen a dar en especulación, arela e convite arredor da súa persoa ou algunha outra (tal o Rafael Cuíña). Para escándalo frecuente (ou xa non), interlocución corrosiva (cada vez menos), torpedo calculado desde o "nacionalismo de esquerda", a "esquerda non nacionalista" ou posible confluencia argumentativa de amba e hipotética instancia convertida en ariete.

Un crítico de Quintana en Allariz -coma un de Orozco en Lugo- se realmente teñen algo substantivo para dicir constituirán elemento imprescindible a fin de que o cidadán observador constrúa as súas composicións de lugar, emita se quixer os seus xuízos e a realidade poida eventualmente ser transformada; eu entendo que serían tamén de lectura imprescindible para os políticos avaliados.

E xa de postos: que Galicia non é Cataluña acaba precisamente de dicilo ese Quintana (Anxo) que tan pouco, pouquiño se me parece ao Artur Mas. Pero escoitarei calquera contribución seria que se realice, principalmente se a imputación máis ou menos rotulística dá lugar a evidencia e argumento.

Con todo, iso non será nin hoxe nin mañá. Teñan e teñamos Bo Nadal.

Anónimo dijo...

O probema do BNG é o da reconversión dun nacional populismo en nacionalismo de centro burgués.
Problema porque resulta moi dificil facela sen bugueses, con profesores e mestres, funcionarios e dirixentes sindicais.
Todos os intentos até de agora quedaron en fallidos maquillaxes. Mais agora, quizais, os contactos relixiosos con San Jose e a iterseción do diñeiro público poidan facer miragres, e aparezan os novos burgueses galegos, e com non os seus fillos, os pijos-G.
O pais progesa, é unha potencia pijeril.

Anónimo dijo...

González, vostede non lle atopará parecido a Anxo Quintana con Artur Mas, pero claro, eu, xuntando o que penso co que pensa Natural Boy e co feliz e sorridente que vexo o noso vicepresidente cando acude a Barcelona e as cámaras o inmortalizan co dirixente converxente, non sei que lle diga, teño as miñas dúvidas, deixo abertas todas as posibilidades. Pode que non se pareza, pero pode tamén que Artur Mas sexa un modelo referencial ao que o Anxo Quintana se acolle no seu desexo de converter o BNG nun xeito de Convergència "a la gallega". Eu, póndome na pel do BloQuintana (para distinguilo do autor do libro), ás imaxes con Mas en Barcelona concédolle tanta importancia e forza política e emocional como se se tratase de 5000 mulleres concentradas non sei onde nen para que. As 5000 mulleres do Quintana como as 5000 gaitas do Fraga. Claro que entendo que a política é iso e faise botando mao de todos os ingredientes vantaxosamente manipulables. E espero que non se anoxe con esta miña linguaxe a medio facer, que non acaba de manifestarse de todo, que se mantén nas marxes mesmas do discurso, para non resultar ofensiva, e precisamente por iso non é unha "contribución seria". E perdoe que me dirixa a vostede con tanta insistencia. Que lle quere, quen tiña que falar (X.R.Quintana), porque é o que ten mais dados e horas de estudo e análise, non quere, pois a alguén teño que recorrer, e ninguén mellor que vostede dado o seu grao de identificación política coa liña proposta polo dirixente do BNG. O que mais me estraña, dígolle a verdade, é que o Apicultor non saia á palestra a debater con vostede sobre este asunto que aparentemente tanto os "desuniu" noutro tempo.

Anónimo dijo...

Maquinalevo e demais amigos, moitas grazas máis unha vez polas súas amables palabras. Quixera que comprendesen que, hoxe por hoxe, non estou en condicións de entrar a debater como se me demanda.
O meu estudo non é un xuízo de intencións, senón unha tentativa de interpretación dos cómos e os por qués dun proceso de adaptación e cambio estratéxico e organizacional. Neste sentido, non está concebido nin a favor nin en contra de ninguén. Non me erixo en xuíz, ou polo menos iso intento. Simplemenete trato de explicar as cousas, tentando gardar a máxima asepsia posible (que nunca se consegue ao 100%, obviamente).
Cando se di que o proxecto de Quintana é un proxecto que supón un "centramento" do BNG con todas as súas consecuencias, e se acode ás comparación con Mas e CiU, creo que non se está a dicir que o que aquel pretenda sexa un puro mimetismo, ser unha mera fotocopia. Sería absurdo e un disparate, ademais de imposible. Non só é que Galicia é moi diferente a Cataluña, senón que as traxectorias históricas e persoais das forzas políticas e dos actores políticos teñen sempre o seu peso. Por poñer só un exemplo, o BNG mantén posicións, en ámbitos moi importantes, moito máis "progresistas" e avanzadas que CiU, o que sen dúbida teñen que ver coa presenza de actitudes e ideas de esquerda no seo do BNG. Véxase, por exemplo, todo o que ten que ver co laicismo, co ensino público ou cos dereitos da muller (interrupción do embarazo). Noutros aspectos si que se observan similitudes. Pero, insisto, nunca como unha fotocopia.
Son consciente de que estas inconexas palabras miñas, escritas a présa e correndo, non chegan para concluír nada. Pero tómennas como unha mostra de agradecemento cara todos vostedes, que tan amables e cariños están a ser coa miña persoa. Que teñan unhas felices festas. Un pracer lelos a todos.

X.R. Quintana

Anónimo dijo...

Felicitacións para Xosé Ramón Quintana, que creo que algunha vez ten intervido por aquí. Lerei o libro, cando saia, con moito interese.
Dá gusto traballar en algo e que che saian as cousas (algo que non sempre pasa, dígollo eu).

Marcel Swann

Anónimo dijo...

Que todos/as os contertulios, amigos, lectores, visitantes e demais fauna e flora, teñan unhas felices festas e que o vindeiro ano sexa venturoso para todos.

(Con todo o meu aprezo mando un saúdo especial ao amigo Swann, vedraño e excelente contertulio, co meu desexo tamén de que o ano que vén sexa abondo froitífero)

Moitas apertas para todos/as (e non se pasen cos espirituosos).

Anónimo dijo...

Eu tamén quero un saúdo especial, como o de Marcel Swann!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
E encontro de menos a senhorita Doninha, o senhor Leituga the One, aquel anónimo...

Anónimo dijo...

"Maquinalevo e demais amigos, moitas grazas máis unha vez polas súas amables palabras..."

Señor Quintana, que susto levei co de "Maquinalevo", eu que son Maquinavelo. O primeiro que pensei foi en Máquina-levo (algo así como levador ou elevador de máquina); cando o que son é Maqui(n)avelo, é dicir, Maquiavelo con "n" incorporada para completar "quin" no epicentro político mesmo da palabra-alcume.

Agradézolle que se mollara un chisco sobre o asunto en cuestión, aínda que non me negará que a molladura foi mornamente controlada. Seguro que o amigo Medela, cumpridor como é, foi cun caldeiro ao Arnado, agachouse con dificuldade (home, pásalle como a min, xa non estamos para eses trotes do agachamento), colleu auga, quentoulla, púxolla nunha palangana e, como non, vostede mollouse nas augas do Arnoia ao seu paso por Allariz ou "Allarquín". Algo é algo.

Teñan boas festas e boa noite, e se teñen que voar no "espirituoso" do Apicultor non se repriman e voen, que unha noite é unha noite e unha experincia voadora non lle fai mal a ninguén.

Anónimo dijo...

"E encontro de menos a senhorita Doninha, o senhor Leituga the One, aquel anónimo..."

Don Júlio, da Donhinha non respondo, pero do Leituga e daquel Anónimo déixeos da miña mao que logo llos traio de volta. Sobre todo o Leituga. Pense que eu son un detective no crepúsculo e experto polo tanto en casos crepusculares, octoxenarios. E lembre que o Leituga era un octoxenario achacoso e desvalido, que non me será difícil seguir os seus pasos até enganchalo e cantarlle as cuarenta por andar tan esquezedizo dos seus amigos solainescos. Non se preocupe que como se poña "terco" son quen de traelo do bastón. Aínda hai clases de octoxenarios crepusculares.

Eu tamén lles desexo unha felices festas e un bon crepúsculo (eu non digo noite).

Anónimo dijo...

Caro senhor Crepuscular: Efectivamente, Doninha, Leituga One, Aquel Anónimo e Swann fanme sentir saudoso.
Que bos momentos pasei a lelos!
Faça favor: Carrétemos máis outra vez para o blog.
Dunha ocasión, Doninha fíxome chorar. Leituga, enrabeoume. Anónimo Aquel, rir ata escachar. Swann, pensar paseniño, parar o carro e reflectir...
Lembro cando fun grumete no cruceiro polo Mediterráneo: O capitão chamábase Ulises.
Daquela pasei os mellores e peores momentos da miña vida.
Agora, estes catro espectros fixéronme ter man, ver todo a distancia, tomar folgo, capturar todo en DVD e velo con tranquilidade.
Ufffffffffffffffffffffffffffffffff
Non gusto do Nadal, desde que morreu a miña avoa.
Saudos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

De verdá que nunha noite como a de hoxe, aquí en Sibería a -40ºC, bótoos a todos de menos (je je je). Hoxe démoslle ración triple extra de vodka e caviar (do de verdá) a todos os internados no gulag, pra que vexan que aquí non se vive tan mal. Calquera día tráios a todos vostedes, que ben merecido o teñen, pra que collan unha boa enchenta (je je je).

Anónimo dijo...

Amigo Medela, para que se anime un pouco e saia dese pozo de saudade do que ao parecer non dá saído, lea isto que veño de escreber en Arroutadas. Xa verá, ler isto é como tomar un xarope que lle levanta o ánimo ao mais saudoso.


Roberto Bolaño
Publicado: Xov Dec 25, 2008 1:11

Amigos Arturo e Patriarca, así é a vida, así ven a morte, tan calando, ou tan berrando, que mais ten, o caso é que ven, o mau é que non perdoa, non se esquece de ninguén, non deixa a ninguén sen o seu alento frío e letal, sen a sua escuridade para sempre. Agora tocoulle á amiga Alicia (podo pór o seu nome real, non pasa nada, 59 anos recén cumpridos, non a deixou chegar nen aos sesenta), que duro nun día como hoxe ter que levantarse cedo para ir ao tanatorio de Sancho de Àvila (nome real tamén, para quen coñeza Barcelona, perto do Teatre Nacional de Catalunya e da famosa torre Agbar), unha auténtica colmea ou granxa mortuoria, todo perfeitamente compartimentado e distribuido en celas, pasen vostedes á cela número 17, onde estaba a amiga Alicia, repousando para sempre, coa cara plácida de sempre, alá se foi todo, alá acabou toda unha vida, unha vida chea de viaxes, porque a amiga Alicia era unha grande viaxeira, a de viaxes que debeu realizar, os milleiros e milleiros de fotos que deben quedar desas viaxes, eu tamén fixen algún con ela, todo un pracer, mesmo cheguei a facer un contra ela, pero esa é outra historia que levaría moito tempo contar e tampouco é para contar aquí, nestes regos virtuais hoxe tinxidos de negro, que fermosa a música que lle tocou a orquestriña do piano e dous violíns, Imagine, Paraules d´amor e un espiritual, faltou o mariachi, ela que tanto gostaba de México e dos mariachis, pero bueno, noutra ocasión será, ela que cría na reencarnación e nesas cousas do trasmundo, en fin, amigo Patriarca, e amigo Belano que anda por Londes e que xa sabe da morte da amiga, que teñan vostedes e todos os arroutados e arrtoutadas unha boas festas e que sexan mui felices e que no ano que está a ponto de comezar todo lles veña de cara, e como estaba Barcelona ás 8:15 da maña, as ruas desertas, podías camiñar polo centro sen nengún perigo, de feito eu fun coller un taxi á rua Urgell e apenas se divisaba algún coche na lonxanía, as ruas desertas, camiño do tanatorio...

Anónimo dijo...

Sonlle eu aquel anónimo,amigo Medela, e non estou tan lonxe, tampouco Leituga que adoita pasear os ollos por aqui, só os ollos, os dedos acaparanllos agora xestos tráxicos, comicos e de viandante.

Anónimo dijo...

Cánto gusto por aquí en tan bo día coma hoxe. Xa non contaba vir moito por este cauce, pero Bolaño, amigo se tí voltas eu heite seguir pola universidade descoñecida, ainda que según parece e por indiscretas razóns que averiguaremos ó seu debido tempo, Medela aparte, andan todos ó descuberto. Quedamos sen contubernio imaxinario e a expensas dos gatos libertarios, prófugos e promiscuos que nos invaden; por Allárici contan que a intelixencia anda silenciada por xente moi lista, non sei se o amigo Quintana, X.R. referirá algo désto no premiado ensaio ou terá mesmo que rescatar ó egrexio von Medelium, príncipe da evolutiva sincrética benegairense para tomar notas e colocalas ó pé de paxina no momento da sua publicación.

Anónimo dijo...

O que se pode decir con certeza é que conta este foro con un grande equipo, sólido e ben conxuntado. Velaí que coinciden todos nas felicitacións e parabéns ó Moncho Quintana e máis parece ser , este, coñecido pola totalidade dos asiduos, incluido o Apicultor tan parco el en recoñecementos e gabanzas alleas , abandoa nesta ocasión as reticencias e pasa a entoar as panxoliñas co resto do coro.
Os ouvintes pasivos , coma parviños que somos, seguimos nas uvas.

Anónimo dijo...

Detective crepuscular: ollo mol non nos sigue. Pode coller polo carrer Fonteiriña e deixar a Amalfitano en lugar seguro, Lalo Cura, o hirmao de Susanito Cabral agardará que chegues e darache en folla escrita para autodestruir instruccións para o proximo seguimento. Apicultor recaba información na rua do Hospital para notas a pé de páxina, tranquilo, nós non saimos.

Anónimo dijo...

Que loucura, meu Deus, que loucura.
Acabo de chegar de Lobeira...
Non entendo nadiña, aquí na rúa do Hospital...
Arreconchegado contra a miña muller...
Vou onda a Mary Micalla, tomar un viño!
Quen virá sendo von Archimboldi??

Anónimo dijo...

Instruccións do próximo seguimento ó descuberto : " Se queres axudar ó Medela nos seus accesos de saudade dirixe as túas pescudas cara un prestixioso hospital lisboeta: O IPO " .

Anónimo dijo...

Nótase que ten lido moi poucas das miñas intervencións, señor Ollo Mol. Cousa que non lle reprocho en absoluto. Pero iso de que eu son parco en recoñecementos e gabanzas alleas, non se axusta para nada á realidade.

Eu recoñezo e gabo, sen doerme ningunha prenda, todo o que teña que ver co talento e/ou co traballo ben feito. Daquela, son bastantes a quen considero dignos de recoñecemento e de ser gabados. E ás probas me remito (ou sexa, ás miñas intervencións neste blog). Revisándoas seguro que pasan de varias dúcias as veces que manifestei os meus parabéns e admiración. Tamén teño feito o contrario, pero en moita menor medida. Nobody is perfect!

Por certo, que tal lles foi coas bebidas fermentadas e espirituosas, amigos solainescos?

Anónimo dijo...

Hai demasiada roupa tendida e non é o momento de contar publicamente as miñas vergonzas.

Anónimo dijo...

Ollo Mol algo de razón leva, eche ben raro que o Apicultor, regaifeiro maior do contubernio, estea tan calado. Igual anda avergoñado polas cousas que se contaron entre o Medela e máis él na homenaxe ó dono, indiscrecións todas producidas entre os excesos e efluvios propios dunha grande noite, e xa se sabe...non llelo contes a ninguén, pero a min dixéronme que tal e que cual, e vota outro campano, que é como lle din en Lobeirense ós vasos de viño de tubo sen aire, e de ahí veñen éstes lodos, de momento sen tempestades. Éllelo malo das celebracións

Anónimo dijo...

"Vaso de tubo sen aire"
Fondas e saudosas resoancias poético-festeiras.
Xa estou chorando.
"Campano": Mieres, 2004. Levo un amigo de Lobeira que quere morrer en Gijón. Paramos en Mieres e mandamos cadanseu campano. As do bar, tan bonitas que parecen irreais.
Estaba sol, todo brillaba.
Poñemos a radio no coche: "Ibiza U nderground, dos Minuit Polonia.
E o Natal continúa sen a miña avoa, sen este amigo que morreu en Gijón e outras persoas que se perden na lembranza irreal.
Cumprimentos, grazas.-

Anónimo dijo...

Hai un pequeno problema, un pequeno pormenor non aclarado:
Non apostaría a vida en quen vén sendo realmente Apicultor.

Anónimo dijo...

Señor Medela, para que vexa que aquí apañamos todos e que a rede está infestada de detectives crepusculares, ou corpusculares, lea estas tres intervencións de "Petición para Bolaño" e do propio Bolaño de non hai moito, a ver se así se lle cura a saudade. Quen cré vostede que anda detrás de todo isto? Eu xa non entendo nada nen me fío de ninguén. Isto está minado, Don Júlio, fágame caso. Fai ben en desconfiar de quen ven sendo Apicultor, vostede que o viu en persoa e que o tratou de cerca, cando menos o día da cea-homenaxe. Saudos.


Petición para Bolaño

Convidado
Publicado: Xov Dec 25, 2008 10:46 pm Asunto:


Roberto Bolaño e demais nicks concorrentes:

Permítome, meu prezado amigo, facerche unha petición que é un rogo ao mesmo tempo. Estaría moi ben que, ademais de vivir a literatura vicariamente a través dos autores que admiras, te puxeses ti dunha santa vez mans á obra. Quero dicir, meu, que escribas ti, que te lances á piscina, que perdas o medo a ser rexeitado, que demostres a túa valía literaria, que intúo moita. Dígoo en serio, francamente, sen ningunha retranca. Só así serás plenamente feliz, digo e subliño: plenamente.

Alguén coma ti, que ama como ninguén a literatura, ten que ser por forza un novelista: estás obrigado por esa pulsión que levas dentro e que non deixas saír, por timidez ou por considerarse incapaz. Non, meu, máis autoestima, que aquí xa sabes que hai moito chiquilicuatre desvergoñado que se pon a escribir sen saber un o cun canuto. E ti fumas con moito estilo. Ti sabes escribir, tes moito diso que lle chaman background, moita literatura lida, moita literatura acumulada dentro dende que te chamaban "o novelista". Dalles un pau a aqueles que así te chamaron despectivamente e demostra o que vales, que intúo moito.

Que é moito choio? Que se cadra a cousa non che sae como quixeses que saise? Pois iso pásalle a todos. Ou que pensas? Que todo sae á primeira? Que Bolaño ou García Márquez ou Rulfo ou Marsé (ou incluso ao teu admirado Caneiro) non tiveron momentos de desánimo, de bloqueo, de considerarse unha nulidade? Pois si, meu, pois si, eles tamén. Así que tesón e moito traballo, que capacidade e imaxinación tes de abondo. E dígocho en serio, francamente, sen ningunha retranca. Tírate á piscina, meu, que xa verás como sabes nadar. Á final, ti plenamente feliz e nós tamén felices léndote. Que máis podes pedir? Que máis podemos pedir?

Veña, meu, adiante a toda máquina. Non pares, hostia. Dámosche un prazo máximo de dous anos, prezado letraferido d´Arroutada. Se a túa primeira obra non sae unha obra mestra, sen dúbida que ha ser unha obra ben digna. Mais xa sabes que a mestría só se consegue camiñando (ou sexa, escribindo). E xa vai sendo de que te poñas a correr como bo corredor de fondo que es. Veña, meu, adiante a toda máquina. Non pares.

Unha gran aperta e que teñas unhas boas festas.




Roberto Bolaño
Convidado

Publicado: Ven Dec 26, 2008 11:53 am Asunto:


Estimado amigo descoñecido, con retranca ou sen ela, agradézoche a confianza que fas en min e o ánimo que me dás, pero creo que vai ser que non. Non por nada en especial, pero nen teño tempo (cada un sabe as suas), nen teño idade (agora con ir capeando o temporal dos anos xa teño de avondo), nen teño ganas (timidez?, cobardía?, consciencia das propias limitacións?), nen teño... para acometer semellante empresa cervantina. Nen teño vagar para porme agora a razoar sobre a diferenza entre un escritor de raza e un "escribidorciño" ou "escrevinhador" de ínfima categoría (digamos da parte baixa da tabua da terceira rexional como moito, se é que aínda existen esas categorías). Así que iso de "a correr como bo corredor de fondo que és" e "adiante a toda máquina" caime mui simpático e faime rir até escachar, pero as cousas son como son e os tempos de correr polas nosas corredoiras, mesmo pola faldas de Montjuïc ou do Tibidabo (daquela un amigo chamábame de coña "o foguete do Tibidabo"), xa pasaron. Agora é tempo de bata, pantuflas e reconstituinte. E mais coa pata meio quebrada que teño nestes momentos (así e todo non paro de sair e andar sobre ela, castigándoa duramente). E para que te vou enganar, acaba de me informar a miña señora, que sempre anda ao loro destas cousas, que están a ponto de inaugurar Condonia no barrio, aquí mesmo, perto da casa, e que vai haber condóns de todo tipo, talla, modelo e condición, e que os prezos van ser normais, menos os da talla XXL, que van custar mais caros. O que faltaba, xa ves en que se me vai ir o pouco tempo do que dispoño; porque, iso si, eu vocación de ermitaño da escritura non teño. Entre pasar por alí a probar o material para ver cual é o que mellor se axeita á miña talla (a XXL case estou por apostar que me vai resultar excesiva) e que se este modelo e estoutro, alá van as horas da novela que nunca escreberei. Meu, comprende as cousas, o asunto está difícil, o inimigo ataca por todas as partes e non dá respiro; mesmo parece que se empeñara en non deixarme acougar para porme a disposición das musas (que sería das musas, que xa ninguén fala delas). E voume, que temos a maleta a meio preparar e hoxe ás oito camiño da terra. Eu tamén che dou unha gran aperta e desexo que teñas unhas boas festas.



Petición para Bolaño
Convidado

Publicado: Ven Dec 26, 2008 12:40 pm Asunto:


Eu non son Losada Diéguez nin ti Otero Pedrayo, pero así como o primeiro lle dixo ao segundo: -Xa tes corenta anos e vai sendo hora de que te poñas a traballar, así tamén cho digo eu, prezado letraferido d´Arroutada. É difícil ver a alguén tan entusiasta da literatura coma ti, esa é a verdade. Por iso sei que levas un escritor dentro que tes que deixar abroiar. Que xa pasas ben dos corenta anos? E que? Hoxe temos máis lonxevidade. E aínda que te aproximes aos sesenta, amigo Bolaño, aínda es novo e tes unha vida literaria por diante. Creo que te pos o listón demasiado alto e iso non é bo. Demasiada autoesixencia actúa como un bloqueo, dígocho eu. Que nunca gañarás o Nobel? E que? Tampouco o gañou Cunqueiro. Que farías só unha obra ou dúas ou tres? E que? Acaso Rulfo non é un dos teus? Non te poñas máis desculpas, meu. Ponte ao labor. Agora vai uns días onde a nai física e a nai telúrica, recarga as pilas, cúrate da perna, pero vai pensando en algo: o argumento hai anos que o tes aí, sábelo ben. Á volta ponte a parir as primeiras liñas. Deixa que o texto flúa, que logo xa o corrixirás. Insiste, non desfalezcas. Así serás plenamente feliz e nós leremos o teu primeiro libro dentro de dous anos. Ademais, a túa muller quedará contenta e o do negocio de condóns tamén. Verás como cando leves a novela pola metade como o teu vigor sexual se acrecenta, como rexuveces. Sen retranca cho digo, só con cariño, meu. Estas son as miñas palabras e deberías facerme caso. Feliz reencontro con Allariz e mellor ano aínda.

Anónimo dijo...

E eu suscribo plenamente o antedito, ánimo que esperamos, somos sabedores do teu talento porque así nolo levas amosado no día a día, en cadaquén dos diversos e heteroxeneos persoeiros en quen te nos representas e nos sorprendes. Hai moita literatura agardando brotar en tí, non permitas que se disperse inútilmente, aloumiña esa preguiza que te traba coa súa esixencia.

Anónimo dijo...

Pregúntame un anónimo entre tantas intervencións neste post que penso eu sobre a deriva do BNG. Hai tempo que claudicou do maximalismo: fixo como que non via bases programáticas nin consignas upegueiras. Entendeu que a súa saída non era que Quintana imitara a Artur Mas, senon que o partido imitara a outros partidos de corte nacionalista, aínda que burgués. A estratexia de apoiar sectores industriais de nome galego ou de apoiar iniciativas plenamente burguesas nese ámbito escapa claramente das directrices sociais das bases do BNG. Pero tamén é certo que atopan o seu lugar natural. O lugar substancial do nacionalismo, tras varios rodeos ideolóxicos de corte esquerdista. Agora Quintana amosa o seu verdadeiro propósito: a creación dunha forza de centro dereita nacionalista capaz de gobernar un país coma fixeron o PNV ou o CiU: cos vimbios esquerdistas non ían a ningún lado. Non é de estrañar que o think tank ande galanteando co PP posibles pactos. Esto é o que outros chaman tacticismo, estratexia, posibilismo, centripetismo. Para min é a volta ás esencias do nacionalismo: o noso (sexa o que for) por diante. Sempre.