18 dic 2008


Dende Europa

PAN POR PAN 18-12-08

Por aquí sempre fomos moi mirados con todo o que viña de fóra, visto sempre como símbolo da modernidade. Moitas veces satirizou Castelao o papanatismo dalgúns paisanos galegos ante a volta dos ‘americanos’, isto é, os emigrantes que volvían ricos das Américas. E aínda hoxe aceptamos case con devoción calquera opinión extragalega sobre as nosas creacións culturais: se hai boas palabras fóra do país sobre un libro, unha película ou un pintor galego, xa está medio camiño feito. Agora o Consello de Europa acaba de tirarlle das orellas á Xunta e eu creo que a todos os cidadáns galegos cun informe que con sidera insuficiente o uso do galego na educación e reclama unha necesaria mellora en ámbitos como a xustiza ou os medios de comunicación. Dicímolo todos os días moitos comentaristas e case dá vergoña ter que repetir o evidente. Agora tamén nolo din dende Europa: a ver se así funciona.

16 comentarios:

xOsedorrio dijo...

É curioso que nunha visita de catro días -a todas as rexións bilingües do estado- visen máis que moitos dirixentes políticos e medios de comunicación afíns que seguen afirmando que o que está en perigo é o castelán. Por certo, que estes medios -e mira que eu mirei- ignoraron a noticia, tendo tan só repercusión en medios locais das comunidades afectadas.

Anónimo dijo...

Non sae o que non interesa que saia, pero contrariamente o que pensa algunha xente a mín pareceme que o que fixo o Consello de Europa, que mutatis mutandi é como aquí o Consello da Cultura, dito con moito respeito dende o Presidente o último conselleiro, dan razón de intencións, vontades, opinións, pero lamentablemente ca realidade non contan.
!Ostia bendita¡, que o que pasa co galego non se pode mirar polos mismos parámetros que o catalán, que o falan os máis e queren impoñelo os menos, ó vasco que non-o fala ni cristo e quérenllo impór a todos, o bable, a fabla, o árabe, o berebere.
O galego, falámolo todos, certo que algúns na intimidade,- parezco Etxe- e só falla que se vexa que é a nosa lingua, a nosa maneira de facer, de amar, de traballar, de facer política. O día que o academos non ten por que vir ninguén, ou si ven, que veña.
Perdoen, pero cando aparecen os burócratas, quéntome.

Anónimo dijo...

Xa que logo na defensa da lingua somos todos e todos somos poucos, cómpre dar unha boa nova: a tradución ao galego de "A conxura dos necios" de John Kennedy Toole.
Parabens!

Balonga dijo...

Xa que logo na defensa da lingua somos todos e todos somos poucos, cómpre dar unha boa nova: a tradución ao galego de "A conxura dos necios" de John Kennedy Toole.
Parabens!

Anónimo dijo...

¿Esas son as túas películas favoritas, Balonga? ¿E xa está?

E mira unha cousa, ¿non teremos xa necios de abondo por aquí, sen necesidade de que nolos praduzan?

Sic transit gloria mundi...

Anónimo dijo...

¡Carallo! Praduzan... Insisto, sic transit gloria mundi...

Balonga dijo...

Vaiche custar abondo superarte, mais, nihil obstat a que o tentes per fas et per nefas.

Anónimo dijo...

Por razós ou por collós, que é máis galego.

Anónimo dijo...

Alterius non sit qui suus esse potest.

Non o creas, Balonga. Téñome superado cantidade de veces. Cheguei, deliberadamente, ata o máis fondo -ou máis elevado, non cho teño nada claro- da estupidez. Cómpre facer unha inmersión -mergullamento- por eses eidos de vez en cando. Á fin e ó cabo, vivimos, igual que fetos perpetuados, nun líquido amniótico, un de cuxos ingredientes ven sendo ese, a estupidez.

Perdoa a miña. Non había mala intención.

Anónimo dijo...

Eu comparto a "boa nova" á que se refere Balonga e tamén me parece ben o tremendismo "amniótico" de "o mesmo", por calificalo dalgunha maneira. Pero teño unha dúvida sobre as traducións ao galego. Creo que hai que traducir ao galego o mais que se poda, pero... Ten ou non ten que haber algún criterio selectivo? E non me refiro tanto á cualidade literaria do libro, que no caso de "A conxura dos necios" está fora de toda dúvida, como á oportunidade ou non da tradución. Para quen se traduce este libro? Quen mais quen menos dos que andan por este blog, por exemplo, ou que xa teñen/temos unha certa idade, xa o limos no seu momento en español e non imos compralo outra volta por moito que o traduciran ao galego. E a xente nova, vedes á xente nova coa "crise" que hai comprando "A conxura..."? Non sei, eu teño dúvidas sobre a oportunidade da tradución dun libro que xa "pasou a mellor vida en español". Pero como teño dúvidas, non estou nada seguro de que a cousa sexa como eu digo.

Balonga dijo...

Todo claro,todo aclarado e todo esquecido. Adiante.
Polo que atinxe a tradución eu coido que é un chanzo máis na normalización do Pais e sempre estará para o futuro. Agora póñese en valor a tradución que Otero Pedrayo fixo de Ulises de James Loyce no 1926. Alén diso, cada un ten os seu amores, e os meus son a miña adorada Liz e "A conxura dos necios", que xa hoxe non se podería ecribir: como se perdería a señorita Trixie destrás dos arquivos, se xa non hai, todo está nos computadores. Como sairían voces de detrás dunha nube de fume, se xa non se pode fumar. Como lle tentaria ver Ignatius Reily,na primeira fila do cine, as caries a súa actriz favorita, se todas teñen unhas dentaduras resplandecentes. . .

Anónimo dijo...

Señor Balonga:
A señorita Hurley é musa das Uvas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Non nola secuestre...

Anónimo dijo...

Non entendo como algunha das consellerías gobernadas polo BNG mantén (Vicepresidencia en Lugo) ou nomea (Cultura Lugo) a persoal de alta dirección (xefes de servizo) que falan en español.
Un mínimo de coherencia na defensa do noso idioma levaría, cando menos, a aplicar a LNL sen excepcións.
Ou sexa que devoción pero non teórica sen práctica.
De pena.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O que si parece escandaloso, coma sempre, é o de nomear xefes de servizo. Eu sempre pensei que eran funcionarios ao servizo do que pinte. Ou iso quixen pensar, pero xa sabemos como funciona todo.

Nota innecesaria: que este exemplo sexa o do BNG non quita para que a práctica sexa idéntica para os demáis partidos.

Anónimo dijo...

Cómpre traducir con base en criterios de calidade, xa que a oportunidade se volve tan difícil de aquilatar. Hai que dárllelo aos novos que chegan e fornecelo tamén para os non tanto que queiramos lelo de novo ou aínda non o leramos (ben deles, libros e lectores). En todo caso, a madurez do sistema esíxeo.

Outra cousa é procurar darlle dimensión (máis ou menos adecuada) ás edicións. Que sobre a menor cantidade posible de papel.

Balonga dijo...

Señor Edgar, vostede polos seus apelidos, non é obxectivo. Eu tampouco.
Mais, endexamais lle secuestraría a señorita Hurley o seu dereito de autodeterminación. Que ela decida.
Quizabes, é mester que a Xunta de Galiza facendo uso da súa soberanía e mailas súas finanzas, faga unha O.P.A. ao Goberno de "Su Graciosa Majestad" e merque a señorita Liz, pra nacionalizala como un Ben Nacional e daquela sería a musa de todos. Das uvas tamén. Solucións hainas,mais, cómpre ter boa vontade.