6 ene 2009


As leis da natureza.
PAN POR PAN martes 6-1-09

A miña sobremesa está a cotío chea de crocodilos que atacan ñus, elefantes que se enterran na lama e osos polares a cazar crías de foca. Non me aburren os documentais, sempre encontro algunha suxestión neles. Onte emitiron un titulado “O león cruel”. Trataba dunha familia de leóns que non seguía as tradicionais e esforzadas técnicas de caza. Pola contra escollía animais, crías sobre todo, debilitadas pola seca e dáballes un final horrible, moitas veces devorándoos vivos nunha longa agonía.
O título era enganoso: o león non pode ser cruel, nin ningún outro animal. Simplemente segue os seus instintos primarios, alimentarse, reproducirse, etc. As leis da natureza protexen a supervivencia das especies, non a dos individuos. Os homes usamos a tecnoloxía para “corrixir” a natureza coa civilización. E non sempre acertamos, nin moito menos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Antropormizamos ós animáis decindo que son "cruéis" e cousas así, calificándoos atendendo a criterios culturalmente en vigor. Noutros tempos resaltabamos o seu ateísmo, ou a sua falta de "alma".As femias de moitas especies eran eufemísticamente calificadas como "unhas putas zorras" en épocas de represión sexual. Xa non falta quen busque aspectos "machistas" ou "feministas" nas especies, que podian aportar novos criterios de clasificación acordes cós tempos.
Está ben que o home (no senso xenérico, non no restrinxido, como se deduce do contexto) sexa a medida de todas as cousas...pero tanto, tanto...


E antropormizamos á propia natureza ao falar de "leis naturáis", enunciados adaptados á mente e ás linguaxes simbólicas do ser humano. As leis naturáis son en realidade unha especie de "tautoloxías necesarias" que derivan da "primeira" (non no senso "temporal", outra construcción humana) e máis mais misteriosa de todas elas.