21 ene. 2009


Bye, bye, Bush
POR ANXO TARRÍO VARELA

O artigo completo
O único que a este cronista lle desgusta e que se repite con excesiva frecuencia en todos os discursos políticos americanos é a invocación á instancia divina, a ese Deus improbábel que permite tantas traxedias e non cercena as mans dos que someten o mundo en beneficio propio. Mesmo como ocorreu con Íngrid Betancourt, que nada máis ser liberada do secuestro ao que a someteron cruelmente as FARC comezou cunha serie de invocacións á Virxe de Fátima e cousas así que fan desconfiar. Ese Deus que tanto lles serve aos políticos para un rachado como para un descosido, xustificando, neste caso, tanto a pésima xestión do presidente saínte, G.W. Bush, como os máis que previsíbeis fallos do entrante, Obama, pois todo será vontade de Deus. Polo de pronto, Obama invitou á cerimonia da súa toma de posesión como presidente ao seu amigo o pastor Rick Warren, coñecido inimigo das unións de parella homosexual e, xa que logo, defensor dunha discriminación equivalente á que sufriron os negros en América até agora.
A ver cando desaparece Deus do consello asesor dos políticos e se limita a consolar aos seus pobres seguidores.

22 comentarios:

o mesmo, pero disimulando dijo...

Sinto unha certa lástima polo autor deste artigo. Síntoa e non a vou racionalizar agora. Limítome a expresala, porque creo que debo facelo. É o que me pide o corpo.

apicultor dijo...

E logo? Déixanos intrigados coas súas palabras, amigo Mesmo.

Anónimo dijo...

Los Presidentes Norteamericanos y Republicanos Eisenhower, Nixon y George W. Bush, lo más favorables a los intereses de España.

Cándida Medela (ausente en Zurich) dijo...

Ufffffffffffffffffffffffffff
Que aliviado me sinto!
Acabo de queimar a postal plastificada da Virxe do Viso, que levo na carteira desde hai vinte e cinco anos.
Estiven a punto de me tornar un cruel sometedor do mundo no meu egoísta beneficio, nun clon da Betancourt, nun terríbel homófobo.
Parvo de min, a quen se lle ocorre procurar consolo en semellante fetiche animista!!!!!!!!!!
Grazas, señor Tarrío, ten Vde. o Ceo gaño...

Anónimo dijo...

Medela, ainda lle queda outra, quite a imaxe da ghuantera do portaretratos "no corras" do seu auto, home de dios.

Yaiza Cordeiro Medela (Miss Boimorto) dijo...

Si!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
E o autocolante da virxe da Peneda:
"Senhora da Peneda--Dai-nos boa viagem".
Estou abraiado comigo mesmo. Non sabía deste meu acendrado atavismo...

Lex Medela Luthor dijo...

Todas aquelas horas perdidas... Todas aquelas cervexas na churrería Lolita, Hermanos González ou similar, esperando pola miña avoa... Aquelas tres horas (no mínimo), na Peneda, no São Bento das Portas Abertas, nos Milagres de Molgas, na Clamadoira de Muíños, no Viso de Lobeira... Todas aquelas horas miserablemente perdidas!
Que oscurantismo!
Que animismo!
Que ignorancia a miña!
E a coitada da miña avoa (q.e.p.d) sen saber (supoño) que estaba a facer de min un axente da reacción, un kulak irredento, un contrarrevolucionario, un lacaio do imperialismo, un axente secreto do goberno de Formosa, de El Salvador, de K.A.O.S., de Lex Luthor e Darth Vader, do colonialismo e do secuestro mental...
Mais sempre hai luz no fondo do túnel. Nunca choveu que non escampara. (Ou é 'escampase'?).
Hoxe torneime ave fénix.
Era fácil: Unha simple estampa relixiosa...

Anónimo dijo...

Míreo polo lado positivo, fixo turismo gastronómico-relixioso.
Sabe apreciar como ningén os olores, sabores e sons dunha romaría.
Qué cousa mellor hai que dar conta dun prato de madeira de ameneiro cuberto de talladas de pulpo, regado de tinto matute de almacén, mistura de olor a cera queimada, e fume de churrasco, música da banda de Bande , ou os gaiteiros de Carpazás, tanguendo os primeiros sons para a sesión vermouth, a voz tronada dun cura que despide polo altofalante do campanario do santuario a última misa rezada, o estoupo dunha retreta que rebenta no ar, as bandeiriñas de cor universais , Chile, Perú, Colombia, Inglaterra, de los Estados Unidos, e Galega, ondeando no torreiro… A sua amistade cos Chabaud, quen a paga Medela?. Non hai diñeiro de curso legal que o pague.

A Avoa Concha non sabía que o muelle sempre salta polo punto oposto da aplicación da forza.
Ouviu, non se olvide de retirar tamén o escapulario de ouro do pescozo bendecido polo D. Manuel S., non vaia ser que se revolva unha noite e lle aprete indebidamente, nun soño a gorxa e o deixe sen respiración.

o mesmo, pero disimulando dijo...

NUNCA CONSEGUIREMOS QUE FALE DEUS NO NOME DOS HOMES. SEMPRE FALAN OS HOMES NO NOME DE DEUS. (E mirade o que pasa)

Teño sen abrir unhas guindas de hai vintecinco anos -de verdade, non é broma, vintecinco (25) anos metidas nun garrafón-. Vou abrilo esta noite e penso largar varios lingotazos de categoría teocrática, confesional, aconfesional, laicista, suicida -pero non como pensades, senón referida ó porco latino que tiña declinación propia-, antropomórfica, deicúbica, anglosaxona y fitosanitaria. Anafiláctica, tamén. E anfibia. E para iso, urbasón en vea a tope ou polaramine ou algo así.

Estou moi aburrido, moi aburrido. Menos mal que mañá, 22, hai feira en Rábade e poderei agasallarme cunha enchenta de pulpo.

Penso agarrar unha pítima que nin Dios. E logo dormir ata que os soños me rebenten a inconsciencia.

Estou chegando ó límite, de veras.

Acordareime do proteico Medela e do apacible Apicultor. E de todos, claro. Faltaría máis.

Jalepá ta kalá. Quérovos.

Anónimo dijo...

Disimulando, que lle sirva, que non lle reste, salú.

XDC dijo...

Non sempre se invoca a Deus. Ás veces, é a algún santo, i.e. o Apóstolo Sant-Iago, tocaio do Von der Stein.

Ás veces, arréglache máis. Coma nos hospitáis, que che arregla mellor o chanchullo de saltarte a lista de espera un administrativo que o director.



Non é que Deus non exista. É que está na hora do café. A hora do café de Deus dura un par de millós de anos, e a nosa especie humana desenrolóuse precisamente, nese intre. Estamos abandoados.

Eu son moi devoto do Templar, Simón Templar.

Chámame a dona...

Lolita Medela Chabaud dijo...

Anónimo mié ene 21, 08:18:00 PM:
Grazas, grazas, grazas.
Grazas por esa descrición caleidoscópico-sensorial das romaxes.
Grazas por esta frase:
'A sua amistade cos Chabaud, quen a paga Medela'.
Ouviu? Se Vde. refire a don Manuel S., si, a don Manuel de Parderrubias, só podo estar agradecido a esa persoa.
O do escapulario que se tornou sedeño enforcador, simple e sinxelamente xenial.
Sabía, socrático anónimo? As romaxes son versión zip-comprimida da vida, son homéricos relatos mascarados en mito, aínda que moito máis divertidos...

a-teo dijo...

Están a converter isto nunha sacristía que cheira a cera, incienso, suor e outras cousas pringosas que levan na sotana algúns curas.

Anónimo dijo...

Mire que lle quero dicir, A-teo, non se moleste, os curas agora poucas sotanas gastamos, agás para darnos a respetar á hora de adiantar algún palpelciño nalgunha administración, a sotana, ainda impóm.
A sotana tamén pode levar restos de arseniato dos escarabellos, dunha argana de palla de centeo, despois de revolcarnos nunha palleira con algunha feligresa de bo ver...

a-teo dijo...

Seguro que cando se revolca coa feligresa leva sotana para darlle máis morbo. De aí veñen logo esas estrañas machas pringosas.

o mesmo, pero disimulando (xa encetei o garrafón. caralludo, oian, caralludo) dijo...

E non lle chega coa ama? Íncubo, cona!

Non ven vostedes que non se pode falar de Deus? Miren a que se armou.

A Nínive e a Babilonia.

Viva Falstaft!

Si, xa encetei o garrafón. dijo...

Que pasou? Quen me cortou a nomenclatura? Cago no rabo do porco!

Os curas, carallo! Ai, Deus, se houbese un sulfato!

Vou rezar unha estación ó Santísimo.

Ludmila Medela (Miss Rábade) dijo...

jajajajajajajajajaja
Viva o licor de guindas!!!!!!!!
Espero que o señor Mesmo/Disimulando tome un caneco á miña saúde.

xOsse dorrío dijo...

Meu deus (con perdón)!! Como está o patio!!

o mesmo, pero disimulando dijo...

Non pida perdón, ho, e súmese á festa.

Como din os mairiñeiros -gameleiros- de Panxón, esta noite escorei. (Escorar para eles é pasar toda a noite no mar) Eu escorei en terra. Levábamos moito tempo baixo presión. E iso non é bó. A min máis de dous días en plan trascendente escarállanme moito.

lobo neghro dijo...

Sí, os comentarios deste post son xeniales. Volvemos a recuperar a lubricidade e ó noso mellor Medela.

Eu pasoo caralludo, que lle queren. Mecaghonaconamoura!

o mesmo, pero disimulando dijo...

Pois eu na cona rubia, vikingo-céltica, por un elemental respecto o novo Emperador.

(O certo é que as conas rubias adoitan pertencer a un corpo branco branco coma un queixo do día. E con pencas amarronadas. O queixo goréntame. A carne tan branca... ¡Hum!)

¡Viva a cervexa belga, que non atopa acomodo no patíbulo das nacións! (E agora sigue un aturuxo)