26 ene. 2009


Disputationes, Bieito Iglesias, ANT 23.01.2009
Imaxe de Antonello da Messina

Escoitaba de neno con paradoxal cepticismo (non lle acaece a descrenza a un tipiño en calzas curtas) o relato da soldadesca romana á procura de Cristo na Zarra das Oliveiras, valéndose de emplumados confidentes. Interrogaba o lexionario a un tinco que mentía: “Tin, tin, por aquí non o vin.” E a un chasco delator: “Chas, chas, por aquí ben vas”. Se caro me custaba crer estas paxaradas, imaxinen o pirronismo que me invade hogano cando xa non aves, senón autocarros entran en relixión. Trala teoloxía da liberación, chega a escolástica do autobús, co carrito (así se chama o ómnibus auriense) lucindo na fuselaxe lemas a favor e en contra da existencia de Deus. A chapa usábase ata agora pra publicitar bazares; no sucesivo servirá de soporte ás cinco vías de Santo Tomé. Axiña veremos avionetas con cartaces pendurados nos que, en lugar de anunciar “Laxante Bescansa”, se difundirán resumos de filosofía tomista. O ateísmo marcha sobre rodas, pero póucalas grazas aos letreiros das carrocerías. A fe resulta minada por palestradores como un tal De Grey, quen acaba de prometer a vida eterna sen ningunha ascese moral. Seica abonda con gardar a boca (nada de comerotas, cheas ou borreas de tabaco) e ter sorte coas combinaciós xenéticas dos devanceiros. Velaquí a eternidade a prezo de bonobús.

9 comentarios:

XDC dijo...

Certos colexios profesionáis recomendan aos seus membros non facer publicidade en certos medios, entre os que se atopan os autobuses, porque se consigue o efecto contrario ao desexado. A coñecida relación medio-mensaxe. O medio deber ser axeitado ao que se anuncia. O dos aviós que di o Bieito, igual era mellor, falando de Deus. Pero se escriben a mensaxe no Ceo con fume de cores, como nas exhibiciós do exército do aire, non levar un cartaz preso por un cordel.
(Logo sigo, que o tema da de sí. Teño que me erguer).

XDC dijo...

Ós que din que Deus existe, eu pregúntolle si "en acto ou en potencia".

Os deuses atópanse adastora discutindo verbo da nosa existencia. Un de eles porfía que sí, que nos fixo él, soplando no bulleiro colorado. Os outros rinse de él como naquel relato de Wilde "O home que facía miragres".

O anuncio dos buses tiña que decir: "Deus, existe. Este autobús anda sin gasofa. Miragre puntual. Colaboración do Ceo".

O dos aviós, sí que podía estar ben. Dibuxando có fume, no ceo, o triangular Ollo De Deus, e os trazos radiáis do seu aura. O ruído da "onda de Match" simulando ser aquela Voz grave que dixo "Este é o meu Fillo moi amado".

Que simpático sería, que o autobús ateos e o dos creintes chocaran nun cruce,na rúa. Non bastaría apolicia local pra determinar cal dos dous tiña razón. A cousa mediatizaríase tanto, que o Vaticano pagaría o mellor bufete de abogados do mundo en non repararía en gastos pra gañar o xuizo simple de un accidente de tráfico.

XDC dijo...

Agora falta o autobús que pase raudo e veloz diante dos nosos lendas coa sua lonxitudinal lenda: "Eu tamén son Anxo Quintana!".

Tamén o leva escrito na parte de adiante, pero de xeito especular,como as ambulancias, pra espantar ó conductores que miran por o retrovisor.

Pode existir o Demo sin existir Deus, ou viceversa?.
Temos así, como producto cartesiano, catro tipos de xente según que crean ou non en Deus (primeira compoñente binaria do par ordenado) ou crean ou non no demo (segunda compoñente):
(0,0)= ateos e "ademos"
(0,1)= ateos e......cómo se chaman os que non creen no Demo. Alinguaxe é ben limitada en asunto teolóxicos!.
(1,0)= creentes e "ademos".
(1,1)=creentes e...boeno..."creentes globáis".
Si engadimos unha terceira compoñente según a creencia nas bruxas (pódese creer nas bruxas sin creer no Demo que lles da senso?), a cousa dispárase:
(0,0,0)
(0,0,1)
......

A variable podía nos ser binaria senón "borrosa", galega, creer, por exemplo, en Deus, nun 47,3 %.
Os autobuses acabarían por pelexar por as porcentaxes. Mellor que a cousa quede en 0%, 100%. Binario.
Anque non sei si é realmente binario, porque para eso debería haber "equiprobabilidade", e eso xa é máis que discutible. Entaríamos nun escorredizo terreo de paradoxas frecuente na matemática probabilística do que non quero oir falar. Traeme malas lembranzas.

xdc dijo...

Nada, nada. Sempre me deixades sólo cós asuntos fodidos.

Me dejáis sólo me dejáis sólo!!. Era o que sempre berraba o gardarredes cando xogabamos ó fútebol e encaixaba un gol. Tamén, sempre se tiraba ó chau, anque o tiro fora por outro sitio. O caso era facer o paripé de tirarse ó chau. Sí, daba a impresión de que facía o que podía. Qué importan os resultados!. O que importa é aparentar que se está facendo algo.

A mín gustabame moito a teoría aquela según a cal os deuses eran extraterrestres que chegaron do Cosmos en "carros de lume", e empreñaron ás femias simias terrestres que "acharon graza ós ollos dos deuses", de xeito que o home nacéu "a imaxe e semellanza" dos deuses. Vaia decadencia, de "carros de lume", a autoubes que botan un fume negro que atufa, pola mala carburación.
O profeta Elías está xa entre nós. Disfrazado de chofér nun dos "autobuses que creen en Deus". Xa sólo faltaba que o autobús petase contra un ciprés ateo.

Tamén me gustaba a teoría de Demond Morris, segun a cal a idea de Deus é unha "hipertrofia" dos instintos simios relacionados coa xerarquía, frecuente en case todas as especies de simios. Os animáis non xerárquicos, nunca rematarán por concebir a ide de Deus, por moito que evolucionen. As formigas deben de creer en Deus o doble que nós, en proporción ao seu tamaño.

xdc dijo...

O Deus debe de ser algo así como a "enerxía" dos científicos.
A enerxía non existe. É unha abstracción. En realidade o que existen son as suas "manifestaciós". Cando desaparece baixo unha apariencia, aparece noutra. A sua cantidade nun sistema "aislado" é constante. Hai algo de tautoloxía en todo eso. As "formas da enerxía" e os xeitos de medila defínense de xeito deliberado pra que eses principios básicos se cumplan. SOn as definiciós que se consideran "con senso".
A quen cree en Deus, este "maniféstaselle" de mil xeitos. Imaxino que acomoda a sua percepción "intelectual" de xeito que a sua mente lle de senso a esa creencia. Como quen trata de ver formas nas nubes. Poderíanse facer "test de Roschah",aplicados aos acontecementos vitáis. Ver na tua vida o que o teu subconscente quere ver.
Pero o concepto de enerxia e a sua "conservación" non son suficientes. No Universo dase a sua "dexeneración", a pesar da sua conservación. Quere decir que perde a sua capacidade pra "facer cousas" a medida que se usa. Non sei si có fluxo de cartos pasará algo parecido, en influirá algo na crise. Teríamos entón un "Deus entrópico". Existe, pero pode facer cada vez menos, hasta rematar por non poder facer nada, o que, a efectos prácticos, é como si non existira.
É a componente dexenerada de Deus o "Demo"?. Está o Demo asociado á "morte térmica". Existe unha fonte permanente de enerxía-Deus que compensa a dexeneración entrópica (Ceo)?. Existe un sumideiro(Inferno)?. No medio estamos nós, como maquinas ás que move ese fluxo enerxético permanente?. Qué ten todo esto que ver cós autobuses?.Por qué o polo atravesóu a carretera pola parte dianteira do autobús, habendo un cartaz clariño que lle recomendaba non facelo?.

XDC dijo...

Da Cova perdes moito aceite.

xdc dijo...

Vale, vale. Xa vexo que este fío é para mín.

Os que encargan o anuncio que proclama que Deus non existe, igual pensan que van facer cambiar de opinión a alguén que pense o contrario. Esto é: vostede cree que Deus existe e, cando lle suxiren que está trabucado desde a carrocería de un bus, cambia de parecer. O mesmo vale para o caso contrario. O único que consigue é cabrear ó que pensa do outro xeito, e posiblemente radicalizar inda máis a sua postura. Cartos tirados. Salvo que a finalidade perseguida sexa cabrearse uns aos outros, que todo pode ser. Si o que se pretende é "dar que falar", tamén se consegue. Pero, facer cambiar de opinión...esa é outra.

Os comerciáis de publicidade védenche os anuncios en autobuses como "a repanocha" porque "se moven por toda a cidade". Do que non se dan conta, é que en canto están nun sitio, non están noutro. Qué máis ten que se movan por toda a cidade, que que esten quietos nun sitio e que a cidade se mova diante de eles. Incluso é mellor que estén nun de ese paneles fixos, transmiten unha sensación de seriedade, de ter os pes no chau. As cousa que se moven sempre dan sensaciónT de arbitrariedade. Tamén din que chaman máis a atención as cousas que se moven, pero es é cando o resto das cousas está quieta. Cando todo se move, o que chama a atención é o que está quieto. Como cando parece que a lúa se move entre as nubes.

Tampouco entendo ben o uso da preposición "EN" neste texto:PREMER.Qué é eso de "EN" Cristo?. Está sintácticamente ben costruida a frase?. Eu non a entendo.Quere decir "...creendo EN Cristo?". Os curas usan moitas frases que parecen desafiar a gramática, provocan unha especie de "cortocircuito mental", fante sentir medio parvo.

Os outros, tamén, andan có de que "probablemente" non exista.PREMER. Qué é eso de "probablemente"?. Pra eso é mellor que non digas nada. Ou arre ou xo. Anque non sei se en inglés o matiz é lixeiramente diferente.

Tamén me chama a atención a diferente tipografía dos textos. Parecen ir dirixidas ós xa convencidos, en cada caso. Si as intercambiaran...qué pasaría?.

lobo neghro dijo...

DKV, non te rinda, lémoste e apreciámoste pero non temos vaghare de entrar ó trapo.

"Teño a miña filla sen casare porque non teño vaghare.."

XDC dijo...

Eso da tipografía tenvos a sua miga.
Imaxinade um anuncio a favor da fe cristiana, excrito en galego, con formato sms "dsfruta la vidA en Crsto", có típico "A" ácrata rodeado por un círculo e cousas así.

Eu penso moitas veces que as campañas antidroga do goberno debáin estar escritas nesa tipografía "underground", e na linguaxe underground. Que o texto puxera "A drogA é unha PutA merdA" con "A´s" rodeado por o círculo ácrata e cousas así.