15 ene 2009


En marcha a segunda edición

En pouco máis dun mes creo que a primeira edición xa está case esgotada. Só a libraría Torga de Ourense seica vendeu máis de catrocentos exemplares.

De feito, xa está en marcha a segunda edición. E eu alégrome por moitos motivos.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

O 29-N, antes do homenaxe no Liceo , o Delapierre i eu pasamos por diante da Torga, que estaba pecha por ser sábado á tarde, e vimos ao dono traballando dentro. Abanámoslle a persiana, petámoslle na porta e nos cristales, para que nos abrira, e poder así mercarlle un cada un, inda quentiños do forno. Nunca tal lle debéu pasar, clientes facendo escándalo na rúa, obrigándolle a abrir pra mercar un libro.
Que diga o Delapierre se minto.

Anónimo dijo...

É un libriño ben útil e moi ben escrito. E ademais ten un prezo módico. Daquela, é lóxico que chegue a ter varias edicións. Parabéns.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu escoitara que ian facer o mesmo coas demáis cidades importantes de Galicia. Escoitara. A ver se o amigo Saavedra orna Lugo coa súa sabedoría.
Parabéns en todo caso para o amigo Marcos por ser un bestseller.

Brétemas dijo...

A segunda edición está entrando no prelo. Estamos moi agradecidos ao tirón de Marcos e á calidade do libro.

Anónimo dijo...

Incomparable o meu caso co de Marcos. Moitos parabéns.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu non comparo: digo que de facerse unha Historia de Lugo semellante ben a podería facer vostede, amigo Saavedra.

(En voz baixa) E como hai brétema por aquí, pois xa se sabe...;))

Anónimo dijo...

Efectivamente o que conta XDC é certo. E ben educado o libreiro que nos deixoi pasar un sábado pola tarde, que dame nos abriu por Da Coba. O matinante fué eu, por que quería levar un libro para Lugo e non ter que depender dos amigos de Ourense para axencialo.
E tocante o que dí o Arume do traballo do Saavedra, pero amigo meu, se está a corrixir exames tódolos días. Non para, parece o Lándoa facendo post.

Silvio Falcón dijo...

Nada máis chegar a Galiza mercareino, seguro que paga a pena.

Unha aperta dende Barcelona!

Anónimo dijo...

Moitos éxitos coa Historia de Ourense.
Paga a pena lelo.
Despois de máis dun ano enganchada ás uvas, botándolle unha ollada tódolos días, este Nadal, merqueino alá polas terras do Orcellón. Libro de cabeceira na miña última noite de vacacións e boa compañía no Talgo de volta a Madrid.
Noraboa e ...unha suxerencia (ou suxestión???),...estaría moi ben un da historia da provincia.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

También se vendería en Castilla, si tuviera edición bilingue......

Anónimo dijo...

NORABOA!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Ehem. Para isto celebrar como é debido podiamos ir pensando no próximo contubernio.

Anónimo dijo...

Xa que saíu Lugo, doulles nova de algo que posiblemente non saben e poden ser de interese, xa que el ten sido tema aquí e tamén vén pola casa. E sobre aquilo, onte saíu isto.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Vaia, se se pode desde aquí, a miña adhesión á proposta de nomear a Darío Xohan Cabana como cronista oficial de Lugo.

Merce dijo...

Paso a saludarte e darche a miña noraboa, por todo este traballo. Fuches un gran mestre, e eres un grande en Ourense, deixas marca.

Saludiños.

Anónimo dijo...

Eu voume nomear cronista oficial da miña aldea. Voulles contar un caso.

Na taberna da aldea, cando pedías un café, o dono púñache tamén a azucareira pra que ter serviras como quixeras. Había un que sempre abusaba, e botaba unha morea de cucharadas. O dono discurríu a maneira de facerlle saber que se daba de conta. Un día, enchéu a azucareira de sal. O outro botóu a habitual animalada de cucharadas, e, tras o primeiro grolo, cuspíuno ruidosamente cara o chan.
-Cago en tal!!. ESto é sal!!. Trabucácheste!!!.

O outro probóu o café, aparentemente incrédulo, e dixo:

-Tés razón. É sal. Trabuquéime. Pero tú tamén lle cargaches de carallo.

lourixe dijo...

A ver logo se procuro o libro antes de que se esgote. O que veño de mercar de saldo e sen moverme de casa é o titulado "Ramón Otero Pedrayo", por 1€ nesta web de IrIndo.

Anónimo dijo...

Eu xa estou esperando a que se agote a segunda edición pra vender o meu, ben vendido, por internet. Pero o que vou vender é unha falsificación. Como aquel ladrón de novela que roubaba cadros famosos e, cando no mercado negro se enteraba de que fora él, vendáilles unha falsificación.