Fírgoas. Abrindo o disco duro
Marcos Valcárcel, La Región 12-01-2009
Gustaríame encontrar a tecla que abre o disco duro e dende aí ir sacando, de vagariño, as lembranzas esquecidas da miña infancia. Pero non é tan doado. Para empezar, imos con algunhas anécdotas escolares da infancia que mesmo lles teño contado a algúns alumnos. Eles, dende o que coñecen hoxe e o que viviron, raramente poden crer que pasaban estas cousas. E non hai tantos anos. Ou si.Colexio Pilar. Da miña etapa infantil, un dos colexios que tivo maior pouso na miña vida, para ben ou para mal, foi o Colexio Pilar, que estaba no Parque de San Lázaro, ó carón do edificio sindical. Saiamos a xogar ó recreo ó propio Parque. A dona era unha muller que levaba ese nome e o seu marido chamábase Rubén, profesor de francés: polo que lembro este me quería ben. Isto foi antes do Ingreso, un ou dous anos antes. O colexio seguía as pautas represivas da época: era habitual castigarnos, cando nos portabamos mal deixándonos pechados, ás escuras, de pé e con varios libros en cada man, cos brazos en cruz. A profesora marchaba e quedabamos caladiños, ás escuras.
(O artigo completo)
3 comentarios:
Rubén estivera preso na Prisión Provincial de Ourense por ser o enlace cos maquís, era militante do PC.
Manda carallo para o colexo do réximen. Un enlace dos maquis de subjefe.
Os punidos a estar cos libros na mau dentro dunha loxa escura, ben podìan baixar os brazos e descansar porque ninguén os vía. Así o castigo era meramente psicolóxico: soedade, escuridade, pero non físico. O castigado podía botarse a durmir.
Se cadra o Rubén ese era como os irmáns Villar, os da rúa de San Fernando,progres partidarios daquelo da letra, o sangue e entrar. Que lembraba Otero....
Publicar un comentario