(boa parte deste premio é tamén para compartir con vostedes, amigos/as da solaina)
VIEIROS (publicado tamén en gznazón.com)
RECOÑECEMENTO. Marcos Valcárcel, premio do PEN clube
O acto de entrega será en Compostela coincidindo coa presentación do libro de homenaxe que varios amigos do escritor están a elaborar.
Redacción - 16:30 13/01/2009
O escritor e historiador Marcos Valcárcel foi galardoado co Premio P.E.N. Galiza 2009, segundo fixo público a sección galega deste clube internacional de escritores. O premio destaca a unha personalidade da literatura galega que teña despuntado na defensa dos dereitos de expresión e de opinión recollidos na Carta Fundacional do International P.E.N. O galardón, que non ten dotación económica, consiste nunha peza artística “única e irrepetíbel” dun artista galego. Está previsto que o acto de entrega se celebre en Compostela coincidindo, de ser posíbel, coa presentación do libro de homenaxe que varios amigos de Marcos Valcárcel están a elaborar.
O xurado do PEN Galicia 2009 reuniuse onte e decidiu, por unanimidade, entregarlle o premio ao dito escritor e escultor. O xurado estaba integrado por Luís González Tosar, Gonzalo Navaza Blanco, Mª do Camiño Noia Campos, Marilar Aleixandre, Bieito Iglesias, Xesús Fraga e Xabier Castro Martínez. Segundo apuntaron, Valcárcel foi seleccionado pola súa defensa da liberdade de expresión e de opinión a través do blog As uvas na solaina.Neste sentido, o xurado tivo tamén en conta o traballo desenvolvido polo galardoado na cidade de Ourense e en todo o país a prol dunha maior promoción e difusión da literatura galega. Os membros do xurado tamén quixeron salientar que a figura do profesor Marcos Valcárcel, xa que "constitúe un exemplo de compromiso coas letras galegas e moi especialmente na proxección e difusión exterior dos autores ourensáns", afirmaron.
Reseñas prensa 14-01-2009 :
La Región.
Galicia Hoxe.
La Voz de Galicia.
52 comentarios:
Repítoo de novo: mil parabéns por un premio merecidísimo.
Mais non o comparta connosco. Como o premio é unha escultura, non é cuestión de rachala en cen anacos para repartila ;).
Todo depende de como sexa a escultura... e se non, sempre a poderemos "mollar".
Flicidades, web-amo... e boa viaxe...
Parabens para Marcos, este merecido recoñecimento.
Iso, boa viaxe. Que o amigo Marcos vaise este venres de viaxe catro ou cinco días a Florencia, a contemplar a Beleza. Virá, se cabe, aínda máis Sabio.
Parabéns e veñan outros. Páseo ben en Firenze e non se empache de beleza.
Noraboa polo premio!e que a viaxe a Florencia sexa inolvidable.
Estiven en Florencia hai moitos anos, daquela era mo xoven e andaba entusiasmada coa pintura de Botticelli ¡como non!pero o meu primer éxtase estético prodúxose coa contemplación das tumbas Mediceas a de Lorenzo co grupo escultórico do crepúsculo e a aurora ( os pés da aurora)e a de Giuliano co día e a noite (o non finito na cara de noite). Hai pouco lin o libro de Camille Paglia: Sexual Persoane, arte y decadencia desde Nefertiti a Emily Dickinson é aínda que moi politicamente incorrecto é interesante a análise que fai desa impresionante obra da etapa laica de Miguel Ángel.
Disfrute moito dun paseo polo Ponte Veccio, as e os florentinos son moi guapos.
Parabéns grandes para unha obra enorme, querido Marcos. E ten razón, é un premio tamén para todos os amigos que con vostede fixeron e fan este lugar prodixioso que é As Uvas na Solaina. E por ser de todos o premio, de todos os amigos que participan no blog, volve selo de novo dobremente para vostede. Porque non é que sexa difícil, é que é case un milagre o que aquí se logra. O PEN fixo alén diso algo importante: destacar a proxección cultural e política dun blog, do mellor, destas Uvas súas sempre na sazón.
Irmán: noraboa polo premio do PEN de Galicia. Non sabes cánto me alegro!!!! Un forte, forte, fortísimo abrazo.
súmome ós parabéns por un merecido premio
Parabéns, querido Marcos. Alégrome moito de que cho teñan outorgado, o que ven a recoñecer o teu traballo e a túa actitude vital de cooperación, talante e tolerancia, xunto coa insubornable defensa da lingua e da cultura propias de Galicia.
Benquerido Marcos,
veño de oír a nova no Diario Cultural. Os meus parabéns máis sinceros polo galardón que xulgo ben merecido.
Unha aperta moi forte,
Ramón Nicolás
Vaia! Os do Pen Clube saben de este blog!?.
Qué vergonza. I eu con estes pelos.
Pois eu alédome do premio, porque me sinto partícipe. O "obxeto-obra de arte" que o materialice, dame igual, non é maís que un símbolo.
O soldado que combatíu en victoriosa batalla, sinte os honores ao seu xeneral, si foi un bó líder, coma seus propios. Contaralle aos netos, orguloso, "Eu combatín có Xeneral X na batalla Y que coñecedes por os libros de Historia. Non me miredes con ollos incrédulos. É certo". Ese soldado sinte que as medallas no peito do seu xeneral son todas poucas.
Poucas veces un premio é tan merecido como o que che acaba de dar o PEN galego, amigo Marcos. Parabéns e que a túa pluma nos siga alumando. Unha aperta. Caetano
Escoiteino na Radio Galega ao mediodía, o mesmo que unha entrevista contigo
por ese motivo. Acabo de confirmalo agora sen máis detalle no portal do
Consello da Cultura Galega.
A decisión do Pen Club é ben acertada e o premio máis ca merecido.
Alegría e parabéns de quen te aprecia e te admira.
Carlos Varela García
GRACIÑAS A TODOS/AS. De corazón. Estou moi contento de que o PEN citase o blog no seu fallo e neste caso sinto de verdade que esta "medalla" levarémolo entre todos/as, que sodes ben merecentes dela.
E non se avergoñe, amigo XDC., os amigos do PEN e moitos outros coñecen este blog e seguro que aprecian as súas intervencións, as do único galego, supoño, que sabe wolof.
UNHA GRAN APERTA PARA TODOS/AS.
P.S.: a viaxe a Florencia é un convite do meu cuñado Millán Picouto e da súa compañeira Deborah, que viviu alí moitos anos. E para aló irán vivir dentro de pouco tempo, que sorte, non?
Súmome a todos os parabéns manifestados. Nunca houbo ningún outro premio tan merecido coma este. Apertas.
X.R. Quintana.
Os meus parabéns polo merecido premio e unha forte aperta.
RAF
Felicidades polo premio, querido Marcos.
Unha forte aperta :parabéns por o mas que merecido Premio e moito Lecer en Florencia.
Trebi
http://farm3.static.flickr.com/2255/2384019618_abf39a590e_m.jpg
En recordo Trebi
Haber ahora:
http://www.flickr.com/photos/24976893@N04/sets/72157604246951274/
Eu presumo que caerán máis premios nesta solaina como fighos maduros cheos de mel.
Páseo ben amigho Marcos, disfrute intensamente dos parabéns, do afecto destes siareiros e da visita. Teña tino co síndrome de Stendhal; manifestouselle na cidade de Florencia ante a dificultade para integrar sensorialmente tanta beleza xunta.
Se sinte taquicardias e afoghamentos, e se lle nubla a vista, non colla pánico, estará ante o amigo citado. Sosegue e respire.
O autocontrol da respiración é o único proceso que nos permite acceder ó control emocional.
Xa nos contará.
Vaia consultando esta web:Guía .
As dúbedas de italiano pregúntellas ao Arume.
Aiquí ten un Homenaxe.
Parabéns para Marcos Valcárcel, o mellor blogueiro en galego, e con desexos de que siga a contribuír á difusión da cultura galega.
MS
Tamen Iacobus Von der Stein e Jacques Delapierre o felicitan.
De verdá lle digo, tovarich Marcos, que eu tamén me alegro moito do seu premio. E non me queda máis ca lamentar que vaia a Florenza e que non veña de vacances a un gulag de Siberia a -40ºC, co fresquiño que se está.
Se ve en Firenze a Monica Belluci, xa sabe: mándelle recordos nosos. E que o pase ben e desfrute do premio.
Iso si: librar da caña correspondiente cos correspondientes petiscos non o libra nin o Beria.
Nota para Medela ou para XDC: fai falta aquí a foto aquela do Pen Club (do que falaba por certo Bieito Iglesias nun artigo recente). Por iconoclastar a cousa.;))
Parabéns polo premio e cante tamén o animoso FUNICULI FUNICULA na Signoria.
Boadanza
NORABOA POLO PREMIO. BEN MERECIDO QUE O TEN POR TODA A SÚA OBRA E O BO FACER ALÍ ONDE SE ACHEGA.
PARABÉNS
Xilberte Manso
Amigo Marcos, parabéns!
Subscribimos os comentarios anteriores, desexándovos tamén unha divertida e interesante visita a Florencia (e así poderás ver en persoa o que contaba o"Faro de Malta" en Historia da Arte en sexto de bacharelato en Maristas!).
LÍNEA EDITORIAL
Pola defensa da liberdade de expresión
14.01.2009
É historiador, escritor e columnista, pero ante todo é un home libre que propugna e defende a liberdade de expresión. Esta enorme calidade do seu carácter é o que lle outorgou a Marcos Valcárcel o Premio P.E.N. 2009, que outorga o PEN Clube Galego, que preside Luís González Tosar. Os que coñecen, len e seguen a Valcárcel, hogano columnista diario da última páxina do diario Galicia Hoxe, saben en que se baseou o xurado para renderlle tributo e homenaxe a este escritor. Marcos Valcárcel, ademais de manter un compromiso constante coas letras galegas, tanto na súa difusión e proxección, fai unha sensata, e indiscutible defensa da liberdade de expresión no seu blog As uvas na solaina. Sen dúbida nin- gunha, Valcárcel como blogueiro e González Tosar como presidente do xurado, souberon darlle á liberdade de expresión a dimensión real da súa repercusión na democracia actual e a sólida base inicial que supuxo este dereito hai pouco máis dun século. Hoxe en día é algo consolidado, pero que nunca hai que deixar de coidar e de aloumiñar. Valcárcel, sen dúbida, merece este P.E.N. 2009.
Os meus parabéns polo premio Pen de Galicia 2009 que ves de gañar.
Unha forte aperta
José Mª Eguileta
HOLA MARCOS: FELICITACIONES POR EL PREMIO CONSEGUIDO PEN CLUBE GALICIA 2009.
ME ENTERNECIÓ MUCHO TU ARTÍCULO DEL LUNES ABRINDO O DISCO DURO.
UNHA APERTA: FRANCISCO REI
Parabéns pola distinción do Pen Clube.
LALO PAVÓN
"Mil gracias derramando
pasó por estos sotos con presura,
y, yéndolos mirando,
con sola su figura
vestidos los dexó de su hermosura".
S.Juan de La Cruz.
Mil grazas a tí Marcos.
Así que os da Solaina se van de Pen Club, con lindas señoritas a soltar unha cana ao ar. Non sabía eu desas aficións nestes señores. Humanos pecadores.
Non ao ar, precisamente...
Premer </a
Escoitade o Amigo Marcos na GALEGA
Trebi
Escoito a entrevista e volvo admirar a serenidade con que se expresa Marcos a viva voz. Debería traballar vostede para a radio. A ver se os da RG o chaman. Sería un luxo, sen dubida.
Benquerido amigo Marcos: Aínda que estou bastante desconectado do acontecer diario (o blog véxoo tódolos días), chamoume onte o L.G.TOSAR (a noite do martes) e contoume a feliz nova do premio do PEN Clube. Quero mandarche a máis sentida e cordial noraboa e felicitación e transmitirche a miña ledicia por tal distinción, que agardo sexa o inicio dunha ristra delas. Tamén sei da túa viaxe a Italia. Que o disfroites moito que ben gañado o tés. Unha fonda aperta para tí e as túas mulleres: Eire e María. Ata a volta.
Xoán Fonseca.-
É unha ledicia para min saber que lle concederon ese merecidísimo premio. Non cambie nunca inspiradísimo Marcos. De seguro que vostede tamén libou ambrosía na praia da Rapadoira en Foz. O meu ancestro Noriega Varela coñeceu moi ben esas terras e tamén foi outro Marcos, acuñou verbas baixo o pseudónimo O Tío Marcos da Portela.
Garimosos parabens e unha fonda aperta.
Semella un grupo de mafiosos explotadores de clubs de estrada, o capo semella ser o do sombreiro que mira dende o fondo. Hai testaferros, matóns, infiltrados...
O infiltrado son eu, desde unha organización secreta que só existe na miña cabeza, participando nunha conspiración en que son o único conxurado.-
Non se lle escapa unha, Anónimo.
Desque morreu Boris Vian, eu son o delegado do instituto de patafísica, a organización máis "sacreta" de París.
Algo así como a sociedade do irmao wolf Makus Medela.
Medala, estou incisu-contuso, o Manolo Gharrido de Vilar de Cás fíxome un novo retrato e véseme "dorsicano", entreverado de neghro e canoso. Vou pra vello.
Preghuntelle ó DKV, unha pata non se sabe se está dediante ou detrás. Parece unha imaxen do Escher; topoloxía matemática, e ausencia de perspectiva. O DKV dí que a composición é romana.
Creo que a entrega do premio do Pen Clube había que facela no Pen Club da imaxe... aínda que non teñan pinchos khosar tanto ten, facemos unha esceución.
Nesta foto, As uvas é cousa de homes, coma o Soberano, esa bebida tan espagnola.
O tipo que mira a botella sentado ten o discreto ar dun coñecido e xovial director de cine americano, autor de ficcións galácticas.
O segundo pola esquerda, o que mira de esguello, exuda dandismo gafapastoso pola bufanda-foulard, xusto coma min nas películas, antes de "tirarme" (é un decir) á Cardinale ou á Loren.
O da esquerda de todo debería, xa, entrar nunha clínica de adelgazamento. Os demáis solaineiros poderían rascar o peto e facerlle ese regalo, mais algúns deles seguramente estarán pensando que deberían ser eles os que entrasen en vereda.
O terceiro pola esquerda somella na súa vestimenta ou un notario ou un corredor de seguros, aínda que os lentes e a mirada seria delatan unha profesión docente cuase-sacerdotal.
O que está no centro, o do xersei verde (Lacoste?) pode acompañar o da esquerda na súa penitencia. Uns bos menús a base de ensaladas viríanlle al pelo, pois aínda que ao pé da Muralla se coma ben non sempre se come san. O pan de Palas de Rei (ou de Friol), nin velo.
Xusto o que está detrás, xa o teñen recordado eiquí voces máis autorizadas que a miña, é o reverdecido Alec Guiness d'a Ponte sobre o rio Kuai, sempre acompañado da forza dos seus argumentos doadamente rebatíbeis. Secomasí, o tocado de chapeu que se sitúa ao seu carón usa deste artiluxio non por un problema de alopecia andróxena (que non ten), senón porque, deep inside, au fond, é un varón dandy e bohemio, aínda que de pequeno fora coidar as vacas. Viaxa por toda a provincia de Aurens cun notebook na man botando refráns e falando cos paisas e os sherpas.
Finalmente, o tipo sentado que ri ten un ar aplicado e chaponcete que nos recorda ao Chomsky lingüísta de hai uns aniños. Se deixa de escribir nos blo, ese xoguete que nos rouba o tempo, faría un bo prefeito d'Aurens.
E o que escribe o post anterior repítese como o allo e se cre moi gracioso, pero de gracioso non ten nada.
Pois eu creo que si vai ser unha caniña "ó aire", XDC, porque ós integrantes deste grupo véxoos tan miñasxoias que non creo que cheguen a entrar no local. E mire que se fartan de chamar por eles esas raparigas medio espidas dende a porta do cortello, que aínda se van a resfriar...
O Anônimo anterior nom tem sentido do humor.
Publicar un comentario